Mostrando entradas con la etiqueta concurso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concurso. Mostrar todas las entradas

8/10/26

Concurso de apócemas terroríficas para Samaín

 



Achégase á celebración do Samaín e dende a biblioteca propomos un concurso de apócemas terroríficas! Para aquel alumnado que queira participar debe ter en conta as fases do concurso: 

  1.  Elixir o propósito da apócema: O alumnado debe decidir para que serve o seu elixir (por exemplo: para voar, para esquecer os medos, para que medre o pelo ou para aprobar o exame de matemáticas sen estudar.
  2.  Listado de ingredientes terroríficos ou fantásticos: Buscar palabras sonoras, estrañas ou divertidas en galego (ex: unllas de moucho, ollos de mosca, espiñas de toxo, babas de caracol).
  3.  Redacción do conxuro: Escribir as instrucións de preparación ou un poema máxico en verso rimado para que a apócema faga efecto. Debe ser ilustrado e ser orixinal!
  4.  Deseño e presentación: Decorar un bote ou botella reciclada que conteña a "apócema" ficticia e engadirlle unha etiqueta orixinal co nome e os ingredientes.
  5.  Recitado ou exposición: Presentar o traballo na aula, recitando o feitizo ante os compañeiros. Posteriormente farase unha mostra conxunta de todos os traballos na biblioteca.
  6.  Premio: Gañará a apócema máis votada polos Mestres do equipo da biblioteca. (Valoraranse: a apócema máis orixinal ou divertida, o conxuro mellor redactado ou recitado en galego, a presentación máis terrorífica no deseño do bote e etiqueta).