Con motivo da celebración do día escolar pola paz e a non violencia acordamos traballar nas aulas a temática dos sentimentos e deixar constancia preparando algunha flor, pétalos (que metemos nunhas katiuskas que se pediron ás familias) nas que puxemos palabras que falan: amor, alegría, tristeza, amabilidade, arrepentimento, asco, sorpresa, cariño, simpatía, odio, medo, tranquilidade... Convidámosvos a que pasedes a velo. Parabéns a tod@s!
Páginas
▼
Biblioteca escolar
▼
Lecturas pola Paz no Día escolar pola paz e non violencia
O autor, que viviu os horrores da 2ª Guerra Mundial,
pregúntase neste álbum cales son as causas das guerras e
convida aos lectores e lectoras a reflexionar sobre os
conflitos, desde os máis cotiáns ás grandes loitas para sementar
unha cultura e educación para a paz, o diálogo e a tolerancia
entre os máis novos.
Na presentación editorial indícasenos que "a senrazón da
guerra, a violencia, a vinganza, a devastación e a morte
asómanse en toda a súa crueza ás páxinas deste libro visual;
unha fábula que comenza coa bucólica estampa dunha ra gozando
do arrecendo dunha flor, ata a irrupción dun rato que a ataca
para quitarlla. Xorde daquela unha loita entre dous bandos
cada vez máis numerosos en individuos e medios bélicos que dá
lugar a emboscadas e bombardeos. Dun prado florido, a un lugar
desolado; dunha minucia, a un gran conflicto sen ter mediado
nin unha soa palabra."
Este álbum cómpre telo en conta nas lecturas, nas seleccións e
outras actividades que fagamos na biblioteca escolar para
conmemorar o Día escolar pola paz e non violencia.
Outros títulos :
A bruxa Discordia de
Mamá Cabra e Carmen Gil
A historia do touro Ferdinando de
Munro Leaf
O Valo de
Carlos Labraña
Eu son Suleiman
de Antonio Lozano
Camiños de auga de
Manuel Núñez Singala.
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 1/30/2018 09:44:00 a. m.
28/1/18
"Ti tamén contas"
O venres 26 tivemos na biblioteca unha sesión de Ti tamén contas. Estivo co alumnado de 3º de primaria Marta e contounos unha das lendas de lareira, seguramente a máis contada na Limia: o asolagamento da cidade de Antioquía. Graciñas Marta!!!
25/1/18
Presentación de "O Froilán", ilustrado por Ana Mon
Asistimos hoxe No Liceo Recreo Ouresán á presentación do primeiro libro de Mercedes Gallego Esperanza titulado "O Froilán", que ten como ilustradora á nosa profe Ana Mª Mon Delgado. Non temos máis que felicitacións por este marabilloso traballo e informar á toda a nosa comunidade educativa que xa dispomos dun exemplar deste título ao voso dispor na nosa Biblioteca Escolar e outro na Biblioteca de nais/pais. Non dubidedes en solicitalo en préstamo!
Falamos con Cristina Pato dende Nova York
Hoxe, 25 de xaneiro, o alumnado de catro e cinco anos do cole tivemos a grande sorte de poderlle facer unhas preguntas a extraordinaria gaiteira ouresá e galega CRISTINA PATO por video conferencia coa cidade neoiorquina. Cristina tivo que madrugar, porque alí eran as sete da mañá, pero estivo moi, moi simpática con nós e respostou a todas as nosas inquedanzas. Díxonos porque levaba o seu cabelo verde, que lle gustaba moito tocar a gaita e tamén o piano, que a música lle permitía dicir moitas cousas bonitas e que o concerto que máis lle gustou.... aínda está por chegar!!! e ao mellor nós, as nenas e nenos do Rosalía... temos algo que ver con ese concerto!!!
Esta actividade levouse a cabo dentro da iniciativa do cole "Nove meses, nove mulleres", posta en marcha polo noso Equipo de Actividades Complementarias, Extraescolares e de Dinamización Lingüística, onde queremos destacar o rol dunha muller no campo no que traballa e por en valor o "empoderamento feminino", facendo entender ao noso alumnado o papel fundamental que todas as mulleres teñen na nosa sociedade, traballando así valores de igualdade e de respecto entre xéneros.
Este mes que agora remata estivo dedicado a Cristina, pioneira e mestra no campo da música tradicional galega, demostrando que con traballo, esforzo e dedicación, todo é posible. Moitas gracias Cristina por ser como es.... e vémonos pronto!
Dar as grazas a Alberto da Concellería de Educación do Concello de Xinzo de Limia que fixo posible toda a parte técnica da actividade e por suposto tamén á profe Cris González, que sen ela... nada disto sería posible.
24/1/18
Ler coma quen ama, sente, soña, respira.
Ler contra a nada
In ActualizArte on 20/01/2018 at 20:12
Polo Nadal agasalláronnos cun deses libros que son pequenos tesouros, “Leer contra la nada”, de Antonio Basanta, un ensaio publicado en Siruela. Tardamos en compartilo porque tardamos en lelo, e isto non se debe a que sexa unha lectura difícil ou pesada senón máis ben porque é coma unha onza de chocolate que hai que gorentar con tempo e cos sentidos postos.
Se tiveramos que reseñalo, teríamos que copialo integramente pois non se pode prescindir de nada del, nin resumilo en modo algún. Malia ter un formato pequeno é deses libros que parecen levedar, medra, expándese e incita a un cento de lecturas.
Antonio Basanta foi durante máis de vinte e cinco anos director xeral da Fundación Germán Sánchez Ruipérez -referente internacional do fomento da lectura-, da que agora é vicepresidente. Case toda a súa vida profesional estivo directa ou indirectamente relacionada co fomento da lectura, o que o converte nunha voz autorizada para falar sobre ela; así, ao longo de case duascentas páxinas vai debullando todo o relacionado coa acción e coa paixón lectora.
La pasión de leer. El ADN de la lectura. El cerebro lector. En el principio era el Verbo… Cuentas que son cuentos. Del lagar a la nube. Regreso al futuro. La sociedad lectora. La rebelión del lector. Palabras en el margen. Estes son os títulos dos capítulos nos que se estrutura o traballo e que xa nos dan unha idea da abordaxe que fai o autor sobre todo o que supón o acto de ler. Neles, as súas atinadas e pulidas reflexións acompáñanse de fragmentos de obras exquisitamente escolmadas, así a bibliografía leva tamén por título, Libros de compañía, unha referencia obrigada para todas aquelas persoas interesadas no fomento da lectura.
Segundo o autor ler é como esas caixas chinas que encerran no seu interior outras tantas, así vai desentrañando o ADN da lectura, o que supón a realización dunha serie de accións conxuntas:
- Ler é deterse, observar, escoitar.
- Ler é interpretar.
- Ler é comprender.
- Ler é colleitar.
- Ler é tecer.
- Ler é sucar.
- Ler é elixir.
- Ler é transformar.
- Ler é asimilar.
- Ler é compartir.
- Ler é un exercicio de risco. De exclusividade. De fidelidade compartida.
Segundo afirma Basanta, ler, aínda sendo un acto comunmente sedentario, devólvenos á nosa condición de nómades.
Cara o final do libro, di que ler é unha rebelión; e aquí, nun exercicio de enxeño, coñecemento e concreción, danos máis de medio cento de razóns polas ler é un bo antídoto.
Contra o falso coñecemento.
Contra a superficialidade que afoga a profundidade das palabras.
Contra a desmemoria.
Contra a banalización da información.
Contra a instantaneidade que destrúe a secuencia do pensar.
Contra a facilidade como felicidade.
Contra a vida como simple exercicio de utilidade.
Contra a deserción da dubida.
Contra as respostas que non xeran novas preguntas.
Contra a apatía e a amnesia dunha comunidade anestesiada.
Contra o funambulismo moral.
Contra a ausencia de conviccións.
Contra o avance imparable da nada.
(…) “Ler contra a nada”, unha alfaia da que presumir en cada biblioteca daqueles entregados á causa lectora, para que saibamos transmitir que temos que:
Ler coma quen ama.
Ler coma quen sente.
Ler coma quen soña.
Ler coma quen respira.
Novo na nosa comunidade educativa
Este segundo trimestre contamos cun coelliño no cole. O alumnado pode ir en grupos de cinco, nos recreos, ó lugar onde se atopa e tamén todos os días hai uns encargados de atender que teña comida, auga... que se lle cambie a "cama"...
Galiciencia 2018
Este ano dedicada ó cambio climático
http://www.galiciencia.com/
A Galiciencia florece coa primavera a partir desta edición.
Anímate a participar enviando un ou varios proxectos, visitándonos co
teu cole e/ou presentándote aos nosos concursos: Concurso deseño de camiseta e concurso de fotografía.
Teatro en inglés, A molinera, aceites Abril...
O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria estivo onte, 23 de xaneiro, no Auditorio en Ourense participando dunha actividade de Afundación "Teatro de actor en inglés dirixido a escolares"
Unha divertida comedia musical para reflexionarmos sobre a amizade, o respecto e as consecuencias derivadas das decisións que tomamos na vida. Cambiariamos algo se puidésemos dar marcha atrás? Seguro que si.
Oxalá Eli tivese escoitado o seu pai. Quizais tería aprobado o seu exame de ciencias sobre o sistema solar. E se a relación coa súa irmá fose mellor, tería podido gañar o concurso de talentos. E se…
Despois estiveron os de 4º visitando a Molinera (centro de innovación social dixital) e os de 6º Aceites Abril.
Beneficios de escribir a man
UNOS CUANTOS BENEFICIOS DE ESCRIBIR A MANO (PARA EL DÍA DE LA ESCRITURA A MANO)
Posted by Raquel C. Pico
Hoy es el 23 de enero y, por tanto, hoy se celebra el Día de la Escritura a Mano (o el Día de Escribir a Mano), que sí, existe y sí, se lleva celebrando ya bastante tiempo. El día de fiesta arrancó en 1977, cuando la estadounidense Writing Instrument Manufacturers Association (WIMA) lo fundó para reivindicar la escritura manual. Y desde entonces se viene celebrando año tras año.
Escribir a mano parece, en cierto modo, casi una actividad en peligro de extinción, ya que cada vez usamos más y más nuestros dispositivos electrónicos para escribir. Solo hay que pensar en cuánto escribimos a mano cada día y cuánto escribimos en un terminal como un ordenador o un smartphone para verlo. Un estudio británico de hace unos años demostró que una de cada tres personas no había escrito nada a mano en los últimos seis meses y que de media no se había escrito nada manualmente en al menos 41 días. Sin embargo, escribir a mano tiene una serie de beneficios y ventajas, o al menos eso es lo que dicen los estudios, que la escritura mecánica no tiene.
Así, por ejemplo, escribir a mano tiene un efecto sobre nuestra memoria. Un estudio realizado en la UCLA Anderson School of Management de Los Angeles concluyó que recordamos mucho mejor aquellas cosas que escribimos a mano que las que lo hacemos a ordenador. El estudio enfrentó a un grupo que tomaba apuntes a mano contra el que lo hacía a ordenador para llegar a estas conclusiones. Además, otros estudios añaden que la comprensión de las cosas mejora cuando tomamos esas notas a mano.
No es la única ventaja que los expertos le han encontrado en términos de lo que ocurre en nuestro cerebro. También hay quienes aseguran que escribir es una buena tarea para hacer ejercicio con nuestro cerebro, ya que ayuda a activar la memoria o las capacidades motoras, especialmente a medida que nos vamos haciendo más mayores. Para mantener el cerebro activo y sano, quizás haya que sentarse una vez más a escribir a mano.
Para el cerebro, escribir a mano es una actividad compleja. Como apunta a The Guardian un profesor de psicología del desarrollo, para escribir se necesita desarrollar varias capacidades y tener en cuenta diferentes cuestiones al mismo tiempo (como sostener el boli o lápiz, pero también moverlo, hacer que el movimiento sea eficiente y hasta sostener el papel para que no se mueva).
A eso se suma que cuando se escribe a mano es más difícil distraerse con otras cosas. Al fin y al cabo, no tienes el mundo de la procrastinación esperándote en la pestaña de al lado del navegador y decidido a atraparte por siempre en el momento en el que te descuides. La concentración aumenta por tanto cuando escribimos a mano.
Y a todo ello hay quienes suman que escribir a mano, aunque solo sea un rato pequeño en un cuaderno cualquiera es bueno no solo para nuestra salud en términos de ejercicio del cerebro sino también en cuestiones de salud mental. Escribir a mano ayuda a desconectar y es un buen aliado en la lucha contra la ansiedad, o eso nos prometen cuando nos recuerdan el valor de llevar un diario.
http://www.libropatas.com/libros-literatura/unos-cuantos-beneficios-escribir-mano-dia-la-escritura-mano/
http://www.libropatas.com/libros-literatura/unos-cuantos-beneficios-escribir-mano-dia-la-escritura-mano/
19/1/18
Xa están na nosa bilioteca
ANN CAMERON.cóntanos a historia dun neno guatemalteco de sete anos. Ó ser abandoado pola súa nai, vai vivir coa súa avoa, tíos e curmáns que son moi pobres. Como necesitan diñiero, aprende o oficio de limpiabotas e ...
CONCHA LÓPEZ NARVÁEZ cóntanos que detrás dunha rocha nace un pequeno ser parecido a unha lagartiña de ollos vermellos; pero os animais da contorna expúlsana de alí por ser
diferente; triste, enfadada... O seu corpo empeza a medrar ata ser enorme... Unha nena conseguirá calmala e ...
16/1/18
Exposición na Biblioteca sobre o Cambio climático
Para toda a comunidade educativa, para a vecindade, para outros centros...
- 19 paneis 100 cm ancho x 200 cm alto con soportes propios.
- Audiovisual “Cambio Climático: o reto do século XXI” Duración: 15 min.
- Tríptico da exposición
- Material divulgativo no enlace da web seguinte
DESCRICIÓN
Moitas das actividades que realizamos na nosa vida cotiá provocan, directa ou indirectamente, emisións de gases de efecto invernadoiro, e por tanto contribúen a un dos principais problemas ambientais deste século: o cambio climático.
A subida do nivel do mar, as vagas de calor, tormentas, inundacións, ...son algunhas das consecuencias, que por todo o planeta, provocara o cambio climático. Nas nosas mans está impedir que isto aconteza, pero, é preciso que todos os actores sociais se involucren na loita contra este fenómeno global.
Tamén cabe dicir que a temática do cambio climático é complexa, e como consecuencia hai un gran descoñecemento sobre el por parte da cidadanía. Con esta exposición pretendese dar a coñecer a todos os galegos e galegas o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. Ademais intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.
Esta exposición está baseada no proxecto CLARITY - Acción Educativa por el Clima- pretende contribuír ao coñecemento do fenómeno do cambio climático, as súas causas e as respostas que se están propoñendo para facerlle fronte. CLARITY, deseñada en formato CD, é unha ferramenta que facilita a centros educativos, asociacións culturais, concellos e calquera outra organización interesada, a montaxe de súa propia exposición sobre cambio climático e a organización de actividades relacionadas.
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d168186655kP650326907o1l1/exposicin-cambio-climtico15/1/18
2018: Ana María Victoria Moreno, a muller de conto
Ana María Victoria Moreno, Día das Letras Galegas 2018 | Fonte: Europa Press
A Real Academia Galega (RAG) deu por iniciado o 'Ano Ana María Victoria Moreno', autora que protagoniza en 2018 o Día das Letras Galegas. O sitio web da Academia xa dedica parte do seu espazo a difundir o legado desta pontevedresa de adopción, nada en Cáceres e "galega de elección".
As académicas Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey indagan na vida da autora cunha biografía que pode consultarse xa no sitio web da Real Academia Galega. Empeza-o-ano-maria-victoria-moreno
Ana María Victoria Moreno, filla dunha malagueña e un toledano e nada de forma circunstancial en Cáceres, viviu boa parte da súa vida na Cidade do Lérez, onde se estableceu logo de aprobar as oposicións a mestra en 1965 despois de impartir clase durante un par de anos no Instituto Masculino de Lugo.
As académicas indagan sobre a vida e obra da escritora falecida en 2005, unha das pioneiras na narración en galego para o público infantil e xuvenil, xénero ao que axudou a situar "nun lugar digno" a través da posta en valor da lingua e un gran desenvolvemento dos personaxes.
"Toda a súa vida é un exemplo de compromiso coa causa da lingua galega e da xustiza social", resaltan as autoras da biografía, na que corrixen unha confusión acerca da data de nacemento de María Victoria difundida pola propia escritora.
Será Pontevedra o lugar escollido para os actos centrais da homenaxe a María Victoria Moreno o próximo 17 de maio, día no que o Teatro Principal acollerá o tradicional acto académico que porá o broche a un programa que, semanas antes, lembrará á autora no 'Salón do Libro Infantil e Xuvenil' baixo o lema 'Mulleres de Conto'.
11/1/18
Retos de lectura 2018
Queridos
estudantes:
Hoxe
é unha data importante porque iniciamos unha viaxe fantástica. Para esta viaxe,
precisaredes un documento de identificación e de constancia do voso percorrido:
Un
pasaporte!!!
Neste
caso será un pasaporte da lectura que reflectirá a vosa viaxe pola fantasía, a
ilusión e o coñecemento que os libros nos achegan a tod@s.
FELIZ VIAXE!!!
Bases de participación
1. Elixe e marca no
pasaporte un reto de lectura.
2. Le un libro
que coincida co teu reto.
3. Cubre a ficha
de lectura. (Está na biblioteca na caixa Retos de lectura 2018).
4. Escribe no
pasaporte o título do libro.
5. Na hora de ler
vai a biblioteca e entrega o pasaporte e
a ficha cuberta. Se o reto está superado
conseguirás un selo.
6. Se acumulas
polo menos 5 selos entrarás no sorteo dun agasallo.
9/1/18
GaliciaLe
A plataforma de préstamo de libros electrónicos das
bibliotecas públicas galegas.
GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das
bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a
cidadanía á lectura neste formato.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de
obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as
persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.)
e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén
o “Catálogo do libro electrónico galego” e outro que aloxa o “Catálogo do libro
electrónico en castelán”. Os libros incluídos nestas dúas contornas poderán
lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores
persoais e lectores de libros electrónicos.
Accede neste enlace ou pinchando en GaliciaLe https://www.galiciale.gal/