Mostrando entradas con la etiqueta exposicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta exposicións. Mostrar todas las entradas

12/5/20

Ángel Carracedo 👨🏫 / Lugrís 🎨 / Papiroflexia ✋.. Descubre propostas en #AfundaciónEncasa


A Área Educativa de Afundación proponche un reto: coñecer desde a túa casa a exposición «Lugrís, paredes soñadas» a través dunha visita virtual. Deberás observar, ler e responder ás diferentes fichas de investigación que deseñamos para o teu entretemento. 

ENTRAR NA VISITA VIRTUAL



Papiroflexia en casa. Facemos un corazón.

Jorge Pardo, director da EMOZ (Escola Museo Origami de Zaragoza) e coordiandor da exposición «Papiromates. Matemáticas
+ Creatividade = Papiroflexia», apréndenos a facer figuras básicas con papel.

 



Obradoiros de artes plásticas. Creación de pinturas.

Este taller está pensado para os máis pequenos da casa, por iso é sinxelo. Vai dirixido a escolares desde Ed. Infantil ata
3º de EP. Tratamos de orientalos na
creación das cores primarias e como
a partir destas podemos conseguir moitas outras, tomando neste caso unha composición xeométrica como as que
facía Luis Caruncho, que nos pode servir
de inspiración..

 

Conferencia «Diversidade humana e educación» con Ángel Carracedo.
Ángel Carracedo analiza, desde un punto de vista científico, como o noso sistema educativo perde grandes potenciais e talentos ao empeñarse en facernos iguais. As calidades coas que seleccionamos as persoas son unhas poucas (basicamente memoria e concentración) esquecendo valorar e desenvolver outras moitas, entre elas a creatividade e a curiosidade.
 



6/3/20

Actividades de sensibilización con motivo do 8 M

Realizadas pola Cruz Vermella e o CDR O Viso nos CEIPs e IES da comarca e da vila. Velaquí unhas imaxes dunha das dúas sesións realizadas na biblioteca do noso Centro. Moitas grazas!




E aquí o convite a participar noutra manchea de interesantes actividades estes días. Non as podes perder!!!

19/5/18

Participamos na II Feira de Educación... en Ponte de Lima

Este venres 18 de maio o alumnado de 3º e 4º de Primaria pasamos a xornada no Pavillón de Feiras e Exposicións de Ponte de Lima. Unha sorte gozar do percorrido que nos prepararon polos distintos espazos por aulas. Ó mediodía fomos xantar á Escola Básica 1 e poidemos estar no patio con todo o alumnado dese centro. Pola tarde volvemos á Feira ata a hora de regreso. Moitas grazas coma sempre a todas as persoas que tan ben nos acollen e atenden sempre, na vila máis antiga de Portugal e que cada vez que imos nos sorprende para ben. Ollade ben para facervos unha idea do que fixemos:



Esta é uma mostra das últimas novidades tecnológicas disponíveis no mercado. Apresentadas pelo tecido empresarial apenso ao sector, na região, a Feira procura dar a conhecer os melhores projetos pedagógicos dinamizados pelos Centros Educativos de Ponte de Lima. Para além destes projetos pedagógicos, estão patentes na Feira da Educação, Ciência e Tecnologia, Cursos Profissionais e de Ensino Superior. Num contexto em que se visa que o público fique a conhecer as inovações tecnológicas e cientificas apoiadas pelos Centros de Investigação das supra ditas Universidades.

http://www.visitepontedelima.pt/pt/turismo/ii-feira-da-educacao-ciencia-e-tecnologia/


16/1/18

Exposición na Biblioteca sobre o Cambio climático

Para toda a comunidade educativa, para a vecindade, para outros centros...


  • 19 paneis 100 cm ancho x 200 cm alto con soportes propios.
  • Audiovisual “Cambio Climático: o reto do século XXI” Duración: 15 min.
  • Tríptico da exposición
  • Material divulgativo no enlace da web seguinte


DESCRICIÓN

Moitas das actividades que realizamos na nosa vida cotiá provocan, directa ou indirectamente, emisións de gases de efecto invernadoiro, e por tanto contribúen a un dos principais problemas ambientais deste século: o cambio climático.
A subida do nivel do mar, as vagas de calor, tormentas, inundacións, ...son algunhas das consecuencias, que por todo o planeta, provocara o cambio climático. Nas nosas mans está impedir que isto aconteza, pero, é preciso que todos os actores sociais se involucren na loita contra este fenómeno global.
Tamén cabe dicir que a temática do cambio climático é complexa, e como consecuencia hai un gran descoñecemento sobre el por parte da cidadanía. Con esta exposición pretendese dar a coñecer a todos os galegos e galegas o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. Ademais intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.
Esta exposición está baseada no proxecto CLARITY - Acción Educativa por el Clima- pretende contribuír ao coñecemento do fenómeno do cambio climático, as súas causas e as respostas que se están propoñendo para facerlle fronte. CLARITY, deseñada en formato CD, é unha ferramenta que facilita a centros educativos, asociacións culturais, concellos e calquera outra organización interesada, a montaxe de súa propia exposición sobre cambio climático e a organización de actividades relacionadas.

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d168186655kP650326907o1l1/exposicin-cambio-climtico

16/11/17

Exposición na Biblioteca para valorizarmos os recursos ornitolóxicos galegos








O CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociales, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido. É froito dun convenio de colaboración entre a  Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio   da Xunta de Galicia, a  Universidade da Coruña   e o  Concello de Oleiros   para coordinar, dinamizar e promover a Educación Ambiental en Galicia.





As exposicións itinerantes son ferramentas de divulgación que permiten ao CEIDA traspasar os muros da súa sede e chegar a toda a cidadanía galega, co fin de fomentar entre ela a importancia de loitar contra o cambio climático ou de axudar na conservación do patrimonio natural e cultural. Na actualidade, conta cun total de 11 mostras que cede en préstamo a todas aquelas institucións, centros educativos, concellos, asociacións ou colectivos interesados e que dispoñan dun espazo habilitado para a súa exhibición. 
Un curso máis traemos para o noso Centro algunha exposición; neste primeiro trimestre xa está agardándote na biblioteca a primeira delas: Aves de Galicia. Para o segundo trimestre temos outra solicitada e concedida coa temática do cambio climático.

Aves de galicia
  • Son 14 paneis de 100 cm de ancho x 200 cm de alto.

A través desta exposición terás a posibilidade de coñecer as diferentes especies de aves que podes atopar en Galicia e os diferentes tipos de hábitats da avifauna da nosa comunidade. A mostra pretende tamén valorizar os recursos ornitolóxicos galegos e promover o gusto pola observación das aves, así como diversos consellos para aficionarse ao seu estudo e espertar unha actitude positiva. Os visitantes realizarán unha primeira aproximación ás aves de Galicia para un mellor coñecemento, aprecio e conservación das mesmas.

10/3/17

Exposión na B.E. sobre " Os canastros"



Temos unha nova exposición na Biblioteca escolar. Trátase dunha exposición fotográfica sobre os hórreos, canastros, cabaceiros... (ten nomes ben diferentes duns lugares a outros: cabaz, cabazo, calostra...). Contamos cunha unidade didáctica que nos achegaron desde a Asociación O Bión para traballar este tema. Moitas grazas. Preguntade por ela, se vos interesa, ós membros do equipo da Biblioteca.
As familias tamén podedes visitala de luns a xoves de 15.15 a 16.15h



14/2/17

Auditorio (Xistralia), Ourense, Pop Art...


Ourense 13 de feb.2017 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

A xornada do luns 13 de febreiro foi una tanto especial para o alumnado de 3º e 4º de Primaria. Fomos unha vez máis a Ourense. Primeiro, no Auditorio, asistimos á obra de "Sandra e Meirol en Xistralia. Gaiteiros da Xistra" dentro da programación para escolares Afundación. Gustounos moito porque ademais poidemos gozar coa presenza dun coñecido para nós: César, o home orquestra. 
Despois de tomarmos algo de "sobre almorzo" o alumnado de terceiro, cun guía de luxo, José Ramón, aprendemos a mirar doutra maneira a Ourense (catedral, praza, as burgas...). Moitas grazas!
Os de 4º achegámonos ata o Centro Cultural Marcos Valcárcel para vermos a exposición de Pop Art Icons e aprender pasándoo moi ben, grazas á nosa guía, Tatiana.. Andy Warhol e Steve Kaufman xa forman parte da nosa cultura artística. Moitas grazas! E parabéns a tod@s!!!  

18/3/16

O alumnado de Infantil (6º) no museo de Quessada



 
  
Este só é un adianto pero poñeremos máis información e fotos da participación que o alumnado do Ceip estamos tendo no proxecto "o artista na aula e as nenas e nenos ao museo". Esta semana foron os do último curso de Infantil a visitar a colección de Quessada no Pazo de Vilamarín.   
Agradecer á Fundación Xaime Quessada o facernos partícipes desta proposta e achegarnos uns materiais tan suxestivos.

