30/4/18

O Museo da Limia inaugurará a súa biblioteca esta semana


Os compoñentes do Consello Asesor do Museo da Limia de Vilar de Santos.
http://www.laregion.es/articulo/a-limia/museo-da-limia-inaugurara-sua-biblioteca-mes-abril/20180311103730777178.html
PAULA PALOMANES
O Consello Asesor do Museo da Limia de Vilar de Santos reuniuse durante esta fin de semana para conformar o seu programa de actividades de cara a este ano. Na xuntanza estiveron presentes, entre outros, o presidente do Padroado do Museo, Delfín Caseiro; o coordinador, Antón Jardón ou o alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón.
Un dos puntos máis importantes dos que se trataron foi a posta a punto da Biblioteca da Limia, un espazo que albergará obras de autores da comarca relacionados coas humanidades e tamén coa Baixa Limia. Neste senso, está previsto que a apertura oficial do espazo teña lugar a finais do mes de abril. O Consello Asesor estudará, ademais, a maneira de incorporar na biblioteca a presenza de creadores do ámbito da escultura, da pintura ou do cine, así como doutros materiais editados que garden relación coa comarca limiá.
Conversas na taberna
Na xuntanza de Vilar de Santos, o vicepresidente da Xunta Directiva, André Taboada, explicou a programación e o contido do formato "Conversas na taberna". Trátase dunha serie de foros de debate promovidos dende o propio Museo da Limia.
Este ano as conversas tratarán sobre a pataca, cultivos alternativos ao tubérculo e o 60 aniversario da desecación da Lagoa de Antela.

Saúde bucodental




Tamén durante este mes de abril, que hoxe remata, tivemos varias xornadas nas que unha especialista da Consellería de Sanidade estivo no Ceip para axudarnos a mellorar a nosa saúde buco dental. Trátase dun programa de promoción e prevención do Servizo Galego de Saúde que "cumpre co obxectivo de levar saúde á poboación dende idades temperás, promovendo unha cultura de auto-coidado e de prevención de enfermidades. 
Formamos parte dos 44 centros deste tipo, dos cales 4 atópanse situados na provincia de Lugo, 16 na de Pontevedra, 13 na da Coruña e 11 na provincia ourensá.

Kamishibai e alumnado bibliotecario




O equipo de axudant@s da biblioteca que todos os cursos é confeccionado e preparado ó comezo de curso ten varios cometidos. Este ano, aproveitando que mercamos para a biblioteca o Kamishibai, engadiron este novo traballo: pasar polas aulas do Ceip agasallándonos cun conto, especialmente preparado, empregando este artiluxio.
Velaquí un vídeo coa historia deste "teatro de papel"empregado desde hai séculos para contar contos.

29/4/18

Concerto Didáctico no Conservatorio de Música




O alumnado de 3º e 4º de primaria, ben acompañados polo doutros centros da comarca, asistimos o venres 27 de abril a un espectacular concerto dado polo alumnado do Conservatorio de Xinzo. 

Entre os artistas varios compañeiros das aulas; alumnado de piano, trompeta, violín, frauta, saxofón, guitarra, acordeón e clarinete; de 1º e ata de décimo curso... E para finalizar a orquestra e un xogo.

Ademais vivimos, en directo, e tamén cos medios (informativos na tele, periódico "Afina-Do") a desaparición misteriosa dos instrumentos, a captura do "escapado" e principal sospeitoso...

Como público temos moito que mellorar; cómpre saber respectar cun silencio como é debido e mesmo ser máis xenerosos cos aplausos, me parece.

Moitos parabéns ós organizador@s; é un luxo ter na vila un centro como este que imparte música e movemento (curso preparatorio para nen@s de 6 anos), iniciación musical /curso preparatorio para nen@s de 7 anos) e os graos elemental (de 1º a 4º) e profesional (de 5º a 10º).

28/4/18

Contos de valores no xardín dos sentimentos


Durante dúas semanas está tendo lugar esta actividade: o alumnado de 4º, 5º e 6º que xa amadriñou no día do libro ó resto do alumnado do Centro está agora volvendo a apadriñar a unha ou dúas aulas enteiras. Cada día na hora de lectura baixan a un dos patios interiores (onde fixeramos un xartín de sentimentos) un par de alumn@s e unha aula para escoitar un conto. Un conto especial dun lote preparado para a ocasión, escollido para traballar os valores.

