26/9/20

ABRAZO ó ROSALÍA E "CACEROLADA": LUNS 28 ÁS OITO DA TARDE: CONTAMOS CONTIGO!

   De novo este vindeiro LUNS, 28, ás 20h IMOS RODEAR O COLEXIO POR SE AÍNDA NON SE ENTERARON QUE TEMOS O MELLOR DENTRO E QUE NOS IMPORTAN AS NENAS E OS NENOS.

 

   E faremos unha "cacerolada" para visibilizar a nosa protesta colectiva ante a decisión que manteñen de termos 2 aulas con 25 e 24 nenas/os cando o curso anterioo tiñamos 3 con 17, 16 e 16. E sen pandemia. E outros niveis tamén con 24 e 23 alumn@s por aula. 
   E seguimos lendo, escoitando que a Consellería contratou 2.000 profesores para novas incorporacións (240 para infantil e primaria) e resulta que aquí quitáronnos un. E o publico en xeral acaba coa idea de que si, que se mira pola educación, porque os medios contan o que poder quere que conten. 
E resulta que a realidade é outra. E a realidade é a que ten a razón.
Mantemos a nosa protesta porque o primeiro é a saúde, porque queremos poder dar unha atención de calidade, porque non podemos permitirlles que nos ninguneen desta maneira, porque non podemos consentir que sobre todo ó alumnado que máis o necesita non se lle posibilite unha atención que o curso pasado tiña. E loitamos polo cambio que queremos ver. Sabendo que o partido non acaba ata que acaba.
 
Así o recolleu o Dende a Limia:

24/9/20

Que é GaliciaLe?


GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

 GALICIA LE

A plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas

·      QUE É?

·      QUE PRECISAS?

·      COMO LER?

·      COMO VER UNHA PELÍCULA?

 


      itorial

Titorial

Se xa es socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, soamente precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa biblioteca.

Se esqueciches o teu contrasinal, preme aquí

Se desexas cambiar o teu contrasinal, preme aquí

Se non dispós de credenciais para acceder a GaliciaLe ou non as coñeces, podes solicitalas na túa biblioteca.

Se aínda non tes carné ou o que tés xa non está en vigor, diríxete a unha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia para obter a túa tarxeta de lector/a. Alí tramitarán o teu rexistro en GaliciaLe.

Unha vez rexistrado/a, e coas túas claves, xa podes acceder ao préstamo de obras en formato electrónico en galego ou en castelán premendo na icona correspondente.

21/9/20

Abrazamos o Rosalía: aprendemos a responsabilidade en comunidade

Aprendemos de Paulo Freire que " a realidade pode ser modificada cando as persoas descubrimos que é modificable e que podemos facelo." 
Aprendemos a pedagoxía da esperanza, de soños posibles, inéditos viables como a el lle gustaba chamar á utopía.
Aprendemos que a noción de educador/a non debe ser restrinxida ó profesorado; inclúe a todos os axentes educativos.
E hoxe familias da vila (crianzas, nais e pais, avoas e avós), dos pobos de Xinzo, de Trasmiras... Profesorado do Ceip Rosalía e doutros centros, representantes da Corporación Municipal e veciñanza en xeral fixemos realidade que sexamos considerados unha "vila educadora" (no camiño das cidades educadoras do admirado Tonucci); se facemos que "todo" sexa responsabilidade de "tod@s" o proceso educativo será máis efectivo, porque nos coloca a educadores e educandos, na mesma liña do proceso, sendo este recíproco; xa que non hai educandos e educadores por separado: hai "educadores-educandos" e "educandos-educadores".
Moitísimas grazas. Leccións que se aprenden na rúa.













E dous enlaces a Dende a Limia que recolleu así este acontecemento. Moitas grazas. Tamén estaba algún corresponsal de La Región e La Voz de Galicia. Isto é o que atopamos na Región ó día seguinte:

SEGUEN A REIVINDICAR A NECESIDADE DE LOITAR POR UNHA EDUCACIÓN DIGNA E BASEADA NA GARDA DA SAÚDE

Os limiáns, convocados esta tarde a "abrazar" as peticións do CEIP Rosalía de Castro diante do centro

A ANPA do centro educativo anima a todos os veciños da Limia a unirse ás súas protestas diante do CEIP Rosalía de Castro este luns 21 de setembro ás 20:30 horas. 


https://www.dendealimia.com/articulo/xinzo-de-limia/mais-150-persoas-abrazaron-ao-ceip-rosalia-castro/

A CONVOCATORIA REMATOU CUN SONORO E REIVINDICATIVO APLAUSO DOS PRESENTES

Máis de 150 persoas “abrazaron” ao CEIP Rosalía de Castro reclamando a praza do mestre que lle quitaron

Mestres, nais e pais seguirán convocando á cidadanía para que Educación recúe e manteña o mestre de Primaria co que xa non contaron ao comezar o curso. 

