2/10/18

Carné da biblioteca para o alumnado de 1º A



Alumnado 1º. Curso 2018.19
O alumnado de 1º de primaria tivo onte unha xornada un tanto especial. Tiveron unha sesión na biblioteca onde da man de Tina (Equipo biblioteca) e Sonia (titora do grupo) lembramos as normas de funcionamento, gozamos dun conto e mesmo ollamos unha breve película dun persoeiro "coñecido" que vai á biblioteca. 
Pero o momento que queda recollido para a historia é cando Luís lles fai a foto cos carnés de lector@s soci@s da Charca dos libros e, polo tanto, da Rede de Bibliotecas de Galicia que o equipo dinamizador da biblioteca lles prepara e entrega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario