Mostrando entradas con la etiqueta patios dinamicos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta patios dinamicos. Mostrar todas las entradas

13/6/22

Agora si que o pasamos ben no patio!!!

Despois de dous anos de formación cos docentes de Patios Dinámicos, chegou a hora de poñer en práctica todo o aprendido.
Este curso 2021 - 2022 foi o promeiro onde acotamos dúas zonas de xogo (unha para Primaria e outra para Infantil) onde se propoñía ao alumnado que facía recreo nese lugar distintos xogos para que non todo sexa fútbol e carreiras...
E vaia éxito!
A participación foi masiva e a demanda de distintos xogos cada semana creaba neles esa inquietude por saber a que ían xogar cando chegaban á zona 5 (de Primaria) ou á zona 3 (de Infantil).
Seguiremos ampliando esta oferta con novas propostas para o curso vindeiro, que seguro non deixarán a máis dun e dunha coa boca aberta.... Non perdades o que está por chegar!!!
Fotografías: Profesorado do CEIP Rosalía de Castro

8/11/21

Comezamos a dinamizar os nosos patios!

Dentro do PFPP do noso centro figura como actuación a levar a cabo durante este curso 2021/2022 a dinamización do noso patio en distintas zonas onde se ofrecerá ao alumnado "xogar a xogos" diferentes, colaborativos e inclusivos. Este proxecto tamén leva consigo deistintas actuacións nos diferentes espazos que conforman a nosa zona de recre, así como a dotación de elementos fixos e móbiles que servirán para facer do tempo de recreo algo distinto e máis lúdico. de todas estas novas, irémosvos informando en futuras entradas deste blog.

Os dous primeiro xogos que aquel alumnado que quixo podo poñer en práctica ao longo destes últimos días foron o de "desplumar á galiña" na zona de Educación Primaria e "O crocodilo" na de Educación Infantil. Dous éxitos rotundos!! Todo o alumnado participou activamente neles e gozaron sen dúbida destas dinámicas! Non perdades o seguinte vídeo!


12/5/21

Canto aprendimos.... e que ben o pasamos!!

Neste derradeiro trimestre de curso (e despois de varios aprazamentos por causas máis que xustificadas) levamos a cabo a fomación en Patios e Parques Dinámicos da man de Gey Lagar e Yolanda Higuero. 

Coa primeira tivemos dúas intensas sesións da parte máis teórica (aínda que tamén coñecemos moitos recursos e estratexias) a implementar en distintas fases deste proxecto para conseguir familiarizarnos con estas dinámicas tan necesarias e innovadoras nos momentos de lecer, brindando ao noso alumnado novas e variadas actividades e xogos cooperativos (e algún tamén competitivo) que teñan a inclusión e a participación colectiva como sinais de identidade.

Con Yolanda... Chegou a parte máis práctica... e lúdica!! Futbolín, desplumar á galiña, o pilla-pilla "swish-swish", ... entre outros moitos xogos foron os que puxemos en práctica, vendo "pros e contras", problemas de organización que poideran aparecer, maneiras de solucionalos, ... un montón de información que agora está na nosa man interiorizar e reflexionar no xeito de levala á practica nos "recreos", creando e transformando espazos do noso cole para que o alumnado poida ter unha oferta o máis extensa posible de xogo voluntario, participativo e inclusivo.

Ademáis de todo isto ... Pasámolo como verdadeiros ananos... Só fai falla botarlle un ollo ao seguinte vídeo!