Mostrando entradas con la etiqueta steam. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta steam. Mostrar todas las entradas

11/3/23

"Aim high!"... Apunta alto! O mellor "leitmotiv" para o noso alumnado STEAM

En colaboración con  NATURNOVA AFUNDACIÓN e o seu Centro Interactivo de Educación Ambiental, propuxemos ao noso alumnado de sexto de EP participar dun programa de actividades que o Servizo Educativo de Afundación imparte nos centros  para os distintos niveis de ensino. O seu equipo docente trasladouse ao noso centro para sumar coñecementos de arte e natureza a través da tecnoloxía con obradoiros de robótica e programación nos que se aprenden valores de sustentabilidade baixo os principios dos ODS.
Nesta ocasión levaron a cabo  actividades de programación básica con micro: bit ou makeymakey e con programas abertos scratch e Makecode. Non temos dúbida que estes coñecementos deben estar presentes cada día máis dentro do currículo do noso alumnado. Ciencia e Tecnoloxía da man. As estratexias STEAM teñen chegado para quedarse no mundo do ensino!





1/6/22

A voltas coas novas tecnoloxías !!

Non sabemos que ten a aplicación das novas tecnoloxías ao ensino... pero é que non saen do noso centro!!

Desta volta foi a quenda dun obradoiro da man de AFUNDACION, dentro da súa oferta deste tipo de actividades a realizar nos centros educativos, para potenciar as competencias STEAM (Science, Technology, Engineering and Maths) para o  alumnado de 4º de Ed. Primaria.

Foi un taller de electrónica básica, scratch e programación con microbit que tiña como liña de traballo  "A arte das emocións". Todo o alumnado "cacharreou" con estes dispositivos para, mediante código de progamación (neste caso co software Makecode) conseguir que a placa microbit poidera "expresar os seus sentimentos".

Unha mañá para profundizar nestas competencias básicas e tan presentes na nosa sociedade actual e poñer, por que non, a semente de futuras  vocacións científicas  que den pasos de xigante no desenvolvemento destas áreas básicas do coñecemento.

Fotografías: Manuela Vázquez

Música: The Buggles- Video Killed The Radio Star