"O único que importa é o final, é a parte máis importante dun conto"
Paulo Coelho.
A historia que nos veu contar Tamara, a nai pisachacas de Martín Moreno da clase de 4 anos, segue a tres coñecidos irmáns que deciden construir as súas propias casas dun xeito diferente e narra o encontro co lobo feroz que intenta atrapalos.
"Os Tres Porquiños" segue sendo un conto que fascina a xeracións, tanto pola simplicidade, o atractivo visual e pola poderosa moralexa que encerra: o esforzo, a dedicación e a previsión son claves para o éxito e a seguridade.
Ademáis o conto destaca o valor da colaboración e do apoio mutuo. Cando as casas de palla e madeira fallan, os porquiños non quedan solos ante o perigo. En lugar diso, apóianse na fortaleza construída polo seu irmán maior, demostrando que a unidade e o traballo en equipo son fundamentais para superar adversidades.
Deste mesmo xeito, a Biblioteca Escolar, pretende ser un punto de apoio e unha canle de colaboración entre a escola e as familias co obxectivo de construir un futuro sólido para o alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario