"O logro da igualdade de xénero é máis que un obxetivo, é unha condición previa para afrontar o reto de reducir a pobreza, promover o desenvolvemento sostible e a construcción dunha sociedade xusta.
27/11/20
"As mulleres ilustradas da Limia". Empodaremento feminino
26/11/20
#NinUnhaMenos - 25N no CEIP Rosalía de Castro
Todo o alumnado do centro conmemorou dun xeito moi intenso esta data que tod@s desexariamos eliminar do noso calendario.... Recollemos aquí algunhas das actividades realizadas polos distintos grupos do centro.
A educación é a única solución! A única resposta posible é NON!!
25/11/20
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Nesta data reclámase a atención de toda a sociedade no
feito de que a violencia de xénero contra as mulleres e nenas é unha das formas
de violencia mais extendidas do mundo.
Dentro desta violencia temos todo tipo de actos que
menosprezan e infravaloran ao colectivo feminino, podemos incluír formas mais
sutiles como comentarios despectivos ou bromas, así como formas mais graves
como poden ser agresións físicas ou sexuais. Todos os días de xeito consciente
ou inconsciente prodúcense comportamentos sexistas na nosa sociedade, e o que
queremos é que sexamos capaces de romper con eses comportamentos, e para iso
debemos de ser conscientes deles para poder cambialos.
¿Por qué o 25 de novembro?
Pois ista data débese “As Mariposas” como eran
coñecidas as tres irmáns Mirabal que foron asasinadas na República Dominicana
durante a ditadura de Rafael Leónidas Trujillo tal data como o 25 de Novembro
de 1960 por oporse ao réxime do ditador e loitar a favor da democracia.
Convertéronse nun símbolo de loita en toda Sudamérica, tal é así que o
movemento feminista latinoamericano elixiu a data da súa celebración o día 25
de Novembro de 1981 en conmemoración “As Mariposas”.
Finalmente en 1999 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas
designa a data 25 de Novembro como Día Internacional da Eliminación da
Violencia contra a Muller.
Datas como a de hoxe, así como na do 8 de marzo (Día
internacional da muller) úsase como símbolo un lazo de cor morada. A
utilización desta cor parece non ter un orixe claro, habendo mais dunha teoría,
déixoche aquí as mais extendidas:
Por unha banda temos que remontarnos a 1908 e
concretamente a New York, onde as traballadoras dunha empresa téxtil se
declaran en folga e o dono da fábrica en reprimenda decide prender lume a toda
a fábrica deixándoas encerradas dentro, provocando mais dun centear de vítimas,
a historia conta que nese momento estaban a traballar con teas de cor morado
polo que ao incendiarse todo podíase divisar dende kilómetros de distancia unha
gran columna de fume desa cor, polo que en recordo diso se adoptou a cor morada
como símbolo da muller.
Outra teoría mais actual xorde da corrente feminista que
busca a igualdade entre sexos, díse que socialmente o símbolo masculino
asociase á cor azul e o feminino ao rosa, polo que a combinación de ambos sería
o morado, e que polo tanto o que se simboliza con esta cor e a búsqueda da
igualdade entre sexos en tódolos ámbitos.
Recomendacións de lectura facendo click na imaxe:
23/11/20
Traballos gañadores do II Certame de Relato Curto "... e volve vir a noite se Samaín"
20/11/20
DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
Videos e cortos:
https://www.youtube.com/watch?v=bRgj-Hz8dWQ
https://www.youtube.com/watch?v=_79JJ07nDOw
https://www.youtube.com/watch?v=Kq0ISSBCxpk
https://www.youtube.com/watch?v=hC89Psnv5II
Cancións:
Recursos variados:
https://www.rayuela.org/derechos/igualdad/sabias-que/
https://www.un.org/es/observances/world-childrens-day
https://plataformadeinfancia.org/
13/11/20
Día das Biliotecas: "A nena do vestido de flores"
Hoxe conmemoramos o Día das Bibliotecas, eses lugares tan marabillosos onde podemos atopar un sinfin de viaxes por realizar a ese mundo da fantasía e das aventuras. A nós tocounos visitar unha das librerías que temos como referencia, o Espazo Nobel de Xinzo de Limia e traer para a nosa Charca o fermoso libro de Manuel Fontemoura "A nena do vestido de flores", unha belísima historia dunha "nena dotada dunha grande imaxinación para quen todos os días teñen a súa propia aventura. Unha novela tenra e chea de vitalidade que trata, coas ferramentas da ficción, as vivencias das nenas e nenos con Trastorno do Espectro Autista e das súas familias hoxe en día." (https://airaeditorial.gal/titulos/nena-vestido-de-flores/)
Moitas grazas, Manolo, por este fermoso libro e agardámoste no cole cando queiras para que nos asines o noso exemplar e nos contes cousas sobre el....
31/10/20
Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero
Máis recursos e información en https://carvalho2020.gal/
Misteriosas presenzas no noso cole...
Samaín 2020. CEIP Rosalía de Castro. Ano complicado para compartir experiencias, para achegarnos, para poder facer cosas tod@s xunt@s... No medio desta situación algunha presenza aparece polo cole para encher de sonrisos (e algún que outro susto) ao noso alumnado. Moitas grazas querid@ compañeir@ por romper a regularidade do día a día e recordarnos que temos motivos para celebrar, conmemorar, facer outros aprendizaxes distintos nestas circunstancias tan particulares que son tan ou máis importantes que os que aparecen nos libros de texto!
26/10/20
Recursos Samaín 2020
O Equipo da BE vén de recoller unha serie de recursos para traballar na aula referidos á celebración do Samáin que podedes atopar na nosa Biblioteca Escolar. Preme na imaxe para acceder a eles.
24/10/20
DÍA DA BIBLIOTECA
Nesta data celebramos o día do saber, da imaxinación, do pracer, do estudo, da cultura… Conmemoramos neste día 24 de outubro o Día da Biblioteca.
A iniciativa
desta conmemoración remóntase a 1997, onde a asociación Española de Amigos do
Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, promove esta
homenaxe ás bibliotecas tras a destrución da biblioteca de Saraxevo en 1992
durante o conflito balcánico. Querían con isto retratar e resurxir a
importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as
idades, como lugar de convivencia, de formación e de cultura.
Certo é que as
bibliotecas achegan o poder da lectura a tódolos públicos, independentemente da
súa idade, posición e condición social, facendo que a cultura esté ao alcance de
todos, e converténdose así nun axente igualitario da nosa sociedade. Hoxe en
día as bibliotecas contan con recursos tanto en papel como dixitais, dotando
aos usuarios da posibilidade de desenvolverse e acceder a tódolos contidos do
mundo actual.
No eido educativo
a biblioteca non fai mais que apartacións positivas ao noso colectivo. Convértese
nun lugar de pesquisas interminables e saciador de curiosidades, nun lugar
máxico onde perderse atopando libros, nun espazo de reflexión e aprendizaxe… dándolle a posibilide a tódolos alumnos e
alumnas de sentir voar a súa mente con cada parágrafo, con cada páxina… sendo
cada libro unha viaxe a súa fantasía onde o único límite que teñen é a propia
imaxinación.
Gozar do silencio
exterior que rodea unha lectura chea de voces, persoaxes e aventuras, onde a
inmersión lectora fará que perdas a noción do tempo, tempo o cal posibilitou
vivencias e viaxes que na realidade física serían imposibles.
Vive mais, únete
ao apaixoante mundo da lectura!
22/10/20
Concurso de minicontos de medo e terror
A Concellería de Cultura do Concello de Xinzo de Limia vén de convocar o I concurso de minicontos de medo e terror. Aquí podedes atopar as bases e toda a información que é necesaria para poder participar. Animádevos!
1/10/20
A lectura alimenta as caldeiras do cerebro
Ler é unha necesidade. Se non lemos, como imos aprender a escribir? Se non sabemos escribir, como imos pensar? E se non sabemos pensar, xamais chegaremos a ser humanos. No corazón do libro late o rumor do poderoso silencio. Percorres inéditas sendas do pensamento. Descobres o mundo e tamén o mundo dos outros. E se persistes, ata os propios adentros.
A cunca das mans que sosteñen o libro énchese co dourado po da beleza, a textura do tempo, todos os aromas dos ociosos paseos polo xardín das palabras. E que máis? vestidos adolescentes da primavera, a morna luxuria do sol, todas as esculturas que desnuda o inverno, o viño novo do outono. E que máis? Ulises e Safo. A estilizada beleza de Nefertiti e os seis mil crucificados con Espartaco. Cervantes da man de Shakespeare. A tantos filósofos desfalecidos na procura da verdade. Nos libros late o medo que queimou a bruxas que só querían ser mulleres. Figuras como Gandhi, a nosa Rosalía, Marie Curie, Olof Palme vivirán sempre nos libros.
E que máis? A pólvora dos canallas. Versos quentando o corazón. Dragóns nos contos infantís. Bolboretas e todas as alas do ceo. Soños. E realidades: en 2018 editáronse 62.180 títulos. Medran os lectores aínda que un 38,2% non le nunca. Mágoa, pero ler, como amar, non soporta o imperativo.
Non poden gañar os desprogramadores do cerebro, ese big bang con cen mil millóns de neuronas. Enleadas en billóns de sinapses, nelas aniña a intelixencia e a fantasía. E os odios. As pulsións do sexo e os latidos da solidariedade. Creatividade para recrear un mundo onde importan todas as veciñanzas dos seres vivos.
Cada libro éche unha viaxe a rexións xamais visitadas. Por exploradores vacinados contra as enfermidades dos fundamentalismos, ou o camiño unidireccional. Do fascismo, ou o matonismo da violencia e do odio. Do fanatismo ou nada máis que a miña verdade. Por iso, a primeira lección do ler é a dúbida razoable. A lectura alimenta as caldeiras do cerebro. Contra os manipuladores e sicofantes e a feligresía onde medra o ruído, os berros, os fanatismos inventáronse os libros. Son baratos. Gratuítos nas bibliotecas públicas. Nunca excesivos. Duran toda a vida. Sempre volvemos a eles. Algúns terán un lugar privilexiado nos faiados da memoria.
Si, ler non é un gran placer. É moitísimo máis. E tamén un gran placer.
Un artigo do amigo Juan Antonio Pinto Antón
30/9/20
Morreu Quino, pero Mafalda será inmortal.
Aínda que a súa vixencia no século XXI é total, o debuxo de Mafalda quedou conxelado en 1973. Quino alegou que se lle secaron as ideas e seguiu creando outras historias. Con todo, o humorista non dubidou en recrear á nena por unha boa causa, como cando en 1977 ilustrou con Mafalda a Declaración Universal dos Dereitos do Neno para Unicef. O debuxante e a súa “filla” foron obxecto de múltiples homenaxes e recibiron galardóns por todo o planeta, destacando no 2014 o título de Caballero da Lexión de Honra de Francia e o Príncipe de Asturias de Humanidades.
https://www.lavanguardia.com/cultura/quino-muere-dibujante-ilustrador-mafalda.
28/9/20
A vocación de todo ser humano non é outro que ser boa persoa
Esta é unha das aprendizaxes dun bo libro "Carta a una maestra" escrito polo alumnado da Escola de Barbiana, seguindo o método da escritura colectiva. Cun Lorenzo Milani que segue sendo actualidade. Se o pasado luns traiamos aquí a Paulo Freire e a Pedagoxía do oprimido, este luns toca D. Milani e esta Carta de obrigada lectura para os que se dediquen ou queiran traballar en educación. E ter claro que o que discrepa non trepa, que segue habendo moito Pierino e a opción dalgúns é outra.
Hoxe unha representación da comunidade do noso Ceip volvemos abrazar a nosa realidade e dicir que esto non serve, que temos que xerar outro sistema. Que a educación ten que servir para dar máis oportunidades ós que máis o necesitan. Aprendemos e exercemos a solidariedade como o modo habitual de relacionarnos. Grazas!
Dous referentes nos meus estudos de maxisterio nos comezos dos anos 80 en Salamanca. Sempre coa análise da realidade como referente e cunha educación que sexa útil para o mundo real. Se en algo insistía D. Milani era en estudar o mundo real, en analizar o que pasa, en ver por que ocorren as cousas. A escola non pode ser un sistema alonxado da realidade.
Reler Carta a unha mestra é cuestionarse cando nos tomaremos a educación en serio.
Velaquí algunhas reportaxes que xa circulan grazas a Dende a Limia e a Voz de Galicia:
Dende a Limia en directo: Abrazo e Cacerolada
https://www.dendealimia.com/articulo/xinzo-de-limia/ceip-rosalia-faise-oir-cacerolada-multitudinaria
La Voz de Galicia. Edición Ourense
EN VÍDEO | [20:10] Familias y pequeños del CEIP Rosalía de Castro, en #Xinzo de Limia, protestan con una cacerolada por la alta concentración de alumnos en dos aulas del centro educativo. Imágenes de Miguel Villar.
E unhas fotos desta acción feitas por Eva (ANPA). Graciñas.
Día Mundial do Corazón
O Día Mundial do Corazón celébrase cada ano o 29 de setembro, e faise desde que no ano 2.000 a Federación Mundial do Corazón, co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS) designase este día, co obxectivo de concienciar sobre as enfermidades cardiovasculares, a súa prevención, control e tratamento.
As enfermidades cardiovasculares son a primeira causa de morte no mundo. Os infartos de miocardio e accidentes cerebro vasculares cóbranse máis de 17 millóns de vidas ao ano. E estímase que a cifra ascenderá a 23 millóns para o ano 2030.
Unha gran proporción destas mortes podería evitarse cunha alimentación saudable que reduza o consumo de sal, con exercicio físico e evitando o consumo de tabaco.
Como coidar o teu corazón? A OMS pretende convencer ás persoas en todo o mundo de que se pode facer un cambio positivo e coidar o teu corazón e o dos teus seres queridos, cun compromiso para a nosa saúde.
Algunhas das cousas que podes facer para coidar o teu corazón son:
- Cociñar e comer san: dieta mediterránea evitando o consumo de graxas saturadas e aumentando a inxesta de omega 3 e peixe.
- Facer exercicio físico, polo menos media hora diaria.
- Limitar o consumo de substancias prexudiciais como o sal, o tabaco ou o alcol.
- Controla o colesterol.
- Controla o teu peso. A obesidade é un risco cardiovascular importante.
https://www.diainternacionalde.com/ficha/dia-mundial-corazon
27/9/20
Día Europeo das Linguas
26/9/20
ABRAZO ó ROSALÍA E "CACEROLADA": LUNS 28 ÁS OITO DA TARDE: CONTAMOS CONTIGO!
De novo este vindeiro LUNS, 28, ás 20h IMOS RODEAR O COLEXIO POR SE AÍNDA NON SE ENTERARON QUE TEMOS O MELLOR DENTRO E QUE NOS IMPORTAN AS NENAS E OS NENOS.

24/9/20
Que é GaliciaLe?
GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.
GALICIA LE
A plataforma de préstamo de obras en
formato electrónico das bibliotecas públicas galegas
·
QUE
É?
Se xa es
socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, soamente
precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa
biblioteca.
Se
esqueciches o teu contrasinal, preme aquí
Se desexas
cambiar o teu contrasinal, preme aquí
Se non
dispós de credenciais para acceder a GaliciaLe ou non as coñeces, podes
solicitalas na túa biblioteca.
Se aínda non
tes carné ou o que tés xa non está en vigor, diríxete a unha das bibliotecas da
Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia para obter a túa tarxeta de lector/a.
Alí tramitarán o teu rexistro en GaliciaLe.
Unha vez
rexistrado/a, e coas túas claves, xa podes acceder ao préstamo de obras en formato
electrónico en galego ou en castelán premendo na icona correspondente.
21/9/20
Abrazamos o Rosalía: aprendemos a responsabilidade en comunidade
Os limiáns, convocados esta tarde a "abrazar" as peticións do CEIP Rosalía de Castro diante do centro
A ANPA do centro educativo anima a todos os veciños da Limia a unirse ás súas protestas diante do CEIP Rosalía de Castro este luns 21 de setembro ás 20:30 horas.
Máis de 150 persoas “abrazaron” ao CEIP Rosalía de Castro reclamando a praza do mestre que lle quitaron
Mestres, nais e pais seguirán convocando á cidadanía para que Educación recúe e manteña o mestre de Primaria co que xa non contaron ao comezar o curso.




































