28/6/26

Lecturas no terceiro ciclo

 Rematamos este curso ensinándovos varias lecturas ás que se prestou Daniela Ferreiro de 5º curso. A primeira foi para o resto de alumnado do seu curso e a  segunda ao alumnado de sexto.  Leulles "Eu voy comigo" de Raquel Díaz Reguera, un libro que se adapta a diferentes etapas e que fala de non renunciar a ser un mesmo para ser querido ou aceptado. Permite reflexionar sobre a autoestima, a autenticidade e sobre querer aos demáis polo que son, transformando as rarezas que todos temos en virtudes que nos fan únicos. 








15/6/26

Lecturas compartidas

 Hoxe traémosvos un recopilatorio de imaxes de diferentes momentos de lectura compartidos entre grupos de alumnado de distintas aulas, ciclos e etapas. Xeralmente son os e as maiores do cole as que visitan as aulas dos máis pequenos, tanto de infantil como do primeiro ciclo de primaria coa finalidade de lerlles un conto. Esta actividade ten múltiples beneficios tanto para os lectores como para o público que escoita as súas historias. É indudable o lazo que se xera entre o alumnado e é enriquecedor cando desenvolven a empatía para escoller un conto adaptado á idade e aos gustos dos que escoitan, é favorecedor da competencia lectora do que le en voz alta, do que modula a voz, do que se aprende as pausas, dos que xesticulan e dramatizan as lecturas... Coñecen así maior número de contos e amplian o seu repertorio á vez que se mergullan en novos mundos e abren os seus horizontes.










La gran aventura de Winnie de Pooh

"Non puiden elixir a quen me trouxo ao mundo pero podo elixir ao meu amigo. Nesta procura empeño a miña propia alma pois, cunha amizade verdadeira, a vida tórnase máis simple, máis rica e máis bela." Charles Chaplin. 


Tivemos con nós á pisacharcas Laura, nai de José Manuel de 4 anos A, que veu a contar o conto "La gran aventura de Winnie de Pooh". Consiste nunha aventura que xurde dun malentendido e dunha preocupación por un amigo desaparecido. Un relato onde abundan as boas intencións, o apoio dos amigos e a valentía para arriscarse por outros. Un clásico tamén do cine infantil que segue resultando entrañable para os máis pequenos e pequenas. Grazas a estas nais e pais por seguir ca tradición de vir a relatar historias á nosa biblioteca e entreter á vez que se transmiten mensaxes positivas neste caso sobre a amizade.






Radio na escola

De novo alumnado de 4º de educación primaria pon a proba a radio do Ceip Rosalía de Castro. Nesta ocasión varias alumnas traballaron todo o ano recopilando castigas galegas para o proxecto "Escolas de Fronteiras".  Visitaron a Escola António Feijó en Ponte da Lima e foron cantarlle ós nosos veciños e colaboradores unha versión en portugués da famosa "A Carolina". Deixámosvos a mostra do ben que o fan, tanto en portugués como en galego. Desfrutade!

 

Preme nesta ligazón para escoitar o podcast



Visitamos a Biblioteca Pública Antelana

 Fai uns días, parte do alumnado de Educación Primaria do colexio Rosalía de Castro participou no remate do ciclo de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas na Biblioteca Antelana de Xinzo. A actividade de animación á lectura consistiu nun contacontos escenificado con inspiración na obra O Bosque animado de man de Eduin Arias e Alejandra Gómez. Foi un pracer colaborar entre bibliotecas do pobo. 



3/6/26

Uns que veñen, outros que se van!

 Esta mañá o alumnado da clase de 6º A estivo de visita na Escola Infantil A Galiña Azul de Xinzo. Foron ler varios contos aos pequenos e pequenas, que pola súa parte escoitaron encantados. Con esta actividade preténdese non únicamente fomentar a lectura en diferentes ciclos educativos, senón que simboliza un cambio de etapa tanto para os que marchan á ensinanza secundaria para o curso que ven como para os futuros alumnos de nova entrada ao Ceip Rosalía de Castro.

 A maiores algúns e algunhas das nosas alumnas aproveitaron para relembrar e saudar con agarimo ás que foron as súas primeiras mestras da infancia máis temprana. Dende aquí mandamos forza e agradecemento para as traballadoras e traballadores deste primeiro ciclo de Educación Infantil, que tanto valor teñen.







Amiga Gallina

"Mellor morrer dunha vez que vivir sempre temendo pola vida"

Esopo

A mamá de José Ángel veu contarlle á clase de 6º de Educación Infantil B un conto sobre a superación dos medos. De man de tres amigos aburridos de vivir nun cercado os nenos e nenas acompañaron ao can, ao porco e á galiña por novas paraxes. Ao longo desta aventura, a Amiga Galiña vai poñendo ovos a cada novo desafío ao que se enfronta. En resumo, un divertido relato sobre a amizade e sobre a aceptación das diferenzas. 




 

Los músicos de Bremen

" A paciencia é amarga, pero o seu froito é doce". 

Contos dos irmáns Grimm. 

Lucía, nai pisacharcas de Kenia de 3 anos A, rescatou un clásico dos irmáns Grimm, un relato que sigue vixente polo seu valor cultural e polas ensinanzas morais que contén. Catro animais de avanzada idade e aparentemente con pouca utilidade ara os seus donos, un burro, un can, un gato e un galo únense para levar a cabo unah misisón. Logran desfacerse duns ladróns emitindo os seus sons ao unísono. Unha historia sobre cooperación, astucia e superación. 







1/6/26

Radio na escola


Os nenos e nenas de 6º redactaron un texto reflexionando sobre os coidados das mascotas, sobre os beneficios e inconvintes da adopción ou da compra e o alumnado de 4º plasmou as súas ideas neste podcast. Agardamos que o disfrutedes e que sexan de proveito as súas ideas e reflexións. Deixámosvos a ligazón ao drive para poder escoitalo. 








 


Aloia e a súa estraña dor de barriga

O conto que vos presentamos hoxe foi dado a coñecer por Ana Campelo, nai de Ana Aguiar de 1º A. O conto xira en torno a súa protagonista, unha nena caracterizada polas pinzas de cores do seu pelo que sofre ao ir á escola a raíz do bullyng que lle fan os seus compañeiros. Grazas a un dos seus amigos, atopa a valentía para contalo e poder loitar contra o acoso escolar dende a propia a escola. Este é un tema primordial para tratar no contexto educativo e por eso estamoslle moi agradecidos e agradecidas a esta nai pisacharcas por traelo á nosa biblioteca escolar.