Xeografías lectoras na biblioteca escolar.

 


 A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021. O lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quere  poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa. 

Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance. A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.

En tempos confusos como os que estamos a vivir cómpre volver ás orixes, ao fundamental: a lectura e toda a súa potencialidade, sen esquecer outras oportunidades da biblioteca escolar para unha formación integral do alumnado. Atravesar o mapa da lectura pode facerse desde distintas ópticas, comezar a viaxe desde distintos portos:

- Pescudar nas lecturas que convidan a viaxar, a explorar, a investigar. Lecturas que nos permiten chegar lonxe sen movernos da escola (ou da casa). Lecturas que axudan a incentivar o inconformismo, a necesidade de coñecer outros mundos, de ampliar a nosa visión, de "ler o mundo". 

- Configurar o itinerario  lector como punto de partida da nosa xeografía lectora.

- Debuxar o mapa das nosas curiosidades, exploracións e descubrimentos a través das lecturas.  Descubrir as relacións entre identidade e lectura.

- Observar o modo en que cambiou a nosa xeografía lectora durante o período de confinamento (os nosos hábitos, as nosas lecturas...).

- Saber que somos os nosos propios cartógrafos, os que organizamos o noso espazo lector (e o noso "liberespazo", o sistema de lecturas que imos creando ao longo da vida).

- Observar o noso corpo como un mapa de coñecemento, achegarnos á práctica da lectura a través do propio corpo. Descubir a capacidade reparadora da lectura. 

- Deixarse levar polas relacións entre cartografía e literatura,  que convidan á aventura (debuxar espazos peritextuais, con mapas e planos que crean expectativas e acompañan na aventura lectora, debuxar mapas que representan mundos coñecidos e mundos imaxinarios, relacionar as nosas lecturas a través de "constelacións literarias", en función da temática, os personaxes...).

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1360

19/9/20

LUNS 21 ÁS OITO E MEDIA DA TARDE: ABRAZO Ó CEIP ROSALÍA. ESPERÁMOSTE!

LUNS, 21 ás 20.30h IMOS RODEAR O COLEXIO POR SE AÍNDA NON SE ENTERARON QUE TEMOS O MELLOR DENTRO E QUE NOS IMPORTAN AS NENAS E OS NENOS  


 Levamos desde a primeira semana de setembro saíndo todos os días ás 12h. uns cinco minutos simbólicos para facer visible o noso rexeitamento a unha decisión, entendemos que mal tomada, dadas as circunstancias coas que estamos convivindo polo covid. Decisión de non volver habilitar unha praza que tiñamos o curso pasado e obrigarnos así a ter que xuntar en dúas aulas de 25 e 24 o alumnado que estaba en tres con 17, 16 e 16. 
 Uns días máis xente e outros menos pero todos os días representación de pais (ANPA), profesorado, corporación municipal e veciñanza. E como parece que aínda non se enteraron os responsables de tal atentado xa non só contra unha educación que merecemos senón e tamén contra a nosa saúde, este pasado venres acordamos citar a todas as familias e veciñanza o luns ás 8.30 da tarde a rodear o colexio, sempre gardando a distancia de seguridade (que non podemos gardar nalgunhas aulas porque temos 23, 24 e 25 alumnos/as).
Así que recollendo o símil do abrazo ó río Limia que dende hai máis dunha década vimos facendo tanto aquí como en Ponte da Lima imos abrazar o CEIP Rosalía de Castro para ver se desta se enteran; parece ser que só teñen repercusión as fotos con moita xente e que esteamos só 10, 20 ou 50 non é impactante. 
Animamos pois a todas as persoas de ben, que entenden que a loita non é só para as familias afectadas por este agrupamento; é para toda a comunidade educativa e diría máis é para todas a vila, teñen ou non hoxe fillos/as no Rosalía. Como moi ben recolle un dito africano "fai falla todo un pobo para educar un neno/a."    

17/9/20

Espazos educativos ó aire libre: nun recuncho do patio

 






Hoxe tocoulle ó grupo de Valores de 1ºA  dedicar un tempo a botarlle a comida ás galiñas, poliños, coellos; así que esnaquizaron anacos de pan que sobrara do comedor e atentamente llos procuraban á fauna que temos neste espazo reconvertido despois de quitar de aquí hai anos o antigo depósito de gas. 

Tamén na horta probamos os physalis (tomates peruanos ou faroliños chinos que dicimos cando non nos lembramos do seu nome), buscamos algún amorodo (que seguimos tendo) e comprobamos os tomates que temos, así como as outras verduras (verza, apio, remolacha, pementeiras, berenxenas...); sen esquecer o ben que distinguimos algunhas plantas aromáticas (romeu, lavanda, etc.) 

Axenda escolar da ANPA para todo o alumnado e profesorado



 Este curso o ANPA do noso Ceip posibilitou que todos contemos cunha axenda escolar; é un proxecto que xurdiu -din na cantraportada- da irmandade coa asociación Limisi e en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller, Concello de Xinzo) e o CIX (Centro de Información Xuvenil da Limia promovido polo CDR O Viso).

Para que todas as nenas e o nenos teñan presente no dia a día a igualdade entre homes e mulleres; unha invitación para a reflexión persoal e a creación de espazos libres de sexismo e desigualdades a causa do xénero.

Parabéns pola iniciativa. Retómase así algo que, sen este enfoque específico sobre a igualdade, comezara a facer o CIX para todos os centros de ensino da comarca. hai xa moitos anos. Velaquí a portada da do curso 2003/4 que atopei aínda por aquí.


 

16/9/20

Celebramos as boas novas do IES e lembramos que nós seguimos reivindicando

 Se hai dous días traiamos ó noso blog o escrito e a imaxe do IES Cidade de Antioquía hoxe celebramos con eles a consecución dos tres profesores que demandaban para poder iniciar o curso cumprindo coas garantías que esixe o protocolo covid.

IES CIDADE DE ANTIOQUIA

NOVAS INICIO DE CURSO

A consellería de educación ven de concedernos no día de onte os 3 profesores/as que demandábamos para poder iniciar e desenvolver o curso cumplindo coas garantías que esixe o protocolo covid para os centros educativos.

Todo o persoal do centro está a traballarna organización do inicio de curso, para que ésta se leve a cabo nas datas previstas e nasmellorescondicións posibles.

Queremos darlle as grazas a todas as persoas que botaron unhaman para que istotivese repercusión e chegase a bo fin.

A páxina web do centro estará en constante actualización para dar conta de todas as novidades que se produzan.

Xinzo de Limia 16 de setembro de 2020

E lembramos que nós seguimos concentrándonos todos os días lectivos á porta do Ceip membros do Claustro, da Corporación Municipal, da ANPA, familias e veciñanza. E chamando á xefatura Territorial para facilitarlle achegarnos a boa nova que agardamos. 

Testimoniando que se de verdade queremos lograr algo temos que loitar por conseguilo. Tamén é educativo aprenderlle ó noso alumnado o enfrontarmos a realidade confiando nos logros dos nosos esforzos, poñendo da nosa parte cada un o que poida porque polo xeral "loita quen ten conciencia, non quen máis o necesita".



14/9/20

No centenario de Mario Benedetti non nos rendemos

 Por suposto que non


E sumámonos ás accións do IES Cidade de Antioquía e agradecemos á Corporación Municipal o seu apoio acudindo algúns representantes e mesmo avisando e pedindo disculpas cando non poden achegarse. Entre tod@s podémolo conseguir.

 Biblioteca-Cidade-de-Antioquía




Concello Xinzo de Limia

Esta mañá, a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e os concelleiros Amador Díaz, Rafa Penabad, Manuel Pérez, Antonio Fernández e Luis Miguel Gil visitaron o IES Cidade de Antioquía. Tamén os acompañou a alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez.
Ao ramate da visita, Elvira Lama, Amador Díaz e Rafa Penabad desprazáronse ata o colexio Rosalía de Castro para sumarse á concentración diaria que mantén o profesorado e a Anpa.



Resolución do Plambe para este curso


 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200901/AnuncioG0534-250820-0001_gl.pdf

No DOG Núm. 177 Martes, 1 de setembro de 2020 Páx. 34745 en OUTRAS DISPOSICIÓNS, aparece a orde da CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNdo 24 de agosto de 2020 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2020/21.

Na relación de Centros atopamos o Ceip Rosalía de Castro cunha concesión de 1700 € vistas as memorias de actividades levadas a cabo durante o pasado ano académico, así como as liñas prioritarias de actuación presentadas para o período 2020/21.

A biblioteca escolar e o conto do home que tiña mala sorte

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1347 

E que non sexa por dicilo unha vez máis ...

Reflexións de Cristina Novoa no monográfico Notas para a biblioteca escolar do Programa biblioteca escolar "puntedu" do Departament d´Educació da Generalitat de Catalunya.

"A biblioteca escolar é unha oportunidade para un sitema educativo en busca de respostas a necesidades  antigas e emerxentes, que demostrou a súa capacidade de resiliencia e a súa contribución á mellora das aprendizaxes e das prácticas pedagóxicas nos centros."

"Para que unha biblioteca escolar poida exercer de axente transformador no centro ten que cumprir unha serie de requisitos:

  1.  Atención ao espazo como facilitador de experiencias.
  2. Renovación dos equipos de acceso e tratamento da información.
  3. Actualización constante da colección.
  4. Biblioteca física e biblioteca virtual.
  5. É imprescindible un equipo de apoio, interdisciplinar.
  6. Ha de contar cun orzamento propio.
  7. Toda a súa actuación ha de estar vinculada á adquisición dos contidos e competencias curriculares.
  8. A alfabetización informacional e mediática ha de ser un dos seu sprincipais obxectivos."

"Unha biblioteca escolar viva, activada, é un organismo resiliente que é capaz de adaptarse ás situacións máis confusas, repensar e saír adiante. Así o estamos vendo neste ano 2020, en múltiples experiencias de bibliotecas escolares galegas..."

 

http://xtec.gencat.cat/web/.content/projectes/biblioteca/biblioteca-escolar-en-el-segle-xxi/documents/6_novoa.pdf


11/9/20

Segunda semana poñendo de manifesto a nosa protesta

E aquí seguiremos á espera de que nos traten como persoas e se prime a saúde (porque sen ela todo é nada) que é o noso ben máis prezado. Moitas grazas a todas as persoas que día a día seguen acudindo a facer visible o noso rexeitamento á decisión de non habilitar unha praza como tiñamos o curso pasado e obrigarnos a xuntar en dous cursos con 25 e 24 alumnos (coa situación que estamos a sufrir) os que o curso anterior estaban en tres con 17, 16 e 16. Tamén para solicitar que noutros niveis temos aulas con 24 e 23 alumn@s polo que é necesario facer algúns desdobramentos máis. 

Nesta semana as novidades son que o pasado mércores o Clautro decidiu manter esta medida, aínda que comezaran as clases, e sabendo que o profesorado que podemos saír eses "testimoniais" 5 minutos imos ser poucos, porque á metade tócalle facer as gardas de recreo.

Ademais acordamos outra medida que foi levar esta problemática ó Consello Escolar que tamén nos reunimos ese mesmo día. Neste órgano colexiado no que estamos representados toda a Comunidade Educativa (Xunta Directiva, representantes do profesorado, representantes das familias, representante do Concello...) acordouse remitir un escrito á Xefatura Territorial recollendo as peticións xa feitas polo Claustro e a ANPA.

A maiores, e tendo en conta que ó longo deste tempo desde a Xefatura Territorial non se puxeron en contacto con nós tamén decidimos facilitarlle a labor; así que un representante do Claustro chama todos os días por teléfono por se xa teñen algunha boa nova que comunicarnos.  

Imaxes do xoves e vídeo do venres:


/videos/venres 11 de setembro 

E velaquí a outro Ceip "Rosalía de Castro" (en A Coruña) tamén facendo unha concentración semellante e outras protestas pola ratio, como esta das Neves na que o alumnado de 5º se plantou contra a ratio de 25 na aula. 

laopinioncoruna.es. Concentracion-ceip-rosalia-castro-corua.html

 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/as-neves/2020/09/09/planton-5-primaria-as-neves-contra-ratio-25-alumnos-clase/

Está claro que o que lexitima a un grupo é o traballo que facemos, a capacidade que temos. E que as loitas hai que facelas para ganalas ou para aprender a perdelas, pero hai que facelas. 

