
18/12/25
Sete (+1) Portas que se abren para o coñecemento
“Non é só unha biblioteca. É unha nave espacial que che levará aos puntos máis afastados do universo, unha máquina do tempo que che levará ao pasado afastado e ao afastado futuro, un mestre que sabe máis que ningún ser humano, un amigo que che divertirá e consolarache e sobre todo unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil” Isaac Asimov, divulgador ruso.
Nunha escola onde cada biblioteca é un portal ao infinito, comeza a viaxe. Sete gardiáns de mundos onde a lectura esperta o coraxe, acende a memoria e restaura a esperanza a quen se atreve a cruzalos. Cada porta abre a historias que cambiaron o mundo, historias que nos lembran que a liberdade é un dereito, nunca unha coincidencia.
Aquí resoan a voz de Malala, firme fronte ao silencio imposto. Aquí revisitamos a inocencia perdida en O neno cos pixamas raiados e sentimos os nosos corazóns latexar entre as páxinas do Diario de Ana Frank. Aquí lembramos que un simple xesto pode transformar un país, como fixo Salgueiro Maia, e preguntámonos, con emoción, avoa, onde estabas o 25 de abril?
É neste lugar onde descubrimos que cada neno ten dereitos, os Dereitos do Neno, e que coñecer estes dereitos é coñecer o propio futuro.
Aprendemos que Todos Somos Diferentes, e é nesta diferenza onde reside a forza do mundo, e celebramos o poder daqueles que abriron camiño, como as historias de vinte e cinco mulleres que cambiaron xeracións.
Tamén os soños habitan nestas portas: palabras que brillan no Dicionario de Palabras de Soño, maxia que se agocha no Caixón Máxico, sementes que medran en cada lector que descubre que ler é imaxinar o imposible.
E cando chega o frío do inverno... o Nadal estoura nas páxinas. Vémolo en Ese Nadal, oímolo en Cando cae a neve, sorrimos coa promesa de Papá Noel e recoñecemos que mesmo os corazóns máis duros poden aprender a amar. Porque, ao fin e ao cabo, o que permanece é a xenerosidade.
E entón lembramos a verdade máis grande: «O esencial é invisible aos ollos».
Pero o esencial está aquí. En cada porta que se abre. En cada libro que se colle. En cada lector que esperta.
Aquí, a lectura non só conta historias.
A lectura cambia todo.
Texto orixinal elaborado polo Equipo Dinamizador da Biblioteca António Feijó de Ponte de Lima
Derradeira reunión do Consello da Infancia no 2025
" A Educación é o pasaporte cara ao futuro, o mañá pertence a aqueles que se preparan para el no día de hoxe." Malcolm X, activisita estadouindense
Este luns reuniuse de novo o Consello da Infancia.
Comentamos a noticia que saíu na prensa sobre o premio recibido polo colexio.
Tamén puxemos en común as propostas de mellora das aulas e fixemos a foto de familia.
Acordamos analizar as propostas na próxima reunión que se celebrará en febreiro.
Comentamos a problemática do fútbol nos recreos e aportamos ideas para a celebración do día escolar da non violencia e a Paz en xaneiro.
Estamos moi orgullosas do funcionamento deste órgano de participación do alumnado, a implicación é máxima e as ideas sempre son interesantes.
17/12/25
DÍAS DE PORTAS ABERTAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR
Dende o Ceip Rosalía de Castro, queremos convidar ás familias á xornada de portas abertas na que se exporán diferentes traballos promovidos pola Biblioteca Escolar. Os horarios para visitar a exposición serán o xoves 18 e venres 19 durante os recreos, de 11:45 a 12:15, e de 14.00 ás 15:15.
Achegádevos á entrada da biblioteca a desfrutar dunha mostra dos traballos que fixeron os cursos de 2º e 4º de educación primaria no seo do programa "Cidadáns do Mundo" e outras manualidades nas que vos poderedes inspirar para decorar este Nadal.
Poderedes observar os fantásticos froitos resultado da convivencia e da
cooperación das familias co centro escolar a través das pontes que tende a biblioteca do cole. Mostraremos así o esforzo que da lugar a productos de aprendizaxe que vos deixarán abraiados. Agardamos a vosa visita á Charca dos libros!
15/12/25
Cosita linda
"Cada novo amigo que gañamos na carreira da vida perfecciónanos e enriquécenos máis aínda polo que de nós mesmos nos descobre, que polo que del mesmo nos da"
Miguel de Unamuno.
Hoxe traémosvos a un autor de álbumes moi recoñecido polas súas obras. Con pouco texto e grandes e expresivas ilustracións, Anthony Browne nos transmite que as necesidades emocionais tamén son importantes. Grazas a Noela, nai pisacharcas de Xabier, coñecemos esta historia sobre o respeto ás diferenzas e sobre a amizade que nos fala dun gorila que é ensinado a comunicarse a través de xestos. Cando o gorila aprende a facer peticións ós seus coidadores, unha vez que ten as necesidades materiais cubertas decátase de que o que máis desexa é un amigo, neste caso a Linda, unha gatiña. Así é como lle ensina aos máis pequenos e pequenas, que entre nós, existen diferenzas pero non teñen por que ser impedimento para desfrutar xuntos.
20/11/25
Cuentos para entender el mundo
"A lectura fainos a todos inmigrantes. Lévanos lonxe da casa, pero o máis importante é que nos atópa fogares en todas partes"
Jean Rhys, novelista.
Nesta segunda sesión de contacontos a man de Tita, nai pisacharcas de Alba de 4º de educación primaria, escolleu CUENTOS PARA ENTENDER EL MUNDO.
É un compendio de contos que o autor recupera e adapta ós tempos actuais deixando de fondo as mensaxes orixinais e a esencia dos mesmos. Con eles invítanos a reflexionar sobre a vida, a sociedade e as relacións e emocións humanas. O alumnado tivo a oportunidade de explorar, dende a Biblioteca Escolar, temas como a soidade, o amor, o medo e a esperanza.
¿Este perro no tiene cola?
Harper Lee.
Nesta sesión contamos coa nai pisacharcas de Iria, de 5 anos. Tita fixo que a clase da súa filla o pasase pipa con este conto.
A de hoxe é unha divertida historia sobre a chegada dun novo membro á familia. É útil para aquelas familias que queren preparar ao futuro irmanciño ou irmanciña maior para a chegada dun bebé. Todo visto dende o punto de vista dun can que observa como os demáis familiares enchen ó novo integrante da familia de atencións e agarimos. Pero algo non lle encaixa ó noso protagonista. Pensará Rufus que o bebé é un can?
Mi pequeña
" Un fogar sen libros é como un corpo sen alma"
Cicerón.
O conto de hoxe, MI PEQUEÑA, é un relato epistolar para todas as fillas do mundo. Neste caso foi un libro especialmente adicado a Kloe de 1º, xa que o que o veu a contar Karla, a súa nai pisacharcas. Trata sobre o proceso, ás veces difícil pero necesario e enriquecedor, de deixar voar aos fillos e fillas, de promover o seu crecemento como un proceso natural nos que acompañalos. Ás veces hai que invitalos a atreverse, a ser valientes, a pedir axuda e en definitiva a descubrir o mundo. Que mellor xeito que dar alento dende a Biblioteca Escolar.
17/11/25
La primera aventura del ratoncito Pérez
«Un libro é unha proba de que os seres humanos son capaces de facer maxia»,
Carl Sagan.
De novo con nós unha nai pisacharcas, desta vez Magalí , a nai de Ares. Que terá que ver o fondo marino co ratón Pérez? Pois ahí comeza a aventura, cunha ostra que perdou a súa perla e que precisa algo semellante, branco, duro e brillante.
O noso protagonista xunto con moitos e diversos animais, serán os encargados de buscar unha solución para axudar á ostra. Un conto sobre a creatividade, sobre as similitudes e un xeito máxico de explicar aos máis pequenos a onde van os dentes que marcan o feito de que se fan maiores.
10/11/25
A pantasma das bragas rotas
"Os nenos fanse lectores no regazo de seus pais"
Emilie Buchwald, autora estadounidense.
Fai uns días asistimos ao contacontos de A PANTASMA DAS BRAGAS ROTAS da man dun pai pisacharcas, Fabio. Os compañeiros e compañeiras de Lía de 3 anos, pasárono en grande escoitando esta historia chea de sustos.
En Castrelo Pesadelo, os veciños non poden durmir nin vivir tranquilos porque a Pantasma das bragas rotas asústalles a todas horas. Para rematar con este asunto, irán ao seu castelo Mario Abecedario, Augusta a Robusta e Eira a Bombeira, pero todos fuxen aterrecidos. Como conseguirán solucionar o problema da Pantasma das bragas rotas? Garda o segredo Finiña a Avoíña.
La bella y la bestia y Peter Pan
"Hai máis tesouros nos libros que en todo o botín do pirata de “A illa do tesouro”.
Walt Disney
A quen non lle gusta un clásico? Aos nenos e nenas do colexio Rosalía de Castro sí. E desfrutaron de dous deles, PETER PAN E LA BELLA Y LA BESTIA grazas a Mª Carmen, nai de Mélody de educación infantil.
Dúas historias inolvidables. Unha chea de indios, piratas, crocodilos famentos e nenos incansables que non queren crecer, senon seguir deixando voar a súa imaxinación. A outra ensínanos unha princesa que devora libros, unha bestia e outras personaxes atrapadas na forma de reloxo, armario ou taza e que solo a través do amor se liberan.
Na nosa Biblioteca Escolar aínda agardan moitos clásicos para ser lidos. Animádevos!
28/10/25
Festa de medo na nosa biblioteca
"Polo Samaín, as meigas veñen a min e asustanme sen fin" Refrán popular



.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)



.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)


_page-0001.jpg)

.jpeg)
