Dentro dos actos complementarios para conmemorar o Día Internacional da Muller, o Concello de Xinzo de Limia vén de organizar un acto que tivo lugar o pasado venres, 13 de marzo na Praza Carlos Casares. No mesmo participaron o alumnado de sexto de Primaria do noso cole, a Asociación LIMISI e a Asociación de Amas de Casa "Anduriñas".
Os nenos e nenas do CEIP Rosalía formaron o símbolo feminino sobre a praza da vila e leron un texto elaborado por eles mesmos titulado "Cousas por facer para mellorar o mundo en prol da igualdade". Iniciativas coma estas queren concienciar da importancia da educación para erradicar dunha vez por todas todo rastro de violencia de xénero da nosa sociedade.
Esta iniciativa ten tido eco na prensa. Estes son os enlaces onde podes consultar esta noticia
Outro ano máis os nosos amigos e amigas do centros educativos das Lagoas e de Ponte de Limia visitaronos para descubrir o río Limia ao seu paso pola nosa vila. Acompañámolos para vistar algúns dos lugares máis singulares que temos ao noso redor. A ruta do río Faramontaos, a Torre de Pena e o Mosterio do Bon Xesús en Trandeiras, foron os elexidos nesta edición. Desde aquí queremos agradecer á ANPA do CEIP Rosalía e aos pais e profes que acompañaron aos cativos nesta vista, polo atentos que estiveron en todo momento para que todo saira tan ben. Do mesmo xeito tamén queremos mandarlles un cariñoso saludo a todos participantes da expedión portuguesa, esperando que estas experiencias teñan continuación ao longo dos años.
Esta mañá, un gran número de alumnos/as do cole participaron nas diferentes probas de atletismo que se desenvolveron na Moreira.
Nesta xornada practicouse o lanzamento de pelota, lanzamento de peso, salto de lonxitude, e carreira de velocidade (60m).
Ademáis dos/as atletas rosalianos/as tamén participaron nestas actividades outros colexios e agrupacións, como o colexio de Rairiz, o colexio de Vilar de Barrio e a agrupación deportiva Limiactiva.
Os/as rapaces regresaron ao colexio encantados despois de practicar deporte, almorzar con novos/as amigos/as e animar ao resto de participantes.
Aqui deixamos algunha imaxe para recordar o día.
Onte, día 13, os/as rapaces/as do 2º ciclo recibiron a visita dun campión.
O sete veces campión do mundo de kick-boxing Cipri Gomes acercouse ao noso centro para mostrarlles os/as nenos/as os fundamentos máis básicos do karate, tanto no referente á súa historia, valores... como á súa práctica.
Esta visita xerou grande espectación no centro e axudou a achegar aos rapaces, unha vez máis, que o deporte non é só competición ou loita, senón que agocha moitos máis aspectos e valores.
Do 10 ao 14 de marzo todos os centros escolares temos unha cita co mundo dos xornais. Coa Semana da Prensa pretendemos familiarizar ao noso
alumnado con este medio de comunicación, que nos achega a realidade, próxima ou lonxana, e que pode ser un bo recurso para fomentar a lectura, introducir ou afianzar o uso de novas fontes de información, descubrir outras formas de comunicar, analizar con sentido crítico..., o que contribuirá a aumentar as súas competencias lingüísticas, culturais e sociais.
O Día Mundial da Muller 2014 recorda este 8 de marzo o empinado camiño que a muller tivo que percorrer na súa constante procura da igualdade. ¿Son distintos o home e a muller? ¿Están equiparados ambos os sexos na sociedade e a política? ¿ Considéranse indistintamente ambos os sexos no ámbito laboral? «A diferenza principal entre home e mullerredúcese ás perspectivas sociais que lle atribuímos a cada un de eles». «Sen a muller non habería vida». « Considérome igual ao home porque na vida loitamos xuntos, buscamos xuntos». Estas declaracións, en boca de distintas mulleres de procedencia, raza e idade diversa, demostran que se hai que recordalo é que aínda alguén o dubida. Porque aínda queda moito por facer. A pesar do terreo que ano a ano foi gañando o sexo feminino na batalla da non discriminación, hoxe en día, en pleno século XXI, as mulleres seguen enfrontándose a novas e complexas dificultades e, en moitos aspectos, as súas condicións seguen sendo precarias.
Xinzo de Limia ten un Entroido singular. Se nalgunha parte de Galicia se conservou na súa integridade a vivencia profunda do tempo de Entroido é na vila de Xinzo de Limia, que medrou á beira da xa desaparecida Lagoa de Antela.
Figura singular entroido como referencia destacada entre ún dos mellores Entroidos de España e Portugal, e incluso de Europa, polo que o Entroido de Xinzo de Limia é acreedor ao título de “Festa de Interese Turístico Nacional”. Esta distinción débese, por unha banda, á figura da “Pantalla”, personaxe central deste entroido que posúe unha gran vistosidade na súa indumentaria e movimentos, batendo as características vexigas e alegrando a festa ao son de campaíñas e axóuxeres.
Por outra banda, tal distinción débese tamén á amplitude do seu ciclo festivo, de cinco fins de semana de duración (Sábado do Petardazo, Domingo Fareleiro, Sábado do desfile e colgamento do Meco, Domingo Oleiro, Sábado de Mulleres, Domingo Corredoiro, Venres, Sábado, Domingo, Luns e Martes de Entroido, Enterro da Sardiña e Domingo de Piñata) e tamén á masiva participación popular na festa. Neste entroido é moi difícil atopar a ninguén que, sendo veciño do concello, ande sen disfrazar. Dá igual a idade, sexo ou condición; individualmente ou en grupo, todo o mundo se disfraza.
SON SARA, UNHA MESTRA TOLINHA POLAS TICs DO CRA RAÍÑA ARAGONTA (SALCEDA DE CASELAS). QUERO COMPARTIR CON TOD@S VOS O NOSO NOVO LIM SOBRE A FESTA DO ENTROIDO. ESTE ANO QUEREMOS INVESTIGAR SOBRE OS DISFRACES TRADICIONAIS GALEGOS DA PROVINCIA DE OURENSE. ESPERO QUE O DISFRUTES E APRENDADES MOITO SOBRE ESTA TRADICIÓN GALEGA.
Onte, 25 de febreiro, contamos coa visita dos membros da Asociación Cultural A Pantalla, que lles explicaron ao noso alumnado de 5º e 6º de Primaria, que a Pantalla NON é un disfraz senón que é un traxe; que hai que vestilo de forma correcta e comportarse como tal. Moitas grazas aos membros da Asociación pola súa desinteresada colaboración.#entroidoxinzo#unsentimento
O día 24 de febreiro, despois de escoller e preparar uns versos de Rosalía, todo o alumnado do Centro e máis unha ex alumna artista adornamos desta maneira as paredes do noso patio. Moitas grazas a tod@s, especialmente a Alicia.
Xornada estupenda o pasado sábado 22 de febreiro no campionato provincial de campo a través celebrado no complexo deportivo de Monterrei (Ourense).
O Rosalía participou nesta actividade con máis dunha decena de rapaces/as.
A experiencia vivida foi moi gratificante tanto para os nenos/as como para nós, os acompañantes.
E como unha imaxe vale máis que mil palabras...
Aínda que o tempo nolo puxo difícil, por fin pudemos levar a cabo a 2ª xornada de cross na Moreira.
Para esta cita só estaban convocados ao redor dos trinta primeiros clasificados en cada categoría da anterior proba comarcal.
A participación deste centro foi moi numerosa contando con 56 corredores/as en total.
A climatoloxía para o día da competición ( o pasado mércores 19 de febreiro) foi inmellorable, favorecendo a fluidez das diferentes carreiras, evitando lesións e posibilitando que todos os rapaces/as puderan animar e xalear aos seus compañeiros/as.
Ao rematar as seis carreiras procedeuse á entrega de medallas para os tres primeiros clasificados en cada unha delas. Foi un momento moi emocionante no que tanto as caras dos gañadores como as do resto dos participantes reflexaban moita alegría e orgullo por ver no podio ós seus amigos/as.
O vindeiro sábado 22 de febreiro celebrarase o campionato provincial desta disciplina en ourense, no que participarán 14 alumnos/as do Rosalía.
Aquí deixamos unha breve mostra fotográfica do vivido o pasado mércores.
A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, coordinada desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sumarase por segundo ano consecutivo á celebración do Día Internacional da Lingua Materna, que promove a Unesco. Farao desta volta programando na cidade de Ourense dous pases do espectáculo infantil-familiar “Ñam” (un ás 17:00 e outro ás 18:30 horas), da compañía Caramuxo Teatro. A eles que poderán asistir de balde familias novas con bebés e nenos de ata 4 anos o vindeiro venres, 21 de febreiro.
As entradas, de balde e limitadas a 100 participantes por función, poderanse retirar da billeteira do Auditorio Municipal desde mañá domingo.
A Consellería e o Concello de Ourense coorganizan esta iniciativa no marco da participación das dúas entidades na RDL, que contempla na programación de actividades para este ano a celebración da efeméride. Promover o uso do galego na familia e a súa transmisión interxeracional constitúen obxectivos prioritarios, canto á promoción social do idioma, do departamento que dirixe o conselleiro Xesús Vázquez Abad.
Día Internacional da Lingua Materna 2014
Un ano máis, a Xunta de Galicia e a RDL súmanse á celebración do Día Internacional da Lingua Materna. Unha celebración que busca lembrarnos o valor das linguas, independentemente do número de falantes que teñan, para asegurar a diversidade cultural, contribuír ao coñecemento humano e potenciar a participación de todas as persoas na construción de sociedades democráticas.
Cada 21 de febreiro, a UNESCO chama a nosa atención sobre a importancia de usarmos e transmitírmoslles ás novas xeracións as linguas autóctonas de cada lugar e, este ano, destaca o seu papel como medios de acceso ao saber e de produción de coñecemento científico.
A mensaxe do Día Internacional da Lingua Materna 2014 é que todas as linguas humanas, e por suposto o galego, teñen o mesmo potencial para seren vehículo de investigación e de divulgación científica.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega vén de remitirnos un novo vídeo no que un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida
a Rosalía nun novo vídeo colectivo no que teñen cabida palabras e
músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de
mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que
aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da
grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel
Rei. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa,
Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel
Risco, Lorena Souto, Pilar García Negro,... Esperamos que vos guste.
Este mércores, 19 de febreiro, celébrase o centenario do nacemento do poeta Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.
Con este motivo, a biblioteca e o conxunto do equipo docente e alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz anima a toda a comunidade educativa galega a celebrar con nós esa data tan especial proxectando nos vosos centros o documental que o curso pasado realizaron os nosos alumnos en colaboración conPasen y Vean comunicación:"A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro" (pincha aquí para ver o documental)
Tedes a vosa disposición unha proposta de actividade de 50 minutos, con xogos sobre a poesía de Diaz Castro, realizados pola profesora María Miragaya, a partir do obradoiro da especialistaChus Otero. Como veredes os xogos son sinxelos, para facer de xeito individual cun ordenador ou na clase cun proxector. Podedes baixalos pinchando no título. Despois de facelo non gardedes os cambios, para podelos usar de novo.
Seica xa van alá 60 días chovendo ou 80. Pode, pois xa case non recordamos como é a vida sen chuvia... empeza o artigo de http://innovarteinfantil.wordpress.com/ . Velaquí dous interesantes enlaces sobre nomes galegos para o chover e a chuvia e palabras enchoupadas:
1. Como chove miudiño, como miudiño chove … Rosalía de Castro
2. Mexan por nós e temos que dicir que chove… Castelao
3. Chove en Santiago, meu doce amor… Federico García Lorca
4.Aran os bois e chove... Xosé María Díaz Castro
5. Que chove despois de chover, don Gregorio... Manuel Rivas
6....aferrará connosco unha vela de chuvascos ... Manuel Antonio
O alumnado do centro recibiu nestes días a visita de Adel, monitor de capoeira. Grazas a elo os rapaces e as rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º tiveron a oportunidade de iniciarse e coñecer esta modalidade deportiva de orixen brasileiro, que consiste nunha mestura entre arte marcial e danza. A experiencia foi moi gratificante. Os nenos/as quedaron encantados con esta nova modalidade e desexosos de volvela a practicar nun futuro. Esperamos poder levar a cabo máis actividades deste tipo, transmitindo aos rapaces a grande cantidade de deportes e actividades que poden practicar no seu tempo libre e primando a necesidade da realización de actividade física como un hábito saudable na vida cotiá. Aquí deixamos unha breve mostra do realizado.
Xa temos na biblioteca do Centro o noso banco de sementes. Ó longo do primeiro trimestre fomos traendo a cada aula diferentes sementes cunha pequena ficha onde -coa axuda da familia- se ía poñendo o nome, data e lugar de recollida, periodo de sementeira e recollida, características do terreo para que se dea ben, usos e utilidades. Agora engadímoslle o nome científico e un lugar para a foto ou debuxo e-con esta información-confeccionamos un archivador. Así que, xa o sabes, pasa cando queiras ver este traballo de tod@s. Velaquí algunhas fotos de como o puxemos nun recuncho da biblioteca e o archivador coas fichas.
Añadir leyenda
Estamos tamén sementando nas aulas (preparando os "plantíos" en diferentes recipientes) para -máis adiante- transplantar para a nosa horta no Centro.
Incorporamos un enlace relacionado con esta temática:
Vandana Shiva (Dehradum, India, 1952) recorre estos días el mundo reclamando la “Libertad de las Semillas”. “Lo más revolucionario en estos tiempos que corren es un huerto”. A través de la organización Navdanya, Shiva promueve la creación de bancos de semillas como actos de resistencia ante “la destrucción ecológica y biológica”.
Ademais de animar á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor nese día, a AELG convoca para o día 24 de febreiro deste 2014 o programa GraffitiRosalía, dirixido a toda a sociedade galega, e especialmente aos centros de ensino de toda Galicia, para realizaren nos propios centros ou en espazos públicos coa colaboración dos concellos, ademais de lecturas da obra rosaliana, unha acción colectiva en torno á figura de Rosalía de Castro co obxectivo de visibilizar os seus versos en espazos públicos e comunitarios.
Así pois, proponse a todos os centros educativos de Galicia para que, en muros ou paredes habilitadas a tal efecto, nos propios centros de ensino ou nas súas proximidades, grafiteen algún verso de Rosalía de Castro, de modo que o alento da súa voz se faga presente continuo para toda a cidadanía galega.
Esta intervención visual e artística poderá ir acompañada do recitado dos seus versos, ou de calquera outra actividade que contribúa a dinamizar e dar pulo á obra poética de Rosalía de Castro, en canto símbolo colectivo.
Desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega póñense á disposición dos centros de ensino os seus medios dixitais e de comunicación e difusión nas redes sociais para recompilar e difundir todas aquelas ligazóns onde as comunidades escolares dispoñan as súas actividades organizadas para este día. Para isto é preciso que desde os centros confirmen á AELG a súa participación no desenvolvemento destas actividades e, en segundo lugar, fagan chegar este material para amplificar o seu coñecemento e visibilidade ao seguinte enderezo: oficina@aelg.org
"Rosalía non entende de donos; naceu libre e está viva".
Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía. Así, organizándose espontaneamente a través das redes sociais, decidiron colaborar na gravación dun vídeo colectivo no que teñen cabida escritoras e non escritoras, nenas, mozas e vellas, feministas, transfeministas, actrices, vendedoras, estudantes, afectadas polas preferentes, libreiras, mulleres contra o maltrato, mestras, profesoras, persoal sanitario, ecoloxistas... Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente. As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Mónica Caamaño, María do Cebreiro, María Xosé Queizán, Teresa Seara, Helena Villar Janeiro, Xulia Alonso, Eva Veiga, Yashmina Shawk, Begoña Paz, Mónica Bar, Rosa Enríquez, Lucía Novas, Inma López Silva, Estíbaliz Espinosa, Laura Bugalho, Rosalía Fernández Rial, Verónica Martínez, Rexina Vega ou Comba Campoy.
O pasado venres 24 de xaneiro celebrouse na Moreira (Xinzo de Limia) a primeira carreira comarcal de campo a través correspondente ó curso escolar 2013/2014. A participación de alumnado por parte deste centro foi moi importante, contando con corredores/as nas seis categorías. As sensacións e actitudes xeradas nesta actividade foron moi positivas, tendo en conta tanto os resultados como o comportamento, integración, esforzo, etc. Esperamos poder seguir brindando ós rapaces/as moitas máis experiencias deste tipo. Aquí mostramos un breve resumo en imaxes do realizado durante esta xornada.