12/5/23
Visita o teu súper!
6/5/23
Convertémonos en viquing@s !!!
3/5/23
ECO-RETOS VOZ NATURA: #RetoReciclamos
No mes de maio, o reto é: Reciclamos para reducir residuos, conservar os recursos naturais, protexer os nosos hábitats e fomentar o consumo responsable.
Hashtag: #RetoReciclamos
2/5/23
Compartindo libros c@s no@s maiores!
“A vellez existe cando se empeza a dicir: nunca me sentín tan novo”, Jules Renard (1864-1910), escritor e dramaturgo francés.
Dentro das actividade programadas para a conmemoración do Día do Libro, esta foi quizais, a que nos fixo máis ilusión poden levar a cabo.
En colaboración co Centro de Día de Xinzo de Limia, organizamos unha lectura a viva voz do conto de Inma Jardón Rivero e ilustrado por María de Santiago Lama titulado "DE QUE TRATA O AMOR”, presentado na biblioteca do no noso cole fai uns días.
Foi o alumnado de quinto A o encargado de compartir coas persoas maiores deste centro unha mañá chea de literatura e xogos. Aprender d@s nos@s maiores é algo que nos enriquece como persoas e el@s son unha fonte inesgotable de novas aprendizaxes por realizar.
Unha experiencia que, de seguro, será moi difícil de esquecer para tod@s el@s!
1/5/23
Imos ao circo !!! Todas e todos contamos!!!
Cando tod@s son incluídos, tod@s gañan.- Jesse Louis Jackson (8 de outubro de 1941). Activista estadounidense polos dereitos civís.
Nun contexto onde a superación das desigualdades sociais é xustamente a base na que se fundamenta a articulación dunha economía social, desde Afundación lanzamos un programa presencial para os centros de toda Galicia co que, a través de diferentes actividades culturais, escolares de toda Galicia participarán do valor da diversidade como elemento de enriquecemento social e persoal.
É importantísimo que os nenos e nenas vexan desde a súa infancia que a diversidade funcional non é unha fronteira, senón unha invitación para comunicarse, a aprender e a crecer. Por iso, levar estas actividades aos centros supón unha evolución lóxica do noso compromiso coa cultura e coa sensibilidade social.
É de vital importancia normalizar o papel das persoas con diversidade funcional na sociedade, poñer en valor a diversidade como elemento de enriquecemento social e persoal, educar en valores: esforzo, empatía, aceptación da diferenza, autoestima, respecto, ..., mellorar a sensibilidade afectiva e emocional, favorecer unha sociedade equitativa, xusta e diversa, facilitar o establecemento de relacións interpersoais, achegar a creación artística en diferentes formatos desde unha vertente práctica. e fomentar a creatividade.
Nesta actividade, CIRCUITO CIRCENSE, nun espazo amplo crean o seu propio circo. Colocaron un circuíto con diferentes estacións nas que o noso alumnado tivo que realizar actividades de equilibrio, puntería e acrosport. As actividades circenses destacan polo seu carácter innovador e motivador. Fomenta valores educativos como a mellora da convivencia, a cooperación, o aumento da autoestima persoal e grupal, o coñecemento e control do propio corpo e a superación de límites.
TODAS E TODOS CONTAMOS nace para converterse nun referente de boas prácticas aliñado cos valores de sensibilización social no marco dos centros escolares.
O seu desenvolvemento leva a cabo en colaboración coa Fundación Igualarte dedicada a traballar en favor do colectivo de persoas con diversidade funcional e a súa inclusión.
É imprescindible sensibilizar e dar exemplo poñendo en marcha iniciativas que poñan en valor a diversidade como elemento de enriquecemento social e persoal, e este programa nace nese marco como unha iniciativa pioneira, innovadora e completa, que se converte nunha achega creativa ao devandito obxectivo.
VARIADO é unha empresa de lecer e tempo libre que presenta unha oferta de animación diferente e exclusiva, onde o punto para destacar é a inclusión real. Isto é así porque o equipo está formado por artistas e auxiliares de monitores/as de lecer e tempo libre con diversidade funcional.
El@s entenden a arte como un dereito que pertence a tod@s, que axuda a coñecerse e explorarse desde novas facetas, sempre desde unha perspectiva lúdica, servindo de motor para o desenvolvemento de experiencias sensoriais, físicas e emocionais.
Así mesmo, cren firmemente na importancia do contacto co medio que nos rodea, facendo chegar esa esencia en todo o seu traballo.
30/4/23
Fixemos un maio cheo de flores, con palabras bonitas de tódalas cores!
Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos; ...
Manuel Curros Enríquez (Celanova 1851, A Habana 1908)
Esta mañá, o alumnado de 6° de Infantil, da Aula Específica e das aulas de 1° e 2°C de Primaria celebrou a festa dos Maios.
Cada participante aportou dúas flores con cadansúas palabras. Fixéronse equipos mixtos buscando a interrelación entre etapas. Ademais, participaron nunha actividade de exploración polo recinto da escola para atopar al flores e fomentar o coñecemento e a interacción co seu entorno máis próximo.
A actividade rematou coa creación dun fermoso Maio cheo de cores primaverais e feito con materiais reciclados.
29/4/23
Que bonito é compartir unha boa lectura!
O pracer de ler é dobre cando se vive con outra persoa coa que compartir os libros. Katherine Mansfield (1888-1923) Escritora neozelandesa.
... E chegou un dos días grandes ao noso cole!!! Como colofón a esta Semana do Libro compartimos un Apadriñamento/ Amadriñamento lector que non tiñamos feito dende antes da pandemia. Todo o alumnado e o profesorado en distintos lugares do centro compartindo unha boa lectura! E a verdade é que resultou ser unha actividade espectacular!
@s máis grandes lendo @s máis pequenos, tod@s compartindo momentos emocionantes que será difícil para el@s esquecer! Só nos queda por ver as caras de felicidade nunh@s e nos outr@s gozando do fermoso momento de compartir un libro... Imos alá!
26/4/23
Xogar para non esquecer!!
Todas as aprendizaxes máis importantes da vida, fanse xogando! (Francesco Tonucci, Fano, 1940. Pensador, psicopedagogo e debuxante italiano.)
Tivemos a fortuna un ano máis de poder contar cos educadores do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e o seu obrdadoiro didáctico de Xogos Populares.
Este programa ten como obxectivo recuperar, divulgar e revitalizar xogos e modos de divertimento hoxe esquecidos polos nosos nenos e mozos. Mediante a organización de cursos nos que se forman monitores especializados en xogos populares, así como obradoiros que se levan a todos os colexios da provincia de Ourense, o Obradoiro de Xogos Populares conta cun equipamento que lle permite poñer en práctica actividades como a billarda, a porca, o xogo de aros, a chave, etc.(http://www.ccpxaquinlorenzo.es)
O noso alumnado de sexto de EP tivo a oportunidade de aprender distintos bailes, ditos, ... xa case perdidos hoxe en día e practicar un "deporte" tan galego, que algúns e algunhas debido á nosa idade aínda recordamos, como é o xogo da Porca.
Dous sesións cheas de aprendizaxe e divertimento que, de seguro, estas nenas e nenos serán quen de manter nas súas lembranzas e contribuír así a que este patrimonio cultural inmaterial endexamais caia no esquecemento!
25/4/23
Como funcionan as nosas Institucións de goberno?
“A liberdade só reside nos estados nos que o pobo ten o poder supremo.” (Cicerón. Orador, político y filósofo latino. Arpino, actual Italia, 106 a.C. - Formies, id., 43 a.C.)
Coñecer as nosas institucións democaráticas e coñecer como funcionan tanto o noso poder lexislativo (Parlamento de Galicia) como o executivo (Xunta de Galicia), as súas funcións e maneiras de proceder é a misión deste programa educativo que xurdiu dun convenio de colaboración asinado entre o Parlamento de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade o 14 de xaneiro de 2022 e que permite organizar visitas guiadas conxuntas ás sedes deses poderes para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria e alumnado de educación secundaria obrigatoria de centros educativos de titularidade pública da Comunidade Autónoma.
O noso alumnado de quinto de Educación Primaria tivo a oportunidade de coñecer as tres funcións do Parlamento de Galicia, a lexislativa, a electiva e a de control ou como as nosas parlamentarias e parlamentarios pertencen a disitintos partidos políticos e se reúnen para acordar melloras para toda a cidadanía, tendo a "palabra" como única ferramenta para chegar a acordos cos demais.
Tamén puidemos visitar as distintas estancias do Pazo do Hórreo, sede actual do Parlamento de Galicia e observar todas as obras de arte (máis de 300 pezas) que constitúen unha autentica sala de exposicións de artistas galegos de todos os tempos.
Agradecer a presenza e a compaña do único parlamentario da nosa vila, Carlos Gómez Salgado Vedmar, que nos tratou con ese cariño e atención especial que sempre ten con tod@s nós.
Trasladámonos logo á sede da Xunta de Galicia no Edificio Administrativo de San Caetano, antigo centro educativo para nen@s xord@s sendo hoxe o emplazamento de case a totalidade das Consellerías que forman o goberno galego, traballando alí máis de 3000 persoas ao servizo d@s cidadáns.
Visitamos a sala de reunións dos secretarios técnicos de todas as áreas de goberno, e alí nos explicaron que son el@s realmente quen toman a maioría das decisións importantes, que son refrendadas ao día seguinte polo conxunto de Conselleir@s na súa habitual reunión dos xoves.
Finalizamos esta xornada tan especial na casa da "nosa" Rosalía de Castro en Padrón. Alí observamos as estancias e os aveños que ela e a súa familia empregou nos derradeiros anos da súa vida.
Foi unha xornada para non esquecer!! Aprendizaxes significativos no medio que se producen!
23/4/23
"Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro." Emily Dickinson (1830-1886) Poetisa estadounidense.
A orixe do Día do Libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron – ou morreron – outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural.
A idea orixinal da celebración do Día do Libro partiu de Cataluña, do escritor valenciano Vicente Caravel Andrés, propoñéndoa á Cámara Oficial do Libro de Barcelona en 1923 e aprobada polo rei Alfonso XIII de España en 1926. O 7 de Outubro de 1926 foi o primeiro Día do Libro, pouco despois, en 1930, instáurase definitivamente a data do 23 de abril como Día do Libro, onde este día coincide con Sant Jordi - San Jorge, patrón de Alemaña, Aragón, Bulgaria, Cataluña, Etiopía, Xeorxia, Grecia, Inglaterra, Líbano, Lituania, Países Baixos, Portugal, Eslovenia e México. É tradicional regalar unha rosa ao concluír unha lectura, evento ou pregón e que os namorados e persoas queridas intercámbiense unha rosa e un libro. (https://www.diadellibro.eu/)
Na nosa Bilblioteca Escolar poderedes atopar un montón de títulos que vos farán viaxar a un sinfín de lugares que doutro xeito non poderiades visitar e coñecer personaxes que seguro que fan desta gran aventura de ler unha experiencia inesquecible! Creamos novos espazos para que vos sexa máis doado escoller esas aventuras que tedes/temos por facer! Animádevos a coñecelos!! #DiadelLibro2023 #diadilibro2023 #ODS4
18/4/23
Aprendendo a aproveitar a agua
Aqualogia é un programa educativo da Escola da auga destinado a centros escolares de educación primaria co que transferimos e compartimos coñecementos sobre a auga e o medioambiente. A través de varios recursos interactivos como vídeos, xogos e experimentos, mergullámonos no universo da auga desde unha perspectiva sostible e tomamos conciencia da súa importancia e dos seus ciclos natural e urbano.
O noso alumnado de cuarto de Ed. Primaria tivo a oportunidade de participar neste programa, levado a cabo polo persoal da compañía VIAQUA. e tivemos a oportunidade de comprobar como traballan día a día en levar a auga ás nosas casas e cales son os procesos que son necesarios para potabilizala e para despois do seu uso devolvela en óptimas condicións aos nosos ríos.
Aprendizaxes moi significativos adquiridos mediante a experimentación persoal e a observación directa da realidade científica!
3/4/23
ECO-RETOS VOZ NATURA: #concienciamos
1/4/23
#LlamémosloPorSuNombre
Encontros PLAMBE 2022/2023
Asisitimos un ano máis ao Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, celebrados este ano o 31 de marzo no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
Foi todo un día de experiencias e foros abertos onde as novas estratexias para este veterano Plan (do que o noso centro forma parte dende o curso 2008/2009) foron os temas chave que artellaron a unha selecta escolla de ponentes expert@s no seus ámbitos de traballo.
De seguido, foi a quenda dos ambaxes do novo programa de xestión de BE Koha, da man de María Begoña López Soto, profesora de linguas no IES Fernando Esquío de Neda, titora en cursos PLATEGA sobre este tema e ponente habitual en xornadas e encontros de BE.
31/3/23
De que trata o amor
28/3/23
Tempo de transplantar
26/3/23
Ciencia e cultura ... Que máis podemos pedir!
O pasado xoves 23 de marzo o alumnado de sexto de EP visitou no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela a quinta edición do Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2023.
FP Innova Galicia 2023 é unha magnífica ocasión para coñecer máis de cerca as posibilidades da formación profesional. O noso alumnado experimentou en primeira persoa coas novas tecnoloxías a través da visualización dos proxectos de innovación desenvolvidos nos centros e da participación nos obradoiros que se organizaron sobre hidróxeno verde, ciberseguridade, biotecnoloxía, robótica aplicada, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, aplicacións móbiles ou impresión dixital, entre outros.
Tamén se mostraron experiencias innovadoras desenvolvidas nos centros a través de proxectos emprendedores, visualizando as miniempresas creadas por alumnado e profesorado de diferentes niveis educativos e outros programas dentro do Plan Eduemprende.
Foi unha mañá chea de aprendizaxes onde puidemos facer distintas experiencias titorizadas polos profesores dos distintos CIFP que alí presentaban as súas dinámicas de traballo.
Aproveitamos o día para tomar un cafeciño … (ía moito frío e choveu a cachón …) e visitamos a Casa de Rosalía, “alma mater” do noso cole. Aprendemos unha chea de cousas sobre a vida e obra da nosa autora de referencia e vimos de primeira man a casa e os aveños que empregou nos seus últimos anos de vida.
25/3/23
Iniciámonos no deseño 3D!!
24/3/23
Cíclope: dos mitos clásicos á boa xestión das finanzas persoais
21/3/23
#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más
Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down que se celebra o vindeiro martes 21 de marzo, DOWN ESPAÑA lanza a súa nova campaña: #NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más. O seu obxectivo é cambiar a forma de ver ás persoas con síndrome de Down, unha forma de miralos que a miúdo está cargada de prexuízos e estereotipos que dificultan a súa inclusión na sociedade.
Xeneralizacións como as de que son todos cariñosos ou uns "angelitos" ou algunhas máis despectivas referidas a que levan unha vida sen aspiracións nin metas, ou a que son persoas inactivas, que representan unha carga familiar, etc… contradinse coa realidade que viven as propias persoas con síndrome de Down hoxe en día. Eles senten que teñen vidas plenas, cargadas de ilusións e proxectos. Por, iso reivindican unha imaxe acorde coa autonomía da que xa gozan, que os dá acceso a unha vida sen límites. (https://www.sindromedown.net/noticia/down-espana-lanza-la-campana-nosomosunestereotipo-somos-mucho-mas-para-el-dia-mundial-del-sindrome-de-down/)
Tatiana no noso cole é unha máis. Unha nena que lle gusta xogar, ter amig@s, saír ao patio, falar c@s compis da clase... e das outras clases tamén!! E unha nena que da moito amor a todo o mundo que lle rodea e que tod@s nós queremos crer que así tamén llo devolvemos! Hoxe, e todos os días, tod@s nós damos o noso apoio ás persoas con síndrome de Down, porque estamos convencid@s (e é un sinal de identidade do noso centro educativo) que a verdadeira inclusión é posible ... e NECESARIA!
18/3/23
Que facen todos estes animaliños no noso cole?
Seguimos coa nosa teima (que comezou xa case fai doce anos) de ter cada día un cole máis "bonito"... Desta volta tocoulle a quenda ás aulas de Educación Infantil que dende hoxe teñen novos protagonistas que lle darán á benvida todos os días ao noso alumnado máis miúdo.
Gran traballo de @J Ozono Art e @o'Ras Deguanteblanco que despois de moitas horas traballando intensamente lograron este resultado espectacular!!
17/3/23
"Se precisas unha man, lembra que eu teño dúas."
Este é o espírito que tod@s s axudantes da nosa Biblioteca Escolar teñen para colaborar co alumnado usuario deste servizo. E temos tres fichaxes novas para botar unha man na nosa Biblioteca Escolar!!!
Inés, Thayná e Xana son as últimas incorporacións ao noso equipo de alumnado colaborador na Biblioteca Escolar. Elas, xunto co resto d@s seus compañeir@s, identificad@s coa súa característica camiseta vermella con Papacontos nela, son os encargad@s de axudar ao resto d@s seus/súas compañeir@s a buscar os títulos que máis lle gustan entre os fondos literarios e non literarios que temos na nosa Charca…
Tamén son el@s @s que botan unha man no espazo creativo axudando con xogos e os distintos materiais que están a dispor de todo o alumnado durante os recreos dispostos por quendas cada día da semana.
Lego, Kapla, material de pintura, xogos de mesa, … son algunhos exemplos de todo o que a Biblioteca Creativa brinda ás nenas e nenos do noso cole…
E, en breve, traeremos máis novidades! Estade atent@s!































.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)







.jpeg)
.jpeg)