7/9/20

Confío nas mestras. Vicenç Arnaiz


 Me mantengo optimista porque confío en la mayoría de maestras y de familias.


La educación que queremos s se fundamenta en la calidad de las relaciones y en saber poner a los niños y a las niñas en el centro de la reflexión.

La calidad de la innovación educativa se fundamenta en estar atento en como cada niño vive la relación con el mundo y buscar como acompañarlo.

El profesorado y las familias han sido siempre quienes han promovido las mejores prácticas educativas.

Las familias se reinventaron en el confinamiento.

La mayoría de maestras saben que su profesión no tiene que ver con conseguir que los niños se adapten a su programa sino que reinventan planes para que cada uno de ellos se sepa singular.

De los buenos maestros he aprendido que a las familias le ayuda que no les traspasemos nuestro malestar ni nuestras incertidumbres sino que necesitan sentir la escuela como un entorno encalmado, seguro y protector.

He visto como los buenos maestros reciben a los niños contagiando optimismo, calma y afectos. Convierten las inquietudes en diálogos e investigación. Apaciguan el temores con ternuras e ilusiones.

Los cuentos siempre hablan de retos, peligros, obstáculos, temores, tristezas... También hacen presente el amor, el esfuerzo, el ingenio, el coraje, la complicidad, la tenacidad,

ANPA, Corporación Municipal, Claustro, veciñanza... pedindo o que é de xustiza

Nesta segunda semana do curso seguimos concentrándonos, a partires das doce do mediodía nos arredores do Ceip, protestando a decisión de deixarnos sen unha praza habilitada o curso pasado, polo que o alumnado de 4º, que en terceiro eramos tres aulas de 17, 16 e 16, este curso imos ter que estar en dúas de 25 e 24. E pedindo que tamén se teña en conta que en segundo curso hai 47 polo que o máis axeitado, tendo en conta a situación creada pola pandemia, sería poder desdobrar tamén este nivel.
Animar a toda a comunidade educativa a seguir loitando por esta causa e agradecer o esforzo que supón deixar o que se está a facer para achegarse ata aquí.  








Enlaces a outros medios nos que se ten recollido esta información.






 

3/9/20

Protestando por termos aulas con 25 e 24 alumn@s, a non renovación dunha praza habilitada para poder desdobrar coa que si contabamos estes cursos pasados e que agora nos quitan

O curso pasado en terceiro de primaria poidemos facer tres grupos cun número moi axeitado de alumnado: 17, 16 e 16. Porque contabamos cunha praza habilitada que nos permitía desdobrar os niveis máis numerosos e atender mellor as necesidades educativas especiais. Este ano xa non nos habilitaron esta praza, tendo que recompoñer as tres aulas en dous grupos de 25 e 24 alumnos. Seica non se chama "supresión" porque non existe esa praza no catálogo.  Ok. Hai que dicir que non habilitaron esa praza, que si fixeran o curso pasado, tendo o mesmo número de alumnado e xusto neste momento coa situación xenerada pola pandemia. A realidade é moi teimuda. Podemos cambiar as palabras coas que a designamos. Feito. Agora mudemos a realidade que é do que se trata.
  



Os membros abaixo asinantes do Claustro do profesorado do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, despois da reunión deste órgano de goberno celebrada o pasado día dous de setembro de 2020, queren manifestar:
1. A súa máis profunda preocupación e rexeitamento á decisión tomada por parte desa Xefatura Territorial de non habilitar unha praza de Educación Primaria como se viña facendo nos  cursos anteriores para poder desdobrar aqueles niveis máis numerosos, e así poder traballar cun rateo que garantira unha educación pública de máis calidade. Este feito parece moito máis incongruente neste curso onde, debido á pandemia causada pola COVID 19, fai máis necesario que nunca non ter grupos numerosos para poder contar coas debidas condicións necesarias de seguridade, respectando as distancias implantadas polo Protocolo ditado pola Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade.
2. A súa reclamación para que sexan habilitadas neste centro DÚAS UNIDADES de Educación Primaria que permitan desdobrar os dous niveis onde contamos con corenta e nove e corenta e oito nenos e nenas, para así ter un rateo axeitado para poder cumprir as medidas anteriormente citadas.
En Xinzo de Limia, a dous de setembro de 2020

https://www.dendealimia.com/articulo/xinzo-de-limia/educacion-amortiza-praza-dun-mestre-obriga-ao-ceip-rosalia-castro-concentrar-mais-cativos-nas-aulas/20200903213813022797.html 

