Novos artigos sobre bibliotecas escolares
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de facer público o novo número da Revista Galega do Ensino (EDUGA), que conta cunha sección fixa de Bibliotecas Escolares . Neste número 78 de decembro de 2019 publícanse un total de 8 artigos, nas tres sub-seccións: Biblioteca escolar, Boas prácticas e Hora de ler. Nestes artigos, atopamos reflexións e actividades arredor dos programas de Biblioteca Creativa, Radio na biblio, Voluntariado na biblioteca escolar, Lecturas no Canmiño, Clubs de lectura e Traballos por proxectos. Unha revisión destes artigos, e do resto de traballos publicados en números anteriores da revista, serve para achegarse á realidade das bibliotecas escolares galegas, auténticos motores de innovación e viveiros de cidadanía.
As bibliotecas gañan espazos. Avaliar para aprender. Asesoría de Bibliotecas Escolares | |
Protagonistas. Axudantes de biblioteca Escolar. IES Valadares (Vigo-Pontevedra) | |
A voz da Mata. Podcast Os Cabaqueiros. CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal-Pontevedra) | |
Sementando curiosidade. CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados-Pontevedra) | |
Falarte: un proxecto documental integrado da EOI de Lugo Escola Oficial de Idiomas de Lugo | |
Lecturas no canmiño. Lecturas apoiadas por cans. Marta Jaquet e CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela- A Coruña) | |
Ler para facer. Retos do espazo creativo e traballo co texto instrutivo. CEIP de Leirado (Salvaterra do Miño-Pontevedra) | |
Un club sobre rodas. As viaxes literarias como motores dos clubs de lectura. Ies Universidade Laboral de Ourense |
No hay comentarios:
Publicar un comentario