Mostrando entradas con la etiqueta benvida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta benvida. Mostrar todas las entradas

30/9/16

Sesións de benvida ó alumnado de 1º de primaria

                    


 Esta semana tivemos na biblioteca unhas sesións co alumnado de 1º de Primaria. Como outros anos, a comezo de curso, organizamos unha especial benvida á biblioteca do alumnado de primeiro. Ademais de entregarlle o seu carné da Biblioteca escolar, presentámoslle as normas, coñecemos a nosa mascota (Papacontos) e aprendemos con Caillou e os Bolechas algunhas cousas sobre as bibliotecas.







9/9/15

Benvid@s ó curso 2015/16.

                      
                       

Lembramos que o vindeiro curso comezará o xoves, 10 de setembro ás 09.15 para todo o alumnado do centro. Asi mesmo informamos que as listas dos grupos-clase e a lista provisional de admitidos no comedor escolar están expostas no exterior do edificio administrativo a partir das 10.00 da mañá do día nove (9) de setembro.

23/6/15

Visita do alumnado da escola Infantil

Recibimos ó alumnado da escola Infantil que se vai ecolarizar no noso centro o vindeiro curso. Por iso demos unha volta polas instalacións do Ceip (aínda que na fotos só se recolle o momento da visita ó comedor...) e descubrimos con moito gozo que aquí está "Rosalía" a coelliña, que, tamén eles coñecen porque estivo algúns días, ó longo do curso, na Galiña Azul.

9/9/14

Preparad@s, list@s, xa!!!

BENVID@S Ó NOVO CURSO ESCOLAR 2014-15.   As clases darán comezo o día 10 de setembro en horario de 9:15h a 14:15h.



24/10/13

BENVIDAS e BENVIDOS á ... BIBLIOCHARCA!!!

Dende o 30 de Setembro, as portas da biblioteca están abertas para tod@s neste novo curso escolar! Comezamos as actividades da biblioteca: selección e formación de axudantes para este curso, empréstitos, mochilas viaxeiras, entrega de carnés ó novo alumnado e profesorado...
Lembrade que ó longo do mes de Outubro, celebramos o mes da Biblioteca escolar (xa que é o 24 o día internacional das B.E.), cuns xogos de pistas e outras actividades (contacontos...).
Coma sempre, esperamos que a biblioteca sexa un dos vosos lugares favoritos e que os libros continúen a ser os vosos mellores amigos. Ah! Non esquezades escribir suxestións a Papacontos no buzón que atoparedes á entrada da biblioteca.

                                                     O CLARO DO BOSQUE
Erase unha vez un grupo de nenos aventureiros que escaparon do Castelo da Ignorancia tan rápido como o permitían os seus pés. A noite véuselles encima, cos seus sons aterradores e as súas misteriosas formas fantasmagóricas, e acháronse no medio dun bosque escuro. Ao non poder ver cara a onde ían, abrazáronse para darse calor e protección e así permaneceron ata o amencer. Cando saíu o sol, os nenos viron con sorpresa que se atopaban nun claro do que partían tantos carreiros, en direccións diferentes, que case era imposible contalos. Os carreiros tiñan curvas e recovecos de forma que non podían saber o que había ao final, soamente podían imaxinalo.
- Eu irei por este lado —dixo un raparigo, e tomou un dos carreiros. Pronto chegou a unha cidade medieval de altas murallas e gallardetes ao vento. Atravesou valerosamente a súa gran porta de entrada, e naquel lugar correu grandes aventuras.
 —Este carreiro parece interesante —dixo unha nena —Non podo imaxinar o que hai á volta do recodo. Por iso, partiu noutra dirección e pronto se atopou nunha nave espacial, vendo como o sistema solar se facía máis pequeno, a medida que a nave avanzaba cara ao centro da galaxia.
 —Eu quero atopar unha espada máxica coa que vencer ao xigante malvado que nos tivo tanto tempo prisioneiros— exclamou un neno.
 —Eu tamén —e ambos tomaron outro carreiro, pensando dar batalla ao malvado xigante.
 —Gustaríame ver o mundo enteiro, coñecer todos os países e todos os seus pobos, escoitar os seus idiomas e xogar cos seus nenos.
 —E eu necesito saber como funciona o mundo. Por que caen as follas ao chan mentres que as estrelas permanecen no ceo. Quero sabelo todo.
 Pronto se foran todos os nenos, excepto unha nena pequena. Mirou ao redor do claro soleado e aos diferentes carreiros, uns agora explorados e outros, esperando que alguén atope o que se oculta detrás dos seus recodos. Puxo a súa man sobre a suave cortiza dunha árbore, dicindo en voz alta:
 —Este lugar é máxico. Desexo saber como se chama. E o claro do bosque contestoulle:
 —O meu nome é Biblioteca.
Mónica Hughes


DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

O Día da Biblioteca celébrase en España desde 1997, auspiciado pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte; en lembranza da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.

Neste Día da Biblioteca reivindícase o papel desta institución cultural básica e imprescindible, espazo de socialización e de intercambio de ideas que busca facilitar o acceso á información e ó coñecemento sen exclusións. 

6/10/12

BENVIDA

 BENVIDAS e BENVIDOS á ... BIBLIOCHARCA!!! Dende o 1 de Outubro, as portas da biblioteca están abertas para tod@s neste novo curso escolar! Comezamos as actividades da biblioteca: selección e formación de axudantes para este curso, empréstitos, mochilas viaxeiras, entrega de carnés aos novos/as alumnos e profes...
Lembrade que o vindeiro 24 de Outubro, celebramos o día internacional das Bibliotecas escolares, cun agasallo que xa vos iremos contando. Coma sempre, esperamos que a biblioteca sexa un dos vosos lugares favoritos e que os libros continúen a ser os vosos mellores amigos.
 Ah! Non esquezades escribir suxestións a Papacontos no buzón que atoparedes á entrada da biblioteca.