21/11/14

Preparádevos para os novos desafíos

Ola!!! Desde o equipo de Biblioteca escolar estamos a elaborar por ciclos uns retos matemáticos. ¿Como? Se a maioría da xente "odia" as matemáticas!!!!!!! 
Pois iso, imos empezar propoñendo desde aquí xogos, adiviñas, desafíos con números e letras... e quen sabe se non acabaremos organizando unhas "Olimpiadas Matemáticas". Ánimo!!! Para ir abrindo boca aquí vai algún reto dun libro que temos na nosa biblioteca "3L  4S3S1N4T0  D3L  PROF3SOR  D3  MAT3M4T1C4S"  de Jordi Sierra i Fabr.

1. Escribe nun cadrado de tres por tres os números do 1 ó 9 de maneira que sumen sempre 15 en horizontal, vertical e diagonal.









2. Como se escribe 20 con 4 noves?

Podedes vir comprobar se chegamos ás mesmas solucións; xa sabedes nas horas do recreo esperámosvos na biblioteca; tamén podemos achegar algunha pista...

14/11/14

Obradoiro "Educando en Igualdade"

Durante estes dous últimos xoves, o alumnado de quinto de Primaria participaron no Obradorio "Educando en Igualdade", promovido pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xusticia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, con financiación do Fondo Social Europeo, e coa organización do Concello de Xinzo de Limia, onde se promocionou a igualdade entre homes e mulleres e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero.



12/11/14

Hortas con sentido e sensibilidade, con ciencia e conciencia

Diez razones para empezar un huerto escolar ecológico

¿Un huerto en una escuela? Se calcula que en Reino Unido ya son más de 12.000 los escolares que participan en alguno. Y en España no dejan de germinar nuevas iniciativas que unen educación y agricultura.
“Aunque parezca complicado, en realidad para tener un huerto en la escuela no se requiere ni de mucho espacio, ni de mucho tiempo, ni de mucha experiencia”, recogeEl huerto escolar ecológico, un dossier para profesorado realizado por el Grupo de Acción Local Bajo Aragón Matarraña.
Pero antes de ver el cómo arrancar un proyecto así, nos gustaría destacar el por qué, con motivo de la organización del I Premio Huertos Escolares Ecológicos por parte de Fundación Triodos y Asociación Vida Sana. Sintetizamos las principales motivaciones de pedagogos que ya han andado el camino.

Diez frutos del huerto escolar

1. Conocer para querer

1. TomatesLos huertos ecológicos escolares favorecen la sensibilización ante la necesidad de cuidar del medio ambiente y hacer un uso más responsable de los recursos naturales.

2. Aprender ciencias naturales

2Las iniciativas permiten conocer de forma empírica cómo crecen las plantas, se obtienen los alimentos y entender cómo funcionan los ecosistemas.

3. Aprender ciencias sociales

3.
Con un huerto también se puede aprender economía. Entre otras cosas, es un buen punto de partida para conocer cómo funciona el sistema alimentario mundial y la manera en que la forma de producir afecta a las personas.

4. Aprender humanidades

4. CebollaPoner en valor los conocimientos de los abuelos o apreciar la cultura y la gastronomía locales, es más fácil desde el contacto con la tierra.

5. Acercarse al mundo rural

5. Apio¿Niños que no saben de dónde vienen los huevos o las fresas? Los huertos escolares acercan a los chicos y chicas de ciudad al campo.

6. Promover la alimentación saludable

6.
Las autoridades sanitarias alertan sobre los problemas de alimentación infantil, con retos como la creciente tasa de obesidad desde la infancia y sus consecuencias sobre la salud. Entender la importancia de la alimentación saludable también tiene que ver con este tipo de iniciativas pedagógicas.

7. Promover el consumo responsable

7.
Si saben de dónde vienen los alimentos, cuánto cuesta obtenerlos y qué impacto tienen en el medio, ¿tendrán más oportunidades de ser consumidores responsables?

8. Fomentar actitudes de cooperación

8.
Los profesores impulsores de huertos escolares inciden en ello con ejercicios para los que es esencial trabajar en equipo, algo básico en agricultura ecológica.
9.

9. Conectar la escuela con el mundo

El huerto escolar es una oportunidad para complementar el trabajo en el aula con la iniciativa en el exterior, y conectar la escuela con su entorno, al tiempo que cuidar de él.

1010. Aprender de forma más divertida y motivadora

La actividad física en el huerto y la recompensa de ver crecer lo que hemos cultivado alimenta la motivación por aprender más en el ámbito del escuela.

Más que lechugas y tomates

Para enseñarnos el cómo, los pioneros de los huertos escolares se han afanado ya a realizar múltiples materiales e incluso unidades didácticas. Algunos, como El huerto de los niñ@s del Colegio Público San Félix, también cuentan su experiencia. Este centro escolar, ha llegado a incluir en su proyecto más elementos didácticos, como un punto para gestionar residuos de forma responsable o un aparcamiento de bicicletaspara fomentar la movilidad sostenible.

I Premio de Huertos Escolares Ecológicos

Fundación Triodos ha coorganizado este año el I Premio Huertos Escolares Ecológicos de ámbito español, al que se podrán presentar candidaturas desde el 1 de junio al 15 de julio y cuyas bases pueden consultarse en su web.
Un huerto es más que lechugas y tomates, como aseguran desde Alimentacción, red de escuelas por un mundo rural vivo: “Ser responsable de la buena marcha de la cosecha, conocer los ciclos de los seres vivos y sus interacciones, comer productos saludables y que hemos sembrado nosotros mismos. Todos estos aspectos, de las áreas curriculares, de la educación en valores, de la educación ambiental, pueden ser integrados en el trabajo docente gracias al huerto escolar”.

11/11/14

Os nenos e nenas de terceiro tamén visitamos a Fundación COREN

Xornada increíble... E aprendimos un montón


 

Estivemos na Fundación Coren

   O alumnado de 6º B e C pasamos unha xornada na Fundación Coren. Visitamos as instalacións, aprendemos de cooperativismo e fixemos algúns obradoiros de agricultura, gandería, reciclaxe e enerxías renovables. Comémolo xantar e pasámolo moi ben.
>

10/11/14

As zocas faladoras. Recensión das V Xornadas das B.E.

O equipo da nosa biblioteca tamén estivo representado e participamos nestas V Xornadas; botamos man desta magnífica recensión que lemos no blog de animación á lectura da B. do Ies de Poio.
banner
20141108_101542
Esta fin de semana tivemos o pracer de asistir ás V Xornadas das BIBES e, coma sempre (menudo nivelón), volvemos con novas ideas e con moita aprendizaxe na mochila.
Imos pois a poñer en práctica o ensinado e tentar –humildemente- realizar unha práctica de “Curación de contidos”, é dicir reunir/seleccionar recursos que se presentaron nas xornadas  e comentalos, “dar sentido ao que outros crean” en palabras de Javier Guallar; sabemos que estes recursos deberían ter pasado pola web pero coma si pasaron un filtro tecnolóxico (foron recollidos na tablet e van estar recollidos na páxina das BIBES galegas e no seu repositorio ) dámos por válido ese filtro web.
20141107_173741
   Comezamos pois pola intervención de Ricardo Gómez e as súas mazás envelenadas da educación: o informe Pisa, a burocratización , os efectos perniciosos do bilingüismo, os inconvintes do mundo TIC e a ideoloxía implícita. A hisoria sempre nos dá leccións que permiten preparar o futuro. Unha ponencia, a de Ricardo Gómez, que nos permitiu sentar as bases do que viña deseguido, reflexionamos sobre a mitoloxía, a historia e o sistema educativo século XX? Mónica Baró vai completar esta ponencia coa súa ollada ao futuro.
20141108_103729
A biblioteca escolar ten sentido hoxe??? Sempre clara, concisa e directa Mónica Baró (un pracer escoitala) apórtanos as claves das BIBES do século XXI: Contribúen a mellorar o rendemento escolar (a súa función crítica é fundamental para nós), favorecen a competencia informacional, rompen a brecha dixital ( os que teñen e os que non teñen), facilitan o acceso físico e virtual aos recursos, etc… Hai un novo papel para a BIBE como novo espazo de aprendizaxe, é precisa unha evolución cara aos novos retos (debemos mudar as aulas e as aprendizaxes que faciliten o desenvolvemento do pensamento crítico e creativo): As novas competencias, o alfabetismo en información e en medios de comunicación.
20141108_115833_resized_1
A media mañá, Javier Guallar falounos de “A curación de contidos” (content curator= xestor de contidos, recoller o máis relevante sobre un tema específico, busca, selecciona, caracteriza e difunde). Nas BIBES relaciónase coa información dixital disponible na Rede, e innova; como a BIBE se relaciona coa súa comunidade de usuarios.”O profesor xa non é o que sabe senón o que FILTRA a información e a distribúe cun valor engadido, será un axente mediador de formación”. Recordatorio importante: Citar as fontes, filtrar e comentar. Moito que ver co labor que facemos nos blogs das BIBES.
20141108_180423
Rematamos sesións coa ponencia de Pérez Tornero sobre competencia mediática e formacional: “ Hai que renovar a escola, un novo mundo, novas linguaxes…precisamos unha NOVA ALFABETIZACIÓN. Debemos aceptar a PLURALIDADE e a COMPLEXIDADE das novas linguaxes, facer unha LECTURA PLURIDIMENSIONAL, formar na comprensión crítica do coñecemento; as lecturas de hoxe son plurais e colaborativas, debemos impulsar as múltiples linguaxes e a súa intertextualidade, tarefa de TOD@s(profesorado e todos os sectores do sistema educativo).
Creativo e reflexivo o traballo dos ponentes, imponente e participativo o das compañeiras e compañeiros das BIBES que presentaron as mesas de experiencias e excelente o labor d@s representantes da Asesoría de BIBES en todos os aspectos ( sen esquecer o grande valor nas tarefas dos representantes do CAFI e dos CEFORES).
Virán tempos de CRISE e innovación sen apoios… estaremos aí, case mil representantes das BIBES de Galicia, unha finde en Compostela.

GaliciaLe. A plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas pública galegas

GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo do libro electrónico en galego” e outro que aloxa o “Catálogo do libro electrónico en castelán”. Os libros incluídos nestas dúas contornas poderán lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos.

    Así que, xa sabes...    www.galiciale.es,
Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:
1. Ser usuario con carné dunha das bibliotecas da Rede das Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dispoñas del, podes dirixirte á biblioteca pública máis próxima e solicitar o teu carné. Se xa o tés cubre o formulario de inscripción para rexistrarte como usuario de GaliciaLe.
2. Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil, etc) e unha conta de cooreo electrónico.
Se xa es usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, rexístrate.
Se aínda non tes carné, diríxete a unha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia para obter a túa tarxeta de lector/a. Alí tramitarán o teu rexistro en GaliciaLe.
Unha vez rexistrado/a, e coas túas claves, xa podes acceder ao préstamo de libros electrónicos en galego ou en castelán premendo na icona correspondente.  www.galiciale.es

6/11/14

“7º Concurso de Relatos: Ciencia que Conta”

  7º Concurso de relatos cortos sobre ciencia: "Ciencia que conta 2014"
 Este concurso ten como obxectivo contribuír a concienciar ao conxunto da sociedade galega sobre a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e benestar social de Galiza, fomentando a cultura científica. Está organizado polo grupo DIVULGATIA do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo. 
  
   Temática: Concurso de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.
   A quen vai dirixido? A todos e todas e nomeadamente ao alumnado. Hai tres categorías para o alumnado: Primaria, Secundaria e Bacharelato-Ciclos, unha categoría xeral na que pode participar toda a comunidade educativa.
   O prazo para o envío dos traballos remata o 15 de novembro de 2014 e o interese dos premios (1º premio categoría: unha tablet).
Na páxina web  http://www.cienciaqueconta. com hai información sobre os concursos anteriores e información actualizada desta convocatoria:
Como en edicións anteriores, os mellores relatos de cada categoría (en total sobre corenta) serán publicados nun libro. 

4/11/14

Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas


ENTUSIASMO E PROXIMIDADE SON A CLAVE DA DIVULGACIÓN CIENTÍFICAÁngel Carracedo.

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 
  • MANIFESTO DE ÁNGEL CARRACEDO

  • MATERIAIS. MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
  • 30/10/14

    O Samaín que gusta máis que asusta

      O Samaín [/ˈsˠəu̯nʲ/] é a festividade de orixe celta máis importante do periodo pagano que dominou Europa ata a súa conversión ó cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ó 1 de novembro servía como celebración do final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o «Ano Novo Celta», que comezaba coa estación escura. É tanto unha fiesta de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ó outro mundo. A súa etimoloxía é gaélica e significa 'fin do verán'.
       No Cole preparamos -coa participación de toda a comunidade educativa- unha actividade especial: a construcción dunha cidade monstruosa e a conseguinte decoración das portas das aulas e espazos desa cidade. Velaquí algunhas fotos para que vos fagades unha idea do bo traballo feito por tod@s.
       E démoslle unha volta (porque a nós o Samaín non nos asusta) e aprendemos cousas "curiosas".Buscando, buscando, atopamos un morcego moi especial: un morcego galego ó que lle gustan máis os grelos que os mosquitos... E, de tanto comer grelos. foise poñendo...... "VERDE"!.

    Antía, Wamba e o regato pequeno

    O pasado martes 28 de outubro, o alumnado de terceiro e cuarto de educación Primaria, asistiron no auditorio Municipal de Ourense ao espectáculo da compañía Tropa de Trapo, "Antía, Wamba e o regato pequeno". Despois fixeron un percorrido cultural pola cidade, visitando a Praza Maior, a catedral e As Burgas. Tiveron unha xornada moi entetida na que aprenderon moitas cousas....


    29/10/14

    Participa e divírte-T

       Desde a B.E. e seguindo co lema deste curso "Biblioteca escolar... matemático!" o equipo dinamizador da nosa biblioteca preparamos estes materiais para toda a comunidade educativa. Para ler, espertar o gusto polas matemáticas aquí van algúns poemas e posibles actividades. 
       Porque "Importa que se lea cada vez máis, pero, sobre todo, que se lea cada vez mellor. Non basta ler moito, o decisivo é crecer na capacidade de comprender. O decisivo é ler despacio, con coidado, demorarse e recrearse coa lectura, ter curiosidade"; "todas as materias son modos de aprender a ler"; todos os profesor@s valemos pouco se non educamos para ler, isto é, para ver, escoitar e comprender mellor" (Ángel Gabilondo. Catedrático de Filosofía da Universidade Autónoma de Madrid)
    Participa e divírte-T

    27/10/14

    Andaina polas areeiras


       O pasado venres 24 de outubro, cun moi bo día de outono, o alumnado de 6º de primaria, con 4 mestr@s e 3 pais, fixemos a primeira andaina deste curso polas areeiras, aquí na nosa comarca. 
       Primeiro na biblioteca do Centro Xosé Calleja, un dos pais que nos guiou, e paxareiro (como lle gusta a el dicir no canto de ornitólogo) amosounos con imaxes os paxaros que podiamos ver e escoitar no percorrido, a importancia da Limia para ver aves, a importancia destas no noso entorno -mesmo como bio-indicadores-...
     Tamén pechamos esta charla lendo o Manual do bo paseante, espectacular mibriño que temos na nosa biblioteca para gozar del.
     

       Xa coñeciamos a Xosé Calleja porque temos traballado con el a temática dos paxaros; xa nos aprendeu a diferenciar os paxaros que podemos ver no patio do centro e dentro do programa Voz Natura imos poñer uns paneis polo cole para toda a comunidade educativa.

       Da camiñada, velaquí unhas fotos para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos e do moito que aprendemos observando, charlando, preguntando, buscando información en algún manual...





    23/10/14

    Promovendo a visibilidade das Bibliotecas

    William Kamkwamba e a súa familia eran moi pobres. 
    Tiña tan só 14 anos cando tivo que deixar a escola secundaria porque era de pago. Conseguiu construír para a súa familia un muíño de vento, para xerar electricidade, feito de pezas de recambio e ferralla, baseado nuns planos aproximados que atopou nun LIBRO dunha BIBLIOTECA. 
    https://www.youtube.com/watch?v=T1XfFVoHJSU

    24 de outubro: día da biblioteca

    Neste mes de outubro, declarado pola IASL como Mes Internacional da Biblioteca Escolar, as bibliotecas escolares galegas botan a andar proxectos anuais ben interesantes. A chegada aos centros do cartel co lema BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO! é unha contribución da consellería á visibilización das múltiples posibilidades da biblioteca ao servizo do currículo e, tamén, da súa potencialidade para espertar o gusto polas matemáticas.
    As matemáticas están presentes na vida cotiá, tamén na ficción  e mesmo na poesía. As bibliotecas escolares comezan a compartir recursos moi diversos para facer efectivo o lema deste curso "Biblioteca escolar... matemático!". Destacamos algúns deles relacionados coas  matemáticas e a poesía. 

    22/10/14

    Outubro: mes internacional das bibliotecas escolares

     Mês Internacional da Biblioteca EscolarOutubro é o Mes Internacional da Biblioteca Escolar. En todo o mundo, este período é aproveitado para reforzar a visibilidade das bibliotecas escolares e a concienciación acerca do seu valor nas aprendizaxes.


    Pintura de Françoise Collandre

    ¿Todo está en los libros? Gustavo Martín Garzo   
    (...) La lliteratura es como un gran almacén. Se guardan en él todas las emociones humanas, nuestros sueños y nuestras preguntas, y leer es entrar en ese almacén y tomar lo que necesitamos.
    Los bibliotecas son como la cueva de Alí Babá, y la historia de la literatura es la historia de cómo se ha ido formando ese botín inagotable y secreto. 
    Leer es aprender a pronunciar las palabras que abren las piedras y rescatar ese botín del olvido.
    Las palabras de la poesía tienen esa maravillosa cualidad y participan a la vez del mundo real y el de los sueños.
    La poesía nos lleva a los lugares soñados donde yacen los tesoros, pero a la vez nos permite regresar de ellos con las bolsas repletas. 
    ¿Para que serviría un tesoro si no se pudiera robar? Un tesoro no es nada sin un lugar real donde ser ofrecido o repartido. Y ese lugar real es la vida de todos los lectores del mundo.

    Artigo completo no enlace seguinte
    http://elpais.com/diario/2009/06/07/opinion/1244325604_850215.html

    17/10/14

    “CELEBRACIÓN DO SAMAIN”


    Con motivo da próxima festividade do Samaín o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares querémosvos propor una serie de actividades coa finalidade de que participe toda a comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado,).
    Estas actividades divídense do seguinte  xeito:
    a)     Decorar a porta da aula con detalles relacionados co Samain. Para favorecer esta actividade e axudar a crear unhas portas monstruosas, achegámosvos o seguinte enderezo da internet para que a consultedes e poidades "ver" ideas creativas.

    b)    Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º popoñemos a realización de casas encantadas con material de refugallo (caixa de zapatos, de deterxentes, de electrodomésticos…). Aqueles nenos e nenas que participen deberán entregar a súa casa encantada o día 27 de outubro ó seu titor ou titora co seu nome para evitar que se extravíe.
    Unha vez recollidas todas as casas realizaremos unha recreación dunha cidade encantada no hall da planta baixa do Edificio principal. ( entre a aula de 4º e a aula específica).

    c)  Para o alumnado de Educación infantil e de 1º e 2ºpropoñemos a realización de elementos monstruosos tales coma morcegos, pantasmas, bruxas, cabazas…… con material de refugallo.
    Podedes buscar información en google: manualidades para halloween.
    Os elementos realizados serán entregados o día 27 de outubro ó titor ou titora coa finalidade de decorar a "cidade encantada".


    Moitas grazas pola vosa colaboración e participación.

    Aquí tedes un listado de enlaces onde podedes atopar un montón de cousas relacionadas con esta temática. 
    http://charcalibros.blogspot.com.es/2013/10/estamos-no-samain-aqui-tedes-unha-lista.html

    8/10/14

    EN MARCHA AS PATRULLAS VERDES

        Este vindeiro luns temos prevista a posta en marcha das patrullas verdes con algúns cambios respecto do ano anterior. Que non sabes o que son? 
    • Están constituídas polo alumnado de primaria do Centro. Son grupos dunhas 4 persoas que irán rotando. Cada semana confórmanas os membros dunha aula.
    • Pretenden manter un “bo clima” entre o alumnado, fomentar e educar no coidado do entorno.
    • No primeiro recreo levarán un distintivo (chaleco verde), un recolledor e unha escoba e coidarán que toda a comunidade educativa que transite polo centro teña un bo comportamento cívico (convivencia pacífica: somos conscientes dos nosos dereitos e deberes).
    • Non se adican a recoller o que outros tiran: facemos unha labor de concienciación, de conservación e mellora do entorno. Coidan que o noso espazo, si, esté limpo e se alguén tira lixo ó chan, amablemente indícaselle que ese comportamento non é axeitado, que o recolla e onde debe gardalo (seguramente se lle caeu, sen darse conta) ou tiralo (papeleiras, contedores diferentes...). Se o alumn@ non lle fai caso ós membros da patrulla, inmediatamente avísase ó profesorado que está de garda nese espazo do patio.
    • Antes de volver deixar os recolledores en recepción deben baleirarse nos contedores que temos no patio do centro (porta principal automática).
    • Todos os titor@s debemos estar atentos á semana que nos toca facelo a nosa aula e pasarlle os chalecos distintivos á aula seguinte (ou ir pedilo, se se nos esquece a quen debemos pasalo).


    CALENDARIO CURSO 2014/15______________________________________________________

    13-17 de outubro 6º C                    20-24 de outubro 6º B                            27-30 de outubro 6ª A
    3-7 de novembro 5º B                    10-14 de novembro 5º A                       17-21 de novembro 4º B
    24-28 de novembro 4º A                1-5 de decembro 3º B                            9-12 de decemebro 3º A
    15-19 de decembro 2º B                 12-16 de xaneiro 2º A                          19-23 de xaneiro 1º B
    26- 30 de xaneiro 1º A                    2-6 de febreiro 6ºC                              9-13 de febreiro 6º B
    23-27 de febreiro 6ºA                     2-6 de marzo 5º B                                9-13 de marzo 5º A
    16-19 de marzo 4º B                       23-27 de marzo 4º A                            7-10 de abril 3º B
    13-17 de abril 3º A                         20-24 de abril 2º B                               27-30 de abril 2º A
    4-8 de maio 1º B                            11-15 de maio 1º A                               18-22 de maio 6º C
    25- 29 de maio 6ª B                       1-5 de xuño 6º A                                   8-12 de xuño 5º B
    15-18 de xuño 5º A._________________________________________________________________



    6/10/14

    "V Abraço ao Río Lima"


    Un ano máis participamos neste grande "Abraço ao Río Lima" que lle damos dende fai xa cinco anos cos nosos compñaeir@s e amig@s das escolas de Ponte de Lima. Dende o Ceip Rosalía de Castro, Xinzo de Limia, amosar todo o noso agradecemento a todo o personal da Área Protexida das Lagoas encargados da organización deste evento que cada ano fai medrar máis as raíces que unen a todos os limiaos, e aos compañeiros e compañeiras da EB1 de Ponte de Lima e ao Centro Educativo As Lagoas, que un ano máis recibíronos e acolléronos dun xeito ESPECTACULAR, facéndonos sentir como se estiveramos na casa!!! Grazas a Irene, Sandra, Gonzalo, João, Manuela, ... e a todas e todos que nos fan sentir irmás e irmáns desa vila «germinada». Estamos xa prepararndo a acollida o vindeiro mes de marzo de todos vós, esperando chegar ao voso nivel de compromiso e sentimento. Saúdos e recordos de corazón, amigos/as!!! Aquí queda unha pequena mostra de todas as actividades que fixemos nestes dous días de convivencia marabillosa!!
    E se queredes máis información, este enlace levaravos ao blogue da EB1 de Ponte de Lima, onde atoparedes moitas máis cousas....

    4/10/14

    Xa está con nós a barca das Lagoas!

    Unha das vías de colaboración xurdidas a partires do «V Abraço ao Río Lima» é este navío que será o que nos traia os traballos sobre o Río Lima da Escola Básica 1 de Ponte de Lima e o centro Educativo As Lagoas, e tamén será o encargado de levar o que o alumnado dos CEIPs Rosalía de Castro e Carlos Casares enviemos aos nosos veciños! Unha experiencia única e novidosa para coñecer todo sobre o río que nos une...

    3/10/14

    Os novos botan a andar





        Nesta primeira semana de outubro (mes das bibliotecas escolares) tivemos un acto especial co alumnado de 1º A e 1º B: Entregámoslle os carnés da nosa biblioteca. 
       O equipo da Biblioteca preparamos para eles un acto no que tratamos de entender o funcionamento da biblioteca e xa estreamos o carné collendo un libro para levarmos.