Mostrando entradas con la etiqueta día da poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día da poesía. Mostrar todas las entradas

15/3/15

Palabras que engaiolan: Árbore e poesía

O vindeiro día 21 de marzo celébranse moitas cousas

“PALABRAS QUE ENGAIOLAN”

Árbore e Poesía. Desde a Biblioteca do cole queremos propoñervos a realización -ó longo desta semana- dunha árbore moi especial cheíña de poesía e decorada con follas elaboradas por tod@s. 
Co sosego e a imaxinación dos poetas pensaremos palabras:  poéticas, poderosas, sonoras, silenciosas, que nos fagan rir ou chorar, que garden segredos, que nos ofrezan calor ou sabor, que nos sorprendan, nos abracen, nos emocionen…  De todas elas elixiremos a que máis nos engaiole e:
Os máis pequenos escribirán a palabra na folla, colorearana de verde e colgarana.
Os demais realizaremos unha composición poética coa palabra elixida: un verso, un pareado, un haiku, un acróstico, unha pequena estrofa… escribirémola con letra clara na folla da árbore, e, despois de coloreala, colgarémola.
Feliz celebración
O equipo da Biblioteca

20/3/14

21 de marzo: poesía, primavera, árbore...

O 21 de marzo celebramos o Día Forestal Mundial, o Día da Árbore, o Día Mundial da Poesía, o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial. o Día Mundial do Síndrome de Down...

http://issuu.com/xmlores/docs/escolma_d__a_da_poes__a_2014/11?e=1153510/7141430

1/5/13

As caras de Rosalía

Comezamos o mes das Letras Galegas. Dende  a BE de Xinzo de Limia, facemos unha pequena homenaxe á primeira persoa a que se lle adicaron as Letras Galegas, alá polo ano 1963. Pescudamos na rede e atopamos as distintas facianas que nos amosan a Rosalía de Castro e atopamos tamén a música xenial dun rapaz  que rapea á  escritora, KadiGB.



2/4/13

poesía...


 "El viaje definitivo" de Juan R. Jiménez (preme na imaxe para velo e escoita)
  

20/3/13

21 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA 2013

Presentamos unha selección de poemas sobre a Limia, o seu río, as súas xentes... que, recopilamos para celebrar neste curso escolar, o Día Internacional da Poesía. O Venres 22, temos reservada unha pequena sorpresa para a conmemoración desta data.

12/3/13

21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA






O vindeiro 21 de marzo celebramos o día mundial da poesía, o comezo da primavera e o día internacional da árbore. Premede nas dúas imaxes da esquerda e atoparedes unha chea de recursos para celebrar o DÍA DA POESÍA. Grazas aos compañeiros e compañeiras dos CEIP Outeiro das Penas e Mestres Goldar por compartilos.


20/3/12

LEMBRAMOS A CARLOS CASARES NO DÍA DA POESÍA

Con este vídeo, queremos facer unha pequena homenaxe dende a nosa escola "Rosalía de Castro" en Xinzo de Limia ao escritor limiao Carlos Casares, neste 21 de marzo en que comeza a primavera, e que tamén é o día que lle adicamos a poesía. Aquí podedes ver e escoitar unha escolma de caligramas inéditos, elaborados polos nos@s alumn@s, adicados ao autor Carlos Casares, as súas obras e ao entorno onde viviu a súa infancia.

 

16/3/12

21 de MARZO, DÍA DA POESÍA

Premendo na imaxe atoparás unha chea de recursos para traballar na vindeira semana o día internacional da poesía.