23/4/18

Madriñas, padriños, afillad@s lector@s


E chegou o día, un dos días espectaculares no noso centro; tod@s por parellas, tríos... lendo, escoitando a quen nos le. En cada recuncho do patio celebrando o Día mundial do libro e do dereito de autor.
Alentando, contribuíndo a descubrir o pracer da lectura. Valorando as irreemprazables contribucións de tod@s os que teñen impulsado o progreso social e cultural da humanidade.
Gozade destas estampas que tan ben captou o Luís. Graciñas a tod@s por este momento.

22/4/18

Día Internacional da Nai Terra

Este 22 de abril, como todos desde que no 2009 a ONU decidiu esta celebración en recoñecmento á necesidade de concienciar sobre a importancia de coñecer o planeta e protexelo e a todos os seus habitantes, facémonos eco desta celebración que promove, este ano, acabar coa contaminación que provocan os plásticos. 


E mañá día mundial do libro e do dereito de autor; día simbólico para a literatura mundial porque nesta data de 1616 morreron Miguel de Cervantes e William Shakespeare. No Ceip facemos o amadriñamento/apadriñamento lector: todo un espectáculo. 

20/4/18

Solidariedade e cooperación entre xeracións

Hoxe tivemos unha sesión moi especial coa xente maior do Centro de Día de Xinzo (María, Segio, Raúl, Ángel, Demetrio e Pura) que viñeron con Carmen e Alba a facer con nós uns xogos cooperativos. Moitísimas grazas! 

Adiantámonos así á celebración o vindeiro día 29 de abril do Día Europeo da Solidariedade e cooperación entre xeracións. As relacións interxeracionais son aquelas que se producen entre persoas de distintas xeracións.

A convivencia, a solidariedade ou a cooperación entre xeracións consegue mellorar a calidade de vida dos implicados. E consígueo porque transmite valores, tradicións, cultura, aprendizaxes... 

Celebrar este día é unha forma de sensibilizar e dar impulso ás relacións interxeracionais como factor potenciador dunha maneira de facerse maior dunha maneira activa e positiva.
Unha iniciativa que pretende animar á sociedade a reformularse o concepto de solidariedade interxeracional; a ensalzar as oportunidades que ofrece á hora de promover a cooperación mutua e a interacción xeracional entre nen@s e maiores para compartir habilidades, valores e experiencias.

Para a Organización Mundial da Saúde (OMS), a clave do envellecemento activo consiste en poder seguir exercendo un papel activo na vida, optando por participar e contribuír. A solidaridade, dar e recibir de maneira recíproca entre individuos, así como entre xeracións, é un dos principios para envellecer activamente.

16/4/18

Materiais dos encontros PLAMBE


Velaquí o enlace ós contidos dos encontros celebrados en Santiago os pasados xoves e venres.

Botádelle unha ollada e gozade da aprendizaxe; desfrutade da cantidade de boas prácticas que se fan nas aulas, nas bibliotecas...   

E, ánimo... A mellorar a nosa práctica aducativa diaria.  

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=32

15/4/18

Participamos nos encontros PLAMBE

Os días 12 e 13 de abril de 2018 celebráronse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela os ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2017/208, a cita anual do profesorado responsable das bibliotecas de centros non universitarios integradas neste programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Estes encontros, configurados como espazo de traballo, aprendizaxe e intercambio de experiencias e propostas, reuniu a 646 docentes, ademais de persoas expertas en distintos ámbitos: bibliotecas públicas e escolares, lectura, didáctica da lingua e da literatura, competencias informacionais e mediáticas, narración oral, gamificación, radio, lectura en contextos de diversidade, literatura infantil e xuvenil, educación audiovisual, poesía, robótica ou impresión 3D e literatura de tradición oral. Así, acompañaron ao profesorado Rosa Piquín, Villar Arellano, Carme Fenoll, Pep Bruno, Charo Pita, Guadalupe Jover, Antonio García Teijeiro, Pilar Sampedro, Montse Pena, Pedro Iturburúa,  Luís Aldegunde, Miguel Horta, Ana Ordás, Ricardo Feijoo, Xerardo Feijoo (Ponte nas Ondas) e Antonio Reigosa.



Alentando o gusto pola lectura

Aquí estamos contribuíndo a alentar o gusto pola lectura; e contamos cunhas nais e pais marabillosos que seguen participando no "Ti tamén contas"; colaboran achegándose á biblioteca para contarlles contos ás crianzas. Desta volta foi Mónica a nai de Tatiana que estivo xa o venres 6 de abril e volveu o xoves 12. O alumnado de 1º de primaria foron, nesta ocasión, os afortunados. Moitas grazas Mónica!  

 

 

10/4/18

Leo, Javier e o Coelliño Branco

Así de ben o pasaron os cativos de infantil cunha representación de títeres baseada no conto "O coelliño branco", a cargo de Javier Caamaño, pai de Leo da aula de 4 anos. Entre os dous, fillo e pai, interpretaron as aventuras do Coelliño branco e a Cabra cabresa "que era moi mala e era montesa". Como gustou tanto, reamatamos dándolle un gran abrazo e un diploma para que nunca esquezan a mañá tan especial que nos fixeron pasar. 

6/4/18

7 de abril: día mundial da saúde

Saúde para todos coa cobertura sanitaria universal

OMS: A cobertura sanitaria universal (CSU) lógrase cando existe unha firme determinación política. Significa garantir que todas as persoas, en calquier lugar, puoan ter acceso a servicios de saúde esenciais e de calidade sen ter que pasar apuros económicos.
Nos últimos decenios, a CSU xurgiu como unha estratexia clave para avanzar cara a consecución de outros oxjectivos relacionados coa saúde e co desenvlvemento máis amplios.
 Recursos para el Día Mundial de la Salud 2018

2/4/18

2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil - 2018

Coma en anos anteriores, o Ibby (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. 
A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2018  correspondeulle a Letonia. 
Ten a autoría do texto a escritora letona Inese Zandere, poeta, editora e activista da promoción da lectura quen titula a súa mensaxe: Os libros fan grande o máis pequeno.
Pola súa parte, a imaxe do cartel é do ilustrador Reinis Petersons, recoñecido debuxante deste país báltico. 
Galix, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao galego. 

22/3/18

No Día Mundial da Auga... Un concurso.


Xa está en marcha a IV edición do concurso “Galicia, auga, literatura e rap”, que este ano trae unha importante variante. Os patticipantes tenrán que dar a súa visión, a modo de rap, das grandes obras da literatura galega nas que estea presente a agua. 
Os pasos a seguir son:
  1. Escolle o texto entre os clásicos da literatura galega nos que estea presente a agua.
  2. Fai a túa propia versión a modo de rap e grábaa en vídeo.
  3. Participa de maneira individual o en grupo (máximo 4 persoas)
  4. Manda o teu vídeo a marketing@lavoz.es co asunto “Concurso: Galicia, auga, literatura e rap”
  5. Tamén podes subir o vídeo a twitter co "hastag"#augaliteraturaerap e mención a @augasliterarias
Premios para los ganadores.
Plazo presentación de traballos ata o 11 de mayo de 2018.

Con Cristina Pato no Ceip Rosalía

No día da Primavera, no día dos Bosques, no día da Poesía, no día contra o racismo e a xenofobia, no Día Mundial do Síndrome de Down... no noso centro foi tamén un día moi especial porque tivemos con nós a Cristina Pato. http://www.cristinapato.com/es/
Nas diferentes aulas xa prepararamos a xornada achegándonos a súa biografía; así coñecemos dela que:  Cristina Pato é unha gaiteira e pianista galega que naceu en Ourense.
Leva unha vida activa profesional adicada ao intercambio cultural e a crear novos camiños para a súa. gaita.
A súa carreira dual levouna a grandes escenarios de todo o mundo: EEUU, Europa, India, Jerusalén, China, Corea, México… e a súa España nativa.
Colaborou con artistas de World Music, , música clásica e música experimental. O seu poderoso estilo único e inconfundible, cheo de paixón e enerxía, foi aclamado polo New York Times como “una virtuosa explosión de energía”; O Wall Street Journal nombrouna como “uno de los maestros vivos de la gaita”.
Cristina Pato fusiona influencias de la música latina,  jazz, pop e música contemporánea, e usa todo a súa arte e virtuosismo parabdar vida a súa visión musical.
Unha carreira discográfica que comezou aos  12 anos, Cristina Pato lanzou e produciu seis discos como gaitera solista e dos como pianista. Ademáis, colaborou en más de cuarenta grabacións como artista invitada.
Tamén ten un papel destacado no documental The Music of Strangers: Yo-Yo Ma and The Silk Road Ensemble .
Cristina Pato deu máis de 600 conciertos coa súa propia banda, moitos de eles grabados e emitidos por medios de comunicación tales como  RAI, BBC, TVG, CNN y RTVE, e a súa obra  elogiada por periódicos e revistas tales como The New York Times, El País, El Correo Gallego, Downbeat Magazine o The Wall Street Journal.
Cristina Pato posee a Titulación Superior de: Piano, da Teoría da Música e de Música de Cámara, todas elas polo Conservatorio de Música do Liceu de Barcelona. Ademáis, realizou o Master en Artes Digitales (Música Digital) da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona.
COLABORADORA DE PROGRAMAS EDUCATIVOS, TEMOS QUE DARLLE AS GRAZAS POR LEVAR A NOSA MÚSICA POLO MUNDO ENTEIRO CON AMOR E PAIXÓN.
Grazas á nosa Cristina G. -que fixo o posible e o imposible- e a esta artistaza, -que conectou perfectamente co alumnado do cole-. Un agasallo espectacular para un día xa especial .
O demais contámolo coas fotos que a continuación poñemos; as de infantil e primaria.


