Mostrando entradas con la etiqueta graduación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta graduación. Mostrar todas las entradas

21/6/24

Fin dunha etapa... comezos de novas ilusións!!!

"Non é grande o que sempre triunfa, senón o que xamais desalenta" . 
José Luis Martín Descalzo, sacerdote, periodista e escritor español

Dedicado a vós, mozas e mozos da promoción 2023 - 2024... Sempre Rosalian@s !!!

23/6/23

Novos comezos!

"O ensino que deixa pegada non é a que se fai de cabeza a cabeza, senón de corazón a corazón" (Howard G.Hendricks)

Tarde de despedidas e de novos comenzos... Pouco máis que engandir. Moitas grazas por tanto. Sempre Rosalian@s!!!



24/6/22

E chegou o gran día para @s nos@s maiores !!!

Día de graduación para o noso alumnado de sexto de Educación Primaria. 
O salón de actos da Casa de Cultura cheo a rebentar.... Moitas emocións, algunhas bágoas e sensacións agridoces... Medrar, madurar .... é lei de vida.... 
So nos queda compartir con vos unha das nosas citas favoritas…. “ad astra per aspera” ("hasta las estrellas mediante el sacrificio") que é unha variante da frase “non est ad astra mollis e terris via” ("no hay un camino fácil desde la tierra a las estrellas")  que Séneca O Novo, filósofo grego nado na actual Córdoba, escribiu fai máis de 20 séculos.

Cando falamos de sacrificio, queremos dicir esforzo. Debedes esforzarvos, loitar polo que queredes, porque ese é o único camiño cara os éxitos que estamos seguro que vos esperan nas vosas vidas. Aí estarán persoas moi importantes acompañándovos moi de preto nese reto de superación persoal: as vosas nais e os vosos pais, por suposto… os primeiros da fila, as vosas familias, os vosos profesores e profesoras que vos ensinarán un feixe de cousas novas nesta etapa que agora ides comezar,  e estas amigas e amigos cos que levades rindo e chorando toda unha vida xuntos…

Pero tamén nos gustaría que non vos esquecerades das vosas mestras e si, dicimos mestras en feminino, porque tedes tido a grande fortuna de poder contar con grandes mulleres que vos teñen moldeado (e a algún e a algunha de vós con moito esforzo!!)  e que sempre serán referentes por todas “esas primerias veces de case todo” que vivistes xuntos. Non imos a citar a ningunha delas en particular, porque todas elas (e eles tamén) son excelentes profesionais e moitísimo mellor persoas. Non as esquezades… e tende por seguro que se algunha vez precisades delas…. Elas alí estarán para o que necesitedes. 
Grazas compañeiras por ser como sodes, … temos a grande fortuna de poder compartir este “oficio” tan fermoso que exercemos: formar boas persoas como estas sesenta e dúas bravos e bravas rosalianas ás que hoxe simplemente lles dicimos un Ata Logo!!!


 

22/6/22

Xa somos un pouco máis "maiores"

E chegou o día... Despedida do mandilón, d@s compañeir@s que durante tres anos compartiron vivenzas e aprendizaxes, das rutinas, das asambleas, ... 

Xa somos case nenos e nenas de Educación Primaria e agora só nos queda dar as grazas a todas as mestras e mestres que durante estes anos coidaron de nós e nos axudaron a evolucionar en ser cada vez máis un poquichiño "nós". Temos que descatar, lóoxicamente á profe Diana e á profe Sonia, as nosas "nais" na escola..... Son mestras que estarán para sempre nos nosos recordos de nenez... 

E pouco máis, dia de graduación.... bágoas e sorrisos por doquier, á espera deses cambios que están por chegar e que fan da espera momentos para non esquecer estes tres marabillosos anos que pasamos nesta etapa de Educación Infantil !!!



18/6/16

E... graduación dos de Infantil

 

Con demasiadas bágoas e moitas emocións

Recollo esta testemuña á que tiven acceso e que compartimos
"Un aplauso con maiúsculas ás compañeiras de Infantil polo sentimento e o inmenso traballo que levaron para facer posible que o día de hoxe fose especial en cada familia... Como compañeira e como nai estoy orgullosa de formar parte de todo isto." (Mari)

Parabéns!!! Perdoade que non conseguira máis fotos.

23/6/15

Adeus "Rosalía": graduación dos de 6º



O pasado mércores 17 de xuño, na casa de cultura, tivemos a graduación do alumnado de 6º de primaria. Algúns incorporáronse ó Centro ó longo destes anos pero a maioría empezara aquí en Infantil de 3 anos... Momentos para lembrar, moitos sentimentos e emocións difíciles de controlar pero moito ánimo para seguir gozando a vida e formándonos como persoas, buscando "a parte que lle falta". Moitas grazas por acompañarnos e facernos máis "saborosos" estes momentos.