"Mira profundamente na natureza e entón comprenderás todo mellor." Albert Einstein, matemático e físico alemán
Englobado no seu proxecto "Gota a gota, a auga", o noso alumnado de Primeiro de Educación Primaria comezaron as súas experiencias con sementes. Irán comprobando, empregando o procedemento científico, a importancia que a auga ten para todos os seres vivos. Plantaron distintas sementes en algodón e en terra. Irán observando a súa evolución completando unha táboa de recollida de datos.
Aprendizaxes significativos baseados na experiencia propia e a observación directa. Seguro que deste xeito afianzan competencias básicas no ambito das ciencias naturais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario