14/3/23
Nautilus. 20 000 leguas de viaxe submarino
11/3/23
"Aim high!"... Apunta alto! O mellor "leitmotiv" para o noso alumnado STEAM
10/3/23
Quen non probou o mel, non sabe o que é ben!!
... E o noso alumnado de primeiro e segundo de EP tiveron hoxe a oportunidade de probar o rico néctar feito polas artesás das flores!!
Da man do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, a través do seu programa "O doce mundo do mel de Galicia", os nos@s nen@s foron quen de coñecer todos os secretos que rodean o fascinante mundo da producción e recolección deste rico e saudable nutriente. E para rematar puideron levar ás súas casas un tarriño de riquísimo mel feito en Galicia... Que máis se pode pedir!!
9/3/23
"O traballo en grupo é esencial para acadar a victoria" Carlos Canal Blanco.
Como é un día de entrenamento? Como te coidas física e mentalmente? A que che gustaría dedicarte de non se ciclista? Que recordas da túa primeira bici? Como te sintes levando a Xinzo e a Galicia polo mundo?
Estas e outras moitas preguntas foron as que o noso alumnado de terceiro e cuarto de EP lle fixeron a Carlos Canal Blanco, rosaliano dos pés á cabeza e ciclista profesional do equipo EUSKALTEL-EUSKADI (UCI PRO TEAM), que xa ten participado, a pesar da súa xuventude, en La Vuelta Ciclista a España, en a Volta Ciclista a Catalunya, no Gran Camiño (Volta Ciclista a Galicia) e en innumerables competicións e probas clásicas nacionais e internacionais onde xa ten acadado brillantes resultados.
Hoxe tivemos a gran sorte de poder contar con Carlos no noso cole e el foi o encargado de contestar a todas as cuestións propostas polas nosas nenas e nenos cun gran agarimo e complicidade con tod@s el@s.
Ademáis, contoulles unha gran cantidade de curiosidades que están ao redor do ciclismo profesional. Díxolles que a ciencia xoga un papel fundamental no seu deporte, dende o deseño das propias bicicletas ata o tipo de alimentación que levaban, entre outras moitas cousas.
Comentou que o "grupo" era esencial para acadar a victoria, que a victoria dun membro do equipo era a de todos. Tanto é así, que os premios económicos logrados por cada compeñente do seu equipo repártense entre todos eles.
Carlos é, sen dúbida, un claro exemplo do triunfo do esforzo e do empeño naqueles retos cos que podemos soñar. Que o traballo e a dedicación ao que a un máis lle gusta sempre ten como resultado acadar as metas que nos propoñamos.
E para nós é un orgullo poder pensar que o seu paso polo noso cole contribuiu dalgún xeito á súa exitosa carreira como ciclista profesional, pero sobre todo, a ser a excelente persoa que hoxe é!
Moitas grazas, Carlos, pola túa visita e por compartir estes momentos con tod@s nós!
8/3/23
"Pés, para que vos quero, se teño ás para voar."
Frida Kahlo (1907-1954), soada pintora mexicana que se revelou contra os prexuízos sexistas, escribiu esta cita no seu diario persoal en 1953, un ano antes da súa morte, para reivindicar a liberdade.
Nós, dende a Biblioteca Escolar e dende o noso cole, pretendemos inculcar no noso alumnado de todas as idades, eses valores polos que Kalho, entre outras moitísimas mulleres de tempos pasados e de tempos actuais loitaron e loitan día a día para conseguir que non só o Día Internacional da Muller, que ten lugar cada 8 de marzo, sexa unha data de conmemoración da loita polos seus dereitos e a igualdade de oportunidades dentro da sociedade, se non que cada día do ano poidamos vivir os valores do #8M.
'As Sinsombrero': o maldito exilio interior das mulleres da Xeración do 27
2/3/23
CONCURSO DE POESÍA ESCOLAR: AUGA EN VERSOS
Xa estamos no mes de marzo! Un mes cargadillo de celebracións importantes: 8 de Marzo, Semana da Prensa, Día da Poesía, Día do Libro... Para comezar, invitamos ao noso alumnado de Primaria e Infantil a participar nun concurso de poesía coa temática da auga, como non podía ser menos neste curso ( PDI).
O ALUMNADO DE INFANTIL PODE PLANTEXAR PROPOSTAS CREATIVAS QUE XOGUEN CON PALABRAS QUE RIMEN.
O día límite para entregar os vosos traballos é o 21 de marzo ( día da poesía).
A volta das vacacións da segunda avaliación entregaremos agasallos os premiados en cada ciclo e, na semana do libro, invitaremosvos a que recitedes os vosos poemas na Biblioteca para que poidan pasar os vosos compañeiros e compañeiras a escoitalos. Xa vos informaremos do día concreto e quendas desta parte da actividade.
No cartel tedes máis información. Grazas pola vosa participación!
1/3/23
#SomosUnColeDeArtistas
ECO-RETOS VOZ NATURA: #RetoPlantamos
28/2/23
“Se morre a abella raíña, ao ser humano quédanlle 4 horas de vida.” (A. Einstein)
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP tivemos a sorte de poder
achegarnos, a través de Nico, a un mundo interesantísimo relacionado coa vida
das abellas na colmea e fóra dela.
Comprendemos a importancia das abellas como un insecto
doméstico que en explotacións axuda a
que as persoas se beneficien de produtos coma o pole, o mel e a cera, entre
outros.
Mediante unha “colmea de observación” vimos en vivo e
en directo como as abellas coidaban da raíña, como estaban situados nas celas
os ovos e larvas da raíña e como estaban parceladas as celas na colmea de modo
que a xelea real e o mel ocupaban o seu lugar.
Puidemos facer o centrifugado do mel e probar unha “degustación” de pole e mel ,
dous produtos moi apreciados polas súas calidades excepcionais para unha alimentación
sa e saudable.
Os grupos d@s máis maiores tamén foron quen de elaborar
un fermosa candea coa cera que tamén obtemos dos panais.
En resumo, mediante unha exposición na que comezou
Nico cunha representación teatral divertida e amena achegounos ao mundo da
apicultura, dos abelleiros e dos meleiros. Concienciounos da importancia que
teñen as abellas na polinización das especies vexetais, ata o 95% dependen
delas. Ensinounos a apreciar e a coidarnos con produtos naturais creados por
estes marabillosos insectos e ata fixemos unha candea coa cera producida na
colmea. Todo un “proceso natural” sorprendente!
19/2/23
Desfile Entroido 2023
Vendo o resultado final... Pouco que engadir! Unha mañá chea de colorido e de ganas de pasalo ben despois de moitas semanas de duro traballo!
Dar as grazas a @Pepe Nocelojar, a Hugo García e a Noemí Anta polas súas marabillosas fotografías!!!
Grazas a a todos @s que formamos parte da Comunidade Educativa do CEIP Rosalía de Castro, o desfile de Entroido deste ano resultou simplemente... espectacular!
11/2/23
Xornada de Bibliotecas Creativas
A Consellería de Educación puxo en marcha este programa no curso 2015/2016 dun xeito experimental, xa que consideraba que "As bibliotecas en xeral, tamén as escolares, están a vivir importantes transformacións e unha das máis importantes e a de acoller todo tipo de actividades nas que as persoas usuarias (neste caso, alumnado, profesorado e familias) poden atoparse para pensar, deseñar, facer, construír e aprender xuntas, na liña dos makerspaces ou dos laboratorios de ideas.
Na actualidade, as bibliotecas escolares contemplan todo tipo de linguaxes (oral, escrito, icónico, audiovisual, artístico...) e posibilitan ao alumnado múltiples oportunidades de aprendizaxe, de expresión e de creación. Neste contexto de alfabetización múltiple encádrase a presente iniciativa, destinada a introducir nas bibliotecas escolares unha nova linguaxe, a linguaxe de programación, e impulsar a utilización de pequenos robots en actividades destinadas a mellorar a comunicación lingüística do alumnado, a expresión oral, a creatividade, o traballo colaborativo, a investigación, a aprendizaxe manipulativa e o xogo. " (https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/852)
Todas estas premisas teñen evolucionado moito, convertendo este programa en un dos máis punteiros a nivel de Innovación Educativa da Asesoría das Bibliotecas Escolares, conseguindo que o noso centro se unira a el no curso 2018/2019, na segunda das súas convocatorias "oficiais", sendo un dos pioneiros na provincia de Ourense.
Estas Xornadas sempre son un punto de encontro, onde aprender uns dos outros e tomar contacto coas experinecias máis innovadoras que a nivel nacional e internacional podemos atopar no campo de traballo da introducción das novas linguaxes de aprendizaxe para o noso alumnado.
Contamos este ano con Arantza Mariskal, que se desenrola a súa actividade no Medialab de Tabakalera de San Sebastián , que un centro para a creación artística e cultural, para promover o pensamento crítico e para facilitar o acceso e o goce da cultura. Na súa conferencia "Biblioteca de creación e laboratorios cidadáns" , relatounos todas as actividade que alí levan a cabo e que moitas delas son trasladables ao noso centro.
10/2/23
Limuhe, a Dama da Lagoa de Antela
9/2/23
Sentimento... Tradición... Respecto!!!
Hoxe estiveron con nós no noso centro Carlos e Leticia, da Asociación Cultural "A Pantalla"
Esta asociación naceu en Xinzo de Limia no Entroido do ano 1996. A súa finalidade é a protección, promoción e difusión do noso símbolo de identidade cultural máis significativo, a Pantalla.
Despois de moitos anos traballando duramente, a Asociación Cultural A Pantalla comeza en abril do 2017 un novo rumbo.
Renóvase a directiva realzando de novo o labor da asociación, ampliando o número de socias e socios e reconducindo unha vez máis o traballo para acadar os obxectivos xa mencionados e ampliando os campos de actuación.
Este novo período que vive a asociación está cargado de actividades e novas iniciativas, que se desenvolven en diferentes campos e ámbitos de traballo, para chegar a trasmitir a verdadeira esencia de ese Entroido máxico e tradicional que herdamos dos nosos antepasados.
Recollendo palabras de Castelao: "A verdadeira tradición non emana do pasado, non está no presente, nin se alvisca no porvir; non é serva do tempo. A tradición é a alma eterna de Galicia, que vive no instinto popular e nas entrañas graníticas do noso chan. A tradición non é a historia. A tradición é a eternidade e revélase no idioma, no espírito, na cultura, na arte , no xeito de vivir e pensar". (http://apantalla.gal/)
O alumnado de terceiro e cuarto contaron tamén coa participación de Anxo, de quinto de Educación Primaria, que ensinou @s seus compañeir@s o xeito perfecto de como vestir o noso traxe por excelencia para o Entroido!
Unha gran rolda de preguntas puxo fin á exposición que Carlos e Leticia fixeron, aos que non nos queda máis que agradecer poder contar con el@s un ano máis. Que comece a festa! Que empece o tempo de Entroido! #unsentimento
Corren coma galgos!!!
7/2/23
Oliñas veñen... e van!
6/2/23
Tod@s botamos unha man!
Estes derradeiros luns, todas as familias do alumnado de Educación Infantil botaron unha man (móis ben as dúas!) para colaborar coas mestras das súas fillas e fillos en confeccionar os disfraces que levarán con moito "porte" o vindeiro 17 de febreiro no Desfile Infantil de Entroido que dará o "pistoletazo" de saída aos días grandes da nosa gran festa!
Queremos dar grazas infinitas a todas as mamás (e aos papás.... que algún tamén tivemos) por todo este tempo de costura, recorte, patroaxe, "brilli, brilli", ... e todas as técnicas de corte e confección que nestas xornadas se puxeron en práctica. Grazas de corazón!!
Xa non queda nada... O Entroido xa está "case" aquí !! #unsentimento
3/2/23
A RAG e PuntoGal convocan o VI Concurso de microrrelatos
A Real Academia Galega e PuntoGal manteñen aberto durante todo o mes de febreiro o prazo para participar no VI Concurso de microrrelatos que convocan conxuntamente. Ambas as institucións premiarán os nove mellores relatos de ata 200 palabras que se presenten nas categorías infantil (ata os 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e de persoas adultas.
Todos os detalles da convocatoria poden consultarse na páxina web https://relatos.gal
2/2/23
Arrancamos as actividades do noso Entroido!!
Segunda xornada de traballo coa Fundación Inspiring Girls
Segundo a súa propia web (https://www.inspiring-girls.es/), "Inspiring Girls é unha fundación que persegue aumentar as aspiracións das novas e nenas poñéndoas en contacto con mulleres inspiradoras que lles sirvan de exemplo e referente.
Achegamos ás nenas á gran variedade de traballos e profesións que existen, de forma que se convenzan de que poden ser o que queiran ser.
E iso facémolo dunha maneira sinxela pero eficaz: conectamos ás nenas con mulleres inspiradoras, que comparten con elas as súas experiencias persoais e profesionais, e convértense nas referentes que non teñen. Traballamos con nenas porque sabemos que as nenas experimentan unha perda do 30% da súa confianza en si mesmas entre as idades de 8 a 14anos. E que un asombroso 67% das mozas cren que non teñen as mesmas oportunidades profesionais que os mozos.
Sabemos que o noso traballo xera un impacto positivo. Polas nosas investigacións levadas a cabo sobre máis de 300 nenas participantes nos nosos programas en 2020 comprobamos que as sesións inspiradoras de Inspiring Girls “amplían as mentes das nenas, reducen os estereotipos e disparan as súas expectativas de éxito”.
Desta volta o alumnado de terceiro de Ed. primaria contou coa visita a través dunha videoconferencia coa doutoura enxeñeira industrial e enxeñeira de telecomunicacións, Patricia Maestre Esteban, que actualmente desenrola a súa tarefa profesional na compañía internacional GMV empresa punteira no seu campo de traballo.
Patricia compartiu co noso alumnado a súa traxectoria profesional existosa, facendo fincapé en que todo o mundo, homes e mulleres, poden acadar os seus retos que lle parecesen máis inalcanzables a base de "talento, constancia e esforzo". O propio desafío, a curiosidade, as ganas de innovar e a pasión que lle poñamos no noso traballo serán os nosos únicos límites. Foron moitas as notas que tomaron de toda a información que ela lles transmitiu, o que demostra o grao de motivación e interese que o noso alumnado amosa por este tipo de actividades!
"O éxito é a suma dos esforzos de todos os días", remarcou a doutora Maestre na súa conversa co noso alumnado, converténdose para todos eles, e sobre todo elas, nun exemplo a seguir e a imitar.



















.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)







-1.jpg)





















