Mostrando entradas con la etiqueta ceip rosalía de castro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ceip rosalía de castro. Mostrar todas las entradas

15/6/26

Lecturas compartidas

 Hoxe traémosvos un recopilatorio de imaxes de diferentes momentos de lectura compartidos entre grupos de alumnado de distintas aulas, ciclos e etapas. Xeralmente son os e as maiores do cole as que visitan as aulas dos máis pequenos, tanto de infantil como do primeiro ciclo de primaria coa finalidade de lerlles un conto. Esta actividade ten múltiples beneficios tanto para os lectores como para o público que escoita as súas historias. É indudable o lazo que se xera entre o alumnado e é enriquecedor cando desenvolven a empatía para escoller un conto adaptado á idade e aos gustos dos que escoitan, é favorecedor da competencia lectora do que le en voz alta, do que modula a voz, do que se aprende as pausas, dos que xesticulan e dramatizan as lecturas... Coñecen así maior número de contos e amplian o seu repertorio á vez que se mergullan en novos mundos e abren os seus horizontes.










31/5/26

Recuncho peludo

 Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria realizaron un recuncho lector na biblioteca, co obxectivo de fomentar a lectura sobre os animais e dinamizala dentro do Plan Proxecta “Protexe aos animais”.

Durante os recreos, os nenos e nenas recomendaron diferentes lecturas aos compañeiros e compañeiras máis pequenos, compartindo historias, curiosidades e información sobre distintas especies animais. Esta actividade favoreceu o gusto pola lectura, a convivencia entre alumnado de diferentes idades e a concienciación sobre a importancia de respectar e coidar os animais.




20/4/26

Algo pasa na casa do lobo



"Se queres que os teus fillos sexan intelixentes, léelles contos de fadas. Se queres que sexan moito máis intelixentes, léelles máis contos de fadas." 
Albert Einstein.

De novo unha nai pisacharcas pola Charca dos Libros! Desta vez contamos con Soraya, nai de Lía da aula de 3 anos A. Os nenos e nenas da súa clase escoitaron a historia na que o lobo desempeña un papel que non é precisamente o clásico. Algo pasa na casa do lobo é un conto cheo de misterio no que os máis pequenos e pequenas se adentran nos bosques grazas a unhas ilustracións  que atrapan. Desfrutaron da aventura de ir visitando as casas dos animais do bosque e descrubiron que unha mañá ningún deles espertaba nos seus propios fogares. Un libro con sorpresa final!




 

20/3/19

Equinoccio de primavera

Día da árbore, da auga e a poesía.
Se o 5 de marzo celebrabamos o día mundial da eficiencia enerxética e o 14 día internacional de acción polos ríos o 21 de marzo, mañá, é o Día internacional dos bosques. O día seguinte, 22, o día mundial da auga e o 23 día mundial da meteoroloxía.
https://elpais.com/elpais/2019/03/20/ciencia/1553061843_009077.html

4/6/17

Participamos na festa de Voz Natura: 20 anos!

O sábado 3 de xuño acudimos 49 persoas a Acea de Lama, O Burgo - Culleredo (A Coruña) para participarmos na festa fin de curso do programa medioambiental Voz Natura. 
 Como outros anos o grupo que viaxou estaba formado polo alumnado máis lector do Ceip; un dos premios para estes aventureiros que conseguiron o pasaporte lector despois de ter superado ó longo do curso os retos lectores que o Equipo Dinamizdor da BE planeou.
Tamén paticipamos o alumnado de 4º cos seus titores. Gozamos dun día espectacular no metereolóxico e cheo de actividades (atraccións, obradoiros, etc. e máis retos para conseguir os carnés de axentes de Voz Natura). 
E xa vedes como acabaron de rendid@s algúns no autobús á volta. Parabéns a tod@s !!!

O alumnado de ciclo medio con sesións tecnolóxicas


O pasado venres, 2 de xuño, o alumnado de 3º e 4º de primaria tivemos dúas sesións nas que contamos con Cristina para aprendermos tecnoloxía. Os códigos QR, modelos 3D, realidade virtual (face-las gafas), scratch, arduino, etc. vai formando parte do noso vocabulario.
Na procura de fomentar o pensamento diverxente, de termos presente a fase dos soños, a crítica e a realista a nosa invitada este día alentounos a termos na aula o recuncho do soñador. Grazas Cristina. Iremos visitarte á Molinera. 




19/6/13

lendo na charca dos libros...

Parabéns a Irene, Sara, Omayma, Kevin, Nerea, Iago, Ariana, Elba e Noelia por acompañarme nesta aventura da lectura durante todo este curso escolar. Agardo por vós o vindeiro setembro. Unha aperta!!!
A ra Papacontos.

15/5/13

O APÓSTOLO

O vindeiro mércores 22 de maio, no ciclo de cinema "Ollando en galego" (Letras Galegas, 2013), veremos a longametraxe "O APÓSTOLO". Falaremos co seu director Fernando Cortizo e poderemos escoitar como foi a rodaxe, e aprender moito sobre o cinema. Se queredes saber algo máis sobre o filme, premede sobre o logo da película e accederedes á súa web oficial.

12/5/13

Ollando en galego... ciclo de cinema

Estas son as curtas que presentaremos na semana do 13 ao 16 de maio:"As caras de Rosalía",elixida por ser a primeira autora homenaxeada no ano 1963 nas Letras Galegas" e elaborada polo Equipo Dinamizador do CEIP Rosalía de Castro; presentación sobre Roberto Vidal Bolaño, o autor, director e actor homenaxeado este ano (elaborada polo CEIP Pedrouzos de Brión); "A apócema máxica", curta ideada e gravada na nosa escola o pasado ano e interpretada por tres exalumnas do colexio, "A escola das areas" e "Alistán, o demo oveiro", curtas de animación elixidas polas mestras dos distintos ciclos e, por último, "Os Bolechas", curtas baseadas nos contos de Pepe Carreiro, elixidas polos nosos alumn@s de E. Infantil.

 Para a semana do 21 ao 24 de maio, eliximos as seguintes longametraxes:  "A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol",para @s rapaces dende 1º a 3º ; os de 4º, 5º e 6º verán "O Apóstolo" na casa da Cultura de Xinzo e terán unha charla co seu director, Fernando Cortizo, e os de E.Infantil, continuarán coa proxección dos seus preferidos, "Os Bolechas". Esperamos que disfrutedes con esta actividade. Agradecemos a CRTVG a súa inestimable colaboración á hora do empréstito de parte do material e ao Concello de Xinzo por permitirnos o uso do salón de actos da Casa da Cultura para a proxección de "O Apóstolo". 

Agradecemos a profe Maite o seu esforzo e axuda na preparación deste Ciclo e a súa colaboración durante  o tempo que se desenvolveu a actividade.



Premede na fotografía para poder acceder ao vídeo sobre a vida de Roberto Vidal Bolaño elaborado polo CEIP Pedrouzos de Brión. 

10/5/13

Ollando en galego

Este ano, co gallo das Letras Galegas, propoñemos unha nova actividade no noso cole: cinefórum. A vindeira semana é a semana das curtas e a seguinte proxectaremos algunhas longametraxes. Aquí tendes os carteis que as anuncian e os horarios:





8/5/13

...máis recursos para celebrar as Letras Galegas no 2013








Dende a BE do CEIP Rosalía de Castro queremos compartir con vós a seguinte ligazón, onde poderedes acceder a recursos para poder traballar nas aulas as Letras Galegas. Tamén os podedes ver premendo na imaxe da esquerda que representa a Roberto Vidal Bolaño, autor e actor homenaxeado iste ano. 



5/5/13

música na Limia...

E como vos gustou tanto a música do vídeo "Lembranzas do Certame Escolar Carlos Casares", aquí tendes a interpretación en vivo de Arcadio e Jorge, tal e como foi, o 15 de xuño do 2012 no Concerto de fin de curso do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia.