Mostrando entradas con la etiqueta 25N. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 25N. Mostrar todas las entradas

25/11/24

25N - O machismo é violencia con todas as letras

 "Eu son doutro conto onde as princesas rescátanse soas" 

O machismo é violencia con todas as letras é o lema escollido pola Consellería de Política Social e Igualdade para conmemorar este ano o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Nós, na nosa escola, quixemos darlle unha volta e buscamos un novo abecedario con caseque todas as letras onde buscabamos termos que nos fixeran reflexionar sobre todo o antitético a todo tipo de violencia relacionado c@s outr@s.

Beixo, Familia, Gladiadora, Cariño, Xuntas, ... son algún dos termos que o noso alumnado escolleu e co que traballaron todas as clases ao longo destas xornadas.

Tamén levamos a cabo outras moitas actividades onde o papel de empoderamento das nenas tiñan un rol importantísimo nas relacións entre igual co fin de dar ferramentas a elas (e por suposto a eles tamén) para saber relacionarse mantendo relacións de igual a igual e rexeitando todo tipo de imposicións.

Non temos dúbida que a formación e a información a estas idades son a base para formar ás nosas e aos nosos futuras e futuros cidadáns!!!

25/11/23

Sen medo!

"A educación é a vacina contra a violencia e a ignorancia." Mafalda

O pasado xoves, 23 de marzo, e dentro da programación de actividades postas en marcha co gallo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e da man do Centro da Información á Muller do Concello de Xinzo de Limia, a compañía Trécola Teatro puxo en escena o conto “Sen medo”, onde dúas coidadoras dun parque natural contan as historias de Roi e Silo, dous pingüíns macho que queren ser pais; das tartarugas Clementina e Artur que comezan unha vida en común aparentemente feliz, ata que el comeza a poñer unha pesada carga de obxectos e desprezos sobre ela... Tamén falarán de mulleres que, ao longo dos séculos loitaron polos seus soños, poñendo  un valioso gran de area na historia do feminismo. Retallos de vida que plasman diferentes realidades que nos rodean, desde un punto de vista optimista e positivo: se queremos que algo suceda, deberemos loitar por conseguilo entre todas e todos.

O noso alumnado de quinto e sexto gozaron da posta en escena deste grupo de teatro afeccionado radicado na cidade de Ourense, nacido no ano 2004. Os seus integrantes son: María Díaz, Ledicia Álvarez, Uxía Pérez, Alfonso Míguez e Tegra.

A formación de todos eles comeza na Aula de Teatro Universitaria da Universidade de Vigo, Campus de Ourense -Maricastaña-, complementando ésta con cursos de diversa índole ao longo de todos estes anos.

O traballo da compañía baséase en montaxes teatrais que abranguen distintos estilos e teñen como obxectivo a público moi diverso: desde teatro de actor para adultos e para público infantil a teatro de rúa, animacións teatrais, contacontos ou performances…

 




24/11/23

#NoHayExcusa #NonHaiExcusa

"Defende a túa vida, loita pola túa independencia, busca a túa felicidade e aprende a quererte". Izaskun González.

Para culminar as distintas actividades que levamos a cabo para concienciarnos sobre a terrible traxedia que supón cada ano recordar as vítimas de violencia de xénero que cada 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, queremos dar unha mensaxe optimista.

E sabendo e entendendo que este é un labor de todas e todos, de nenas e nenos, homes e mulleres, hoxe queremos ser NÓS, as mulleres do CEIP Rosalía de Castro as que gritemos alto e claro que hai esperanza, que nas futuras xeracións nenas e nenos serán quen de convivir en igualdade e respecto.


#NoHayExcusa #NonHaiExcusa é o lema que as Nacións Unidas propón este ano para recordar esta data. A violencia contra as mulleres e as nenas segue sendo unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas e xeneralizadas do mundo. Calcúlase que, a nivel global, 736 millóns de mulleres -case una de cada tres- foron vítimas de violencia física e/o sexual polo menos unha vez na súa vida.

Trátase dunha secuela que se intensificou en diferentes contornas, incluídos o lugar de traballo e os espazos en liña, e viuse agravada polos efectos pospandemia, os conflitos e o cambio climático.

A solución radica en gran parte en respostas sólidas que invistan na prevención.

Con todo resulta alarmante a escasa cantidade de recursos económicos que os países están a destinar. Tan só un 5% da axuda gobernamental mundial vai destinada á violencia de xénero e invístese menos do 0,2% na súa prevención.

Precísase máis recursos económicos nas organizacións de mulleres, melloras na lexislación e a aplicación da xustiza, servizos para os sobreviventes e capacitación para axentes da orde pública.

A violencia de xénero é un custo para todas e todos nós.

(https://www.un.org/es/observances/ending-violence-against-women-day)

21/11/23

Descubrindo mulleres referentes

 “A proba para saber se podes ou non facer un traballo non debería ser a organización dos teus cromosomas”. Bela Abzug, política estadounidense

Comezamos a conmemorar o 25N Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres cunha actividade proposta polo Centro de Información á Muller do Concello de Xinzo de Limia. Neste Escape Room o alumnado de cuarto e sexto de Ed. Primaria tiñan que traballar en grupos para buscar pistas que lles levaran ata o descubrimento de que muller estaban a investigar.

Rosalía de Castro, María Pita, Maruja Mallo e Concepción Arenal son as catro mulleres que nesta actividade se  lles presentan ao noso alumnado para que poideran descubrir e recoñecer  nelas referentes de igualdade e empoderamento feminino.

Visibilizar, educar e formar ás novas xeracións será o primeiro paso básico para erradicar condutas violentas e de segregación e discriminación por causa de xénero. 

Podedes ver a reportaxe que nos fixeron na TVG neste enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosaliaxinzo/?q=node/925

16/11/22

NIN UNHA PINGA DE VIOLENCIA MÁIS

Dende o equipo de Biblioteca queremos aportar a nosa "pinga" para concienciarnos da necesidade de loitar por un mundo de igualdade no que NON TEÑAMOS QUE FALAR DE VIOLENCIA DE NINGÚN TIPO" A nosa proposta para traballar na semana que remata no venres 25 N e a seguinte que podedes visualizar no enlace a CANVA:

ENLACE A PROPOSTA



5/12/21

DiversXs desde pequenXs !! Educando en diversidade Afectiva-Sexual, de Xénero e Familiar

Durante estes días o colectivo ´"Nós mesm@s" impartiu a varios grupos de Educación Infantil e Primaria unha serie de "contacontos, charlas, obradoiros…que teñen como obxectivo desenvolver as capacidades afectivas deste alumnado en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas e de discriminación por cuestións de diversidade afectivo-sexual e de xénero".

Son  actividades que consideramos moi necesarias para coincienciarnos todas e todos da necesidade de recoñecer a identidade de cadaquen e respectar toda a diversidade d@s que nos rodean, evitando así nun futuro condutas violentas, tan presentes, por desgraza, na sociedade na que vivimos. Educar en valores ás xeracións de hoxe, garantiza un cambio nos adultos de mañá...



30/11/21

Voando libres!! 25 de Novembro no Rosalía




"Volando voy, volando vengo" ... canción coral ... Nin unha máis!!! 
Nin unha menos....😔😔😔



Música: Rocío Márquez - Volando voy (versión coral)

27/11/20

"As mulleres ilustradas da Limia". Empodaremento feminino

"O logro da igualdade de xénero é máis que un obxetivo, é unha condición previa para afrontar o reto de reducir a pobreza, promover o desenvolvemento sostible e a construcción dunha sociedade xusta.

A miúdo as mulleres fomos marxinadas na “historia oficial” e se queremos un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres temos que facer un esforzo de recuperación de historias." (Saray R. Bohórquez .- CDR O Viso) 

Chegou ao noso centro da man da ANPA e de do Concello de Xinzo de Limia a exposición destas  fermosas biografías destas dez mulleres limiáns senlleiras que destacan nos distintos eidos culturais do noso país.
Ao longo destes próximos días todos os cursos irán tomando boa nota de como elas foron quen de asumir roles protagonistas nas súas diversas profesións e ser referentes para tod@s nós (mulleres e homes, nenas e nenos) de como non hai reto imposible que non poida ser levado a cabo por calquera unha/un de nós, sen importar xénero nen condición, educando sempre en igualdade e respecto, como leva facendo o noso centro dende hai xa 45 anos.



26/11/20

#NinUnhaMenos - 25N no CEIP Rosalía de Castro

Todo o alumnado do centro conmemorou dun xeito moi intenso esta data que tod@s desexariamos eliminar do noso calendario.... Recollemos aquí algunhas das actividades realizadas polos distintos grupos do centro.

A educación é a única solución! A única resposta posible é NON!!