Páginas

Biblioteca escolar

18/6/20

Avanzamos na inclusión de tod@s! Chegan os pictos ao noso centro

Dentro do PFPP do noso cole deste ano, unha das liñas de actucación foi "Estratexias para o fomento da comunicación no alumnado con TEA" e como unha das consecuencias de todo o traballo proposto realizáronse unha serie de "pictos" personalizados coa imaxe corporativa do centro e seguindo os estándares da ARASAAC que facilitan enormente a identificación dos distintos do centro por parte do alumnado e das persoas con acneae e polo tanto mellorar a súa inclusión co resto dos seus compañeiros. Noraboa ao Departamento de Orientación, o profesorado da aula específica e ao resto dos compeñentes desta liña de traballo polo espectacular resultado!




15/6/20

A lectura prexudica seriamente a ignorancia

Unha achega dunha persoa da nosa comunidade educativa. para a charca dos libros. Grazas


https://fedaes.org/editorial-160-leer-perjudica-seriamente-ignorancia/

A horta en xuño, as galiñas e os coellos do Ceip


Fotos Aurora patio
Se hai uns días vos faciamos partícipes do Agave do patio hoxe achegámosvos estas fotos que fixo Aurora (moitas grazas) do recuncho da nosa horta e dos animais. Para observar o loureiro, as espinacas, o physalis, frambuesas, amorodos, romeo, tomateiras... Porque aínda que son moitos os que vos achegades a velos desde fóra, tamén hai xente que vive máis lonxe e non lle pilla esta visita tan a man. 
E os animais. Mirade como teñen medrado os que naceron cando comezou o confinamento e tamén como vai a última niñada. A maiores o niño que fixo a coella que acaba de parir este venres; polo que tivemos que pillar o coello e retiralo de aquí ata que se críen estes que acaban de nacer.
E ó lado de onde pariu a coella xa está incubando a outra galiña. Esta vez puxémoslle uns ovos de faisán e outros de galiña. Metemos uns días antes os de faisán porque o tempo de incubación é de entre 24-26 días e o das galiñas de 21-22 para que veñan a nacer máis ou menos xuntos. 

7/6/20

O agave, maguei ou pita do patio do Ceip

No patio do Ceip temos asistido estes últimos días a un espectáculo da Natureza; unha das plantas que leva aí uns 25 anos, nesta primavera, aproveitando que estamos confinados, deulle por botar un enorme brote central que nos deixou atónitos. Deseguida Aurora nos preguntou: que está a pasar? Así que acudimos ó noso amigo e admirado Tomás (autor tamén dos paneis que xa hai varios anos puxemos no Centro sobre as árbores que temos no patio). E velaquí este texto de Tomás García. Moitas grazas! 

O agave, maguei ou pita do CEIP Rosalía de Castro

Esta planta, agave, maguei ou pita, Agave americana; procede de México e pertence a un grupo numeroso, unhas 300 especies, do xénero Agave. Foi moi estendida por todo o mundo, practicamente dende  a chegada dos colonizadores a esa zona do mundo habitada que lle deron por chamar América. Os múltiples empregos que se realizaban dela, xa en  orixe,  por culturas ancestrais anteriores a esa colonización, facilitaron a súa expansión polo mundo. Un alto valor ornamental, con diferentes variedades para xardinería, a obtención de numerosos subprodutos, (quen non coñece o tequila ou as fibras téxtiles (sisal)?);o seu emprego en medicinas tradicionais ou a investigación médica na actualidade.
É unha planta suculenta, resistente a factores ambientais moi extremos, xeadas, altas temperaturas e falta de auga, permitiu a súa introdución en zonas áridas para o seu cultivo, pero tamén, dada a súa facilidade para expandirse está considerada como invasora. Se a plantamos, temos que controlar o seu cultivo.

Estes días, no patio do CEIP Rosalía de Castro, un maguei está a chegar á plenitude, despois de vivir máis de 25 anos está a dar unha inflorescencia múltiple para producir sementes e morrerá a roseta basal, a que foi usada pola súa beleza. A vida continuará doutro xeito, a través de pequenas plántulas que foron nacendo na base ou a través das sementes, pero aquí é difícil que cheguen a formarse xa que nos falta a especie de morcego que a poliniza no seu lugar de procedencia,  México. Esta inflorescencia espectacular, que pode acadar máis de 10 metros, crece cunha rapidez extraordinaria, e case a competir en altura co abeto de Douglas que ten de compañeiro; case a veríamos medrar se a estiveramos a observar fixamente. Os rapaces, rapazas, traballadoras e traballadores deste colexio perderon ver en directo este regalo da natureza, quizais despois do confinamento vexan seca a roseta basal e a flor que a levou ata o seu ocaso. Ao mellor unha nova pequena roseta sega este proceso de vida no lugar.

 
 


h

5/6/20

Tod@s temos hoxe un requirimento

Día Mundial do Medio Ambiente
Neste 2020, o tema é a Biodiversidade, un gran motivo de preocupación mundial en materia ambiental. Eventos catastróficos recentes como os incendios forestais a gran escala de Brasil, California e Australia, a invasión de lagostas no Corno de África e a pandemia de COVID-19 demostran que a Natureza nos está enviando unha mensaxe.


Os esforzos do Día Mundial do Medio Ambiente céntranse en motivar ás persoas e comunidades para que se convertan en axentes activos do desenvolvemento sostible e no cambio de actitude cara a temas ambientais.

E por iso, convídase á xente para pensar na forma na que consomen. Ás empresas para desenvolver modelos máis ecolóxicos. Ós gobernos para protexer as zonas salvaxes. Ás comunidades a educar en valores naturais. A crianzas e moz@s para alzar a voz polo futuro do planeta. Require de todos nós.

3/6/20

Día mundial da bicicleta, lembranzas e compromisos


No Día Mundial da Bicicleta botamos a vista atrás e lembramos as saídas en bici, polas rúas de Xinzo ata a praza Carlos Casares, ata Pena ou no circuíto PUMP TRACK de Maceda...
E lembramos o noso compromiso coa saúde (sen ela todo é nada), co coidado do medio






O Día Mundial da Bicicleta, celébrase o 3 de xuño de cada ano, grazas a un decreto da ONU, proclamado no ano 2018. O obxectivo esencial de conmemorar esta data é darlle máis protagonismo a un medio de transporte como é a bicicleta e que o mesmo poida servir para paliar un pouco a crise do mundo actual debido á contaminación e ao cambio
climático que está a experimentar o planeta.


Sobre a orixe e a historia da bici. A bicicleta foi o resultado dunha serie de intentos errados para inventar un vehículo innovador e que deu como resultado, este marabilloso medio de transporte. Apareceu a mediados do século XIX.
En Alemaña o primeiro modelo estaba feito de madeira, pero non tivo moito éxito xa que, para poñela en marcha, había que empuxala cos pés.
Despois inventáronse outras, que seguían sendo rudimentarias, ata o ano 1861 cando a Ernest Michaux ocorréuselle a idea de colocar pedais dianteiros e aínda que isto non foi o ideal, serviu para dar o primeiro paso á bicicleta actual.

2/6/20

Fame de amig@s: Vicenç Arnaiz


Traemos aquí un esrito de Vicenç Arnaiz. Algúns de nós tivemos a sorte de  coñecelo porque formou parte da nosa formación en Preescolar na Casa. Era a nosa referencia nas illas Baleares como o Preescolar na Casa o era a nivel estatal.
Naceu en Ciutadella ( Menorca). Licenciado en Psicoloxía, traballou case sempre no ámbito da educación infantil. Desde 1988 traballa no Equipo de Atención Temperá de Menorca. É colaborador habitual de revistas educativas de ámbito estatal e adoita ser requirido para facer cursos, relatorios, seminarios..., centrados no ámbito da afectividade e o sufrimento dos nenos e nenas, as oportunidades da vida familiar, o sentido e os obxectivos da educación, etc. 


 Moitos nenos teñen fame de amigos. Están anémicos por carencia de dose de amizade.
Setenta e cinco días de corentena son suficientes. Están tristes! O seu ton emocional decae e, en consecuencia o cerebro baixa a súa actividade!
Síntomas? Case nada os motiva, apáticos. Desinterese polo xogo e cánsanse pronto de todo. 
Perderon creatividade. Aumento de desexo de distraerse coa televisión. Decae a capacidade de esforzo e de concentración… 
Descobren unha nova espontaneidade que non coñecen entre os adultos. Ven a outros que teñen unha gama de emocións parecidas á súa e marabíllanse percibindo tonalidades emocionais que os convidan a novos descubrimentos.
A miúdo cantan xuntos, empoleiranse xuntos, comen xuntos, dormen xuntos, ás veces choran xuntos e sobre todo rin xuntos. Corren e ata caen xuntos. 
Descobren que a outros lles suceden cousas que pensaban que só os pasaba a eles. Moitas veces o “ti tamén?” é o inicio dunha relación singular.
Estas semanas leo a miúdo escritos con mirada de adulto que insisten que a escola é para ensinar e para aprender.
A escola, para os nenos e as nenas, é sobre todo un lugar para descubrir a amizade e para estar cos amigos.

1/6/20

Novos nacementos no galiñeiro do Ceip




Coa forza da vida onte romperon os 12 ovos que lle puxemos o 10 de maio a unha das dúas galiñas que levaramos para o galiñeiro no segundo trimestre; sacou adiante aquela niñada que naceran o 20 de marzo e onte, de novo, pleno, 12 pitiños. 


Día mundial das nais e os pais

Parabéns a todas e todos neste día! Un daría o que fose por facelo ben e deste desexo que todas as nais e pais temos nace unha dolosa vulnerabilidade. Os que traballamos en educación sabemos da importancia da familia; en Preescolar na Casa sempre se dicía que "o saber, as raíces ten na casa de cadaquén". "Os pais/nais son insbstituíbles no proceso educativo". "As nais, os pais educan". 
Como tantas outras "incomprensións" resulta que aprendemos a ser mellores fillos/as cando nos convertimos en nais e pais. 


O Día Mundial das Nais e Pais elébrase dende setembro de 2012, grazas á declaración emitida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. O seu principal obxectivo foi render un tributo a todo o traballo, esforzo e dedicación que os pais de todo o mundo dedican á crianza dos seus fill@s.
Por outra banda, este decreto fai énfase na importancia que ten a familia na educación, protección e coidado de todos as crianzas, para facer deles seres integrais cun desenvolvemento pleno dentro dun fogar cheo de amor, tolerancia, comprensión e felicidade.
Resulta esencial que os gobernos apliquen políticas que lle permitan ás nais e pais gozar de maior tempo para estar preto dos seus fill@s, o cal ás veces non é posible debido a factores como a falta de igualdade de xénero, o abandono do fogar dalgúns dos proxenitores, a pobreza, a discriminación, e outros factores, que contribúen a provocar a fragmentación de moitos fogares.