Mostrando entradas con la etiqueta lectores.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lectores.. Mostrar todas las entradas

24/10/19

Entega de carnés da B.E. ó alumnado de Primeiro



Nesta semana especial por ser o 24 o día internacional das bibliotecas, o alumnado de 1º de primaria celebramos dúas xornadas especiais. Dúas sesións na biblioteca (martes, os de 1º B e xoves, os de 1º A) onde da man dalgúns membros do Equipo Dinamizador da B.E. tivemos un primeiro encontro e o acto formal de entrega de carnés de lector@s sociaos; así que lembramos as normas de funcionamento, gozamos dun conto ou breve película dun persoeiro "coñecido" que vai á biblioteca e xa se poideron levar libros para a casa...
Pero o momento que queda recollido para a historia é cando se lles fai entrega dos carnés de lector@s soci@s da Charca dos libros e, polo tanto, da Rede de Bibliotecas de Galicia. Velaquí algunhas imaxes para a lembranza.
http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d299275732kP980907165o2l1/carnés-1-primaria-curso-201920

30/1/17

O Ourensán que esconde libros na cidade


Un ourensán apasionado da literatura leva escondido centenares de libros en sitios públicos de todo o planeta desde fai 14 anos. Pertence a unha plataforma mundial de "bookcroosing", románticos da cultura libre. (La Región, 30 de xaneiro de 2017).
http://www.laregion.es/articulo/ourense/mundo-biblioteca/20170130075801681584.html

6/6/16

Participamos na festa de voz natura

Este sábado pasado, día 4 de xuño, medio centenar do noso alumnado de infantil, 1º, 2º, 3º, 4, 5º e 6º de primaria, acompañados por catro adultos, pasamos a xornada no parque deportivo Acea de Ama, no municipio de Culleredo, a 6 km. da Coruña. 
Coa novidade de facer o percorrido completando unha xincana e gozando dun fermoso día, de encontros con outra xente, de compartirmos as aprendizaxes que puidemos ver na exposición... xusto no día anterior ó Día Mundial do medio ambiente celebramos o punto e final desta 19 edición e quedamos convocados para participarmos o vindeiro curso na vixésima.
Aquí vos deixamos unhas cantas imaxes...