A plataforma de préstamo de libros electrónicos das
bibliotecas públicas galegas.
GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das
bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a
cidadanía á lectura neste formato.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de
obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as
persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.)
e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén
o “Catálogo do libro electrónico galego” e outro que aloxa o “Catálogo do libro
electrónico en castelán”. Os libros incluídos nestas dúas contornas poderán
lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores
persoais e lectores de libros electrónicos.
Accede neste enlace ou pinchando en GaliciaLe https://www.galiciale.gal/
No hay comentarios:
Publicar un comentario