"O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito".
Miguel de Cervantes
"O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito".
Miguel de Cervantes
O venres 17 de outubro as aulas de 3 anos A e B xuntáronse cos avoiños do Centro de Día. No seo das actividades do Espazo Creativo da nosa biblioteca, tanto maiores como pequenos levaron a cabo un experimento científico cheo de cores e texturas.
Se queredes saber cal foi o resultado que deixou abraiado a algún que outro e que mantivo a atención de todos e todas, teredes que:
1º- Nun recipiente con pouca profundidade botar leite como base.
2º- Enriba do leite deixamos caer (sen mesturar) varias gotas de cada (amarelo, azul e vermello) do colorante alimenticio líquido.
3º- Mollar abundantemente un hisopo de algodón en xabón de cociña ou deterxente.
4º- Introducir o hisopo no leite, deixalo en repouso dentro e agardar o efecto!
Esperamos que o disfrutedes tanto como nós, pois no Ceip Rosalía de Castro o alumnado de infantil xa agarda impaciente a seguinte visita destes e destas grandes colaboradoras que tanto teñen por ensinar. Moitísimas grazas pola visita!
"Os libros son o avión, o tren e o camiño. Son o destino e a viaxe."
Anna Quindlen, escritora e xornalista estadounidense.
Desta vez visitou a nosa biblioteca Boris, o pai de Mateo de 4 anos. Este pai pisacharcas narrou a historia de "PÉTALA", unha pomba que loita polos seus amigos e por que as cousas sexan xustas. Nada máis e nada menos que contra un horrible e voraz dragón que está acabando con toda a auga, un ben moi prezado para todos e todas.
Un libro sobre enxeño, fantasía e sobre a amizade que invita aos nosos nenos e nenas a ser valentes a través dunha divertida aventura. Esta e moitas historias máis agardan ser lidas na Biblioteca Escolar.
«O que é máis importante nunha biblioteca que calquera outra cousa, é o feito de que existe», Archibald MacLeish, poeta modernista y escritor estadounidense
Este ano, o Día das Bibliotecas, 24 de outubro, dedícase a un tema de máxima actualidade: a loita contra a desinformación. Con este motivo, La Voz de Galicia comparte un contido informativo de interese para os centros educativos, co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a importancia de acceder a fontes fiables, contrastar información e desenvolver o pensamento crítico.
O xornalista César Rodríguez ofrecerá un relatorio sobre a IA (desInformAción) na biblioteca do IES Urbano Lugrís, de Malpica, na que se abordarán cuestións como que é a desinformación, en que contexto se produce, a IA e a sabedoría das multitudes: algo é certo se se repite moito, imaxes e vídeos: autopistas para a desinformación e facilitará pautas para combater a desinformación clásica e a nova.
A charla, pensada para alumnado de educación secundaria emitirase en directo por diferentes canles de La Voz de Galicia e o seu programa educativo (Prensa-Escuela). Os centros que o desexen poderán conectarse en directo coa emisión e seguir o relatorio, así coma enviar preguntas pola canle de YouTube: https://youtube.com/@lavozdegalicia?si=E3pZQS9-cN8lJLv4
Esta actividade, que terá lugar o venres 24 de outubro ás 10 horas, quedará dispoñible en diferentes plataformas para que aquelas persoas interesadas poidan acceder ao contido en diferido.
"Pensa antes de falar. Le antes de pensar.-" Fran Lebowitz. escritora estadunidende
Unha das peticións do Consello da Infancia do centro foi darlle máis visibilidade á páxina web do centro e a do blog da Biblioteca Escolar.
Por esta razón elaboramos un marcapáxinas que foi distribuido entre todo o alumnado do centro cos códigos QR dende os que acceder a esas direccións electrónicas.
Esperamos que vos guste esta iniciativa e que este marcapáxinas viaxe con todas as vosas futuras lecturas!!
"Os libros son unha incomparable maxia portátil." Stephen King
Hoxe, Lola,mamá de Violeta , visitounos para que os cativos e cativas de 5º de Educación Infantil B desfrutasen da con lectura" El salto de chilu".Conto que narra a historia dun neno que viaxe polo mundo cun cofre onde garda os medos, coa misión de recuperar os soños da súa irmá Ikigai, quen deixou de soñar por medo a escuridade.
Xuntos e guiados da man de Lola tamén tivemos a posibilidade de gardar todos os nosos medos no cofre de Chilú.
"Non saber o que ten sucedido antes de nós é como ser incesantemente nenos"
Cicerón
Dende fai décadas, a sociedade deu grandes pasos en prol da igualdade. Sábese que un dos camiños para lograr derrubar estereotipos de xénero é presentando á rapazada modelos de mulleres fortes e testemuñas de historias reais protagonizadas e loitadas por elas e por tanto cun papel importante na historia. Este libro, incluido na mochila viaxeira de 4º B de educación primaria, "DANIELA E AS MULLERES PIRATAS DA HISTORIA", contribúe a unha socialización dos rapaces e rapazas máis igualitaria e xusta ca historia as veces silenciada do sexo feminino. O conto nos relata como Daniela descobre un antigo libro da súa avoa coa historia de dez valentes mulleres piratas. Dende os mares da China ata a costa de Nova York, dende a antiga Grecia ata os tempos modernos, estas mulleres piratas surcaron os océanos en busca de riquezas. Aínda que moitas veces tentaron impedirlles navegar, elas negáronse a aceptar o seu destino ou loitaron por melloralo. Awilda, Mary Read, Lai Choi San, Grace O’Malley, Ching Shih… As súas vidas e fazañas inspiraron a Daniela.
Non se pode rematar a publicación sen mencionar o incrible traballo realizado por Lucas e a súa familia. Perfecto globo terráqueo co que traballar dun xeito integrado a historia, a xeografía e valores!
"Un libro é un regalo que podes abrir unha e outra vez."
Garrison Keillor, autor norteamericano.
Como nos gustan os contos con lobo feroz e final feliz! E como desfrutaron os nenos e nenas de 3 anos A gracias á mamá pisacharcas Leticia, nai de Vera .
"La ovejita que vino a cenar " preséntanos a un lobo un tanto atípico e detallista que, aínda que con ganas de cambiar a súa dieta vexetariana, non dubida en coidar da máis tierna das ovellas. Os rizos brancos, o seu tamaño e a fala de bebé, entre outras, aportan as risas e a tenrura.
Ademáis o conto consigue transmitir mensaxes cheas de dozura sobre a necesidade de dar e recibir agarimo, sobre a importancia da amizade e sobre a ledicia de compartir a nosa vida con alguén a quen queremos. Unha historia para aprender dende a escola a coidar e a ser feliz.
"Dos diversos instrumentos inventados polo ser humano, o máis asombroso é o libro; os demáis son extensións do seu corpo...unicamente o libro é unha extensión da imaxinación e da memoria."
Jorge Luis Borges
Andando polo camiño, con cacahuetes e uvas, xa chega mamá elefanta xunto á elefantiña: UNHA . “Polo camiño” é un poema-canción infantil que desprende ledicia, ritmo e musicalidade. Está protagonizado por distintos animais -dende elefantes a ratos, bechos e osos- que marchan ao ritmo dos versos octosílabos, marcando unha progresión numérica. Así, do 1 ao 10 vanse enumerando personaxes ata chegar a un sorprendente e festivo destino.
A quen non lle vai a gustar aprender a contar cantando? E aínda mellor, a través dun conto narrado por unha nai pisacharcas. Tivemos a sorte de escoitar a Uxía, nai de Xabi de 4 anos. Que afortunados somos nesta Biblioteca Escolar!
"O único que importa é o final, é a parte máis importante dun conto"
Paulo Coelho.
A historia que nos veu contar Tamara, a nai pisachacas de Martín Moreno da clase de 4 anos, segue a tres coñecidos irmáns que deciden construir as súas propias casas dun xeito diferente e narra o encontro co lobo feroz que intenta atrapalos.
"Os Tres Porquiños" segue sendo un conto que fascina a xeracións, tanto pola simplicidade, o atractivo visual e pola poderosa moralexa que encerra: o esforzo, a dedicación e a previsión son claves para o éxito e a seguridade.
Ademáis o conto destaca o valor da colaboración e do apoio mutuo. Cando as casas de palla e madeira fallan, os porquiños non quedan solos ante o perigo. En lugar diso, apóianse na fortaleza construída polo seu irmán maior, demostrando que a unidade e o traballo en equipo son fundamentais para superar adversidades.
Deste mesmo xeito, a Biblioteca Escolar, pretende ser un punto de apoio e unha canle de colaboración entre a escola e as familias co obxectivo de construir un futuro sólido para o alumnado.
"As malas bibliotecas crean coleccións, as boas bibliotecas crean servizos, as grandes bibliotecas crean comunidades" R. David Lankes.
Chegan os Maletíns Viaxeiros á nosa escola!
Dende a biblioteca do CEIP Rosalía de Castro queremos compartir con todas as familias unha nova e ilusionante iniciativa que pronto botará a andar nas aulas de Educación Infantil: os MALETÍNS VIAXEIROS 🚀📦
Cada maletín viaxará ás casas das familias participantes por quendas (unha semana cada familia) e levará no seu interior unha pequena sorpresa chea de maxia e aprendizaxe:
🌟 Un libro da biblioteca para gozar da lectura en familia.
🎨 Un bloc de debuxo e acuarelas ou témperas, para dar renda solta á creatividade.
🎲 Un xogo manipulativo inspirado no conto, con todo o material necesario para xogar e aprender.
📱 Unha tarxeta cun código QR, que vos permitirá descubrir algunha proposta ou recurso adicional.
Con esta actividade queremos achegar a lectura e o xogo ás casas, fortalecendo os lazos entre escola e familia e fomentando o gusto polos contos, a imaxinación e a expresión artística.
Esperamos que desfrutedes moito desta viaxe lectora e que cada maletín volva á escola cargado de novas historias, cores e sorrisos 💜📖
"A creatividade é a intelixencia divertíndose" Albert Einstein
“A lectura é a chave máxica que abre as portas dun mundo de marabillas.”
Frank Serafini, profesor de educación literaria e literatura infantil.
Todo comezou o día que Paula decidiu dicir que non. Dicir que non era xenial. Paula podía facer o que quixese…Pero entón sucedeu o inesperado: a súa casa converteuse nun caos, nunha auténtica selva con árbores, lianas, vexetación frondosa… e todos os animais campando a súa libre vontade. Finalmente espertará do seu soño e todo volverá á normalidade, coa diferenza de que agora ela está encantada de facerse cargo das súas responsabilidades.
"Esto non é unha selva" foi o relato que tivemos a sorte de escoitar en voz de Estefanía, a nai de Anxo de 4 anos. Unha historia cautivadora sobre o que sucede cando os nenos desafían aos adultos.
"Aprender a ler é acender un lume; cada sílaba pronunciada é unha chispa."
Víctor Hugo, escritor francés.
Desta vez visitounos un papá Pisacharcas, o pai de Carmen, de 6º de infantil. Leu un conto do máis divertido, xa que a través de versos rimados e preciosas ilustracións, os pequenos e pequenas achegáronse a unha historia protagonizada por animais que se enfrontan a situacións cotiás coas que todos nos podemos sentir identificados.
"La pedorreta que delató a la mofeta" foi unha nova oportunidade para transmitir os valores da honradez, a perseveranza, a humildade e o humor a través da Biblioteca Escolar.
"Un libro é unha proba de que os seres humanos son capaces de facer maxia".
Carl Sagan., divulgador científico estadounidense
Non paramos de recibir novas visitas na nosa Biblioteca Escolar. Desta volta foi Susana, a nai de Ximena de 4 años, a que nos contou o conta de " A VACA QUE PUXO UN OVO".
Marjorie era unha vaca que andaba bastante tristeira ata que as súas amigas as pitas decidiron que xa era hora de que puxese un ovo! Nunca liches unha historia igual onde o humor e amizade están a partes iguais. Este libro trata as relacións desde o punto de vista da forza do amor, que non mira nin a razas nin a especies, valores que son sinais de identidade do noso cole!!