Páginas

Biblioteca escolar

25/1/18

Falamos con Cristina Pato dende Nova York

Hoxe, 25 de xaneiro, o alumnado de catro e cinco anos do cole tivemos a grande sorte de poderlle facer unhas preguntas a extraordinaria gaiteira ouresá e galega CRISTINA PATO por video conferencia coa cidade neoiorquina. Cristina tivo que madrugar, porque alí eran as sete da mañá, pero estivo moi, moi simpática con nós e respostou a todas as nosas inquedanzas. Díxonos porque levaba o seu cabelo verde, que lle gustaba moito tocar a gaita e tamén o piano, que a música lle permitía dicir moitas cousas bonitas e que o concerto que máis lle gustou.... aínda está por chegar!!! e ao mellor nós, as nenas e nenos do Rosalía... temos algo que ver con ese concerto!!! 

Esta actividade levouse a cabo dentro da iniciativa do cole "Nove meses, nove mulleres", posta en marcha polo noso Equipo de Actividades Complementarias, Extraescolares e de Dinamización Lingüística,  onde queremos destacar o rol dunha muller no campo no que traballa e por en valor o "empoderamento feminino", facendo entender ao noso alumnado o papel fundamental que todas as mulleres teñen na nosa sociedade, traballando así valores de igualdade e de respecto entre xéneros. 
Este mes que agora remata estivo dedicado a Cristina, pioneira e mestra no campo da música tradicional galega, demostrando que con traballo, esforzo e dedicación, todo é posible. Moitas gracias Cristina por ser como es.... e vémonos pronto!
Dar as grazas a Alberto da Concellería de Educación do Concello de Xinzo de Limia que fixo posible toda a parte técnica da actividade e por suposto tamén á profe Cris González, que sen ela... nada disto sería posible.



No hay comentarios:

Publicar un comentario