Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas

24/10/25

EXPERIMENTO: QUE PASA CAS CORES?

 O venres 17 de outubro as aulas de 3 anos A e B xuntáronse cos avoiños do Centro de Día. No seo das actividades do Espazo Creativo da nosa biblioteca, tanto maiores como pequenos levaron a cabo un experimento científico cheo de cores e texturas. 

Se queredes saber cal foi o resultado que deixou abraiado a algún que outro e que mantivo a atención de todos e todas, teredes que:

1º- Nun recipiente con pouca profundidade botar leite como base.

2º- Enriba do leite deixamos caer (sen mesturar) varias gotas de cada (amarelo, azul e vermello) do colorante alimenticio líquido. 

3º- Mollar abundantemente un hisopo de algodón en xabón de cociña ou deterxente.

4º- Introducir o hisopo no leite, deixalo en repouso dentro e agardar o efecto!

Esperamos que o disfrutedes tanto como nós, pois no Ceip Rosalía de Castro o alumnado de infantil xa agarda impaciente a seguinte visita destes e destas grandes colaboradoras que tanto teñen por ensinar. Moitísimas grazas pola visita!





12/2/25

O mellor para aprender... observar!!!

"No décimo aniversario deste importante día, e agora que reflexionamos sobre os 30 anos transcorridos desde a Declaración de Beijing, axudemos a achandar o camiño cara ás carreiras en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas que as mulleres e as nenas merecen e que o mundo necesita." Secretario Xeral da ONU, António Guterres

A Asemblea Xeral declarou o 11 de febreiro Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia en recoñecemento ao papel crave que desempeñan as mulleres na comunidade científica e a tecnoloxía. Na súa resolución do 22 de decembro de 2015, a Asemblea aprobou unha resolución que proclamaba este Día Internacional e encomiaba as iniciativas levadas a cabo pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), a Entidade das Nacións Unidas para a Igualdade de Xénero e o Empoderamento das Mujeres (ONU Mujeres), a Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) e outras organizacións competentes para apoiar ás mulleres científicas e promover o acceso das mulleres e as nenas á educación, a capacitación e a investigación nos ámbitos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas.

En catro anos realizamos un experimento no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

28/11/23

O Rato Pérez precisa da nosa axuda!

«Conecta cun científico e estarás conectando cun neno». Ray Bradbury, escritor estadounidense de ciencia ficción e de misterio


Este ano a UCC do CSIC en Galicia volve a participar, co visto bo do Rato Pérez, na X Campaña de recollida de dentes de leite para o Grupo de Antropoloxía Dental do Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana (CENIEH).
O próximo domingo 03 de decembro estaremos no Culturgal (Pazo da Cultura de Pontevedra, Rúa Alexandre Bóveda) a carón da Aula 1.
Nesta aula proxectarase a película “Pérez, o ratiño dos teus soños” ás 11.30 e ás 16.30 horas e poderedes deixar os vosos dentes antes ou despois do filme. Ademais, acéptanse todas as pezas dentais (de cativos e adultos) sempre que se dispoñan dos datos necesarios para a súa catalogación (idade aproximada de caída, lugar de nacemento, alimentación...).
Tódalas persoas doantes levarán un diploma e tamén un agasallo do Rato Pérez.
oa os teus dentes á Ciencia. Necesitamos a vosa implicación nesta iniciativa.

📆 Domingo 03 de decembro

⏰ 11.30 e 16.30 horas

📌 Aula 1, Pazo da Cultura de Pontevedra. Rúa de Alexandre Bóveda



10/11/23

Día Mundial da Ciencia 2023

"O que coñecemos é unha pinga, o que non coñecemos é un océano." (Isaac Newton)

Celebrado cada 10 de novembro, o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento destaca o importante papel da ciencia na sociedade, e a necesidade de involucrar a diversas audiencias nos debates sobre temas científicos emerxentes. Tamén subliña a importancia e relevancia da ciencia na nosa vida cotiá.

Este ano 2023, o Día Mundial da Ciencia celébrase baixo o lema: Xerar confianza na ciencia.

A ciencia só pode asumir plenamente o seu papel na configuración do noso futuro colectivo se xera confianza. De feito, é a confianza na ciencia o que impulsa o desenvolvemento e a aplicación de solucións baseadas en evidencia para resolver os múltiples desafíos do noso mundo. 

A confianza na ciencia é unha cuestión complexa. Afecta a forma en que traballan os científicos e a forma en que a sociedade percibe a ciencia. Ademais, xerar confianza na ciencia tamén fortalece as decisións políticas baseadas na ciencia e o apoio social para a súa implementación. (https://www.unesco.org/es/days/science-peace-development#theme)

Para aprender máis e ter lecturas moi amenas e axeitadas a cada idade as #bescolaresgalegas, mediante a súa plataforma de préstamos dixitais para as Bibliotecas Escolares (E-LBE.2) pon ao dispor de todo o noso alumnado unha gran selección de títulos relacionados co campo da ciencia. Preme na imaxe para acceder ao catálogo e co teu carné da Biblioteca do cole poder acceder ao préstamos deses libros. Un xeito distinto de conmemorar este Día Mundial da Ciencia.




14/5/23

É hora de facer voar a túa imaxinación!

 "O que coñecemos é unha pinga, o que non coñecemos é un océano."

Isaac Newton. Físico, teólogo, inventor, alquimista y matemático inglés (1643-1727)

Galiciencia consiste na organización e o desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato; e que permanece aberto para o público en xeral. Todos teñen a posibilidade de participar tamén en charlas, talleres, concursos e moitas outras actividades paralelas que se renovan cada edición.

A Aeronáutica e  o Aeroespacial foron este ano os dous eixes que vertebraron todos os proxectos presentados e que o noso alumnado de sexto de Ed. Primaria tivo a oportunidade de visitar.

Fixeron varias experiencias e non deixaron nin un só centro educativo sen percorrer e comprobar como o traballo de todo un curso estaba alí exposto.

Non descartamos que con este tipo de experiencias, moitas vocacións científicas esperten en moit@s del@s!!!








11/2/21

A MULLER E A NENA NA CIENCIA

O día 11 de febreiro conmemórase o día internacional da muller e a nena na ciencia. 

Con esta conmemoración preténdese recordar o papel fundamental que tiveron e teñen as mulleres e nenas na ciencia, co obxectivo de fomentar a súa participación de xeito pleno e equitativo.

Durante anos e anos moitas mulleres foron silenciadas no ámbito científico simplemente pola súa condición de xénero, a pesares de ser claves e protagonistas en moitos achádegos e avances que se fixeron na ciencia. 

Tal é así que incluso este ano se lle quere dar especial visualización a través do lema "As mulleres científicas, líderes na loita contra o COVID", xa que a presenza e implicación feminina son clave no coñecemento e tratamento desta pandemia.


Para saber un pouco mais acerca da muller e a nena na ciencia, así como coñecer a grandes científicas... clicade na imaxe para acceder aos recursos que vos facilitamos.

                                    

                                                                    (Preme na imaxe)




11/4/19

O misterio do Universo

A ciencia supera unha nova fronteira: A primeira imaxe dun buraco negro

24/1/18

Galiciencia 2018

Este ano dedicada ó cambio climático


                                                           http://www.galiciencia.com/

A Galiciencia florece coa primavera a partir desta edición.

Anímate a participar enviando un ou varios proxectos, visitándonos co teu cole e/ou presentándote aos nosos concursos: Concurso deseño de camiseta e concurso de fotografía.


2/11/17

Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

ENTUSIASMO E PROXIMIDADE SON A CLAVE DA DIVULGACIÓN CIENTÍFICA. Ángel Carracedo.

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.               http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/711

  • MANIFESTO DE ÁNGEL CARRACEDO 
  • FOLLETO INFORMATIVO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
  • MATERIAIS. MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
  • 24/4/17

    Aprendendo cunhas "mestras moi especiais"




    Hai uns días o alumnado de cuarto de primaria tivemos unha xornada moi especial na biblioteca; Miguel Yebra e tres alumnas, Arianna, Azahar e Antía, do IES Lagoa de Antela (dúas foran alumnas do noso Ceip) viñeron a contarnos o seu traballo de investigación. Un traballo polo que recibiron un mencionado premio. Foi moi entretida a presentación que maxistralmente nos fixeron. "Afogar" moscas e outros insectos para a continuación "reanimalos". Moitas grazas por aprendernos a empregar outras maneiras de aprender e moitos parabéns non só polo voso traballo de investigación, tamén polo ben que o soubestes presentar. Grazas!

    10/11/16

    Día mundial da Ciencia














    Hoxe, 10 de novembro, celébrase o Día mundial da Ciencia para a paz e o desenvolvemento. Por isto os museos científicos -dinos o blog voznatura- están de festa. Tedes máis información no enlace seguinte 


    4/11/16

    Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas


    http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/
    http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

    O auditorio da Biblioteca Pública Ánxel Casal, de Santiago de Compostela, foi o escenario para a presentación do Manifesto e as actividades de NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS,
    A Arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, Premio de Ciencia "María Josefa Wonenburger"- 2015, foi a científica convidada este ano para a elaboración do "Manifesto" a favor da ciencia en galego nas bibliotecas, que se edita e se distribúe polas bibliotecas de Galicia. Na presentación, Isabel Aguirre insistíu na importancia das bibliotecas como espazos de depósito do coñecemento, na diferencia entre información e coñecemento e na importancia de aprender a ciencia en galego nas escolas. Incidíu na sorte que temos os galegos de podermos contactar na nosa lingua con millóns de persoas por todo o mundo "algo que deberíamos darlle máis valor". 
    http://www.slideshare.net/BibliotecaRevoltas/lecturas-para-o-da-da-ciencia-en-galego-2016-cpi-as-revoltas?ref=https://edlgasrevoltascabana.wordpress.com/2016/11/03/guia-de-lectura-de-ciencia-en-galego/O Secretario Xeral de Cultura presentou, así mesmo, o díptico que se edita coas actividades das bibliotecas públicas programadas para este mes de novembro, así como os recursos e actividades que sobre a ciencia en galego se levan a cabo tamén nas bibliotecas escolares. 

    3/11/15

    Día da Ciencia en galego

           

    Poñemos aquí esta actividade LIM que elaborou o departamento de TIC do CEIP Alexandre Bóveda para traballar sobre a figura de Ángeles Alvariño nestes días que conmemoramos o Día da Ciencia en Galego. 
    Se pinchades neste enlace, poderemos aprender moitas cousas dela.



    http://www.edu.xunta.es/centros/ceipalexandreboveda/node/442

    18/9/15

    Ángel Carracedo, Premio Nacional de Xenética

    Pincha neste enlace se queres ler esta nova do 18 de setembro.
     Este ano, participou nas xornadas de Bibliotecas esolares en Marzo (Santiago) e foi como un agasallo especial para o peche dos encontros. Espectacular -para moitos de nós- pola súa humildade. Impactounos moi positivamente. Alegrámonos moito por esta nova !! Si que é unha sorte contar con xente así. Grazas !!!

    E poñemos a continuación o texto que con motivo da celebración do Mes da Ciencia escribira  Ángel Carracedo

     Un grande empresario dicíame non hai moito tempo: “Aos científicos valorarannos aquí cando algún se faga moi rico cos seus achados”. A min non me parece que os galegos valoren pouco a ciencia e os seus científicos. Ao contrario, penso que estamos entre as profesións mellor consideradas. Temos a gran sorte de que a xente da nosa terra valora o traballo e a dedicación aos demais por riba de todo.

     Tampouco creo que ningún científico teña entre os seus obxectivos facerse rico. O seu tesouro é o coñecemento e a súa ilusión buscar o porqué das cousas. A súa gran ledicia prodúcese cando fan un descubrimento que lles dá respostas ás preguntas que se fixeron e que ninguén fora quen de albiscar. Gustaríalles traballar na súa terra, pero para iso precisan medios para investigar e un salario que lles permita vivir. Non lles importa que non sexa moito o que gañen, pero si que o proxecto, o grupo onde traballan e o ambiente sexa estimulante. 

     Cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia para poder xulgar criticamente o que nos din. E temos que procurar entre todos que estas condicións se dean aquí. O noso número de investigadores é aínda moi baixo e as condicións nas que se desenvolve o seu traballo distan moito de ser comparables coas dos países máis desenvolvidos. E é preciso cambiar esta situación. 

     A investigación é o motor do desenvolvemento e da riqueza dos pobos, e temos que procurar reter o noso talento e mesmo captar novo talento do exterior. Tamén temos, os propios científicos, que integrarnos máis na sociedade, na nosa cultura, no noso sistema produtivo, e sobre todo contar o que estamos facendo. Cos anos cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia. Facela é importante, pero tanto ou máis é contar que sabemos e tantos e tantos misterios e problemas que aínda non conseguimos chegar a entender. Saber isto é a única maneira de que a xente valore o que os científicos fan, pero sobre todo é a única maneira de comprender o mundo que nos rodea e poder xulgar criticamente o que nos din, o que é igual que ser máis libres.

     E para chegar á xente da nosa terra hai que facelo no nosa lingua. “Sentímolo noso”, escribía unha mestra dun dos institutos (o meu favorito) onde cada vez que podo voulles contar o que facemos aos alumnos. Entusiasmo e proximidade son a clave da divulgación científica, e que te sintan como eles, do seu mundo, coa nosa fala, é a garantía para que a ciencia se aprecie aínda máis e moitos dos nosos rapaces queiran dedicarse a ela. 

    6/11/14

    “7º Concurso de Relatos: Ciencia que Conta”

      7º Concurso de relatos cortos sobre ciencia: "Ciencia que conta 2014"
     Este concurso ten como obxectivo contribuír a concienciar ao conxunto da sociedade galega sobre a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e benestar social de Galiza, fomentando a cultura científica. Está organizado polo grupo DIVULGATIA do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo. 
      
       Temática: Concurso de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.
       A quen vai dirixido? A todos e todas e nomeadamente ao alumnado. Hai tres categorías para o alumnado: Primaria, Secundaria e Bacharelato-Ciclos, e unha categoría xeral na que pode participar toda a comunidade educativa.
       O prazo para o envío dos traballos remata o 15 de novembro de 2014 e o interese dos premios (1º premio categoría: unha tablet).
    Na páxina web  http://www.cienciaqueconta. com hai información sobre os concursos anteriores e información actualizada desta convocatoria:
    Como en edicións anteriores, os mellores relatos de cada categoría (en total sobre corenta) serán publicados nun libro.