Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

8/5/20

Apertas para tod@s

Aprendendo a habitar a anomalía (Paolo Giordano)



Vídeo oficial de la canción “Los abrazos prohibidos” de Vetusta Morla feat. Alice Wonder, Andrés Suárez, Carlotta Cosials (Hinds), Christina Rosenvinge, Dani Martín, Depedro, Eva Amaral (Amaral), Ismael Serrano, Iván Ferreiro, Joaquín Sabina, Kase.O, Leiva, Luz Casal, Maika Makovski, Marwan, Nacho Vegas, Nina de Juan (Morgan), Rozalén, Santi Balmes (Love Of Lesbian) y Xoel López.
Todos los beneficios económicos que genere, tanto editoriales como discográficos, serán donados a perpetuidad al Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), para contribuir en la investigación sobre el coronavirus SARS-CoV-2 que ha causado la pandemia de la enfermedad Covid-19. Productor: Vetusta Morla Director: LEK & CHAP Executive Producer: María Pérez Mixer: Carlos Raya Mastering: Fred Kevorkian Compositor: Guillermo Galván Letra: Guillermo Galván, Benjamín Prado, Andrea Valbuena, Andrés Suárez, Elvira Sastre, Irene G., Joaquín Sabina, Jorge Drexler, Leiva, Loreto Sesma, Marwan, Raquel Lanseros y Rozalén. ℗ y © 2020, Pequeño Salto Mortal.  LINKS DE COMPRA/ESCUCHA
 LINKS REDES SOCIALES


30/4/20

De ¿Quién me ha robado el mes de abril? a "Aí ven o Maio"

No Dia Internacional do Jazz (30 de abril), despois do Día Internacional da Concienciación sobre o Ruído e o Día Internacional da Danza (28 de abril) velaquí dúas cancións moi diferentes para despedir Abril e darlle a benvida a Maio. 



O MAIO
Aí vén o maio
de frores cuberto ...

Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...

Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra

16/4/20

"Xente" : Nova versión confinada de Guadi Galego e a xa coñecida de Berrogüetto

Olla a rúa de atrás
Olla o chan oe o mar
Olla os que xa non están
Oe o bardo cantar
Oe o son do andar
Son os que veñen sen pan
Saen do seu despertar
Collidos da túa man
Óllame óllate
Olla os ollos dos ven
Ven de ti ven de min
Óllame óllate
Xente que vai soa
Xente vai embora
Xente que namora a
Xente
Xente diferente
Xente intelixente
Xente intermitente
Xente
Xente divertida
Xente distendida
Xente á túa medida
Xente
Xente que comprende
Xente que sorprende
Xente que non se vende
Xente

17/6/19

Ti e máis eu. Celso E. Ferreiro e a Banda da Loba

Música, poesía, diversidade, rapazada, lingua de signos... 


TI E MAIS EU Celso Emilio Ferreiro

(Non falemos dos bobos
que tódolo adeprenden nos libros.
Non falemos dos parvos
con cara de domingo;
nin dos sapientes memos,
nin dos túzaros listos,
nin do eterno mal gusto
dos probes novos ricos).
Falemos de ti e min
xa que vivimos.
Ti i eu nos ventos
e nos solsticios.
Ti i eu nos bosques
e nos ríos.
Ti i eu, historia
de corpos nidios.
Ti i eu, saudade
de árbores íntimos.
Ti i eu sin tempo
polo tempo imos.
Ti i eu cantando,
chorando e rindo.

23/5/19

Celanova: Poetas, Arte e Música.

Este pasado mércores, 22 de Maio, os/as alumnos/as de terceiro ciclo do CEIP “Rosalía de Castro” de Xinzo de Limia fomos de excursión a Celanova onde visitamos a Casa Museo do poeta Curros Enríquez, a Capela Mozárabe de San Miguel e o Mosteiro de San Salvador, onde participamos no “X Ciclo de Concertos Didácticos de Órgano”, no cal a profesora de Órgano do Conservatorio de Ourense, Marisol Mendive, nos explicou o segredos deste espectacular instrumento.
O que máis nos gustou foi tocar dúas pezas coa frauta acompañados polo órgano, intepretadas polo alumnado de quinto e sexto coa frauta e por Marisol Mendive e o noso profe de Música co órgano. Tocamos o “Vals dos Vellos”, un vals tradicional da música galega, e “A Herba de Namorar”, do grupo Luar na Lubre.
Foi unha experiencia extraordinaria poder participar nun concerto de frauta e órgano. Grazas Pablo. 

21/5/19

Contos populares, patrimonio inmaterial galego e A. Fraguas


Na xornada deste mates 21 de maio o alumnado de 2º, 3º e 4º de Primaria estivemos na Casa de Cultura de Xinzo para gozar cun Contacontos Musicado. Os artistas foron Charo Pita e Xoan Curiel que baixo o título " Canta miña pedra, canta" nos agasallaron cun espectáculo que xira ao redor de relatos populares e cancións de Antonio Fraguas. A actividade, cun custe de 5 €, levaba incorporada a entrega a cada participante no acto dun exemplar de  " O fillo do rei e outros contos populares" de Maruxa Barrio e Henrique Harguindey  (ed. Galaxia). 

4/12/18

Fetén, Fetén... A Molinera e a pista de xeo.

O alumnado de 3º e 4º de primaria fomos nesta xornada "primaveral" de decembro a Ourense. Primeiro tiñamos unha actividade no Auditorio de Afundación, Obra social Abanca. 
Un parella de artistas burgaleses sorprendéronnos moi gratamente. Foi un "divertido concerto didáctico", da man de Diego Galaz e Jorge Arribas, nomeados músicos internacionais; lograron que o público emprendera unha marabillosa viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música popular española. 
Transmitíronnos valores sobre a reutilización, a pobreza, a imaxinación e a importancia de coñecer as nosas tradicións, usando algúns dos instrumentos máis incribles da historia da música coma o violín trompeta, a serra musical, a á de voitre, o theremin ou a frauta cadeira de camping. Pero co que máis alucinamos foi co instrumento que se toca sen tocalo. 
Aquí vos deixamos un enlace para que vos fagades unha idea do grand traballo destes excepcionales artistas. 
E despois de tomar o sobrealmorzo dividímonos e uns foron á Molinera e outros a patinar nunha pista de xeo á beira do río Miño. Un día que nos agasallou cunha moi boa temperatura e cunha luminosidade que nos posibilitou gozar do singular colorido deste outono.

22/3/18

Con Cristina Pato no Ceip Rosalía

No día da Primavera, no día dos Bosques, no día da Poesía, no día contra o racismo e a xenofobia, no Día Mundial do Síndrome de Down... no noso centro foi tamén un día moi especial porque tivemos con nós a Cristina Pato. http://www.cristinapato.com/es/
Nas diferentes aulas xa prepararamos a xornada achegándonos a súa biografía; así coñecemos dela que:  Cristina Pato é unha gaiteira e pianista galega que naceu en Ourense.
Leva unha vida activa profesional adicada ao intercambio cultural e a crear novos camiños para a súa. gaita.
A súa carreira dual levouna a grandes escenarios de todo o mundo: EEUU, Europa, India, Jerusalén, China, Corea, México… e a súa España nativa.
Colaborou con artistas de World Music, , música clásica e música experimental. O seu poderoso estilo único e inconfundible, cheo de paixón e enerxía, foi aclamado polo New York Times como “una virtuosa explosión de energía”; O Wall Street Journal nombrouna como “uno de los maestros vivos de la gaita”.
Cristina Pato fusiona influencias de la música latina,  jazz, pop e música contemporánea, e usa todo a súa arte e virtuosismo parabdar vida a súa visión musical.
Unha carreira discográfica que comezou aos  12 anos, Cristina Pato lanzou e produciu seis discos como gaitera solista e dos como pianista. Ademáis, colaborou en más de cuarenta grabacións como artista invitada.
Tamén ten un papel destacado no documental The Music of Strangers: Yo-Yo Ma and The Silk Road Ensemble .
Cristina Pato deu máis de 600 conciertos coa súa propia banda, moitos de eles grabados e emitidos por medios de comunicación tales como  RAI, BBC, TVG, CNN y RTVE, e a súa obra  elogiada por periódicos e revistas tales como The New York Times, El País, El Correo Gallego, Downbeat Magazine o The Wall Street Journal.
Cristina Pato posee a Titulación Superior de: Piano, da Teoría da Música e de Música de Cámara, todas elas polo Conservatorio de Música do Liceu de Barcelona. Ademáis, realizou o Master en Artes Digitales (Música Digital) da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona.
COLABORADORA DE PROGRAMAS EDUCATIVOS, TEMOS QUE DARLLE AS GRAZAS POR LEVAR A NOSA MÚSICA POLO MUNDO ENTEIRO CON AMOR E PAIXÓN.
Grazas á nosa Cristina G. -que fixo o posible e o imposible- e a esta artistaza, -que conectou perfectamente co alumnado do cole-. Un agasallo espectacular para un día xa especial .
O demais contámolo coas fotos que a continuación poñemos; as de infantil e primaria.


22/11/17

Santa Icía, patroa da música

Este venres, 24 de novembro, o Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia celebra o día de Santa Icía. Aínda que o propio día é o mércores 22. Santa Icía é considerada a patroa dos músic@s e, na súa honra, constitúese o día do seu santo coma o Día Internacional da Música. 

Difundimos desde aquí esta actividade para aqueles que queiran e podan participar. O cuarteto de cordas "Lugo Camerata" ofrecerá un concerto no Auditorio Municipal "Ángel Cocho" para conmemorar a data. A audición está prevista para o alumnado do conservatorio limián, pero abrirase ao público ata completar aforo; é completamente de balde. A actuación terá lugar a partir das 19:00 horas.

7/11/17

Conmovedor Leonard Cohen


Todo comezou nesta terra

                                                   Un ano sen el

15/12/16

Tan só con leres un libro

MAMÁ CABRA É un grupo de música infantil pioneiro na produción de espectáculos musicais pensados para o público infantil. A súa história remóntase ao ano 2000, e  partíu de facer cancións para as clases de Educación musical de Gloria, unha das fundadoras do grupo. 
Contan na súa web que a primeira canción naceu na biblioteca do colexio no que estaba Gloria, despois de ler o poema do “Timoteo” de Gloria Sánchez que está no libro “Rimas con letra”. Empezamos coa idea de facer un disco: CANTOS RODADOS, de dez temas que se baseaban en poemas de autores como: Antonio G. Teijeiro, Concha Blanco, Ana María Fernández... e Gloria Sánchez, claro. Pero acabamos subidos a un escenario e artellando xogos para compartir un momento de ritmo, canto, audición e sobre todo movemento musical.

13/10/16

A Agrupación Musical da Limia no Ceip

   O pasado venres 7 de outubro tivemos no Ceip á Agrupación Musical da Limia. Organizaron tres obradoiros (vento metal, vento madeira, percusión) polos que pasamos por niveis todo o alumnado para coñecer máis de cerca estes instrumentos da man dos que os tocan (moitos deles compañeir@s noso do cole). Rematamos a xornada cun pequeno concerto.
A agrupación pon en marcha unha escola que inclúe tamén actividades extraescolares Démoslle así un pulo a esta actividade que se oferta como actividade extraescolar nas dependencias do cole.
A oferta complétase, ademais de coas modalidades de vento metal, vento madeira e percusión, co reforzo dos estudos reglados do Conservatorio de Xinzo. Así mesmo hai o xardín musical para nenos de 4 a 5 anos ou a banda infantil. 
A matrícula ten un custe de 20 euros e un pago de 15 euros ó mes por tres sesións semanais. Existe outra modalidade de pago que son 50 euros ó mes por catro horas semanais e inclúe 1 hora de instrumento, 1 hora de linguaxe musical e 2 horas de banda de música. 
O director da agrupación, José José Luis Tielas, declarou que se trata dun bo momento para darlle un pulo á institución musical e coa escola poder garantir a súa contiuidade. 



11/2/16

3º e 4º de primaria no Auditorio, Botánico e no tren das termas

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) continúa coa súa proposta de espectáculos escénicos para escolares en Ourense coa obra de teatro musical Cousas de 4 da compañía Odaiko Percussion Group. O espectáculo combina instrumentos do mundo da percusión contemporánea con elementos de nova creación, moita improvisación e efecto sorpresa para lograr que os nenos e nenas o pasen en grande. E nós pasámolo moi ben. Despois os de 3º estivemos no Parque Botánico co José Manuel (outro limiao) que nos contou moitas cousas curiosas relacionadas co medio e sobre todo abraiamos coas plantas carnívoras... Os de 4º montamos no tren turístico das termas.

19/6/13

Cantando con Susa Herrera!!!

Fai uns días estivo Susa Herrera con nós aquí en Xinzo. Pasámolo xenial. Se queredes ver como foi, deixámosvos esta pequena presentación e se preferides cantar "Gorila", vede o vídeo insertado abaixo. É unha das nosas cancións preferidas!!!
Agradecemos a profe Ana a súa colaboración para poder realizar esta actividade.