Mostrando entradas con la etiqueta ourense. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ourense. Mostrar todas las entradas

9/3/20

Teatro, ruta cultural e Comisaría de Policía... Non paramos!!

Hoxe, o alumnado de terceiro e cuarto de educación Primaria asistiron á posta en escea de "Nana para un soldado". Esta obra, relata o encontro de dous soldados inimigos no frente, que terán que deixar a un lado as súas diferencias para facerse cargo dun pequeno imprevisto, o nacemento dun neno. Algo tan forte como é a guerra e a morte, e por outro lado, un nacemento, a vida, para facer unha reflexión sobre o absurdo das guerras e o necesario que é entenderse, escoitarse e respectarse.
Con grandes doses de humor e rodeados dun ambiente lírico, Ghazafelhos desenvolve unha das historias que non deixa indiferente a ninguén, e propón unha serie de actividades e recursos para que o profesorado de Educación Primaria utilice para abordar o tema nas aulas, sendo conscientes da necesidade dunha educación para a paz e a non violencia, baseada na igualdade de oportunidades e na diversidade enriquecedora das persoas, así como da eliminación de barreiras e fronteiras, por desgracia, tan de rabiosa actualidade.
Posteriormente, o alumnado de terceiro desprazouse ata a Comisaría da Policía Nacional en Ourense, onde Lorena amosounos toda a instalación e aprendemos un montón de cousas (tocamos o que é a defensa, o chaleco antibalas...) Estivemos no cuarto de reseña, calabozos (onde había dous detidos): teñen audio e cámaras; na oficina de denuncias, na exposición policial e no garaxe. Unha experiencia fantástica!
Por outra banda o alumnado de cuarto fixo un percorrido cultural polo casco histórico da cidade acompañad@s por Jose Ramón, técnico municipal da Oficina de Turismo de Ourense. Camiñamos polas estreitas rúas de Ourense, coñecimos un pouco mellor a Praza Maior, a Catedral e, por suposto, rematamos nas Burgas, emblema da cidade. Contar cunha visita guiada así, foi todo un luxo!


16/12/19

Fomos ó teatro a Ourense

O luns, 16 de decembro, as aulas de 1º e 2º de primaria xunto coas súas titoras fomos ó Auditorio de Ourense a ver un musical “A nena e o grilo máis aló”

https://www.afundacion.org/es/agenda/evento/escolares-a-nena-e-o-grilo.-ourense

13/12/19

Santomé, "fendetestas". Pista de Xeo (grazas Rosa!)

Este venres 13 de decembro, día de Santa Lucía (Pola Santa Lucía mengua a noite e medra o día) o alumnado cos seus titor@s e Alicia pasamos a xornada en Ourense. Primeiro visitamos a exposición de Santomé, conxunto arqueolóxico natural.
E mentres os de terceiro estivemos na sala de exposicións Afundación na Praza Maior os de cuarto visitaron o castro para despois vir os de cuarto á exposición e os de terceiro ó castro. Da man de Ángela, Gema e Alberto como monitores aprendemos un montón; moitas grazas por achegarnos ós castrexos e romanos e a todo o seu mundo: casas redondas, pedras de granito, trisquel, druídas, cerámica, cristal, velas, antorchas, balanza-comercio, auga, muíños... e mesmo facernos partícipes do recado de fendetestas. 
Ademais tivemos tempo para darnos unha volta pola praza de Abastos e gozar da pista de xeo no Centro Comercial Ponte Vella. Alí estaba esperándonos M. Carmen Vaz titora de 3º B que se achegou a saudarnos e pasar con nós esta hora. E se lle temos que dar as grazas a M. Carmen, tamén aquí temos que agradecerlle este espectacular momento a Rosa, Xefa de Estudos de Primaria (Salesianos) que nos posibilitou o 26 de novembro cando reservamos esta actividade -xestionando e cambiando ela de hora para algún grupo do seu colexio - que nós poideramos facelo nesta que nos viña como anel ó dedo por estarmos este día en Ourense. Moitísimas grazas.

27/11/19

O alumnado de 1º de primaria de "arqueólogos" en Ourense

O pasado 22 de novembro o alumando de 1º de primaria acompañado polas súas titoras e dous mestres especialistas acudiron a Ourense para ver unha exposición sobre este castro. 
Enmárcase esta actividade entre as ofertadas pola Afundación: «Santomé, conxunto arqueolóxico natural».
Explicáronnos como vivían as mulleres e os homes no castro, como eran as súas casas, que comían...
Despois rematamos facendo un xogo para decorar un vaso pero usando dous rotuladores e un tempo de 15 segundos. Saíron cousas sorprendentes.

Logo subimos ata o castro de Santomé pero non poidemos visitalo porque foi un día moi chuvioso. 
 A menos de 3 quilómetros do centro da cidade de Ourense sitúase o conxunto de Santomé, un lugar onde se reúnen importantes restos arqueolóxicos e un espazo natural único cun valor incalculable para a cultura galega. 





28/3/19

Ourense: teatro, cidade, tren turístico...


O alumnado do segundo ciclo, 3º e 4º de primaria, pasamos a xornada en Ourense. Primeiro no auditorio gozando dunha obra de teatro (bon appètit) e despois os de cuarto con José Ramón (guía turístico) fixemos unha visita guiada e moi ben comentada pola cidade (panorámica, catedral, praza maior e burgas); rematamos visitando a praza de abastos. Moitísimas grazas, José Ramón!
O alumnado de terceiro colleu o tren turístico na praza maior e fixeron o percorrido ata Outariz.

3/5/18

Na percura do tesouro, no Gadis (Alimentes) e na Comisaría ... En Ourense.


O alumnado de 3º e 4º de primaria, xunto con outros centros, asistimos no Auditorio en Ourense ó teatro. A obra, "Na percura do tesouro, de Gaiteiros da Xistra", está dentro da programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación. Música tradicional en galego dirixida a escolares de 3º e 4º de primaria. 
Moura, a gardiá da cova, axudará a Xurxo a se liberar das mentiras e os enganos da malvada Serpe e daralle as pistas para descifrar os enigmas e así superar as probas para atopar o tesouro, A LINGUA. Coñecemos ós inventores de cantigas, escoitamos unha historia, escoitamos as pedras, descubriremos os sentimentos que agochan as mámoas… 
Música en directo, lendas, romances, zanfonas, alalás, cantigas, refráns e seres mitolóxicos conformaron a senda que nos levou a descubrir o auténtico tesouro colectivo; un tesouro que só ten valía se o compartimos e o respectamos. 
Despois os de terceiro fomos ata o Gadis do Centro Comercial e alí nos esperaba Rocío que dentro do programa Alimentes (que xa tiñamos traballado con materiais que nos enviaron) nos axudou a concienciarnos da importancia dunha alimentación sana. Os de cuarto estiveron na Comisaría da Policía e tamén gozaron de vela por dentro, coñecer as súas entrañas e ata subiron ó helipuerto...
Moitísimas grazas a tod@s as persoas que nos aprenderon tantas cousas neste día fóra das aulas. 

24/1/18

Teatro en inglés, A molinera, aceites Abril...

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria estivo onte, 23 de xaneiro, no Auditorio en Ourense participando dunha actividade de Afundación "Teatro de actor en inglés dirixido a escolares"
 Unha divertida comedia musical para reflexionarmos sobre a amizade, o respecto e as consecuencias derivadas das decisións que tomamos na vida. Cambiariamos algo se puidésemos dar marcha atrás? Seguro que si.
Oxalá Eli tivese escoitado o seu pai. Quizais tería aprobado o seu exame de ciencias sobre o sistema solar. E se a relación coa súa irmá fose mellor, tería podido gañar o concurso de talentos. E se…

Despois estiveron os de 4º visitando a Molinera (centro de innovación social dixital) e os de 6º Aceites Abril.

8/11/17

Laberinto no Auditorio e visitas en Ourense e Allariz

O pasado sete novembro o alumnado de cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria fomos ao Auditorio Municipal de Ourense á posta en escea de "Laberinto", onde se nos amosa que  o camiño máis doado non sempre é o que te axuda a saír do labirinto. Para saír sempre precisas ter un camiño que te leve pola vida, os amigos, a familia, a escola... Daniel sabe que na casa non sobra o diñeiro, mais, por que non pode ter un Iphone como os seus amigos? Ou unhas Nike Air Zoom Pegasus 34? A el gustaríalle deixar os estudos e traballar para poder mercar o que quixese.... Un alegato contra o consumismo e o "o imperio das marcas" tan presente hoxe en día.
Posteriormente, os grupos de cuarto visitaron o Claustro do Convento de San Francisco (hoxe en obras), visitaron a sala que o Museo Arqueolóxico de Ourense alí ten para finalizar este día tan completo cunha visita ao casco histórico de Allariz.


31/10/17

Teatro e visitas en Ourense

O alumnado de terceiro e cuarto de primaria pasamos a xornada deste martes 31 de outubro por Ourense. 
Primeiro estivemos no Auditorio nunha das actividades de Afundación; vendo Rubicundo, unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia, perseveranza, a ilusión e o traballo como camiño á posibilidade de perseguir os nosos soños.
Rubicundo é unha obra de teatro do grupo Ghazafelhos onde tres persoaxes interactúan con obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. Fala da necesidade de prestar atención aos pequenos detalles.
Despois manducamos algo que cadaquén levou para a media mañá e os de terceiro subimos ata o xardín botánico desde onde temos un sitio espectacular para ver Ourense e sorprendémonos do que nos contou o noso veciño José Manuel sobre as plantas carnívoras; os de cuarto fixeron o percorrido no tren turístico pola cidade de Ourense, desde a praza ata Outariz.

14/2/17

Auditorio (Xistralia), Ourense, Pop Art...


Ourense 13 de feb.2017 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

A xornada do luns 13 de febreiro foi una tanto especial para o alumnado de 3º e 4º de Primaria. Fomos unha vez máis a Ourense. Primeiro, no Auditorio, asistimos á obra de "Sandra e Meirol en Xistralia. Gaiteiros da Xistra" dentro da programación para escolares Afundación. Gustounos moito porque ademais poidemos gozar coa presenza dun coñecido para nós: César, o home orquestra. 
Despois de tomarmos algo de "sobre almorzo" o alumnado de terceiro, cun guía de luxo, José Ramón, aprendemos a mirar doutra maneira a Ourense (catedral, praza, as burgas...). Moitas grazas!
Os de 4º achegámonos ata o Centro Cultural Marcos Valcárcel para vermos a exposición de Pop Art Icons e aprender pasándoo moi ben, grazas á nosa guía, Tatiana.. Andy Warhol e Steve Kaufman xa forman parte da nosa cultura artística. Moitas grazas! E parabéns a tod@s!!!  

9/11/16

3º e 4º de Primaria: Aprendendo por Ourense

   Este mércores 9 de novembro o alumnado de 3º e 4º de Primaria pasamos a xornada en Ourense. Primeiro no Auditorio, con outros centros da Provincia e da Capital, vendo a obra de teatro "Pulgarcito". Nela, Teatro Paraíso, da man do autor e director Iñaki Rikarte, asistimos a unha versión singular do conto; son un pai e un avó, os que dan vida ó relato, para recrear una nova historia tantas veces contada na noite dos tempos. Con moita miga, máis da que captaron as crianzas... 
   Despois o alumnado de terceiro foron ata o Xardín Botánico onde ademais tiveron a posibilidade de ver unha exposición de bonsais e seguir as interesantísimas explicacións do noso veciño limiao José Manuel Corbal.
   Os de 4º estivemos na Praza Maior de Ourense e mentres esperamos a coller o tren turístico poidemos ver o salón de plenos e a exposición filatélica San Martiño na aula de cultura do Liceo. Despois gozamos do percorrido ata baixarmos en Outariz e desfrutar daquel entorno.

11/2/16

3º e 4º de primaria no Auditorio, Botánico e no tren das termas

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) continúa coa súa proposta de espectáculos escénicos para escolares en Ourense coa obra de teatro musical Cousas de 4 da compañía Odaiko Percussion Group. O espectáculo combina instrumentos do mundo da percusión contemporánea con elementos de nova creación, moita improvisación e efecto sorpresa para lograr que os nenos e nenas o pasen en grande. E nós pasámolo moi ben. Despois os de 3º estivemos no Parque Botánico co José Manuel (outro limiao) que nos contou moitas cousas curiosas relacionadas co medio e sobre todo abraiamos coas plantas carnívoras... Os de 4º montamos no tren turístico das termas.

30/10/14

Antía, Wamba e o regato pequeno

O pasado martes 28 de outubro, o alumnado de terceiro e cuarto de educación Primaria, asistiron no auditorio Municipal de Ourense ao espectáculo da compañía Tropa de Trapo, "Antía, Wamba e o regato pequeno". Despois fixeron un percorrido cultural pola cidade, visitando a Praza Maior, a catedral e As Burgas. Tiveron unha xornada moi entetida na que aprenderon moitas cousas....


3/4/14

No Auditorio e en Aceites Abril



   O martes e o mércores, 1 e 2 de abril o alumnado do 3º ciclo de primaria cambiamos a aprendizaxe nas aulas do Centro pola aprendizaxe noutros espazos: fomos a Ourense. Primeiro estivemos no Auditorio escoitando unha actuación de percusión, "Odaiko, vaia circo" (os de 6º) e gozando dunha obra de teatro, "a arca de Noé" (os de 5º). A continuación visitamos as instalacións de Aceites Abril no polígono industrial de San Cibrao das Viñas: moitas grazas polo tempo e a atención que nos dedicaron (vista guiada coas pertinentes explicacións e mesmo agasallos!!!).  


24/3/14

Todos queremos ser....policías!!

O alumnado de segundo de Educación Primaria visitaron hoxe as instalacións da Comisaría da Policía Nacional. Calabozos, sala de tiro, comunicacións, ... foron algunhas das dependencias  que tan amablemente lles amosaron todo o persoal que alí traballa, encabezados pola subinspectora Teresa, que é ex alumna do noso centro. Posteriormente foron ao Auditorio Municipal para desfrutar da obra de teatro "Bon Appetit". Unha mañá completa e moi moi entretida....