Mostrando entradas con la etiqueta día do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día do libro. Mostrar todas las entradas

23/7/20

Día do libro: tres meses despois

Pois si, tres meses despois do seu "verdadeiro día" celébrase este 23 de xullo o Día do Libro.


Porque a literatura, como a arte en xeral, é a demostración de que a vida non basta. (Fernando Pessoa)

21/4/20

Proposta da Asesoría de bibliotecas escolares para o Día do Libro: Reivindica O LIBRO, AS AUTORAS E AUTORES E AS LIBRARÍAS. edu.xunta.gal/biblioteca/blo


https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1304
Aínda na distancia, o mes de abril ferve nas bibliotecas escolares galegas cunha gran variedade de actividades arredor do libro e a lectura. As circunstancias excepcionais obrigan a dar unha pensada á programación do Mes do Libro, as recomendacións e lecturas virtuais, os retos, a participación das familias, a creatividade... ocupan agora este espazo, diferente pero igualmente rico.
Proposta da Asesoría de bibliotecas escolares: ReivindicaImaxe1Imaxe2Imaxe3Imaxe4

Outro agasallo para toda a comunidade educativa

Graciñas artista!!!. Recoñecedes quen é a persoa que nos fai este regalo?
Si, volveremos a ... soñar coma papaventos no ceo.


20/4/20

Con motivo do día do libro: unha actividade guai!

Nuns días, para o 23 de abril, celebraremos o día do libro; para esa data sempre organizamos o apadriñamento/amadriñamento lector no que o alumnado dos cursos superiores preparaba unha lectura, un conto para as súas afilladas/os.
Este curso a proposta que achegamos parte de aquí:


Animámonos a facer algo así? Velaquí a proposta do Equipo Dinamizador da BE:

Cada familia que queirades participar tedes que nos enviar unha foto coa portada do libro que escollestes ao correo electrónico do centro (ceip.rosalia.xinzo@edu.xunta.es) ou por WhatsApp ao número 698161226 e en canto teñamos esa selección de portadas publicarémolas todas aquí na Charca e teredes que ser quen de facer con todos eses títulos unha historia. Ben seguro que imos ter moitas!!!

Aquí tedes un exemplo do que fixo xa unha compañeira do Colexio. Logrades adiviñar quen é?

E agora unha versión da anterior con música e algún cambio. Percatácheste?




23/4/19

A Lectura: unha viaxe ao fondo das preguntas


No Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2019. 

Acudiuse como en anos anteriores, a unha persoa referente da literatura galega actual, profesora e académica Marilar Aleixandre, quen xenerosamente cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas. 

 Un texto que convida  a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse. 

23/4/18

Madriñas, padriños, afillad@s lector@s


E chegou o día, un dos días espectaculares no noso centro; tod@s por parellas, tríos... lendo, escoitando a quen nos le. En cada recuncho do patio celebrando o Día mundial do libro e do dereito de autor.
Alentando, contribuíndo a descubrir o pracer da lectura. Valorando as irreemprazables contribucións de tod@s os que teñen impulsado o progreso social e cultural da humanidade.
Gozade destas estampas que tan ben captou o Luís. Graciñas a tod@s por este momento.

22/4/18

Día Internacional da Nai Terra

Este 22 de abril, como todos desde que no 2009 a ONU decidiu esta celebración en recoñecmento á necesidade de concienciar sobre a importancia de coñecer o planeta e protexelo e a todos os seus habitantes, facémonos eco desta celebración que promove, este ano, acabar coa contaminación que provocan os plásticos. 


E mañá día mundial do libro e do dereito de autor; día simbólico para a literatura mundial porque nesta data de 1616 morreron Miguel de Cervantes e William Shakespeare. No Ceip facemos o amadriñamento/apadriñamento lector: todo un espectáculo. 

21/4/17

Amadriñamento/apadriñamento lector

O patio do Ceip cheo de estampas espectaculares!!!!
Con motivo da celebración do día Internacional do libro (23 de abril) hoxe fixemos esta actividade, na que o alumnado de 4, 5º e 6º de primaria prepara algún libro (un conto...), algún agasallo, un carné para os seus afillad@s de infantil, 1º e 2º de primaria, que tamén preparan o seu carné de afillad@s e nalgúns casos algún contiño, poesía, etc. para os seus padriños e madriñas. Unha gozada esta actividade! Velaquí unha mostra cunha montaxe a partires das fotos que tomou Luís. Grazas, grazas a tod@s.

18/4/17

Día do libro

Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.
Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar.  

Nós estamos preparando, como outros anos, a actividade do amadriñamento/apadriñamento lector. Farémola o próximo venres.

30/3/16

Marcapáxinas a prol da solidariedade. Día do libro

   O equipo dinamizador da biblioteca lanzamos esta proposta didáctica que xungue a celebración do Día do Libro coa sensibilización dos dereitos da infancia e a recadación de fondos para programas de supervivencia infantil.

A actividade consiste na elaboración dun marcapáxinas (facilitamos o modelo) e a exposición e venta dos mesmos. Cada neno  doará o recadado (segundo o prezo e o número de ventas). O Centro fará chegar a cantidade recadada a Save the Children.

Faremos a exposición na Semana do 18 ao 22 de abril, coincidindo coa Semana do Libro. Moitas grazas pola vosa colaboración.

27/3/14

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2014
CARTA AOS NENOS DO MUNDO

OS LECTORES, a miúdo lle preguntan aos escritores como escriben as súas historias - De onde saen as ideas? Veñen da miña imaxinación, contéstalles o escritor. Ah, claro, adoita responder o lector. Pero, onde está a túa imaxinación, de que está feita e é certo que todo o mundo ten unha?
Ben, responde o escritor, está na miña cabeza, por suposto, e está composta de imaxes e palabras e recordos e rastros doutras historias e palabras e fragmentos de cousas e melodías e pensamentos e rostros e monstros e formas e palabras e movementos e palabras, ondas e arabescos e paisaxes e palabras e perfumes e sentimentos e cores e rimas e pequenos estalos e asubíos e sabores e explosións de enerxía e adiviñas e brisas e palabras. Todo iso xirando aí dentro e cantando e comportándose como un calidoscopio e aboiando e sentándose e pensando e rañando a cabeza.
Por suposto que todo o mundo ten imaxinación: sen ela, non seriamos capaces de soñar. Porén, non toda imaxinación ten as mesmas cousas dentro dela. Probablemente, a imaxinación dos cociñeiros conteña na súa maioría sabores, da mesma maneira que a imaxinación dos artistas conterá sobre todo cores e formas. A imaxinación dos escritores está principalmente chea de palabras.
Para os lectores oíntes de historias, as súas imaxinacións tamén se nutren de palabras. A imaxinación dun escritor traballa, dá voltas e dá forma ás ideas, aos sons, ás voces, aos personaxes e aos acontecementos ata convertelos nunha historia; esta historia non está composta doutra cousa que non sexan palabras, batallóns de garabatos desfilando polas páxinas. Entón ocorre que, de pronto, chega un lector e eses garabatos cobran vida. Seguen estando na páxina, seguen parecendo garabatos pero tamén están choutando na imaxinación do lector, e este dá forma e fía as palabras para que a historia agora teña lugar na súa cabeza, como tivo lugar na cabeza do escritor.
Este é o motivo polo que o lector é tan importante para unha historia como o é o escritor. Só hai un escritor para cada unha delas, pero hai centos ou miles ou incluso ás veces millóns de lectores de historias, que len no mesmo idioma que o do escritor ou que quizais ata lean traducións en moitos outros idiomas diferentes. Sen o escritor, non nace o conto; sen todos os miles de lectores arredor do mundo, o conto non chegará nunca a vivir todas as vidas que pode vivir.
Todo lector dunha historia ten algo en común cos outros lectores desa mesma historia. Separadamente, aínda que tamén dalgunha maneira xuntos, eles recrearon a historia na súa propia imaxinación: unha acción que é tanto privada como pública, individual como común, íntima como internacional.
É, posiblemente, o que os humanos fan mellor.
Seguide lendo!
Siobhán Parkinson
Autora, editora, tradutora
e gañadora do Premio na nÓg

Traducción: Concha Blanco