Mostrando entradas con la etiqueta excursións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta excursións. Mostrar todas las entradas

27/11/19

O alumnado de 1º de primaria de "arqueólogos" en Ourense

O pasado 22 de novembro o alumando de 1º de primaria acompañado polas súas titoras e dous mestres especialistas acudiron a Ourense para ver unha exposición sobre este castro. 
Enmárcase esta actividade entre as ofertadas pola Afundación: «Santomé, conxunto arqueolóxico natural».
Explicáronnos como vivían as mulleres e os homes no castro, como eran as súas casas, que comían...
Despois rematamos facendo un xogo para decorar un vaso pero usando dous rotuladores e un tempo de 15 segundos. Saíron cousas sorprendentes.

Logo subimos ata o castro de Santomé pero non poidemos visitalo porque foi un día moi chuvioso. 
 A menos de 3 quilómetros do centro da cidade de Ourense sitúase o conxunto de Santomé, un lugar onde se reúnen importantes restos arqueolóxicos e un espazo natural único cun valor incalculable para a cultura galega. 





6/6/19

Viaxe fin de curso a Asturias

Catro días de aventura, vistas e convivencia. Oviedo, Colombres, Carbárceno, o MUJA, .... e tantas e tantas cousas vividas.... Un recordo imborrable !!! 

4/12/18

Fetén, Fetén... A Molinera e a pista de xeo.

O alumnado de 3º e 4º de primaria fomos nesta xornada "primaveral" de decembro a Ourense. Primeiro tiñamos unha actividade no Auditorio de Afundación, Obra social Abanca. 
Un parella de artistas burgaleses sorprendéronnos moi gratamente. Foi un "divertido concerto didáctico", da man de Diego Galaz e Jorge Arribas, nomeados músicos internacionais; lograron que o público emprendera unha marabillosa viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música popular española. 
Transmitíronnos valores sobre a reutilización, a pobreza, a imaxinación e a importancia de coñecer as nosas tradicións, usando algúns dos instrumentos máis incribles da historia da música coma o violín trompeta, a serra musical, a á de voitre, o theremin ou a frauta cadeira de camping. Pero co que máis alucinamos foi co instrumento que se toca sen tocalo. 
Aquí vos deixamos un enlace para que vos fagades unha idea do grand traballo destes excepcionales artistas. 
E despois de tomar o sobrealmorzo dividímonos e uns foron á Molinera e outros a patinar nunha pista de xeo á beira do río Miño. Un día que nos agasallou cunha moi boa temperatura e cunha luminosidade que nos posibilitou gozar do singular colorido deste outono.

14/6/18

No Zoo, no Museo do mar de Galicia, en Vitrasa

Neste mércores 13 de xuño e por fin, cun espléndido día (como toca neste tempo de primavera, xa ás portas do verán) o alumnado de 3º de primaria gozamos dunha saída programada para este nivel na que pasamos a mañá na Madroa e un anaquiño dela no Museo do Mar de Galicia, xantamos en Samil e pasamos uns bos momentos en Vitrasa onde o persoal e o Director Xeral de Viguesa de Transportes S.L, (Juan Carlos Villarino Tejada) que foi alumno do Rosalía de Castro nos atenden espectacularmente.

Na Madroa aprendemos máis cousiñas dos animais (mesmo o lobo nos agasallou comendo e deixándose ver); no acuario (un tanque de 140.000 litros) poidemos percorrer todo o seu perímetro e observar peixes planos, dúas especies de tiburóns distintas... e outros moitos peixes representativos do que se pode atopar nunha ría galega.

En Samil xantamos e mantivemos a loita continua coas gaivotas que nos "roubaban" se nos descoidabamos. Finalmente en Vitrasa agasalláronos con moitas atencións: paseo pola cidade no bus turístico; tamén subimos no vello que estaba na plataforma), paseo nun autobús de 1968 e nos modernos (especialmente preparados para persoas con mobilidade reducida, respectuosos co medio...), visitando os talleres, as oficinas, tomando un refrigerio  e comprobando o control que desde as mesmas se fai dunha flota de 150 autobuses que patrullan Vigo.

Moitísimas grazas a todas as persoas que nos agasallaron coas súas explicacións, a súa atención... e moi especilamente a Juan Carlos Villarino que sempre nos fai sentir máis do Rosalía e máis limiaos.     

31/5/18

Preparándonos para participar na Festa de Voz Natura

Un ano máis . Do noso centro iremos en dous autocares;  case un cento de persoas estaremos o sábado 2 de xuño no parque de Acea de Ama, en Culleredo participando na festa de fin de curso 17/18. Unha xornada festiva, con numerosas actividades nas que participar de forma gratuíta. Os máis lectores, os que superaron os retos lectores e así lograron o pasaporte lector e algúns máis que sen alcanzalo fixeron parte do camiño imos aló.

A festa comezará ás 11.00 e prolongarase ata as 19.30 horas. Durante todo o día, os nenos poderán participar en xogos tradicionais e de aventura; saltar nos 20 inchables que se instalarán nunha pista de herba artificial; participar en competicións deportivas ou dar un paseo en pónei, entre outras moitas propostas que se poden consultar no programa de actividades dispoñible nesta mesma páxina.

Na festa deste ano terá especial protagonismo a protección do patrimonio etnográfico, tema central do curso que inspirou moitos dos 350 proxectos ambientais desenvolvidos polos centros participantes nesta 21.ª edición. Todos eles, poderanse ver na exposición que se montará na festa, onde tamén se entregarán os premios aos traballos máis destacados deste curso.

Onde comer…
…si queres aproveitar a xornada a lume de biqueira e pasar todo o día no parque, ten en conta que se trata dun recinto con amplas zonas verdes para comer de picnic, levando a comida de casa. Tamén, dentro do propio parque, podes comprar a comida (haberá pulpeira, bares e tres food truck con comida tex mex e mexicana, hamburguesas, saladiños e doces). Tampouco faltarán os postos de chuches e xeados.

Que levar…
…roupa e calzado cómodo, crema para o sol, un viseira e moita enerxía!

Ten en conta que o parque de Acea de Ama é un espazo seguro, pechado, con servizos e atención sanitaria.

Enlaces

14/6/17

Viaxando e... Lendo. Un xuño bulideiro.


E segue xuño cargado de actividades. Saídas pola comarca (Pobo escola: Lodoselo), nas provincias de Ourense (San Cibrao de Las), Lugo (Monforte de Lemos) e A Coruña (Arteixo), por Asturias e Cantabria... E con máis pais e nais participando en "Ti tamén contas"; que nos animan a ler e comparten con nós, na biblioteca, algunhas lecturas. Moitas grazas! Si, tamén en xuño cos exames da terceira e última avaliación... E xa preparando o festival de fin de curso!
https://www.youtube.com/watch?v=ptMs62Ador8&sns=fb

17/6/16

Os de 3º por Vigo: Zoo, Samil, Vitrasa...

Hoxe venres, 17 de xuño o alumnado de 3º pasamos a xornada por Vigo. Coa sorte de gozar dun espléndido día (dinnos que por Xinzo choveu bastante e nós non só non vimos chover en Vigo, senón que tivemos sol...) pasámolo xenial no zoo, en Samil (mágoa de non ter máis tempo para probar a auga), no autobús turístico de Vitrasa e despois nas súas instalacións. Moitísimas grazas ao limián Juan Carlos Villarino Castillo, Director Xeral da compañía, que nos acompañou e aos traballadores que nos posibilitaron coñecer as instalacións e probar o andarmos nun autobús híbrido, nun modelo de 1968 e nos últimos modelos que está estreando a compañía. Ah! e moitas grazas ó noso Director que fixo de guía no bus turístico aprendéndonos moitas cousas da mariña. (Este home sabe de todo!!!)

1/6/16

Visitamos "O Rexo"


O alumnado de 5º de Ed. infantil pasaron unha estupenda xornada de excursión. 
Primeiro visitaron a hípica de Allariz e despois o Rexo ( eco espazo, aula de educación ambiental, ovellas e queixería)

Voz Natura. Preparando a festa final

O vindeiro sábado, 4 de xuño, participaremos na festa de Voz Natura en Culleredo (A Coruña). Alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Alumnado que conseguiu os retos de lectura, axudantes da biblioteca escolar, os mellores lectores segundo o contador do Meiga, participantes no programa de Voz Natura.
Este é o cartaz que enviamos para achegar o noso granciño de area. 
Entra aquí se queres ver o "Programa de actividades"
E se queredes máis información e mesmo ver as fotos do ano pasado velaquí tedes outro enlace:
http://www.voznatura.com/fiesta/index.php?idseccion=11

27/5/16

Celanova, Lodoselo, As Corcerizas, Santiago...

Unha semana moi movida: Alumnado de 6º en Celanova. Visittaron o mosteiro de San Rosendo e a casa de Curros Enríquez e participaron nun concerto didáctico de órgano, acompañados pola profesora Marisol Mendive, profesora de órgano no Conservatorio de Ourense. Interpretaron unha peza tradicional galega " o vlas dos vellos", o Fortuna de K. Orff e a herba de namorar (outra peza tradicional). Velaquí a mostra dunha delas

Os de 1º de primaria nas Corcerizas, o equipamento de Amigos da Terra (en Arnuíde)


 

 

Os de Infantil de 3 anos e os de 3º de Primaria no Pobo escola (Lodoselo) parando antes en Piñeira Seca para ver as instalacións da Patacas Fritas Guays e á volta na parcela da SGHN





Neste enlace podedes ver moitas fotos deste día 

Os de 5º por Santiago: visitaron o Parlamento, as cubertas da catedral e a cidade da cultura. Aquí visitaron a exposición CON-FÍO e tamén realizaron un obradoiro.



18/3/16

O alumnado de Infantil (6º) no museo de Quessada



 
  
Este só é un adianto pero poñeremos máis información e fotos da participación que o alumnado do Ceip estamos tendo no proxecto "o artista na aula e as nenas e nenos ao museo". Esta semana foron os do último curso de Infantil a visitar a colección de Quessada no Pazo de Vilamarín.   
Agradecer á Fundación Xaime Quessada o facernos partícipes desta proposta e achegarnos uns materiais tan suxestivos.

23/4/15

Aprendendo coas abellas

O alumnado de 1º e 2º de primaria  pasamos o día en Apípolis, en Santo André de Xeve, moi preto de Pontevedra capital; é un centro para a comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas. Velaquí unha mostra, con fotos en branco e negro, dos obradoiros e os momentos que pasamos nesta xornada primaveral.

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19808027k1813551o1l1/appolis

24/6/14

Mestura casi final

   Poñemos aquí unha mestura de actividades que se fixeron ultimamente e das que non publicamos ningunha entrada. Aquí van fotos dalgúns dos nosos traballos na pequena horta do cole e na aula de ordenadores (Infantil), unha charla dun pai do centro (Xosé Calleja) sobre os paxaros que podemos ver no noso patio (5º primaria), a saída ás Corcerizas (2º primaria) e o acto de graduación de Infantil (5 anos).

17/6/14

Excursión 2º ciclo

Onte tocoulles aos alumnos e alumnas do 2º ciclo marchar de viaxe de fin de curso á Coruña.
Foi unha xornada moi intensa na que os rapaces e as rapazas descubriron e afianzaron aprendizaxes a través da experimentación directa e o xogo.
Ao longo da mañá os nenos e nenas disfrutaron na Casa das Ciencias e no Planeario.
Pola tarde, despois dunha comida rápida, visitaron o Aquarium, o cal sorprendeu á maioria dos excursionistas, e o Museo do Home, comezando pola visualización dun video en 3D e rematando coa visita ás diferentes salas do museo.
Tratouse dunha saída lúdica e cultural na que o tempo pasou voando. Pedimos disculpas polo incumplimento do horario de chegada, en vindeiras ocasión intentaremos calculalo mellor.

Aqui deixamos algunhas fotos da xornada.

19/5/11

CELANOVA

O día 4 de maio os alumnos do 3º Ciclo fomos a Celanova. Vimos a casa de Curros Enríquez, visitamos Castromao, o mosteiro de San Rosendo(onde demos un pequeno concerto), Vilanova dos Infantes, a Virxe do Cristal e o Castelo.

30/4/11

SOGAMA, DOMUS E RIAZOR

O venres ,29 de Abril, fomos visitar o Complexo de SOGAMA en Cerceda. Comemos na Coruña, preto da torre de Hércules, fomos ao Domus e o estadio de Riazor. Pasámolo xenial!!! Aquí tendes un resumo da nosa viaxe.

EXCURSIÓN A CORUÑA on PhotoPeach


25/3/11

Os nen@s de 6º pasamos unha mañá fantástica en Ourense

Concerto Griffin, tren turístico e visita ás pozas de Outariz on PhotoPeach

13/12/10

Fomos visitar o Apóstolo

O pasado xoves os alumn@s de 5º fomos a Santiago a visitar a Catedral, o Parlamento. Para comer estivemos no Mc Donald's e pasámolo moi ben.

¡Tus propias imágenes en una Slideshow para MySpace, Facebook, orkut o tu página web!mostrar todos los imagenes de esta slideshow