O autor, que viviu os horrores da 2ª Guerra Mundial,
pregúntase neste álbum cales son as causas das guerras e
convida aos lectores e lectoras a reflexionar sobre os
conflitos, desde os máis cotiáns ás grandes loitas para sementar
unha cultura e educación para a paz, o diálogo e a tolerancia
entre os máis novos.
Na presentación editorial indícasenos que "a senrazón da
guerra, a violencia, a vinganza, a devastación e a morte
asómanse en toda a súa crueza ás páxinas deste libro visual;
unha fábula que comenza coa bucólica estampa dunha ra gozando
do arrecendo dunha flor, ata a irrupción dun rato que a ataca
para quitarlla. Xorde daquela unha loita entre dous bandos
cada vez máis numerosos en individuos e medios bélicos que dá
lugar a emboscadas e bombardeos. Dun prado florido, a un lugar
desolado; dunha minucia, a un gran conflicto sen ter mediado
nin unha soa palabra."
Este álbum cómpre telo en conta nas lecturas, nas seleccións e
outras actividades que fagamos na biblioteca escolar para
conmemorar o Día escolar pola paz e non violencia.
Outros títulos :
A bruxa Discordia de
Mamá Cabra e Carmen Gil
A historia do touro Ferdinando de
Munro Leaf
O Valo de
Carlos Labraña
Eu son Suleiman
de Antonio Lozano
Camiños de auga de
Manuel Núñez Singala.
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 1/30/2018 09:44:00 a. m.
No hay comentarios:
Publicar un comentario