Páginas

Biblioteca escolar

2/6/20

Fame de amig@s: Vicenç Arnaiz


Traemos aquí un esrito de Vicenç Arnaiz. Algúns de nós tivemos a sorte de  coñecelo porque formou parte da nosa formación en Preescolar na Casa. Era a nosa referencia nas illas Baleares como o Preescolar na Casa o era a nivel estatal.
Naceu en Ciutadella ( Menorca). Licenciado en Psicoloxía, traballou case sempre no ámbito da educación infantil. Desde 1988 traballa no Equipo de Atención Temperá de Menorca. É colaborador habitual de revistas educativas de ámbito estatal e adoita ser requirido para facer cursos, relatorios, seminarios..., centrados no ámbito da afectividade e o sufrimento dos nenos e nenas, as oportunidades da vida familiar, o sentido e os obxectivos da educación, etc. 


 Moitos nenos teñen fame de amigos. Están anémicos por carencia de dose de amizade.
Setenta e cinco días de corentena son suficientes. Están tristes! O seu ton emocional decae e, en consecuencia o cerebro baixa a súa actividade!
Síntomas? Case nada os motiva, apáticos. Desinterese polo xogo e cánsanse pronto de todo. 
Perderon creatividade. Aumento de desexo de distraerse coa televisión. Decae a capacidade de esforzo e de concentración… 
Descobren unha nova espontaneidade que non coñecen entre os adultos. Ven a outros que teñen unha gama de emocións parecidas á súa e marabíllanse percibindo tonalidades emocionais que os convidan a novos descubrimentos.
A miúdo cantan xuntos, empoleiranse xuntos, comen xuntos, dormen xuntos, ás veces choran xuntos e sobre todo rin xuntos. Corren e ata caen xuntos. 
Descobren que a outros lles suceden cousas que pensaban que só os pasaba a eles. Moitas veces o “ti tamén?” é o inicio dunha relación singular.
Estas semanas leo a miúdo escritos con mirada de adulto que insisten que a escola é para ensinar e para aprender.
A escola, para os nenos e as nenas, é sobre todo un lugar para descubrir a amizade e para estar cos amigos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario