19/5/25

Las herramientas de Ruby para hacer amigos

"A verdadeira amizade resiste o tempo, a distancia e o silencio". Isabel Allende, escritora chilena.

Este luns Uxía, mamá de Ana, decidiu repetir experiencia como pisacharcas. Desta vez elixiron para nós o conto "Las herramientas de Ruby para hacer amigos". Narra a historia de Ruby e as dificultades que supón a chegada a unha nova escola á hora de facer amigos. Pero nesta aventura contará coa axuda dunhas ferramentas moi valiosas (unha cinta métrica, uns alicates e unhas gafas de seguridade) que lle valerán para canalizar sentimentos como a ansiedade, o medo e o nerviosismo. Un conto moi tenro que nos mantivo coa intriga ata o final. Grazas pola túa visita, Uxía!




No hay comentarios:

Publicar un comentario