" Maruxa cosía, varría e labraba. Benito cantaba, folgaba e durmía. Mais un día..." "Maruxa" - Eva Mejuto
Actriz de teatro e cine, presentadora en galas benéficas e festivais e contacontos, entre outras moitísimas facetas profesionais, Uxía Morán trouxo ata o noso cole unha escolma de fermosísimas historias, tales como “Guapa”, “Maruxa” ou “Ricitos de oso”, entre outras, nas que os distintos personaxes, falando sempre en clave de humor, loitan contra as convencións sociais e os xéneros establecidos.
Todo o alumnado de Educación Infantil e de primeiro e segundo de Educación Primaria puido gozar co bo facer e coa posta en escena de Uxía, traballando sobre a igualdade, o respecto ás demais persoas, a autoestima e outros moitos valores moi presentes no noso quefacer diario dentro e fóra da escola.
Unha mañá, sen dúbida, chea de aprendizaxes moi significativos e relevantes dentro do amplo currículo que o noso cole transmite ao seu alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario