Páginas

Biblioteca escolar

15/6/20

A horta en xuño, as galiñas e os coellos do Ceip


Fotos Aurora patio
Se hai uns días vos faciamos partícipes do Agave do patio hoxe achegámosvos estas fotos que fixo Aurora (moitas grazas) do recuncho da nosa horta e dos animais. Para observar o loureiro, as espinacas, o physalis, frambuesas, amorodos, romeo, tomateiras... Porque aínda que son moitos os que vos achegades a velos desde fóra, tamén hai xente que vive máis lonxe e non lle pilla esta visita tan a man. 
E os animais. Mirade como teñen medrado os que naceron cando comezou o confinamento e tamén como vai a última niñada. A maiores o niño que fixo a coella que acaba de parir este venres; polo que tivemos que pillar o coello e retiralo de aquí ata que se críen estes que acaban de nacer.
E ó lado de onde pariu a coella xa está incubando a outra galiña. Esta vez puxémoslle uns ovos de faisán e outros de galiña. Metemos uns días antes os de faisán porque o tempo de incubación é de entre 24-26 días e o das galiñas de 21-22 para que veñan a nacer máis ou menos xuntos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario