Grazas á magnífica colaboración de todos os membros da nosa comunidade educativa poidemos levar a cabo esta exposición de libros antigos no edificio administrativo do noso cole para conmemorar o Día do Libro. Nela hai moitos exemplares interesantísmos e con moitos, moitos anos.... Confiamos en que pasedes a botarlle un ollo...
29/4/14
Madriñas e padriños cos seus afillados lectores no día do libro
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2014
Entre outras cousas, para a celebración do día
do libro o pasado 23 de abril realizamos un “apadriñamento/amadriñamento
lector” do alumnado dos cursos superiores para os máis pequenos.
Os padriños e madriñas lectoras colleron o libro
elexido, colocaron a pegatina nun lugar
visible (tarxeta que preparamos tanto para os que apadriñaron ou amadriñaron coma para os que foron afillados/afilladas lectores) foron buscar aos seus afillad@s
e elixiron un sitio para ler no lugar que lle corresponda.
Debido ao mal tempo -segundo a previsión metereolóxica- fixemos
un cambio na distribución de lugares (nos espazos comúns interiores en vez do
exterior); fallaron as previsións porque despois non fixo tan malo.
Saímos no suplemento +Deporte de "La Región"
Estamos presente neste suplemneto deportivo do noso periódico local..... Futbolistas, buscádevos nas fotos!!!
28/4/14
Contacontos
O venres 25 de abril o alumnado de 1º ciclo de primaria tivemos a sorte de ter con nós a Iago, un contacontos que veu a través de Anaya para contarnos o conto do home do saco.
27/4/14
Pequenos futbolistas.
Nesta ocasión foron os nenos e nenas do 2º ciclo os que desfrutaron dunha xornada de fútbol sala.
O venres 25 de abril ao redor dunha vintena de rapaces e rapazas do Rosalía desplazáronse ao pavillón de Xinzo para participar dun adestramento e diferentes partidiños acompañados de alumnado do Carlos Casares e dos colexios de Rairiz e Sarreaus.
Tratouse dunha xornada lúdica na que os e as deportistas poideron percibir as diferentes vantaxes deste deporte sen fomentar a rivalidade entre os equipos.
O venres 25 de abril ao redor dunha vintena de rapaces e rapazas do Rosalía desplazáronse ao pavillón de Xinzo para participar dun adestramento e diferentes partidiños acompañados de alumnado do Carlos Casares e dos colexios de Rairiz e Sarreaus.
Tratouse dunha xornada lúdica na que os e as deportistas poideron percibir as diferentes vantaxes deste deporte sen fomentar a rivalidade entre os equipos.
Xogos de toda a vida.
O centro de cultura popular Xaquín Lourenzo encargouse da posta en marcha de dúas sesións de xogos populares dirixidas aos alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Tratáronse de dous obradoiros realizados os pasados días 11 e 25 de abril nos que os nenos e as nenas coñeceron diferentes xogos tradicionais da cultura galega.
Xa é o 3º ano que se leva a cabo resultando sorprendente o grao de interese e motivación dos rapaces e rapazas cara estas actividades. E nesta ocasión resultando moi proveitoso xa que mostra varias alternativas para practicar nos recreos dos mércores.
Xa é o 3º ano que se leva a cabo resultando sorprendente o grao de interese e motivación dos rapaces e rapazas cara estas actividades. E nesta ocasión resultando moi proveitoso xa que mostra varias alternativas para practicar nos recreos dos mércores.
24/4/14
Hoxe coñecemos o taekwondo.
Nesta ocasión recibimos a visita dun coñecido adestrador de taekwondo co que os nenos e nenas de 1º e 3º ciclo coñeceron o máis básico sobre esta modalidade deportiva.
Con estas xornadas o que intentamos é achegar o maior número de experiencias deportivas cara os rapaces e rapazas para que desta maneira aumente o seu gusto e coñecemento cara a actividade física en xeral e non se centren unicamente en deportes maioritarios.
Con estas xornadas o que intentamos é achegar o maior número de experiencias deportivas cara os rapaces e rapazas para que desta maneira aumente o seu gusto e coñecemento cara a actividade física en xeral e non se centren unicamente en deportes maioritarios.
Andaina " A fonte do Limia"
O pasado 9 de abril o alumnado do terceiro ciclo de primaria do Ceip, o profesorado e membros da Apa fixemos a ruta " A fonte do Limia". Chegamos en autobús ata Faramontaos e fomos seguindo o curso do río ata a presa de Gudín. Alí tomamos o "sobre almorzo" e a continuación por equipos fixemos o regreso facendo un xogo por equipos. Tivemos moita sorte co espléndido día do que gozamos. Podedes comprobalo nas fotos que aquí vos deixamos.
11/4/14
Tríptico do roteiro "A fonte do Limia"
Esta é a primeira publicación do CEIP Rosalía de Castro e da ANPA do centro. Esperamos que vos guste e que invitedes a toda a xente que coñezades a facer este espectacular roteiro.
Futbolistas!!
Onte, alguns rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria desplazáronse ata o pavillón de Xinzo para disfrutar dunha xornada de fútbol sala. Alí encontráronse con compañeiros e compañeiras do CEIP Carlos Casares e do CEIP de Sarreaus.
Ao longo da maña practicaron un dos seus deportes favoritos, recordando normas e estratexias básicas á vez que coñeceron novos amigos e amigas.
Non se tratou dunha actividade competitiva, senón de integración e formación. Unha mostra delo é que os nenos e nenas dos diferentes centros xogaron mesturados, polo que non existiu a rivalidade.
Á volta das vacacións repetiremos experiencia cos rapaces e rapazas de 2º ciclo.
Ao longo da maña practicaron un dos seus deportes favoritos, recordando normas e estratexias básicas á vez que coñeceron novos amigos e amigas.
Non se tratou dunha actividade competitiva, senón de integración e formación. Unha mostra delo é que os nenos e nenas dos diferentes centros xogaron mesturados, polo que non existiu a rivalidade.
Á volta das vacacións repetiremos experiencia cos rapaces e rapazas de 2º ciclo.
3/4/14
Contacontos
Como onte foi o día internacional do libro infantil, coincidindo coa data do nacemento de Hans Christian Andersen, hoxe contamos coa presenza dunha contacontos no noso centro, Sabela Gago, que na biblioteca do Centro, complementou -coa súa actividade- o noso itinerario lector.
biblioteca escolar
biblioteca escolar,
día Internacional do Libro Infantil,
días internacionais
No Auditorio e en Aceites Abril
O martes e o mércores, 1 e 2 de abril o alumnado do 3º ciclo de primaria cambiamos a aprendizaxe nas aulas do Centro pola aprendizaxe noutros espazos: fomos a Ourense. Primeiro estivemos no Auditorio escoitando unha actuación de percusión, "Odaiko, vaia circo" (os de 6º) e gozando dunha obra de teatro, "a arca de Noé" (os de 5º). A continuación visitamos as instalacións de Aceites Abril no polígono industrial de San Cibrao das Viñas: moitas grazas polo tempo e a atención que nos dedicaron (vista guiada coas pertinentes explicacións e mesmo agasallos!!!).
2/4/14
Hoxe xogamos a...
O Equipo de Convivencia do centro vén de por en marcha unha iniciativa innovadora. Durante os mércores de abril, maio e xuño todo o alumnado do centro terá que optar por xogos populares, como o pano, sangue, brilé, a comba, a corda, .... para xogar nos recreos. Esperemos que esta iniciativa poida fomentar o xogo non competitivo nos nosos rapaces e rapazas e recuperar tradicións algo esquecidas.
30/3/14
Na busca do tesouro..
O pasado mércores 26 de marzo levouse a cabo no noso cole unha carreira de orientación. Xa é o segundo ano no que podemos disfrutar e participar neste tipo de disciplina. Nesta ocasión tamén se transladaron ata o noso centro os rapaces/as do colexio de Rairiz.
A primeira parte da xornada consistiu nunha breve iniciación e presentación da orientación a través dos medios audiovisuáis. Posteriormente, os nenos/as de 6º de ambos coles participaron nunha sinxela carreira de orientación polo patio.
Agradecemos á agrupación Limiactiva a oportunidade de poder disfrutar desta disciplina e desexamos poder repetilo nos vindeiros anos.

A primeira parte da xornada consistiu nunha breve iniciación e presentación da orientación a través dos medios audiovisuáis. Posteriormente, os nenos/as de 6º de ambos coles participaron nunha sinxela carreira de orientación polo patio.
Agradecemos á agrupación Limiactiva a oportunidade de poder disfrutar desta disciplina e desexamos poder repetilo nos vindeiros anos.
27/3/14

CARTA AOS NENOS DO MUNDO
| OS LECTORES, a miúdo lle preguntan aos escritores como escriben as súas historias - De onde saen as ideas? Veñen da miña imaxinación, contéstalles o escritor. Ah, claro, adoita responder o lector. Pero, onde está a túa imaxinación, de que está feita e é certo que todo o mundo ten unha? Ben, responde o escritor, está na miña cabeza, por suposto, e está composta de imaxes e palabras e recordos e rastros doutras historias e palabras e fragmentos de cousas e melodías e pensamentos e rostros e monstros e formas e palabras e movementos e palabras, ondas e arabescos e paisaxes e palabras e perfumes e sentimentos e cores e rimas e pequenos estalos e asubíos e sabores e explosións de enerxía e adiviñas e brisas e palabras. Todo iso xirando aí dentro e cantando e comportándose como un calidoscopio e aboiando e sentándose e pensando e rañando a cabeza. Por suposto que todo o mundo ten imaxinación: sen ela, non seriamos capaces de soñar. Porén, non toda imaxinación ten as mesmas cousas dentro dela. Probablemente, a imaxinación dos cociñeiros conteña na súa maioría sabores, da mesma maneira que a imaxinación dos artistas conterá sobre todo cores e formas. A imaxinación dos escritores está principalmente chea de palabras. Para os lectores oíntes de historias, as súas imaxinacións tamén se nutren de palabras. A imaxinación dun escritor traballa, dá voltas e dá forma ás ideas, aos sons, ás voces, aos personaxes e aos acontecementos ata convertelos nunha historia; esta historia non está composta doutra cousa que non sexan palabras, batallóns de garabatos desfilando polas páxinas. Entón ocorre que, de pronto, chega un lector e eses garabatos cobran vida. Seguen estando na páxina, seguen parecendo garabatos pero tamén están choutando na imaxinación do lector, e este dá forma e fía as palabras para que a historia agora teña lugar na súa cabeza, como tivo lugar na cabeza do escritor. Este é o motivo polo que o lector é tan importante para unha historia como o é o escritor. Só hai un escritor para cada unha delas, pero hai centos ou miles ou incluso ás veces millóns de lectores de historias, que len no mesmo idioma que o do escritor ou que quizais ata lean traducións en moitos outros idiomas diferentes. Sen o escritor, non nace o conto; sen todos os miles de lectores arredor do mundo, o conto non chegará nunca a vivir todas as vidas que pode vivir. Todo lector dunha historia ten algo en común cos outros lectores desa mesma historia. Separadamente, aínda que tamén dalgunha maneira xuntos, eles recrearon a historia na súa propia imaxinación: unha acción que é tanto privada como pública, individual como común, íntima como internacional. É, posiblemente, o que os humanos fan mellor. Seguide lendo! Siobhán Parkinson Autora, editora, tradutora e gañadora do Premio na nÓg
Traducción: Concha Blanco
|
24/3/14
Todos queremos ser....policías!!
O alumnado de segundo de Educación Primaria visitaron hoxe as instalacións da Comisaría da Policía Nacional. Calabozos, sala de tiro, comunicacións, ... foron algunhas das dependencias que tan amablemente lles amosaron todo o persoal que alí traballa, encabezados pola subinspectora Teresa, que é ex alumna do noso centro. Posteriormente foron ao Auditorio Municipal para desfrutar da obra de teatro "Bon Appetit". Unha mañá completa e moi moi entretida....
23/3/14
Recordos dos amigos e amigas portugueses do noso "4º Abraço ao Rio Lima"
Un centros portugueses participantes no 4º Abrazo ao Río Limia, a Escola Básica nº 1 de Ponte de Lima, vén de publicar no seu blog dúas entradas sobre esta xornada de convivencia. Aquí tedes os enlaces por si queredes consultalos.
21/3/14
Acto entrañable
E celebramos o 21 de marzo... Os de 6º foron primeiro plantar ó parque do Toural (á beira do río Limia) e despois toda a comunidade educativa tivemos un acto entrañable no que lemos dous textos de Castelao e R. Tagore sobre a árbore, plantamos unha árbore no patio do Centro cunha placa en Memoria de José Ramón González Alonso (mestre) e tivemos un emocionado recordo da nosa Noa que está a recuperarse.
20/3/14
21 de marzo: poesía, primavera, árbore...
O 21 de marzo celebramos o Día Forestal Mundial, o Día da Árbore, o Día Mundial da Poesía, o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial. o Día Mundial do Síndrome de Down...
http://issuu.com/xmlores/docs/escolma_d__a_da_poes__a_2014/11?e=1153510/7141430
http://issuu.com/xmlores/docs/escolma_d__a_da_poes__a_2014/11?e=1153510/7141430
15/3/14
Todos os días son para a muller
Dentro dos actos complementarios para conmemorar o Día Internacional da Muller, o Concello de Xinzo de Limia vén de organizar un acto que tivo lugar o pasado venres, 13 de marzo na Praza Carlos Casares. No mesmo participaron o alumnado de sexto de Primaria do noso cole, a Asociación LIMISI e a Asociación de Amas de Casa "Anduriñas".
Os nenos e nenas do CEIP Rosalía formaron o símbolo feminino sobre a praza da vila e leron un texto elaborado por eles mesmos titulado "Cousas por facer para mellorar o mundo en prol da igualdade". Iniciativas coma estas queren concienciar da importancia da educación para erradicar dunha vez por todas todo rastro de violencia de xénero da nosa sociedade.
Esta iniciativa ten tido eco na prensa. Estes son os enlaces onde podes consultar esta noticia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





















