ABRIMOS AS PORTAS DA NOSA BIBLIOTECA!
O vindeiro luns día 05 de outubro a biblio do CEIP Rosalía de Castro abre as súas portas para o alumnado. Estaremos esperándovos!
Esta mañá o alumnado da clase de 6º A estivo de visita na Escola Infantil A Galiña Azul de Xinzo. Foron ler varios contos aos pequenos e pequenas, que pola súa parte escoitaron encantados. Con esta actividade preténdese non únicamente fomentar a lectura en diferentes ciclos educativos, senón que simboliza un cambio de etapa tanto para os que marchan á ensinanza secundaria para o curso que ven como para os futuros alumnos de nova entrada ao Ceip Rosalía de Castro.
A maiores algúns e algunhas das nosas alumnas aproveitaron para relembrar e saudar con agarimo ás que foron as súas primeiras mestras da infancia máis temprana. Dende aquí mandamos forza e agradecemento para as traballadoras e traballadores deste primeiro ciclo de Educación Infantil, que tanto valor teñen.
A escrita é unha longa introspección, é unha viaxe cara ás covas máis escuras da conciencia, unha lenta meditación. Isabel Allende.
Esta semana o alumnado de 3º da nosa escola tivo a enorme sorte de coñecer a Marta Villar. É a autora de "Os peidos máxicos de Sultán", obra que lles encantou e coa que de seguro riron un cacho. Ademáis é un relato baseado na historia real de seu can e que terá a continuación publicada próximamente nas librerías.
Marta, ademáis de firmar libros organizou actividades moi amenas e motivadoras coas que chegou sen dúbida aos nenos e nenas. Eso si é promoción da lectura!
"Os movementos non os facemos só por movernos, cada movemento ten o seu propósito"
María Montessori (Pedagoga e humanista coñecida pola súa filosofía de educación)
Durante esta etapa infantil é moi importante traballar e potenciar a psicomotricidade para conseguir un desenvolvemento completo, favorecendo as habilidades motrices, creativas, cognitivas, afectivas e expresivas dos mais pequenos.
Coas actividades realizadas melloran a memoria, a atención, control dos seus movementos, coordinación, equilibrio e orientación entre outras destrezas.
Durante as sesións de psicomotricidade os nenos coñecen e relaciónanse cos seus compañeiros e o mesmo tempo coñécense mellor a eles mesmos sendo capaces de afrontar os seus medos e superalos.
Un curso de duro traballo cuns resultados acadados dos que estamos moi orgullosas e que nos motivan para fixar novos e ambiciosos retos e obxectivos cara o curso que vén!!
