29/1/21
30 de Xaneiro: Embotellando tolerancia e convivencia
DÍA DA PAZ
Este día 30 conmemorase o Día Escolar da Paz e Non Violencia. A tolerancia e o respeto deben de ser a base da educación de hoxe en día e son os obxectivos que se pretenden de cara a construír unha poboación crítica e cívica, capaz de xestionar e apreciar as diferenzas e similitudes que poida haber.
Nesta data conmemorase a morte de Mahatma Gandhi, persoa fundadora do movemento pacifísta, capaz de conseguir que a India deixara de ser colonia británica e lograra a súa independencia en 1947 mediante protestas pacíficas.
"No hay camino para la paz: la paz es el camino".
- Mahatma Gandhi -
No seguinte enlace deixamosvos unha serie de recursos relacionados con este día:
24/1/21
24 de xaneiro: Día Internacional da Educación
"A educación é un dereito humano, un ben público e unha responsabilidade colectiva."
"A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 24 de xaneiro Día Internacional da Educación (enlace ao documento), en celebración do papel que a educación desempeña na paz e o desenvolvemento. Sen unha educación de calidade, inclusiva e equitativa para todos e de oportunidades de aprendizaxe ao longo de toda a vida, os países non lograrán alcanzar a igualdade de xénero nin romper o ciclo de pobreza que deixa atrasados a millóns de nenos, novos e adultos.
Na actualidade, 262 millóns de nenos e mozos seguen sen estar escolarizados, 617 millóns de nenos e adolescentes non poden ler nin manexan os rudimentos do cálculo; menos do 40 por cento das nenas do África Subsahariana completan os estudos de secundaria baixa e uns 4 millóns de nenos e novos refuxiados non poden asistir á escola. O dereito á educación destas persoas vese afectado e iso é inaceptable" (https://es.unesco.org/commemorations/educationday)
No seguinte enlace (fai clic na imaxe) podemos coñecer outras realidades ben distintas ás nosas. Reflexionemos sobre o que nós podemos aportar para mellorar a formación d@s máis débiles e facer que as súas expectativas vitais melloren exponencialmente. Que afortunad@s somos... Apreciemos e valoricemos o que temos... Educación pública, universal, laica, gratuita e de calidade!!
22/12/20
Boas Festas! (e a desfrutalas con responsabilidade)
Rematamos o primeiro trimestre deste curso tan especial. Ninguén podería ter asegurado que iamos ter uns primeros catro meses de curso tan "normais" como ao final así foron. As medidas de seguridade e distanciamento social tomadas e interiorizadas por tod@s @s que conformamos a comunidade educativa veñen de amosar uns resultados mellores dos que nun principio se podían prever. O papel fundamental do profesorado, concienciando ao seu alumnado do que realmente debiamos facer tod@s para minimizar o impacto desta pandemia e o comportamento extraordinario de todo o noso alumnado (dende os 3 ata os doce anos) fixo que o número de contaxios internos no centro fóra cero, e os poucos producidos fóra do entorno escolar, non tiveran ningún impacto entre o resto de compañeir@s c@s que compartían aula, patio, comedor, ...
Por esta razón e chegado este momento de parón, queremos recoñecer os esforzos levados a cabo por todo o persoal docente e non docente en cumprir e facer cumprir todos os protocolos establecidos no centro para manter á raia este maldito virus, pero sobre todo AGRADECER (con letras maiúsculas) o extraordinario comportamento de todo o noso alumnado (coa colaboración indispensable de todas as familias que conforman a nosa comunidade educativa) amosando un compromiso exemplar en todas e cada unha das situacións tan distintas e estranas que este principio de curso nos ten feito vivir. De corazón... MOITAS GRAZAS!
Desconectade, disfrutade destas datas (pero coa mesma responsabilidade que tedes tido no cole) ... e vémonos o 11 de xaneiro!
21/12/20
Felicitando as festas ás nosas persoas maiores...
Hoxe foi unha mañá chea de fortes emocións. O alumnado de quinto de Ed. Infantil foi a felicitar estas festas ás nosas tan queridas persoas maiores da Residencia de Maiores "Santa Mariña" e do Centro de Día do noso concello. Debido á situación actual este encontro tívose que producir con certa distancia e temos que resaltar o comportamento exemplar de todas as persoas que nesta actividade participaron. Pais, nais, usuarios e traballadores de ambos centro e, por suposto, o noso alumnado, respectaron escrupulosamente todas as medidas de distancia social e fixeron desta mañá un momento de encontro entre xeracións moi emotivo e cargado de fortes sentimentos.
Aproveitaron tamén para achegarse a felicitar estas datas ao membros do acuartelamiento da Garda Civil da nosa vila, que recibiron encantad@s esta visita.
A estes tres colectivos faranlles chegar en breves datas as postais de felicitación en formato dixital nas que durante estes derradeiros días estiveron traballando e que por motivos de seguridade sanitaria non lles puideron entregar en man.
Como ben figura na entrada da Residencia de Maiores "Santa Mariña", "Ganaremos esta batalla" e nos vindeiros anos seguro que xa poderemos voltar a ver como as distintas xeracións da nosa sociedade fúndese nunha grande aperta de cariño e respeito! Boas Festas para tod@s!!
VIII Concurso Tarxetas de Nadal
Hoxe entregamos o premio ao gañador deste VIII Concurso de Tarxetas de Nadal a Hugo Rodríguez Rodríguez de 5ºB. Mañá, martes 22 de decembro, todas as familias da nosa Comunidade Educativa recibirán esta felicitación de parte de todo o persoal docente e non docente do noso centro. Moitos parabéns para tod@s @s participantes e, en especial, para o traballo gañador!
19/12/20
Estas semana visitou o noso centro... Manuel Seoane
Dentro das actuacións que a Biblioteca Escolar leva a cabo, unha das que máis lle gusta ao noso alumnado é a presenza no centro dos autores e autoras dos libros que teñen ao seu dispor na nosa Charca.
Esta semana foi a quenda de Manuel Seoane, limián e mestre, ben coñecido na nosa comarca. Vén de publicar o seu derradeiro libro de contos "A Raiña Loba", que conta coas ilustracións de Moisés Míguez, orientado polos seus profesores da Escola de Arte “Antón Faílde”, Carmen Lage e Luis Carreira, e co deseño e maquetación de Tonho Ferreiro, tamén profesor na “Faílde”.
No relato sobre a lenda da Raíña Loba, o texto de Seoane, recolle e interpreta a tradición oral sobre os feitos acontecidos nun tempo incerto nese agreste e mítico territorio entre os concellos de Os Blancos e Baltar.
A Raíña Loba é a terceira entrega de libros infantís ilustrados sobre as lendas da Limia que edita o Centro de Cultura Popular do Limia, neste caso en colaboración co Museo da Limia, e da Deputación de Ourense. Os anteriores foran A Lenda da Lagoa de Antela, de Delfín Caseiro, e O Paso do Esquecemento, de Antón R. Coello, que temén podedes atopar na nosa biblioteca.
O alumnado de cuarto de Primaria xa está traballando con el, e a verdade é que lles encanta!!
Fonte da información: Onda Cero
18/12/20
Recomendacións lectoras (e non lectoras) para este Nadal. Boletín da Biblioteca nº 13
Queridos nenas e nenos!
Dende o equipo da Biblioteca ademáis de desexarvos unhas FELICES FESTAS deixámosvos o Boletín de recomendacións de libros para todas as idades, por si vos poden axudar nos encargos navideños.
Aquí quedan tamén algunas suxerencias para estes días de lecer.
Música
O apalpador, de Brinca Vai
https://www.youtube.com/watch?v=qZPsO5m_Tns&t=81s
O apalpador de Mamá Cabra,
en LSE
https://www.youtube.com/watch?v=xkP4uxhqZb4
CD "Xa me tardan estes magos", de Mamá Cabra
Recopilatorio de canción de nadal de estilos moi diferentes
https://view.genial.ly/5fd7c94ae7f0ee0d6b6930a5/presentation-nadal-de-musica
Manualidades
https://www.pequeocio.com/manualidades-navidad-para-ninos/
http://www.mundoderukkia.com/2017/12/100-manualidades-navidad-ninos.html
Películas
- Milagro en la ciudad
- Cuento de Navidad de Mickey
- El Grinch
- Pesadilla antes de Navidad
- Rudolph, el reno de Navidad
- Mr. Magorium e a súa tenda máxica
- Muchas gracias, Mr. Scrooge
- Navidad, ¿bien o en familia?
- Estaré en casa para Navidad
- Arthur Christmas
- Un vecino con pocas luces
- Polar express
- ¡Vaya Santa Claus!
- Una navidad de locos
- Gremlins
- El Origen de los Guardianes
- Elf
- Nico, El Reno
- Eduardo Manostijeras
- Los Teleñecos en Cuentos de Navidad
- La Navidad de Charlie Brown
14/12/20
A Educación Física con Covid... mellor con Música!!
Compartimos unha pequena mostra do "traballo" dos rapaces e rapazas de 1º curso:
12/12/20
III Concurso "Jóvenes y Mayores", terceiro premio provincial para Valeria!!
O III Concurso de Debuxo e Redacción "Jóvenes y Mayores", que organiza "La Región" en colaboración coa Fundación Dorzán, brinda a oportunidade de rememorar unha vivencia especial entre os familiares a través dun relato ou un debuxo.
Durante o acto de presentación, o subdirector xeral de "La Región", Carlos Barbosa, explicou que esta convocatoria "pode ser unha actividade que axude a pasar un pouco mellor todas as dificultades que se están tendo"
Para Secundino Vidal, presidente da Fundación Dorzán, explicou que "con esta iniciativa queremos fomentar máis a interrelación entre os mozos e maiores, e precisamente este ano, cando os maiores están máis illados, queremos que os seus netos e os seus fillos achéguense máis a eles e préstenlles máis agarimo"
O traballo presentado pola nosa alumna Valeria Rodríguez Yebra foi recoñecido co terceiro premio na categoría de Educación Especial, unha das sete das que se convocaron neste concurso.
Moitos parabéns para ela e a súa familia, así como o recoñemento para o persoal docente e non docente da nosa Aula Específica, que tanto e tan ben traballan co seu alumnado. A seguir así, compañeiras Ana, Elena e Luz!!
2/12/20
03/12: Día Internacional das Persoas con Discapacidade. #BaixoOMesmoParaguas
En 1992, ao termo do Decenio das Nacións Unidas para os Impedidos (1983-1992), a Asemblea Xeral proclamou o día 3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O Decenio fora un período de toma de conciencia e de medidas orientadas cara á acción e destinadas ao constante melloramento da situación das persoas con discapacidades e á consecución da igualdade de oportunidades para elas. Posteriormente, a Asemblea fixo un chamado aos Estados Membros para que destacasen a celebración do Día, e así fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidades.
Dentro destas actuacións máis de 80 entidades sociais de toda Galicia decidiron conmemorar dende fai cinco anos esta data conxuntamente baixo o lema #BaixoOMesmoParaguas.
Este ano, debido as condicións sanitarias, convídannos a facernos unha foto cun paraugas e un lema, para visibilizar a todas esas persoas con habilidades distintas e que teñen o mesmo dereito que os demais a ser consideradas dentro da normalidade, con igualdade de oportunidades e xustiza social.
27/11/20
"As mulleres ilustradas da Limia". Empodaremento feminino
"O logro da igualdade de xénero é máis que un obxetivo, é unha condición previa para afrontar o reto de reducir a pobreza, promover o desenvolvemento sostible e a construcción dunha sociedade xusta.
26/11/20
#NinUnhaMenos - 25N no CEIP Rosalía de Castro
Todo o alumnado do centro conmemorou dun xeito moi intenso esta data que tod@s desexariamos eliminar do noso calendario.... Recollemos aquí algunhas das actividades realizadas polos distintos grupos do centro.
A educación é a única solución! A única resposta posible é NON!!
25/11/20
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Nesta data reclámase a atención de toda a sociedade no
feito de que a violencia de xénero contra as mulleres e nenas é unha das formas
de violencia mais extendidas do mundo.
Dentro desta violencia temos todo tipo de actos que
menosprezan e infravaloran ao colectivo feminino, podemos incluír formas mais
sutiles como comentarios despectivos ou bromas, así como formas mais graves
como poden ser agresións físicas ou sexuais. Todos os días de xeito consciente
ou inconsciente prodúcense comportamentos sexistas na nosa sociedade, e o que
queremos é que sexamos capaces de romper con eses comportamentos, e para iso
debemos de ser conscientes deles para poder cambialos.
¿Por qué o 25 de novembro?
Pois ista data débese “As Mariposas” como eran
coñecidas as tres irmáns Mirabal que foron asasinadas na República Dominicana
durante a ditadura de Rafael Leónidas Trujillo tal data como o 25 de Novembro
de 1960 por oporse ao réxime do ditador e loitar a favor da democracia.
Convertéronse nun símbolo de loita en toda Sudamérica, tal é así que o
movemento feminista latinoamericano elixiu a data da súa celebración o día 25
de Novembro de 1981 en conmemoración “As Mariposas”.
Finalmente en 1999 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas
designa a data 25 de Novembro como Día Internacional da Eliminación da
Violencia contra a Muller.
Datas como a de hoxe, así como na do 8 de marzo (Día
internacional da muller) úsase como símbolo un lazo de cor morada. A
utilización desta cor parece non ter un orixe claro, habendo mais dunha teoría,
déixoche aquí as mais extendidas:
Por unha banda temos que remontarnos a 1908 e
concretamente a New York, onde as traballadoras dunha empresa téxtil se
declaran en folga e o dono da fábrica en reprimenda decide prender lume a toda
a fábrica deixándoas encerradas dentro, provocando mais dun centear de vítimas,
a historia conta que nese momento estaban a traballar con teas de cor morado
polo que ao incendiarse todo podíase divisar dende kilómetros de distancia unha
gran columna de fume desa cor, polo que en recordo diso se adoptou a cor morada
como símbolo da muller.
Outra teoría mais actual xorde da corrente feminista que
busca a igualdade entre sexos, díse que socialmente o símbolo masculino
asociase á cor azul e o feminino ao rosa, polo que a combinación de ambos sería
o morado, e que polo tanto o que se simboliza con esta cor e a búsqueda da
igualdade entre sexos en tódolos ámbitos.
Recomendacións de lectura facendo click na imaxe:
23/11/20
Traballos gañadores do II Certame de Relato Curto "... e volve vir a noite se Samaín"
20/11/20
DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
Videos e cortos:
https://www.youtube.com/watch?v=bRgj-Hz8dWQ
https://www.youtube.com/watch?v=_79JJ07nDOw
https://www.youtube.com/watch?v=Kq0ISSBCxpk
https://www.youtube.com/watch?v=hC89Psnv5II
Cancións:
Recursos variados:
https://www.rayuela.org/derechos/igualdad/sabias-que/
https://www.un.org/es/observances/world-childrens-day
https://plataformadeinfancia.org/
13/11/20
Día das Biliotecas: "A nena do vestido de flores"
Hoxe conmemoramos o Día das Bibliotecas, eses lugares tan marabillosos onde podemos atopar un sinfin de viaxes por realizar a ese mundo da fantasía e das aventuras. A nós tocounos visitar unha das librerías que temos como referencia, o Espazo Nobel de Xinzo de Limia e traer para a nosa Charca o fermoso libro de Manuel Fontemoura "A nena do vestido de flores", unha belísima historia dunha "nena dotada dunha grande imaxinación para quen todos os días teñen a súa propia aventura. Unha novela tenra e chea de vitalidade que trata, coas ferramentas da ficción, as vivencias das nenas e nenos con Trastorno do Espectro Autista e das súas familias hoxe en día." (https://airaeditorial.gal/titulos/nena-vestido-de-flores/)
Moitas grazas, Manolo, por este fermoso libro e agardámoste no cole cando queiras para que nos asines o noso exemplar e nos contes cousas sobre el....
31/10/20
Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero
Máis recursos e información en https://carvalho2020.gal/
Misteriosas presenzas no noso cole...
Samaín 2020. CEIP Rosalía de Castro. Ano complicado para compartir experiencias, para achegarnos, para poder facer cosas tod@s xunt@s... No medio desta situación algunha presenza aparece polo cole para encher de sonrisos (e algún que outro susto) ao noso alumnado. Moitas grazas querid@ compañeir@ por romper a regularidade do día a día e recordarnos que temos motivos para celebrar, conmemorar, facer outros aprendizaxes distintos nestas circunstancias tan particulares que son tan ou máis importantes que os que aparecen nos libros de texto!
26/10/20
Recursos Samaín 2020
O Equipo da BE vén de recoller unha serie de recursos para traballar na aula referidos á celebración do Samáin que podedes atopar na nosa Biblioteca Escolar. Preme na imaxe para acceder a eles.

























