31/5/26

Recuncho peludo

 Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria realizaron un recuncho lector na biblioteca, co obxectivo de fomentar a lectura sobre os animais e dinamizala dentro do Plan Proxecta “Protexe aos animais”.

Durante os recreos, os nenos e nenas recomendaron diferentes lecturas aos compañeiros e compañeiras máis pequenos, compartindo historias, curiosidades e información sobre distintas especies animais. Esta actividade favoreceu o gusto pola lectura, a convivencia entre alumnado de diferentes idades e a concienciación sobre a importancia de respectar e coidar os animais.




18/5/26

DÍA DA FAMILIA

Este venres 15 de maio celebrouse no CEIP Rosalía de Castro o Día da Familia. Co fin de estreitar lazos e tender pontes entre a familia a escola, dende a etapa de educación infantil convidamos a nais, pais e demáis familiares a compartir unha xornada na que fixemos varias actividades. Para comezar un pouquiño de música e baile, seguimos cun xogo grupal e cun mural elaborado por todas e todos. Finalizamos cunha merenda a base de bica e un chocolate quente para rematar unha mañá na que disfrutamos e nos coñecimos un pouquiño máis. Só nos queda darvos as grazas, familias!