16/3/23

Hábitos saudables... dende @s máis pequen@s!!

Durante estes dous últimos mércores, todo o noso alumnado de Ed. Infantil tivo a oportunidade de escoitar a Loli, hixienista no Centro de Saúde de Xinzo de Limia. Ela foi a encargada de recordarlle ao noso alumnado máis novo a importancia de adquirir bos hábitos no coidado e limpeza da boca e a dentadura.

Estamos convencid@s que estas charlas, impartidas por profesionais que son cercan@s ao noso alumnado, chegan dun xeito moito máis efectivo e dan uns bos resultados entre @s nen@s do noso cole.

Esperamos poder continuar estas dinámicas cos distint@s profesiomais que inciden dun xeito tan directo na boa saúde d@s nos@s benxamíns !!!

















15/3/23

Sementar, sementarei !!!

Á espera de que as condicións do tempo así o permitan, os nosos sementeiros xa están listos para ser transplantados. Todas estas accións únense á iniciativa de @voznatura e o seu eco-reto deste mes de marzo #AccionVozNatura #RetoPlantamos
Non tedes máis que mirar estas instantáneas tan fermosas cos nosos produtos de horta!









14/3/23

Nautilus. 20 000 leguas de viaxe submarino

Hoxe, o alumnado de terceiro de EP tivo a oportunidade de asistir á representación de "Nautilus. 20 000 leguas de viaxe submarino".
Gañadora do premio FETEN 2020 á Mellor Proposta Orixinal pola súa sensibilización ambiental, esta posta en escea é unha versión da clásica novela de aventuras de Jules Verne, na que o capitán Nemo se erixe como unha enigmática figura que capitanea un medio de transporte que sorprende o profesor Aronnax e a Conseil, os dous pasaxeiros inesperados. Esta nova proposta da Compañía La Negra presenta unha lectura actual, comprometida e preocupada pola conservación dos océanos e do noso planeta.
Esta actividade entronca perfectamente co PDI do centro para este curso 2022 - 2023 onde traballamos todo o relacionado co mundo da auga e co obxectivo 14 dos ODS que é "conservar e utilizar de xeito máis sostible os océanos, os mares e os recursos mariños".
Completaron a súa xornada de mañá facendo unha viaxe no "Tren Turístico" de Ourense que lles levou a facer un percorrido por toda a cidade dende a Praza Maior ata as Termas de Outariz.
Sen dúbida, unha mañá moi ben aproveitada e chea de aprendizaxes ben diferentes aos do día á día no cole!!



11/3/23

"Aim high!"... Apunta alto! O mellor "leitmotiv" para o noso alumnado STEAM

En colaboración con  NATURNOVA AFUNDACIÓN e o seu Centro Interactivo de Educación Ambiental, propuxemos ao noso alumnado de sexto de EP participar dun programa de actividades que o Servizo Educativo de Afundación imparte nos centros  para os distintos niveis de ensino. O seu equipo docente trasladouse ao noso centro para sumar coñecementos de arte e natureza a través da tecnoloxía con obradoiros de robótica e programación nos que se aprenden valores de sustentabilidade baixo os principios dos ODS.
Nesta ocasión levaron a cabo  actividades de programación básica con micro: bit ou makeymakey e con programas abertos scratch e Makecode. Non temos dúbida que estes coñecementos deben estar presentes cada día máis dentro do currículo do noso alumnado. Ciencia e Tecnoloxía da man. As estratexias STEAM teñen chegado para quedarse no mundo do ensino!





10/3/23

Quen non probou o mel, non sabe o que é ben!!

... E o noso alumnado de primeiro e segundo de EP tiveron hoxe a oportunidade de probar o rico néctar feito polas artesás das flores!!

Da man do  Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, a través do seu programa "O doce mundo do mel de Galicia", os nos@s nen@s foron quen de coñecer todos os secretos que rodean o fascinante mundo da producción e recolección deste rico e saudable nutriente. E para rematar puideron levar ás súas casas un tarriño de riquísimo mel feito en Galicia... Que máis se pode pedir!!









Fotografías de Sonia Yañez




9/3/23

"O traballo en grupo é esencial para acadar a victoria" Carlos Canal Blanco.

Como é un día de entrenamento? Como te coidas física e mentalmente? A que che gustaría dedicarte de non se ciclista? Que recordas da túa primeira bici? Como te sintes levando a Xinzo e a Galicia polo mundo?

Estas e outras moitas preguntas foron as que o noso alumnado de terceiro e cuarto de EP lle fixeron  a Carlos Canal Blanco,  rosaliano dos pés á cabeza e ciclista profesional do equipo EUSKALTEL-EUSKADI (UCI PRO TEAM), que xa ten participado, a pesar da súa xuventude, en La Vuelta Ciclista a España, en a Volta Ciclista a Catalunya, no Gran Camiño (Volta Ciclista a Galicia) e en innumerables competicións e probas clásicas nacionais e internacionais onde xa ten acadado brillantes resultados.

Hoxe tivemos a gran sorte de poder contar con Carlos no noso cole e el foi o encargado de contestar a todas as cuestións propostas polas nosas nenas e nenos cun gran agarimo e complicidade con tod@s el@s. 

Ademáis, contoulles unha gran cantidade de curiosidades que están ao redor do ciclismo profesional. Díxolles que  a ciencia xoga un papel fundamental no seu deporte, dende o deseño das propias bicicletas ata o tipo de alimentación que levaban, entre outras moitas cousas.

Comentou que o "grupo" era esencial para acadar a victoria, que a victoria dun membro do equipo era a de todos. Tanto é así, que os premios económicos logrados por cada compeñente do seu equipo repártense entre todos eles.

Carlos é, sen dúbida, un claro exemplo do triunfo do esforzo e do empeño naqueles retos cos que podemos soñar. Que o traballo e a dedicación ao que a un máis lle gusta sempre ten como resultado acadar as metas que nos propoñamos. 

E para nós é un orgullo poder pensar que o seu paso polo noso cole contribuiu dalgún xeito á súa exitosa carreira como ciclista profesional,  pero sobre todo, a ser a excelente persoa que hoxe é! 

Moitas grazas, Carlos, pola túa visita e por compartir estes momentos con tod@s nós!



8/3/23

"Pés, para que vos quero, se teño ás para voar."

Frida Kahlo (1907-1954), soada pintora mexicana que se revelou contra os prexuízos sexistas, escribiu esta cita no seu diario persoal en 1953, un ano antes da súa morte, para reivindicar a liberdade.

Nós, dende a Biblioteca Escolar e dende o noso cole, pretendemos inculcar no noso alumnado de todas as idades, eses valores polos que Kalho, entre outras moitísimas mulleres de tempos pasados e de tempos actuais loitaron e loitan día a día para conseguir que non só o Día Internacional da Muller, que ten lugar cada 8 de marzo, sexa unha data de conmemoración da loita  polos seus dereitos e a igualdade de oportunidades dentro da sociedade, se non que cada día do ano poidamos vivir os valores do #8M.

Propoñemos ao longo de toda esta semana dentro do noso espazo creativo distintas actividades, pilotadas polo Equipo de Dinamización da BE e @s nos@s axundantes, para traballar todo o relacionado con esta conmemoración.









'As Sinsombrero': o maldito exilio interior das mulleres da Xeración do 27


Quen foi a primeira ‘sinsombrerista’? 
Así se denominaba Maruja Mallo (nada como Ana María Gómez González en Viveiro, Lugo un 5 de xaneiro de 1902 e falecida en Madrid o 6 de febreiro de 1995, foi unha pintora surrealista española.​ Está considerada como artista da Xeración do 27 dentro da denominada vangarda interior española).
Maruja, admirada por Andy Warhol, foi xunto coas súas compañeiras de xeración as grandes olvidadas das nosas artes nos principios do século XX. Esta denominación de "Sinsombrero" foi acuñada por Ramón Gómez da Serna que ía por toda España reivindicando que @s intelectuais se quitasen o chapeu para que deixasen voar as súas ideas.


Se queres saber máis sobre estas grandes mulleres, esquecidas na súa grande maioría, podes consultar estes enlaces:


2/3/23

CONCURSO DE POESÍA ESCOLAR: AUGA EN VERSOS

Xa estamos no mes de marzo! Un mes cargadillo de celebracións importantes: 8 de Marzo, Semana da Prensa, Día da Poesía, Día do Libro... Para comezar, invitamos ao noso alumnado de Primaria e  Infantil a participar nun concurso de poesía coa temática da auga, como non podía ser menos neste curso ( PDI). 

O ALUMNADO DE INFANTIL PODE PLANTEXAR PROPOSTAS CREATIVAS QUE XOGUEN CON PALABRAS QUE RIMEN.

O día límite para entregar os vosos traballos é o 21 de marzo ( día da poesía).

A volta das vacacións da segunda avaliación entregaremos agasallos os premiados en cada ciclo e, na semana do libro,  invitaremosvos a que recitedes os vosos poemas na Biblioteca para que poidan pasar os vosos compañeiros e compañeiras a escoitalos. Xa vos informaremos do día concreto e quendas desta parte da actividade.

No cartel tedes máis información. Grazas pola vosa participación!






1/3/23

#SomosUnColeDeArtistas

Como verían Frida Kahlo, Andy Wharhol, Yayoi Kusama, Roy Linchtenstein, Romero Britto, Pauline Boty, Sir Peter Blake, o Equipo Crónica ou Keith Haring á nosa benquerida Rosalía de Castro?
Todos estes artistas do seculo XX, pertencentes na súa gran maioría ao movemento Pop Art, teñen unha pegada especial que sempre deixan nas súas obras.
O noso alumnado, como #ColeDeArtistas que somos, quixo tamén recrear na súas creacións os sinais de identidade de todos os artistas que citamos anteriormente. 
O resultado non puido ser máis espectacular nesta conmemoración do #DíaDeRosalía2023 !!!

"Cantarte hei, Galicia, na lengua gallega, consolo dos males, alivio das penas." (Rosalía de Castro, Cantares gallegos, 1863)



ECO-RETOS VOZ NATURA: #RetoPlantamos


Continuamos con esta actividade, posta en marcha na pasada edición, co obxectivo de seguir impulsando a acción e concienciación ambiental.

Como?
É moi sinxelo. Só tedes que mostrarnos en redes sociais o que estades a facer polo medio ambiente… Que é moito!

Cada mes, propoñerémosvos un eco-reto para realizar accións de recuperación ou defensa  ambiental no cole, en casa, con amigos, etc.
 
Cando o consigades, sacades unha foto ou facedes un vídeo cortito (menos dun minuto) e subídelo a Facebook ou a Instagram, engadindo o  hashtag  #AccionVozNatura e o  hashtag de cada mes.

E... Non vos esquezades de  etiquetar cada foto ou vídeo con: @voznatura para que podamos ver todo o que publicades! 

No mes de marzo, o reto é: Plantamos para protexer os nosos ecosistemas, reducir o cambio climático e frear o deterioro do planeta. Hashtag: #RetoPlantamos

É dicir, ás fotos ou vídeos dos retos que subades ao longo deste mes de febreiro, debedes engadir: #AccionVozNatura, #RetoPlantamos (ademais de  etiquetarnos con: @voznatura).

Animádevos a participar!!! Podedes etiquetarnos a nós tamén #acharcadoslibros

ECO-RETOS VOZ NATURA