OS PROFESORES COMEZARON ESTE XOVES UNHA SERIE DE CONCENTRACIÓNS PARA PROTESTAR POLA DECISIÓN DA XEFATURA TERRITORIAL

Educación amortiza a praza dun mestre e concentra a máis cativos nas aulas do Rosalía de Castro de Xinzo

Cando mesmo na capital de Ourense veñen de restrinxir o número de asistentes a unha concentración de persoas, no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, os seus mestres comezaron as protestas pola orde da Xefatura Territorial de amortizar a praza dun profesor que os obriga a contar cun maior número de alumnos nas aulas

 

Dende a Limia

XOSÉ LOIS COLMENERO3 DE SEPTIEMBRE DE 2020, 21:38

Todos os días desta e da vindeira semana concentraranse os mestres do Centro de Educación Infantil e Primaria Rosalía de Castro para facer visible o seu rexeitamento á decisión de Xefatura Provincial da Consellería de Educación de deshabilitar unha praza dun profesor que lle permitía á institución académica contar con tres grupos en Terceiro, de 17, 16 e 16 en vez dos 25 e 24 dos dous cos que quedará a escola neste curso. 
Xustifícanse dende a Consellería en que amortizando esa praza mantéñense os ratios máximos fixados por aula, de 25. Condición que discute o claustro dos mestres e polo que veñen de iniciar esas mobilizacións: "Queremos amosar a nosa máis profunda preocupación e rexeitamento á decisión tomada por parte desa Xefatura Territorial de non habilitar unha praza de Educación Primaria como se viña facendo nos  cursos anteriores para poder desdobrar aqueles niveis máis numerosos, e así poder traballar cun rateo que garantira unha educación pública de máis calidade", din no documento asinado polos mestres. 

A decisión administrativa é todavía máis discutible dado o actual estado de alarma sanitaria que prevé as "mínimas concentracións posibles, sen ir máis lonxe, na capital de Ourense non se poden facer xuntanzas de máis de dez persoas, e curiosamente dende a Xunta concentran a máis alumnos nas aulas", di un dos profesionais da ensinanza. 

Cando o estado de alarma sanitaria prevé na capital de Ourense, por exemplo, mínimas concentracións de persoas, cun máximo de 10 integrantes, a Consellería de Educación reduce o número de mestres e concentra a máis cativos nas aulas de Xinzo, din os mestres.

"Cremos", din no documento que asinaron, que "este feito parece moito máis incongruente neste curso onde, debido á pandemia causada pola COVID 19, fai máis necesario que nunca non ter grupos numerosos para poder contar coas debidas condicións necesarias de seguridade, respectando as distancias implantadas polo Protocolo ditado pola Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade", conclúen.

A carta asinada xa foi remitida á Xefatura Provincial da Consellería de Educación, a que lle solicitan que reconsidere a decisión de amortización desa praza. "Se non nos escoitan, estou seguro que teremos o apoio das nais e pais dos cativos para continuar cas concentracións e mobilizacións". 

 


Protocolo Covid 19 e instruccións actualizadas



PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 VERSION 22-07-2020
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/version_1.10_protocolo_covid_inicio_do_curso_20-21

INSTRUCIÓNS POLAS QUE SE INCORPORAN A DECLARACIÓN DE ACTUACIÓNS COORDINADAS EN MATERIA DE SAÚDE PÚBLICA APROBADAS POLO CONSEJO INTERTERRITORIAL DO SISTEMA NACIONAL DE SALUD PÚBLICA (D.O.G Nº 174 BIS DO 28-08-2020) E A ACTUALIZACIÓN DAS RECOMENDACIÓNS SANITARIAS DO COMITÉ CLÍNICO AO PROTOCOLO DO 22 DE XULLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 VERSION 31-08-2020

Benvid@s. Curso 2020.21


 









https://www.xunta.gal/dog/CALENDARIO ESCOLAR