Mostrando entradas con la etiqueta ods. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ods. Mostrar todas las entradas

24/10/24

Día das Bibliotecas 2024: Por un futuro sostible

“En caso de dúbida, vai á biblioteca.” J.K. Rowling , escritora británica

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.  

O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

A través das súas coleccións, servizos e actividades con usuarios, as bibliotecas contribúen a construír unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras. 

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio,  lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida. O seu traballo de deseño e planificación de actividades e servizos desenvólvese cunha perspectiva de Axenda 20230 poñendo o foco en que ninguén das nosas comunidades educativas debe quedar atrás.

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 

 #DíaDasBibliotecas #Por un futuro sostible  

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1800


10/10/24

Almorzos sans: Preparamos unha ricas galletas!!

 "Coida o teu corpo. É o único lugar que tes para vivir." Jim Rohn, orador dos EUA

Fomos @s encargad@s de estrear o novo espazo do centro dedicado aos obradoiros de cociña entre outros moitos quefaceres...

Estamos aprendendo a importancia de alimentarse ben e como hai certos "almorzos" que poden ser ben ricos e ben sans, como é o caso destas galletas que preparamos con plátanos e avea. Tivemos que completar todo o proceso, dende esmagar a froita, engadirlle o cereal, darlles forma e colocalas na placa do forno, para que despois Pablo, o cociñeiro do cole nos botara un man (máis ben as dúas) para fornealas e poder probar despois na clase  estas riquísimas galletas que preparamos.

Estamos segur@s que esta foi a primeira das moitas veces que seguiremos elaborando e descubrindo alimentos que nos gustan moito e que son bós para a nosa saúde!!

5/10/24

¡Ourense sobre rODaS!

"Cada un de nós podemos facer cambios na forma en que vivimos e ser parte da solución ao cambio climático.  Al Gore, exvicepresidente dos EUA"

A Deputación inicia a campaña Ourense sobre rODaS!, que achegará os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible a concellos e centros educativos da provincia, no marco do proxecto OU DS Axenda 2030 – financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.Esta campaña permitirá achegar os ODS a 12 concellos e 18 centros escolares, difundindo e sensibilizando á poboación ourensá co desenvolvemento sostible.
Nos centros escolares dos 18 concellos participantes haberá actividades dirixidas ao alumnado de infantil e primaria e, entre os maiores, promoverase a importancia de coidar o medio ambiente e a natureza, temas asociados ás metas 13, 14 e 15 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030, mentres que os máis pequenos poderán gozar de fantásticos conta contos. (https://21noticias.com/2024/09/16/comienza-la-campana-ourense-sobre-rodas/)
O alumnado de 5º de Educación Infantil do noso centro foi o destinatario desta campaña e puideron realizar unha sesión de contacontos co título de Capitán Verdemán, un novo superheroe para un novo mundo que nunha pequena cidade que está a afogarse nas cheas de lixo, pola preguiza e o malgasto dos seus habitantes aparece  para rescatar á cidade e demostrar que a reciclaxe é divertido.
Posteriormente todas as nenas e nenos de catro anos realizaron un obradoiro con distintas actividades relacionadas coa reciclaxe e  todo o que acababan de aprender nese conto.

11/5/24

Somos consumidor@s responsables

 “Vivimos na terra coma se tivésemos outra á que ir.” Terry Swearingen, activista ambiental estadounidense.

Educalecrín é unha cooperativa de educación social e medioambiental que nace co obxectivo de mellorar a calidade de vida de tódolos seres. Realizan actividades educativas e de ocio para persoas de tódalas idades.

Desta volta, traballaron no noso centro co alumnado de terceiro de EP sobre o consumo de produtos de proximidade  e de consumo responsable.

Presentáronlle distintos productos de horta e de proximidade cos que el@s tiñan que elaborar a súa propia "dieta planetaria", introducindo nela distintos alimentos seguindo as pautas que lles deron Natalia e Verónica.

Esta liña de traballo está dentro do noso Proxecto de Voz Natura e relacionada, como non, cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) fixados pola ONU e que están dentro das nosas prioridades para formar alumnas e alumnos competentes e responsables co consumo e o coidado do medioambente.

25/2/24

Lendo etiquetas para coidar da miña saúde

 “Só hai un medio para manter en pé unha sociedade libre e é manter ao público informado.” Joseph Pulitzer

Sabemos o que comemos? Somos capaces de ler as etiquetas e distinguir relamente o que estamos a consumir? Coñecemos realmente a cantidade de azúcares e outros compoñenetes nocivos para a nosa saúde que están presentes na maioría de bebidas e bollería industrial que comemos día a día?

As resposta a estas e outras moitas pregunta foron o obxecto do obradoiro que o Grupo de Innovación Docente “Aliméntate con Ciencia e Conciencia” formado dentro da Universidade de Vigo impartiu ao noso alumnado de 2º,4º e 6º durante o día de hoxe.

"Estímase que 2000 millóns de persoas en todo o mundo teñen sobrepeso ou son obesas e o 40,6 % da poboación infantil española ten exceso de peso (Estudio Aladino, 2019). A obesidade relaciónase cun maior risco de padecer distintas enfermidades (cardiovasculares, diabetes, etc.) que afectan a calidade de vida das persoas e ao seu benestar. Unha alimentación sa e saudable pode axudar a combater a obesidade. Malia todo, a poboación non ten demasiada formación en temas alimentarios e nutricionais. Para facer unha compra axeitada ás nosas necesidades nutricionais é prioritario ler e entender a información alimentaria que se amosa na etiqueta dos alimentos envasados. Unha correcta comparación do etiquetado nutricional e da lista de ingredientes entre alimentos similares é imprescindible para implantar hábitos saudables e escoller aqueles alimentos que presenten un menor contido de sal, azucre e graxas saturadas e/ou un maior contido en fibra, e graxas mono- e poliinsaturadas.

Co gallo de dar unha resposta a esta necesidade social, no ano 2022 creamos na Universidade de Vigo o Grupo de Innovación Docente “Aliméntate con Ciencia e Conciencia”, o cal pretende acercar o coñecemento en materia alimentaria ao alumnado, universitario e preuniversitario, formándoos como consumidores e desenvolvendo un espírito activo na promoción da súa saúde. Para iso:

  • Estamos a elaborar materiais divulgativos (podcasts, píldoras de aprendizaxe e vídeos) que se distribuirán entre o alumnado.
  • A maiores, puxemos en marcha o Proxecto de Innovación Educativa en Aprendizaxe-Servizo (Aps): Lendo etiquetas para coidar da miña saúde no que participan os nosos alumnos do Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e os centros educativos de educación primaria da contorna. Mediante a súa participación voluntaria, o noso alumnado adquire competencias transversais da titulación e outras específicas, pon en práctica os coñecementos adquiridos, e desenvolve habilidades e actitudes mediante un servizo á comunidade."

https://foodandhealthomics.es/grupo-innovacion-docente

Unha mañá chea de aprendizaxes significativos e relacionados cos ODS, especialmante co ODS 3 Saúde e Benestar,  que fan que a partir de hoxe todo o nos alumnado sexa quen de saber realmente o que están a consumir e sexa competente para racionalizar o consumo destes azúcares nocivos para a súa saúde.


3/2/24

Bolsas de fabricación propia

 A natureza sempre loita por preservar o universo. Robert Boyle.

Dentro da actividade "Plantando árbores con pinceis", monitorizada por Afundación, o noso alumnado  de quinto de Ed. Primaria realizou un obradorio de pintaro de bolss de tea. Nesta actividade pónse en valor os materiais reciclados e o emprego de pinturas de orixe ecolóxico e respectuosas co medio ambiente.

Ademáis de traballar competencias relacionadas coas ODS 2023 (ODS 4, educación de calidade; ODS 14, accion por el clima) o noso alumnado pasou unha mañlá diferente levando a cabo actividades de xeito lúdico e para rematar a actividade levaron, como non, a bolsa resultado de seu traballo que lles recordará todo o aprendido.

31/1/24

Aprende que comes

“A nutrición óptima é comer as cousas adecuadas”. Siim Land.

Alimentes é o programa educativo de Gadis para fomentar hábitos de consumo responsable e de alimentación saudable. É importante ter en conta que o factor máis importante para conseguir o obxectivo é a organización. Elaborar con antelación menús semanais e a lista da compra pode marcar a diferenza para que logres manter unha dieta variada e equilibrada e para reducir ao máximo o desperdicio alimentario.

O prato ALIMENTES é a guía visual que creamos para axudar a deseñar comidas equilibradas e pode ser unha ferramenta moi útil para a planificación dos menús. Ademais, pódese consultar algunhas das ideas de almorzos, merendas, comidas e ceas que fomos publicando no noso blogue, ás que ir engadindo as propias propostas para ampliar o abanico de posibilidades, adaptándoas aos produtos de tempada.

No que respecta a a preparación do material e os últimos detalles para a volta ao cole, deixámosche algunhas claves para fomentar a sustentabilidade:

Opta por materiais e recipientes reutilizables para o tentempié: unha botella termo que, ademais, axudará a manter a auga fresca; unha friameira ou un envoltorio para bocadillos reutilizable; pano de mesa de tea…

Reutiliza todos os materiais que estean en boas condicións do curso anterior.

Pregunta a familia e amigos para aproveitar roupa e material que xa non utilicen.

Procura que as túas compras sexan sostibles, apostando por criterios de proximidade, de respecto polo medio ambiente e pola xustiza social. Confírma que os artigos inclúen a marcado CE que garante o cumprimento dos requisitos de fabricación e de seguridade esixidos pola Unión Europea.

Fomenta o coidado das pertenzas, sendo exemplo para que os teus fillos e fillas vaian aprendendo e asumindo as súas responsabilidades. Se algo se estraga, trata de reparalo con eles e elas antes de pensar en comprar un novo.

Se algo xa non se pode utilizar, entón tocará reciclar. Asegúrate de depositar os residuos no contedor adecuado.

Involucra aos máis pequenos na planificación das súas merendas saudables. Busca a variedade e aposta polos produtos de tempada.  (https://www.gadis.es/saludable/una-vuelta-al-cole-sostenible-con-alimentes/

O noso alumnado de sexto B visitou ao abeiro deste programa o supermercado que GADIS ten no CC Ponte Vella de Ourense, onde puideron comprobar de primeira man todo o que na plataforma virtual figura como elementos de sostibilidade na cadea alimentaria da multinacional galega e ter unha xornada de aprendizaxe relacionada cos ODS2030 no referente a Saúde e Benestar (ODS3) e Producción e Consumo Responsables (ODS12)


21/10/23

Unha ameaza chegada dun espazo exterior

"É inmensamente triste ver como a natureza está a falarnos e os humanos non escoitamos." Victor Hugo

“Unha ameaza chegada dun espazo exterior” é unha exposición itinerante, creada coa financiación da Deputación da Coruña, que trata a problemática da flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos, procurando sensibilizar, educar e motivar cara a acción ambiental responsable no eido das invasións biolóxicas provocadas pola flora alóctona" (https://www.amabul.org/divulgacion-ambiental/)

Da man de Miriam percorremos esta interesantísima exposición onde se nos amosan os perigos aos que a nosa contorna se enfronta diariamente e aprendemos como podemos actuar nós diante desas ameazas.

Unha mañá chea de aprendizaxes e xogos diferentes ao redor do que nos é máis próximo, traballando os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, promulgados pola ONU o 25 de setembro de 2015, onde os líderes mundiais adoptaron un conxunto de obxectivos globais para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todos como parte dunha nova axenda de desenvolvemento sostible. Cada obxectivo ten metas específicas que deben alcanzarse nos próximos 15 anos. 

Apuntaste a este gran desafío?








14/5/23

É hora de facer voar a túa imaxinación!

 "O que coñecemos é unha pinga, o que non coñecemos é un océano."

Isaac Newton. Físico, teólogo, inventor, alquimista y matemático inglés (1643-1727)

Galiciencia consiste na organización e o desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato; e que permanece aberto para o público en xeral. Todos teñen a posibilidade de participar tamén en charlas, talleres, concursos e moitas outras actividades paralelas que se renovan cada edición.

A Aeronáutica e  o Aeroespacial foron este ano os dous eixes que vertebraron todos os proxectos presentados e que o noso alumnado de sexto de Ed. Primaria tivo a oportunidade de visitar.

Fixeron varias experiencias e non deixaron nin un só centro educativo sen percorrer e comprobar como o traballo de todo un curso estaba alí exposto.

Non descartamos que con este tipo de experiencias, moitas vocacións científicas esperten en moit@s del@s!!!








12/5/23

Visita o teu súper!

Da man dos supermercados Eroski participamos un ano máis no seu programa "Visita o teu súper", baseado en  "actividades socioeducativas próximas, pedagóxicas, lúdicas e gratuítas nas que os escolares poden aprender de forma práctica e divertida os valores que achega levar unha alimentación sa e hábitos de vida saudables"
Queremos agradecer a todo o persoal do Supermercado Eroski da Avenida de Celanova polo trato dispensado ao noso alumnado e a Eva da Fundación Eroski por facilitarnos un ano máis poder participar nesta iniciativa.





3/5/23

ECO-RETOS VOZ NATURA: #RetoReciclamos

No mes de maio, o reto é: Reciclamos para reducir residuos, conservar os recursos naturais, protexer os nosos hábitats e fomentar o consumo responsable. 

Hashtag: #RetoReciclamos

É dicir, ás fotos ou vídeos dos retos que subades ao longo deste mes de maio, debedes engadir: #AccionVozNatura, #RetoReciclamos (ademais de  etiquetarnos con: @voznatura).


18/4/23

Aprendendo a aproveitar a agua

Aqualogia é un programa educativo da Escola da auga destinado a centros escolares de educación primaria co que transferimos e compartimos coñecementos sobre a auga e o medioambiente. A través de varios recursos interactivos como vídeos, xogos e experimentos, mergullámonos no universo da auga desde unha perspectiva sostible e tomamos conciencia da súa importancia e dos seus ciclos natural e urbano.

O noso alumnado de cuarto de Ed. Primaria tivo a oportunidade de participar neste programa, levado a cabo polo persoal da compañía VIAQUA. e tivemos a oportunidade de comprobar como traballan día a día en levar a auga ás nosas casas e cales son os procesos que son necesarios para potabilizala e para despois do seu uso devolvela en óptimas condicións aos nosos ríos. 

Aprendizaxes moi significativos adquiridos mediante a experimentación persoal e a observación directa da realidade científica!















16/3/23

Hábitos saudables... dende @s máis pequen@s!!

Durante estes dous últimos mércores, todo o noso alumnado de Ed. Infantil tivo a oportunidade de escoitar a Loli, hixienista no Centro de Saúde de Xinzo de Limia. Ela foi a encargada de recordarlle ao noso alumnado máis novo a importancia de adquirir bos hábitos no coidado e limpeza da boca e a dentadura.

Estamos convencid@s que estas charlas, impartidas por profesionais que son cercan@s ao noso alumnado, chegan dun xeito moito máis efectivo e dan uns bos resultados entre @s nen@s do noso cole.

Esperamos poder continuar estas dinámicas cos distint@s profesiomais que inciden dun xeito tan directo na boa saúde d@s nos@s benxamíns !!!

















11/3/23

"Aim high!"... Apunta alto! O mellor "leitmotiv" para o noso alumnado STEAM

En colaboración con  NATURNOVA AFUNDACIÓN e o seu Centro Interactivo de Educación Ambiental, propuxemos ao noso alumnado de sexto de EP participar dun programa de actividades que o Servizo Educativo de Afundación imparte nos centros  para os distintos niveis de ensino. O seu equipo docente trasladouse ao noso centro para sumar coñecementos de arte e natureza a través da tecnoloxía con obradoiros de robótica e programación nos que se aprenden valores de sustentabilidade baixo os principios dos ODS.
Nesta ocasión levaron a cabo  actividades de programación básica con micro: bit ou makeymakey e con programas abertos scratch e Makecode. Non temos dúbida que estes coñecementos deben estar presentes cada día máis dentro do currículo do noso alumnado. Ciencia e Tecnoloxía da man. As estratexias STEAM teñen chegado para quedarse no mundo do ensino!





2/3/23

CONCURSO DE POESÍA ESCOLAR: AUGA EN VERSOS

Xa estamos no mes de marzo! Un mes cargadillo de celebracións importantes: 8 de Marzo, Semana da Prensa, Día da Poesía, Día do Libro... Para comezar, invitamos ao noso alumnado de Primaria e  Infantil a participar nun concurso de poesía coa temática da auga, como non podía ser menos neste curso ( PDI). 

O ALUMNADO DE INFANTIL PODE PLANTEXAR PROPOSTAS CREATIVAS QUE XOGUEN CON PALABRAS QUE RIMEN.

O día límite para entregar os vosos traballos é o 21 de marzo ( día da poesía).

A volta das vacacións da segunda avaliación entregaremos agasallos os premiados en cada ciclo e, na semana do libro,  invitaremosvos a que recitedes os vosos poemas na Biblioteca para que poidan pasar os vosos compañeiros e compañeiras a escoitalos. Xa vos informaremos do día concreto e quendas desta parte da actividade.

No cartel tedes máis información. Grazas pola vosa participación!