Mostrando entradas con la etiqueta Auditorio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Auditorio. Mostrar todas las entradas

4/12/18

Fetén, Fetén... A Molinera e a pista de xeo.

O alumnado de 3º e 4º de primaria fomos nesta xornada "primaveral" de decembro a Ourense. Primeiro tiñamos unha actividade no Auditorio de Afundación, Obra social Abanca. 
Un parella de artistas burgaleses sorprendéronnos moi gratamente. Foi un "divertido concerto didáctico", da man de Diego Galaz e Jorge Arribas, nomeados músicos internacionais; lograron que o público emprendera unha marabillosa viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música popular española. 
Transmitíronnos valores sobre a reutilización, a pobreza, a imaxinación e a importancia de coñecer as nosas tradicións, usando algúns dos instrumentos máis incribles da historia da música coma o violín trompeta, a serra musical, a á de voitre, o theremin ou a frauta cadeira de camping. Pero co que máis alucinamos foi co instrumento que se toca sen tocalo. 
Aquí vos deixamos un enlace para que vos fagades unha idea do grand traballo destes excepcionales artistas. 
E despois de tomar o sobrealmorzo dividímonos e uns foron á Molinera e outros a patinar nunha pista de xeo á beira do río Miño. Un día que nos agasallou cunha moi boa temperatura e cunha luminosidade que nos posibilitou gozar do singular colorido deste outono.

3/5/18

Na percura do tesouro, no Gadis (Alimentes) e na Comisaría ... En Ourense.


O alumnado de 3º e 4º de primaria, xunto con outros centros, asistimos no Auditorio en Ourense ó teatro. A obra, "Na percura do tesouro, de Gaiteiros da Xistra", está dentro da programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación. Música tradicional en galego dirixida a escolares de 3º e 4º de primaria. 
Moura, a gardiá da cova, axudará a Xurxo a se liberar das mentiras e os enganos da malvada Serpe e daralle as pistas para descifrar os enigmas e así superar as probas para atopar o tesouro, A LINGUA. Coñecemos ós inventores de cantigas, escoitamos unha historia, escoitamos as pedras, descubriremos os sentimentos que agochan as mámoas… 
Música en directo, lendas, romances, zanfonas, alalás, cantigas, refráns e seres mitolóxicos conformaron a senda que nos levou a descubrir o auténtico tesouro colectivo; un tesouro que só ten valía se o compartimos e o respectamos. 
Despois os de terceiro fomos ata o Gadis do Centro Comercial e alí nos esperaba Rocío que dentro do programa Alimentes (que xa tiñamos traballado con materiais que nos enviaron) nos axudou a concienciarnos da importancia dunha alimentación sana. Os de cuarto estiveron na Comisaría da Policía e tamén gozaron de vela por dentro, coñecer as súas entrañas e ata subiron ó helipuerto...
Moitísimas grazas a tod@s as persoas que nos aprenderon tantas cousas neste día fóra das aulas. 

4/12/17

Circopeta... Un espectáculo diferente!

Hoxe, o alumnado de primeiro e segundo de Primaria fomos ao Auditorio Municipal de Ourense para asistir á representación de "Circopeta", onde os instrumentos da vida cotiá (mal chamados instrumentos pobres), os sonoros tambores de plástico reciclados,os ritmos conxuntos con coreografías orixinais, as melodías de instrumentos de láminas e unha interacción poderosa con todos nos nós fixeron que pasaramos uns momentos moi divertidos... Non perdades o final... e descubriredes unha artista invitada!