Ademais do traballo feito en cada aula nestes días, con motivo da conmemoración do día escolar da paz e a non violencia, o día 30 fixemos no patio un acto todo o alumnado e profesorado do Centro. A partires dunha actividade para conformar grupos onde estiveramos mesturados (grupos con alumnado de todos os cursos), fixemos un xogo de descuberta (cada grupo tiña que ir á procura dun "tesouro" agochado en calquera recinto do recinto escolar).
Despois no ximnasio escoitamos un recitado de poesías -que nos prepararan o alumnado de 6º de primaria- e tod@s cantamos a canción que tiñamos preparada: SEGUIREMOS.
O 2 de febreiro de 1971 asinábase na localidade iraní de Ramsar a Convención que leva o seu nome " un tratado intergubernamental que serve de marco para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e uso racional dos humidais e os seus recursos" nos 160 países que o asinaron ata a actualidade.
Dende 1967 cada 2 de febreiro a Convención conmemora o día dos humidais.
Podes seguir lendo no enlace da sociedade galega de Historia Natural.
Fotografía: Panorámica do asolagamento de Antela o 09-12-2000, unhas 20-24 horas despois da "crista da enchente" ou máximo asolagamento, tomada dende a torre de A Pena. Na imaxe, a lámina de auga principal en primeiro plano ten unhas 750-800 ha de superficie (cunhas dimensións máximas de 4,6 km de lonxitude x 2,1 km de largura) e está situada na marxe esquerda da canle principal de drenaxe. Hai ademáis un rosario de asolagamentos periféricos, o maior dos cales, na marxe dereita da canle principal de drenaxe (no centro da imaxen ó fondo), ten unhas 150-160 ha de superficie. Enchentes máis ou menos semellantes prodúcense cada vez que se encadean varias borrascas fortes e sucesivas do S-SO.
DATAS PARA LEMBRAR RELACIONADAS CO MEDIO AMBIENTE.2014
Este ano 2014 conmemórase o Ano Internacional da Agricultura Familiar. Ademais desta efeméride achegamos un calendario coas datas máis relevantes relacionadas co medio, para que quen queira celebrar estes días teña a man esta ferramenta de consulta.
DECENIOS INTERNACIONAIS
- Decenio das NN UU para os Desertos e a Loita contra la Desertificación (2010 - 2019)
- Decenio das Nacións Unidas sobre a Diversidade Biolóxica (2011-2020)
- Decenio das NNUU da Educación para o Desenvolvemento Sostible (2005-2014)
- Decenio Internacional para a Acción «A agua, fonte de vida» (2005-2014)
XANEIRO
26 – Día Mundial da Educación Ambiental
FEBREIRO
2 – Día Mundial dos Humedais
MARZO
5 – Día Internacional da Eficiencia Enerxética
14 – Día Internacional de Acción polos Ríos
21 – Día Forestal Mundial / Día da Árbore
22 – Día Mundial da Agua
ABRIL
7 – Día Mundial da Saúde
22– Día Mundial da Terra
29– Día do Animal
30– Día Mundial da Concienciación polo problema do ruido
MAIO
4 – Día Internacional do Combatiente de Incendios Forestais
15 – Día Mundial de Acción do Clima
21 – Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenrolo
22 – Día Mundial da Biodiversidade
XUÑO
5 – Día Mundial do Medio Ambiente
8 – Día Mundial dos Océanos
17 – Día Mundial da Loita contra a Desertificación e a Sequía
XULLO
7 – Día da Conservación do Solo
11– Día Mundial da Poboación
AGOSTO
9 – Día Internacional das Pobacións Indíxenas
SETEMBRO
16 – Día Internacional para a Preservación da Capa de Ozono
22 – Día Mundial sen coche
25 – Día Mundial Marítimo
OUTUBRO
7 – Día Mundial do Hábitat
13 – Día Internacional para a Reducción dos Desastres Naturais
17 – Día Internacional para a Erradicación da Pobreza
NOVEMBRO
6 – Día Internacional para a Prevención da Explotación do Medio Ambiente na Guerra e os Conflitos Armados
O vindeiro 30 de Xaneiro, nesta ocasión, xoves, conmemoraremos, un ano máis, no colexio, o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA, no 66 Aniversario da morte de Mahatma Gandhi, unha personalidade aínda moi descoñecida para a maioría da poboación occidental, particularmente, as bases fundamentais do seu pensamento e da súa vida política e persoal.
SEGUIREMOS
Os soños cambiaron o destino das persoas e das nacións
No mes de decembro o Alumnado de 3 anos de Educación infantil estivo de visita en Correos (moitas grazas, Ramón) e entregaron a carta dos Reis. Despois foron felicitarlle o Nadal ós maiores do Centro de Día no Centro Social cunha postal xigante; uns e outros cantaron panxoliñas e fixeron algúns xogos.
A educación é a arma máis poderosa que se pode usar para cambiar o mundo.
Nelson Mandela (Madiba) foi presidente da República Sudafricana despois de pasar 27 anos no cárcere acusado de terrorismo e alta traición por defender os dereitos da poboación negra durante o apartheid. O seu número de preso (46664) é un símbolo de liberdade.
O Martes, 10 de Decembro de 2013, celebramos o DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS, no 65 Aniversario da aprobación da Declaración Universal de 1948.
Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos. Dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros. - Artigo 1 Declaración Universal dos Dereitos Humanos
ADeclaración universal de dereitos humanos, adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 217 A (III), de 10 de decembro de 1948 e que recolle os dereitos humanos considerados básicos.
A unión desta Declaración e os Pactos Internacionais de Dereitos Humanos comprende a Carta Internacional de Dereitos Humanos.
Canción sobre los derechos humanos de la infancia que pertenece a la BSO de la película de animación "EL EXTRAORDINARIO VIAJE DE LUCIUS DUMB", dirigida por Maite Ruiz de Austri y producida por Iñigo Silva. Los autores de la canción son Mili Vizcaíno y Pedro Calero, y todos los artistas, músicos, cantantes y técnicos son extremeños.
Blog dunha mestra de Primaria no C.P. Eduardo Sanchiz de Tarazona de La Mancha. Un banco de recursos multimedia para Infantil e Primaria, con actividades atractivas para repasar, reforzar e ampliar os contidos do currículo.
No ano 1985 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas decretou o día 5 de decembro como o Día Internacional do Voluntariado. Dende entón son cada vez máis os gobernos e entidades sen ánimo de lucro de todo o mundo os que celebran este día.
A celebración anual, o 3 de Decembro, do Día Internacional das Personas con Discapacidade ten como obxectivo sensibilizar a opinión pública sobre as cuestións relacionadas coa discapacidade e mobilizar o apoio á dignidade, os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade. Tamén promover a toma de conciencia sobre as ganancias que se derivarían da integración das personas con discapacidade en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.
Onte en Lugo, pasado mañá en Pontevedra... Hoxe toca Xinzo; o último traballo do músico vasco "GALIZA" é unha homenaxe a "un dos rincóns máis fantásticos que endexamais teña coñecido" di na súa web.
Presentación-coloquio do novo disco de KEPA JUNKERA.
Auditorio da Casa de Cultura de Xinzo de Limia o xoves 28 de novembro ás 20:30 horas.
Si, a nosa biblioteca é un espazo para ler, escribir, aprender. É un moderno centro de recursos, organizado segundo unhas normas estandarizadas, que contén materiais en calquera soporte (materiais feitos polo alumnado do Ceip, libros, CD ROM, vídeos, audios...) e que permite o acceso a fontes externas por medio das novas redes da información.
Ó longo do mes de outubro o equipo dinamizador da biblioteca artellou algunhas actividades das que agora, aínda que tarde, poñemos aquí fotos; houbo sesións de contacontos, entrega de carnés da biblioteca ó profesorado e alumnado novo e de 1º de primaria, de achega a diferentes materiais... e mesmo xogos de pistas onde os diferentes grupos participantes tiñan que atopar algunhas obras ocultas; para conseguilo había que ir enfrontándose a diferentes retos que ó superalos tiñan como recompensa a entrega de algunha pista; unha vez obtidas as cinco pistas (algún dato do protagonista, un parágrafo da obra, a CDU, o nome do autor, título da obra) conseguimos atopar o libro (os) en cuestión.
Parabéns pola participación, polo entusiasmo, por gozar deste espazo: a nosa biblioteca. E preparádevos porque xa estamos organizando outra nova..
25 de Novembro de 2013: Día Internacional contra a violencia de xénero. Na nosa biblioteca preparamos unha manchea de materiais para fomentar a educación en igualdade.
Outros recursos para traballar a prevención das violencias e, especificamente, a da violencia de xénero, con motivo do 25 de Novembro, e todos os demais días... (de Manuel Dios Diz, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz)
El 6 de diciembre de 1988, la Asamblea General decide proclamar la «Semana Internacional de la Ciencia y la Paz» que se celebrará todos los años durante la semana del 11 de noviembre. Insta a los Estados Miembros y las organizaciones intergubernamentales a alentar a las universidades y a otras instituciones de altos estudios, academias e institutos científicos, asociaciones de profesionales y miembros de la comunidad científica, a celebrar durante esa Semana, conferencias, seminarios, debates especiales y otras actividades que promuevan el estudio y la difusión de información sobre los vínculos entre el progreso científico y tecnológico y el mantenimiento de la paz y la seguridad.
La Semana Internacional de la Ciencia y la Paz fue celebrada por primera vez en 1986 como parte del Año Internacional de la Paz. La organización de las celebraciones y actividades para la Semana se realizó como una iniciativa no gubernamental; la secretaría del Año Internacional de la Paz fue informada de las actividades preparatorias y de la lista final de celebraciones que se realizaron durante la Semana. Los organizadores procuraron fomentar la participación internacional más amplia posible en las celebraciones.
Dado el éxito de las celebraciones de 1986, los organizadores continuaron sus esfuerzos en años sucesivos. En reconocimiento del valor de esta celebración anual, la Asamblea General aprobó la resolución 43/61 en diciembre de 1988, en la que proclama la «Semana Interracional de la Ciencia y la Paz», que tendria lugar todos los años durante la semana del 11 de noviembre. La Asamblea General instó a los Estados Miembros y las organizaciones intergubernamentales y no gubernamentales a alentar a instituciones, asociaciones y particulares pertinentes a auspiciar conferencias y otras actividades que promuevan el estudio y la difusión de información sobre los vínculos entre el progreso científico y tecnológico y el mantenimiento de la paz y la seguridad; instó a los Estados Miembros a alentar la cooperación internacional entre los científicos y pidió al Secretario General que informara a la Asamblea General en su cuadragésimo quinto período de sesiones sobre las actividades e iniciativas de los Estados Miembros y las organizaciones interesadas en relación con la Semana.
La celebración anual de la Semana Internacional de la Ciencia y la Paz contribuye muchísimo a la promoción de la paz. La Semana fomenta un mayor intercambio académico sobre un tema de importancia universal generando al mismo tiempo la toma de conciencia de la relación entre la ciencia y la paz en el público ea general. Sobre la base de las celebraciones de la Semana de la Ciencia y la Paz hasta la fecha, cabe esperar que cada año aumente la participación, contribuyendo a aumentar la comprensión internacional y las oportunidades de cooperación en las aplicaciones de la ciencia para la promoción de la paz durante todo el año.