"Eu son doutro conto onde as princesas rescátanse soas"
O machismo é violencia con todas as letras é o lema escollido pola Consellería de Política Social e Igualdade para conmemorar este ano o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Nós, na nosa escola, quixemos darlle unha volta e buscamos un novo abecedario con caseque todas as letras onde buscabamos termos que nos fixeran reflexionar sobre todo o antitético a todo tipo de violencia relacionado c@s outr@s.
Beixo, Familia, Gladiadora, Cariño, Xuntas, ... son algún dos termos que o noso alumnado escolleu e co que traballaron todas as clases ao longo destas xornadas.
Tamén levamos a cabo outras moitas actividades onde o papel de empoderamento das nenas tiñan un rol importantísimo nas relacións entre igual co fin de dar ferramentas a elas (e por suposto a eles tamén) para saber relacionarse mantendo relacións de igual a igual e rexeitando todo tipo de imposicións.
Non temos dúbida que a formación e a información a estas idades son a base para formar ás nosas e aos nosos futuras e futuros cidadáns!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario