Mostrando entradas con la etiqueta xornadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xornadas. Mostrar todas las entradas

1/4/23

Encontros PLAMBE 2022/2023

Asisitimos un ano máis ao Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, celebrados este ano o 31 de marzo no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.

Foi todo un día de experiencias e foros abertos onde as novas estratexias para este veterano Plan (do que o noso centro forma parte dende o curso 2008/2009) foron os temas chave que artellaron a unha selecta escolla de ponentes expert@s no seus ámbitos de traballo.

Comezamos a sesión matutina de traballo (despois da inauguración oficial dos Encontros por parte do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez González) cunha primeira ponencia por parte de Carlos Alberto Scolari, profesor da Univeridade Pompeu Fabra de Barcelona. Scolari propuxo 10 interesantes tesis sobre a Intelixencia Artificial e todo o relacionado co tan renomeado ChatGPT.

De seguido, foi a quenda dos ambaxes do novo programa de xestión de BE Koha, da man de María Begoña López Soto, profesora de linguas no IES Fernando Esquío de Neda, titora en cursos PLATEGA sobre este tema e ponente habitual en xornadas e encontros de BE.


Para rematar esta mañá de traballo, Anna Juan Cantavella, docente, investigadora, asesora, promotora da lectura e editora no mundo da literatura infantil, fixo un relatorio titulado "O conto de nunca acabar: sobre selección, literatura, infancia e escola" na que nos convidaba a ter moi presente os paspectos plenamente literarios dos libros que pomos ao alcance do noso alumnado, porque como ela mesma dixo : "La selección de libros es la primera elección que tomamos con nuestros usuarios de la biblioteca". "Los libros no siempre tienen que tener una finalidad, la literatura de ellos es una finalidad en sí misma", dijo la autora do blog La coleccionista.


Comezamos a sesión vespertina con Alicia Sellés Carot e o seu "refrán", "O bo coñecido e o bo por coñecer: tendecias e innovación en bibliotecas". Esta documentalista castellonenca defendeu con moito ímpeto todas as novas estratexias que en moitas partes do mundo están sendo tendencia no traballo de cotío dos distintos tipos de bibliotecas. Porén... púxonos tarefa!! Participar no programa SocialBiblio!!


"Mirar, ler e pensar", era o atraínte título da ponencia de Ellen Duthie, interesada na práctica da filosofía con nenos, fai cousas en Wonder Ponder, en Filosofía a la de tres e en Filosofía de cuento. Ela misma di que "estos libros tienen muchas preguntas y ninguna respuesta". Nas súas obras, son @s propi@s lectores @s que teñen que buscar a resposta a esas preguntas que Ellen propoñe ... e facer un montón de preguntas máis. Filosofía en estado puro para nen@s de o a 99 anos ... que máis pedir!


E para rematar por todo o alto... Helena Villar Janeiro. Que dicir da "vicedecana da Literatura Galega", tal e como ela mesma se define. A poeta de Becerreá enfundouse no seu rol de pedagoga para darnos unha charla maxistral titulada "As bibliotecas, memorias paralelas", sobre as bibliotecas da súa vida e como eses espazos foron chave para formar a artista que hoxe é, facendo toda esta súa exposición empregando o seu máis grande tesouro, a súa voz,  "sen powerpoints nin chorradas desas" como ela manifestou! Arrancou moitisimos aplausos ao longo da súa intervención e deixounos abraiados coa súa definición de biblioteca como o "conxunto de saberes atesourados en libros" e falounos do valor "propedeútico" das Bibliotecas Escolares, porta de entrada a disciplinas ou estudos máis profundos. 
Non cabe dúbida que Vilar Janeiro é unha das máis grandes figuras da Literatura Galega actual, pero despois de escoitala hoxe, tamén podemos afirmar que ten unha filosofía pedagóxica que compartimos na súa totalidade!

Non queda máis que felicitar a todo o Equipo da Asesoría das Bibliotecas Escolares, por acadar un ano máis este nivel de excelencia nas ponencias e nos ponentes propost@s para unha xornada de intensas aprendizaxes. Xa estamos expectantes cos próximos Encontros PLAMBE, sinal de distinción e calidade e referencia entre todas as Biliotecas Escolares de España e de Europa.






6/11/18

Participaremos nas IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia: 9/10 de novembro en Compostela

Os días 9 e 10 de novembro celebraranse en Compostela (Palacio de Congresos) as IX Xornadas de Bibliotecas escolares de Galicia, a gran cita anual do profesorado interesado en temas relacionados coa lectura, os alfabetismos múltiples, as bibliotecas escolares e a educación, en definitiva. Estas xornadas están abertas a todo o profesorado e contan cun programa extenso no que se contemplan conferencias, presentación de boas prácticas nos distintos ámbitos do amplo mundo das bibliotecas escolares, mesas de debate e, como en anteriores ocasións, unha sesión denominada "A fume de carozo", para a comunicación de dez actividades moi concretas levadas a cabo en bibliotecas de centros educativos galegos, seleccionadas entre as candidaturas presentadas a tal efecto. 
Haberá espazo para a ciencia, a poesía, as culturas urbanas, a lectura crítica da imaxe, as bibliotecas e as súas transformacións; as belas artes, a tradición oral e a música; a investigación sobre lectura, tecnoloxía aplicada a materiais textiles, alfabetización transmedia ou hábitos de lectura. Pero sobre todo, daranse a coñecer experiencias de calidade contrastada no desenvolvemento de bibliotecas escolares galegas como "centros creativos de aprendizaxe" e tamén experiencias concretas sobre formación lectora, voluntariado, "radio na biblio", biblioteca inclusiva e exemplos prácticos de desenvolvemento curricular a través de metodoloxías activas e de proxectos, vinculados á biblioteca escolar.  Será, tamén, ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes que poñen en pé as bibliotecas escolares galegas, o reforzo de vínculos persoais e profesionais e, con toda seguridade, o comezo de novas colaboracións para o presente curso. 
Alí estaremos.
                      Programa Bibliotecas. pdf
                                                            http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

26/9/18

Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia-2018. Aberto o período de inscrición.



Comezado o novo curso cómpre ir pensando nas citas anuais do profesorado que mantén vivas as bibliotecas escolares (ou que está interesado en educación en xeral, en lectura, escritura e traballo coa información en particular). 
Xa hai datas para as que serán as IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Celebraranse o 9 e 10 de novembro, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.  Xa está bastante avanzado o programa, que difundiremos en breve.
Entre tanto, hai que ir bulindo para non ficar sen praza. Aberto o prazo de inscrición na aplicación FPROFE, do Servizo de Formación do Profesorado. O código da actividade é o G1802025. Remata o prazo o 2 de novembro.
Lembramos o interese de que os equipos de biblioteca participen conxuntamente nestas xornadas, en parte por asistir directamente ao maior  número de actividades simultáneas posibles, en parte por compartir experiencia e ir construíndo unha linguaxe común, o que redunda nunha maior eficacia.

20/2/18

Ler é ser especial

No Día Mundial da Xustiza Social estabamos convocados a participar nesta xornada, na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago e a mensaxe que nos manda a persoa que foi en representación do noso Ceip é que foi "espectacular". Poñemos aquí algúns dos materiais que xa están colgados e, de seguro que, en breve, engadirán os que faltan. Novos retos para a nosa biblioteca e para toda a comunidade educativa nun día moi especial. 



“O Senhor Mar” da Bru Junça, feito para um poema "História do Senhor Mar" de Matilde Rosa Araújo (O Livro da Tila).
História do Senhor Mar
Deixa contar…
Era uma vez
O senhor Mar
Com uma onda…
Com muita onda…
E depois?
E depois…
Ondinha vai…
Ondinha vem…
Ondinha vai…
Ondinha vem…
E depois…
A menina adormeceu
Nos braços da sua Mãe…

8/12/17

Materiais das VIII Xornadas das B.E.

Volvemos poñer aquí o cartel das xornadas, porque, a través del ou no enlace que aparece aquí, temos toda a información que se deu naqueles días. Paticipamos e aquí están os materiais dos dous días: merece botarlle unha ollada. Moitas grazas, ós autor@s por compartir tanto traballo.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=30

14/11/17

Aprender a pensar coa bilioteca escolar


Os vindeiros 1 e 2 de decembro celebraranse en Compostela (Palacio de Congresos) as VIII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, a cita anual do grande colectivo de profesorado que pon en pé as bibliotecas nos centros educativos, vinculado a temas de lectura e de educación para as competencias en medios e información, atento á complexidade social na que medra o alumnado, sensible á necesidade de acadar maiores cotas de igualdade... preocupado e ocupado, en definitiva, nalgúns dos grandes retos do mundo educativo actual.

   Fiadas co lema das bibliotecas escolares para este curso 2017/2018, Aprender a pensar coa biblioteca escolar, as xornadas ofrecen oportunidade para o encontro entre profesionais de distintos niveis educativos, de distintas disciplinas, con experiencia variada pero co interés sempre vivo. Serán ocasión para coñecer en profundidade programas relacionados co tratamento da filosofía cos máis pequenos, analizar os cambios que se están a producir no amplo mundo das bibliotecas, coñecer os rudimentos do pensamento crítico, as posibilidades da educación mediática ou analizar as potencialidades da literatura infantil e xuvenil (da literatura en xeral), para espertar o gusto polo coñecemento e manter viva a capacidade de asombro. 

   As xornadas serán plataforma para difundir experiencias de interese que se están a dar no contexto das bibliotecas escolares galegas relacionadas coa lectura, o voluntariado na biblioteca, o desenvolvemento do Proxecto Lector de Centro, a introdución da robótica, as alfabetizacións múltiples, a evolución do modelo de biblioteca ou o desenvolvemento de proxectos a través de metodoloxías activas, con moi distintas temáticas.
                                  http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1026

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/programa_xornadas_17.pdf 

22/11/16

Participamos nas VII xornadas de B. E. de Galicia

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=27
   Este pasado fin de semana, dúas persoas do noso Ceip, participamos nas VII Xornadas de Bibliotecas Escolares, que tiveron lugar no Pazo de Congresos de Santiago os días 18 e 19 de novembro. Un ano máis estivemos encantados de participar formando parte dese milleiro de persoas que nos xuntamos para aprender, falar, escoitar e compartir experiencias, sobre todo, relacionadas coas biblioteas e a súa función. Aquí vos poñermos un enlace para poder acceder ós contidos das mesmas. http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=27


26/11/15

Materiais das VI Xornadas de B.E.


  
 Xa volo contamos, participamos nas VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.


   Un ano máis a Asesoría de Bibliotecas Escolares e o CAFI, tanto na organización como na selección de ponentes fixeron un traballo impecable e, a pesares de que pode resultar cansado rematar a semana na escola un venres e saír  para Santiago, pagou a pena.

   Aquí tedes o enlace a todas as presentacións  das xornadas:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=24

22/11/15

Participamos nas VI xornadas de Bibliotecas escolares

   O pasado venres 20 e sábado 21 de novembro unha representación do Equipo Dinamizador da Charca dos libros participamos en Compostela nas VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA; unha actividade de formación permanente do profesorado, organizada conxuntamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de bibliotecas escolares, e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (a través do CAFI). Participamos preto dun milleiro de profesoras e profesores de toda Galicia; máis de 900 pero algúns menos que en anos anteriores, que pasamos dos mil.  
O programa contemplou un bo feixe de experiencias de bibliotecas escolares galegas que funcionan como "bases de exploracións", en alusión ao lema da campaña de bibliotecas escolares deste curso 2015/2016, así como experiencias de traballos por proxectos coordinados por distintas bibliotecas escolares. Acudiron, Carlos MagroXurxo MariñoGuadalupe JoverFelicidad Campal, Rosa Piquín e Ana Siro , expert@s de distintos ámbitos que nos fixeron partícipes dos seus moitos coñecementos e nos deron pistas sobre os novos retos que debemos enfrontar as bibliotecas escolares e os centros escolares, para facilitar a adquisición das competencias clave por parte do alumnado, tendo nas bibliotecas escolares o gran aliado. 
En breve poñeremos aquí o enlace para que aquelas persoas que queiran poidan acceder ós documentos gravados nestas xornadas.

16/1/15

Amigos de nen@s de altas capacidades de Ourense: ANACO




A Asociación ANACO (amigos de nenos de altas capacidades de Ourense) organiza estas primeiras xornadas no centro cultural Marcos Valcárcel (antigo edificio Simeón, Rúa Progreso, 30, Ourense) o venres 16 e o sábado 17 de xaneiro de 2015.
Para máis información consultar o facebook da asociación ANACO:https://www.facebook.com/asociacion.anaco