15/2/16

Exposición "Reservas da Biosfera" na Biblioteca


Esta exposición créase polo Grupo de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos”.
Pódese consultar máis información sobre este proceso en www.marinasbetanzos.org
As reservas da Biosfera decláranse pola UNESCO no marco do Programa MaB (Home e Biosfera).
A finais de 2012 había 563 reservas en 110 países.
Teñen por finalidade harmonizar a conservación do patrimonio natural e cultura, e o des sostible da súa poboación.
Nelas podemos atopar todos os ecosistemas e todas as culturas do planeta. 
En España existen 40 das que 5 están en Galicia (Río Eo, Oscos e Terras do Burón, Terras do Miño, Ancares Lucenses, Área de Allariz, e a reserva transfronteirizaGerês- Xurés).
As reservas son:
LUGARES onde se traballa polo mantemento da biodiversidade e da diversidade cultural
ÁREAS que buscan un desenvolvemento social e económico respectuoso co medio.
ZONAS que experimentan para conseguir un bo uso dos recursos naturais,culturais e sociais
SITIOS onde se fomenta a participación dos cidadáns, a formación e a educación.
Entre outros beneficios, a declaración dunha Reserva da Biosfera abre a oportunidade de :
- Situar ao territorio no mapa mundial.
- Dar prestixio ao territorio, ás súas empresas e aos seus produtos.
- Ampliación dos mercados para os produtos, a través das marcas de calidade.
- Recuperación das actividades económicas tradicionais.
- Incentivas e fortalecer as iniciativas ligados ao turismo sostible.
- Xerar oportunidade de capacitación e formación.
- Acadar apoio internacional, estatal e rexional para iniciativas e proxectos ligados ao desenvolvemento sostible e á conservación ambiental.
- Mellorar a conservación ambiental e a información sobre os recursos naturais.
Foto da actividadDescrición. 14 paneis.


  • Panel 1. Portada. Descargar
  • Panel 2. Rede Española de Reservas da Biosfera. Descargar
  • Panel 3. Que son?. Descargar
  • Panel 4. Estrutura e funcións. Descargar
  • Panel 5. Quen xestiona?. Descargar
  • Panel 6. Beneficios. Descargar
  • Panel 7. Auga... como protagonista. Descargar
  • Panel 8. Alta montaña... o teito da península. Descargar
  • Panel 9. Ambiente mediterráneo... de montaña. Descargar
  • Panel 10. Illas... xestión integrada. Descargar
  • Panel 11. Montaña cantábrica... tapiz verde. Descargar
  • Panel 12. Transfronteirizas... natureza sen fronteiras. Descargar
  • Panel 13. O Programa MaB da Unesco cumpre 40 anos. Descargar
  • Panel 14. Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

  • Estará na nosa biblioteca ata finais do mes de febreiro.
  • Exposición da "bolboreta Monarca" na Biblioteca

    Un dos fenómenos mais abraiantes que nos ofrece a natureza galega é unha visitante de alén do Atlántico:
    a bolboreta Monarca, que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono cun sixilo que non fai honra a semellante fazaña.
    A chegada a Galicia desta bolboreta, espertou unha interesante iniciativa por parte do seu descubridor, o lepidopterólogo galego Eliseo H. Fernández Vidal, para poder obter máis datos sobre o arribo desta especie ás nosas costas: a Operación Monarca.
    Foto da actividad
    Este proxecto ten como obxectivo que cada vez máis persoas coñezan esta bolboreta e poidan informar das súas observacións, co fin de ter un coñecemento máis profundo da súa presenza en Galicia. Ademáis, pretende que as persoas alleas á lepidopteroloxía se interesen polo coñecemento deste marabilloso mundo e a súa conservación.
    O CEIDA e a Deputación da Coruña produciron esta exposición.
    Características da exposición
    A exposición conta con cinco paneis explicativos sobre como identificar a especie, a súa bioloxía, as súas migracións,...
    Panel 1
    A monarca, un bo xinete que cabalga polo mundo
    Panel 2
    Case corenta anos para descubrir o lugar de invernada das monarcas da costa oeste norteamericana
    Panel 3
    Á monarca sáenlle imitadoras
    Panel 4
    A monarca: unha viaxeira incansable
    Panel 5
    A migración e a vida da monarca
    Enlaces ao dossier, tríptico e paneis: 
    1. http://www.ceida.org/files/exposicions/dossier-monarca.pdf 
    2. http://www.ceida.org/files/exposicions/operacion_monarca.pdf
    3. http://www.ceida.org/files/exposicions/paneis-monarca.pdf

    Ata finais do mes de febreiro estará na Biblioteca escolar

    Exposicións na nosa biblioteca