16/3/18

Coa Cruz Vermella na biblioteca







O alumnado de terceiro de primaria estivemos este mércores, 14 de maio, coas persoas da Cruz Vermella de Xinzo que nos viñeron "sensibilizar" sobre corresponsabilidade doméstica, roles e estereotipos de xénero, igualdade de xénero, sexo e xénero... Temática que antes traballamos un pouco na aula.

Moitas grazas por estas dúas sesións que tivemos con motivo da celebración do día da muller. 

7/3/18

María Canosa co alumnado de 4º de primaria


Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos de profesión e escritora de corazón, fai equilibrios entre os números e as letras, combinando ambas disciplinas. Colabora en distintos medios de comunicación e diversas actividades culturais. Conta con numerosas publicacións, amais de recibir varios galardóns literarios.

Dentro do itinerario lector o alumnado de 4º leu o libro de Rubicundo do que é autora. Un libro que fala de valores, coma o respecto aos maiores, a forza de vontade de Erea, o seu agarimo polos débiles, a súa perspicacia... Ademais é moi poético: Rubicundo era un cosedor de ventos... introvertido, maior, necesitado de cariño... 

O libro encantoulle e poder charlar hoxe coa autora aínda fixo máis emocioante esta bonita historia. Velaquí algunhas imaxes deste encontro na biblioteca.

6/3/18

Na procura dunha sociedade máis xusta

 

Nesta semana temos "actividades extra" na charca dos libros. Se non podes pasar nos recreos, aquí deixamos algúns dos materiais escollidos para vermos estes días... Anímate a botarlle unha ollada. 

Ø  33 cosas inventadas por mujeres.
Ø  Videoclip “Son muller” do grupo MBCP (Máis boas cás patacas) do IES de Cacheiras. Primeiro premio na categoría xuvenil do II Certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar 2017.

Ø  Superlola é un conto coeducativo protagonizado por unha nena valente que quere ser superheroína.

Ø  Proposta de actividades.

Ø  Corto (resumido) do documental “Las Sinsombrero” de TVE sobre mulleres escritoras, pintoras, pensadoras… da Xeración do 27
http://www.rtve.es/lassinsombrero/es/webdoc/

    Ø  Matriarcas é un canto de amor á muller e á liberdade; e homenaxe a mulleres reais que loitaron e loitan con resistencia no día a día


5/3/18

Recursos e propostas das bibliotecas escolares

8 de marzo: Día Internacional da Muller


                                              www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/     

O calendario civil continúa o seu andar e xa está chamando á porta o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha das datas claves para avanzar na educación para igualdade, na formación de cidadáns e cidadás na procura dunha sociedade máis xusta.  As bibliotecas escolares achegan recursos e fan propostas de actividadeslideran iniciativas que permitan aos nenos e ás nenas, a mozas e mozos coñecer o mundo no que viven, coñecer a presenza da muller nos distintos ámbitos do saber e nos distintos momentos da historia. E sobre todo, re-coñecer a importancia e a influencia do traballo da muller nos diferentes ámbitos sociais do mundo no que eles viven e medran.
Algúns exemplos poden servir para ver a intensa actividade das bibliotecas escolares galegas nestes días previos ao 8 de marzo:
Un exemplo de programación moi sintetizada desde o CPI Vicente Otero Valcárce, de Carral: Para celebrar o 8 de marzo a nosa biblio propón un traballo de investigación ( e así poder practicar como utilizar efectivamente os buscadores). Fixemos unha recopilación de mulleres que destacaron, ou destacan, por diferentes motivos. adxudicamos unha a cada grupo. O alumnado fará un traballo de investigación e redactará unha biografía, incluíndo, de ser posible, unha fotografía. Unha selección dos traballos presentados servirá para que fagamos un libro que levará por título "Mulleres públicas" (traballando tamén a linguaxe sexista), e que pasará a formar parte dos fondos de producción propia. Ademáis Recibiremos  a visita de đúas mulleres, empresaria e cociñeira, que nos contarán a súa experiencia.
Outros recursos: