«A poesía non quere adeptos, quere amantes». Federico García Lorca, poeta, dramaturgo e prosista español.
Dentro do noso proxecto "Pontes de Letras, Fontes de Saber", percorreu o pasado día 15 de xaneiro a primeira das video conferencias coa EB da Feitosa e a EB do Trovela onde o alumnado compartiu as súas creacións de haikus de inverno, da man da nosa Biblioteca Escolar e das Bibliotecas Escolares do Agrupamento de Escolas António Feijó.
Superadas as primeiras incidencias técnicas, o alumnado das tres escolas foi quen de compartir as súas creacións neste formato da poesía tradicional xaponesa, poñendo en valor elementos da natureza comúns as distintas realidades.
Foi unha primeira toma de contacto, que é preciso incrementar e mellorar, para afondar nestas estratexias de colaboración que favorecen novos escenarios de aprendizaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario