Mostrando entradas con la etiqueta convivencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta convivencia. Mostrar todas las entradas

2/10/24

BENQUERER: A nova aposta de Xinzo pola igualdade e o respecto

"Un home só ten dereito a mirar a outro cara abaixo, cando ha de axudarlle a levantarse." Gabriel García Márquez, escritor colombiano.

O Concello de Xinzo de Limia, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres, puxo en marcha BENQUERER: un programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.

Esta iniciativa do Concello de Xinzo de Limia ten como obxectivo promover a igualdade de xénero e a prevención da violencia de xénero a través da educación nas prácticas e valores de bo trato como modelo alternativo ao maltrato para a construción de vínculos igualitarios. Dende BENQUERER fomentarase a resolución positiva de conflitos, o reparto de tarefas e responsabilidades, o diálogo, a non discriminación e o respecto á diversidade.

O programa inclúe obradoiros dirixidos o público en xeral que complementarán no mes de setembro con actividade nos colexios e institutos de Xinzo coordinadas dende o CIM. Nesta ocasión, foi o alumnado de sexto de Educación Primaria do noso centro o que participou nestes obradoiros.

Este proxecto do Concello de Xinzo de Limia, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

Ademáis, O programa BENQUERER inclúe tamén a Liña Malva, un servizo de atención continuada a través dunha liña telefónica para a información, asesoramento e primeira atención en situacións de maltrato, relacións, saúde e sexualidade. Un servizo posto a disposición en horario amplo (de 9 a 21h) no 669945220, atendido por profesionais especializadas que brindan escoita, cercanía, confianza, libres de xuízos e facilitando a comunicación e a atención.

1/10/24

Primeira reunión do Consello da Infancia

"En cada neno deberíase poñer un cartel que dixese: Tratar con coidado, contén soños." Mirko Badiale, filósofo italiano.

Este  curso desde o Equipo de Convivencia propuxemos a creación do Consello da Infancia, un órgano que pretende ser a voz do alumnado para mellorar a convivencia no centro. 
Despois de levar a cabo dentro de cada aula de Educación Primaria todo o proceso de elección de representantes do alumnado, o noso Consello da Infancia reuniuse por primeira vez no Espazo Creativo do centro.
unha vez feitas as presentacións, e coa presenza do director e da orientadora do centro, este Consello pasou a escoller a súa/o seu presidenta/e e secretaria/o. 
Comprobando que a maioría dos seus membros querían participar activamente dentro deste órgano, decidiuse por unanimidade que ambos cargos serían rotativos ao longo de todo o curso escolar.
Rematamos esta primeira sesión co encargo da tarefa de recoller entre todo o alumnado do centro aquelas iniciativas que poidan mellorar a convivencia no centro.



3/4/20

A alegoría das culleres longas [ Denizcan Yuzgul]

Baseado nunha antiga historia sobre a fame e o compartir, "A alegoría das culleres longas” axúdanos a aprender. Apréndenos, por exemplo, que cando se loita para alimentarnos só a nós mesmos, todo o mundo pasa fame. Pero cando nos centramos na fame da nosa veciña, do noso veciño, descubrimos que hai maneiras de alimentar a todo o mundo.

11/10/19

Convivencia, seguridade, redes sociais... A necesaria forrmación permanente




 Un curso máis, acollémonos ó Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. Unha achega máis con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc.


Este é un Plan, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, que nos ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).
Nas xornadas deste mércores, 9 e xoves, 10 de outubro, estiveron dous axentes expertos nestas temáticas da garda civil impartindo as charlas ó alumnado de 5º de primaria. O xoves pola noite tivemos a oportunidade de participar tamén toda a comunidade educativa, que así o desexou (e foi máis ben pouca) na organizada na casa de cultura e impartida pola UNED. 

29/1/19

Día escolar da Paz e a Non violencia

 
Celebramos, como cada 30 de xaneiro, o día escolar da paz e a non violencia.
Desde 1964, o día 30 de xaneiro conmemórase nas aulas o Día Escolar da Nonviolencia e da Paz. Foi nese mesmo día cando, en 1948, Mohandas Karamchand (“Mahatma”) Gandhi –líder espiritual dun dos movementos anticoloniais máis pacíficos e de máis impacto na historia do mundo moderno– morreu asasinado no seu país natal da India. Celébrase nas escolas o día desa tráxica perda para que as novas xeracións nunca esquezan que a única maneira de lle poñer fin non só a actos tan violentos como os asasinatos ou o colonialismo, senón a calquera acto de violencia, é mediante a educación. (Documento Nova Escola Galega)
No Ceip Rosalía de Castro traballamos a partires dunha actividade que nos propuxeron as compañeiras do Equipo de Convivencia. Aquí tedes unha mostra do feito estes días por este motivo. Parabéns artistas! 



Enlaces a materiais do Grupo de Educador@s pola paz (NEG)
http://www.nova-escola-galega.org/WebDefault.aspx?MenuInd=4&MenuId=169&Lng=&tl=0

Documentos
DEZ CAMIÑOS ALTERNATIVOS CARA A UNHA EDUCACIÓN PARA A PAZ
TRINTA DE XANEIRO 2013 - TRINTA ANOS DE EDUCACIÓN PARA A PAZ
PRONUNCIAMENTO SOBRE O ANTEPROXECTO DE LEI DE CONVIVENCIA E PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA
XXII ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES POLA PAZ, Vigo 18 ao 20 de abril
CONCLUSIÓNS DO XXI ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES/AS POLA PAZ
PROGRAMA XXI ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES/AS POLA PAZ
CARTEL XXI ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES/AS POLA PAZ
Declaración Universal dos Dereitos Humanos
UNESCO. MANIFESTO 2000 para unha cultura da paz e a nonviolencia
ESCUELA: Entrevista a Xesús R. Jares (2ª parte)
ESCUELA: Entrevista a Xesús R. Jares
O máis básico. Xogos cooperativos
O máis básico. Violencia escolar
O máis básico. Educación para a Paz
O máis básico. Educación e dereitos humanos
O máis básico. Conflito e convivencia

28/4/18

Contos de valores no xardín dos sentimentos


Durante dúas semanas está tendo lugar esta actividade: o alumnado de 4º, 5º e 6º que xa amadriñou no día do libro ó resto do alumnado do Centro está agora volvendo a apadriñar a unha ou dúas aulas enteiras. Cada día na hora de lectura baixan a un dos patios interiores (onde fixeramos un xartín de sentimentos) un par de alumn@s e unha aula para escoitar un conto. Un conto especial dun lote preparado para a ocasión, escollido para traballar os valores.

16/12/17

Xornada de convivencia intercultural no Rosalía

Na Biblioteca e no comedor tiveron lugar estas actividades (Charlas, música, gastronomía, obradoiro) organizadas polo CDR "O Viso" e coa colaboración do Ceip Rosalía de Castro. 
Máis información no enlace seguinte Xornada de convivencia intercultural





2/4/14

Hoxe xogamos a...

O Equipo de Convivencia do centro vén de por en marcha unha iniciativa innovadora. Durante os mércores de abril, maio e xuño todo o alumnado do centro terá que optar por xogos populares, como o pano, sangue, brilé, a comba, a corda, .... para xogar nos recreos. Esperemos que esta iniciativa poida fomentar o xogo non competitivo nos nosos rapaces e rapazas e recuperar tradicións algo esquecidas.